No1999 presentáronse os primeiros rumores sobre a nova consola deNintendo, todo apuntaba que esta ía ser de cartuchos e compatible conNintendo 64.
Nintendo presentou oproxecto Dolphin, xunto conIBM eATI a cal sería en base a unhatarxeta gráfica de 128-bits,procesador de 400Mhz e utilizaría oDVD. Para mediados de2000, rumoreouse sobre a StarCube (nome clave da consola) e que a súa capacidade diminuía a 300mhz.Nintendo en agosto do ano2000, no "SpaceWorld 2000", revelou as primeiras imaxes da nova consola, Nintendo GameCube, coa súa capacidade de 485Mhz e 128 bits que non diminuíron senón que aumentaron.
NoE32001 presentouse oficialmente a consola de sobremesa condemos xogables (destacando "Super Smash Bros Melee" , "Kameo: Elements of Power", "Luigi's Mansion", e varias demos máis...) pero con diferenzas no deseño da consola: como na altura (de 15 cm a 11,4 cm), a bandexa do disco que xa non presentaba aberturas; as rañuras de expansión, que agora en vez de ser 2 eran 3; as digicards cambiaron de deseño; o mando cambiaba un pouco con mangos máis delgados; o cambio de forma da b e a súa cor de azul a vermello coma o botón start que cambia a súa cor e forma, pero seguiu sendo do agrado das persoas.Xa en2005,Nintendo anunciou a súa sucesora, nome en claveRevolution, coa que esperaban revolucionar a industria dosvideoxogos cunha nova forma de xogar.
A consola ten forma de "cubo" (11,4 cm x 15 cm x 16 cm) de distintas cores como negro, morado, prateado e ouro (só noXapón). Os seus controles e conectores están repartidos entre as súas caras:
Frontal: Portos para mandos (segundo a tendencia actual ergonómicos tanto en forma como en posicionamento dos botóns e con función de vibración) e tarxetas de memoria.
Superior: Lector de discos e botóns de acendido, reinicio e apertura do prato do disco
Laterais: Reixas de ventilación
Posterior: Conector SNS A/V Multiout, DOL D A/V multiout,entrada CD 12V e asa para o seu transporte.
Inferior: Portos serial 1 (12 pin), serial2 (8 pin) e porto de alta velocidade (36 pin).
Trátase da primeira consola de Nintendo que non funciona con cartuchos senón con mini-DVD (GODs). Estes mini-DVD miden 8 cm e son capaces de almacenar ata 1,5 xigabytes de información. Ademais, lense a gran velocidade.
Máximo número de canles de reprodución simultánea de sons: ADPCM: 64ch
Frecuencia de mostraxe: 48KHz
Sistema de Coma flotante - Capacidade aritmética: 13.0GFLOPS (máximo), (MPU, Geometry Engine, HW Lighting Total)
Capacidade real de procesamento gráfico: De 6 a 12 millóns de polígonos por segundo (capacidade de procesamento estimada nun xogo real incluíndo modelaxes complexas, texturas etc.).Aínda que chegando a realizar xogos con máis millóns de polígonos(uns 28 millóns de polígonos)
Memoria principal do Sistema: 24MB Velocidade de acceso: 10 ons o menos (1T - SRAM)
Memoria de son: 16MB (100 MHz DRAM)
Unidade de disco: Sistema CAV (Velocidade Angular Constante)
Tempo de acceso medio ó sistema: 128 ms
Velocidade de transmisión de datos: de 16Mbps a 25Mbps
Soporte: Disco para Nintendo GameCube de 8 cm de diámetro baseado na tecnoloxía de Disco Óptico de Matsushita. Capacidade aproximada de 1,36 GB
Entrada/Saída:
o 4 portos de mando de controlo 2 rañuras Digicard "memorycard"o 1 saída analóxica SNS A/V Multiouto 2 portos de serie de alta velocidade (só en equipos fabricados antes do22 de marzo de2004, en equipos posteriores só un)o 1 porto paralelo de alta velocidade
Alimentación: Adaptador de corrente DC12V x 3,5 A
Dimensións da unidade principal: 150 mm (ancho) x 110 mm (alto) x 161 mm (longo)
Adaptador de Banda Larga: para conectar a consola a Internet e xogar on-line.
Cable Game Boy Advance: que permite conectar unha Nintendo GameCube e unha Game Boy Advance para intercambiar información entre elas
Game Pad (mando) inalámbrico: permite que o xogador este a unha distancia de ata 12 metros da consola sen perder precisión e con total liberdade de movementos. Os controles incorporan un conector especial e o control propiamente dito (no cal se debe seleccionar a mesma frecuencia que no conector, facendo uso dunha rodiña que hai en ambos e dependendo da posición que estea, terá unha frecuencia do 1 ó 6; cada xogador deberá seleccionar no seu mando e conector unha frecuencia diferente)