Garage Olimpo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Garage Olimpo |
Director | Marco Bechis |
Produtor | Amadeo Pagani,Enrique Piñeyro e Eric Heumann |
Guión | Lara Fremder e Marco Bechis |
Intérpretes | Antonella Costa,Carlos Echevarría,Enrique Piñeyro e Pablo Razuk |
Música | Jacques Lederlin |
Fotografía | Ramiro Aisenson |
Montaxe | Jacopo Quadri |
Estrea | 1999 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Arxentina |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.aquafilms.com.ar/ingles/films_garage_ing.html | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Garage Olimpo é unhapelículaarxentina, protagonizada porAntonella Costa eCarlos Echevarría. Estreouse o2 de setembro de1999 e foi gañadora de moitos premios nacionais e internacionais, entre eles noFestival Internacional de Cannes (Selección Oficial "Un Certain Regard"), o de Mellor Filme no Festival de Cartaxena, o Primeiro Premio doFestival de Cine da Habana, o Colón de Ouro no Festival de Huelva, o Premio Fénix no Festival de Santa Bárbara.
Trata da historia dadetención clandestina, tortura e mortelanzada desde un avión de María, unha activista política e alfabetizadora, levada a uncentro clandestino de detención coñecido comoGarage Olimpo, que estivo localizado na cidade deBuenos Aires. A historia está ambientada durante aditadura militar que gobernou a Arxentina entre 1976-1983.
Ten algo de autobiográfico, posto que o director estivo el mesmo detido-desaparecido nos centros clandestinos de detención do goberno militar que gobernou naArxentina entre1976-1983.