Gamal Abdel Nasser (enárabe جمال عبد الناصر - Jamāl ‘Abd an-Nāsir), tamén transliterado comoJamal Abd al-Naser,Jamal Abd An-Nasser e outras variantes, nado enAlexandría o15 de xaneiro de1918 e finado noCairo o28 de setembro de1970, foi un líder políticoexipcio.
Pioneiro dosocialismo árabe e líder da súa loita nun dos períodos máis críticos da súa historia. Nasser naceu o 15 de xaneiro de1918 no pobre suburbio alexandrino de Bacos. Falando verbo da súa infancia Nasser dicía: "Estou fachendoso de pertencer a esta pequena vila de Beni Morr. E estou máis fachendoso de ser membro dunha pobre familia desta vila. Estou dicindo estas palabras para a historia, Nasser naceu nunha familia pobre e prometo que vivirá e morrerá como un home pobre".
Beni Morr é unha pequena vila no AltoExipto asentada na provincia de Assiut. Pertencer a este lugar pode que sexa a razón pola que Nasser sempre focalizaba-los seus pensamentos nos campesiños. O pai de Nasser era un empregado de clase media que fixo consciente a Nasser da pobreza da maioría do pobo deExipto.
Ingresou na academia militar despois da sinatura do pacto de1936, que permitía os mozos da clase máis baixa unirse a esta academia onde antes non eran admitidos. Graduouse enxullo de1938 e logo uniuse ó Exército Exipcio.
Insatisfeito coa corrupción do réxime do reiFarouk e coa ocupación británica, xunto cun grupo de amigos formou unha organización semiclandestina, OsOficiais Libres, coñecidos en Exipto comoEl-Dhobatt El-Ahrar. Loitou na primeiraguerra árabe-israelí en1948. Participar nesta guerra aumentou a súa consciencia do Problema Palestino e o caso contemporáneo árabe. A corrupción do goberno interior e a perda da guerra de1948 foron os motivos principais que fixeron que OsOficiais Libres conducidos polo xeneralMohamed Naguib alzaran a revolución do23 de xullo de1952. O xeneral era un oficial de alta graduación respectado que só designaron como líder para realza-la credibilidade do golpe.
O26 de xullo, o ReiFarouk deExipto abandonouAlexandría no seu iate persoal, nunca regresou a Exipto, o seu fillo,Ahmad Fouad, foi declarado rei. Ós restos das tropas británicas se lles pediu que abandonaran o país e, en1954, foise o derradeiro soldado británico. OsOficiais Libres gradualmente se ocuparon da política durante os seguintes anos. En1953, depuxeron a Ahmad Fouad, o derradeiro rei, e declararon aExiptorepública, conMohamed Naguib como primeiro presidente.Naguib, que creceu no antigo sistema, era un valoroso pero pacífico home que non tiña plans para un cambio radical. Así que foi deposto en1954 polo verdadeiro líder do golpe,Nasser, que chegaba así á cabeza do estado.
Só cando Nasser se converteu en presidente o golpe militar do1952 empezou a xirar cara a unha verdadeirarevolución social e política. Foi moi gabado pola súa nacionalización doCanle de Suez, a súa reforma agraria, e as súas políticas socialistas que sacaron á vasta maioría dos exipcios da pobreza.Nasser conseguiu unha popularidade descoñecida até entón nomundo árabe. Era admirado polo seu apoio ó nacionalismo árabe; os seus programas sociais domésticos (que, por primeira vez na historia deExipto, buscaban o mellor para a maioría labrega).
Nasser pasou a súa vida defendendo o nacionalismo árabe e o dereito a liberdade dos pobos. Apoiou os movementos liberais contra todo tipo de ocupación nos países en desenvolvemento. Nasser era o líder-fundador do movemento Non aliñado. Só cóNehru daIndia eSukarno deIndonesia.
Pouco despois da derrota de1967, Nasser estaba resignado, pero milleiros de cairenses marcharon no seu apoio. Durante os seguintes tres anos, Nasser fixo o que puido para reconstruí-lo exército e case o logra. A súa morte en1970 por serias complicacións da súa saúde foi un shock para todo o mundo árabe. Nun despregue de emoción, millóns de exipcios seguiron a súa procesión funeraria a través das rúas doCairo.