![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |
![]() | Este artigoé orfo, xa que carece doutros artigos queapunten cara a el. Por favor,engade ligazóns a esta páxina desde outrosartigos relacionados con este. |
OGalway hooker (do irlandés:húicéir) é unbarco depesca tradicional usado na baía deGalway, na costa oeste deIrlanda. Esta embarcación foi deseñada especialmente para facer fronte aos mares axitados da zona e caracterízase por ter unhaproa afiada e definida e unha notable inclinación do espello depopa. O seuvelame está composto por un únicomastro, unhavela principal e dous trinquetes. Este navío adoita ser de cor negra, polo seu revestimento debrea, e as velas dun marrón avermellado escuro[1].
Nos últimos anos estase observando un grande e renovado interese poloGalway hooker, que se segue a construír de forma meticulosa. No festival anual deCruinniú na mBád[2] os barcos compiten por seren os primeiros en cruzar a baía de Galway dende Connemara ata Kinvara, no límite entre os condados de Galway eClare.
Diferéncianse catro tipos de barcos, todos con nome de orixe irlandesa. OBád Mór (barco grande) oscila entre os 10,5 e 13,5 metros de lonxitude. Nun tamaño intermedio atopamos oLeathbhád (barco medio), cunha lonxitude aproximada de 10 metros. Ámbolos dous teñen cuberta na parte dianteira, a partir do mastro. Estas embarcacións utilizábanse para o transporte deturba, que se usaba comocombustible na baía de Galway, dende Connemara e ocondado de Mayo ás illas de Aran e ao Burren. Nas viaxes de retorno adoitaban traercal, que se empregaba para neutralizar as terras ácidas de Connemara e Mayo. OGleoiteog oscila entre os 7 e os 9 metros de lonxitude, e conta coas mesmas velas e aparello coBád Mór e oLeathbhád. Esta embarcación utilizábase para a pesca e o transporte de mercancías. Outra nave, oPucán, é similar en dimensións aoGleoiteog, pero cunha vela ao terzo e un foque. Estas pequenas embarcacións eran totalmente abertas.
Tamén existe unha clase de embarcación cunha cabina de mando sobre o tanque de lastre, empregada para a pesca. Cando os colonos irlandeses establecidos enBoston precisaron dunha nave para pescar, construíron o navío propio da súa terra natal. Estas naves pasaron a ser coñecidas comoBoston Hookers,Irish Cutters, en informes oficiais, ou Paddy Boats (“Paddy” é un termo con connotacións negativas co que denominaban aos irlandeses)[3].
Aínda que é unha embarcación moi útil, adecuada para as augas pouco profundas da baía de Galway e fácil de atracar onde sexa necesario, oGalway hooker non posúe un camarote nin unfrancobordo que sexa alto, o que a fai propensa a anegarse e afundir en pouco tempo.
No inéditoInventario de Naufraxios da Baía de Galway recóllense oitenta e dousnaufraxios deste tipo de embarcacións, ocorridos entre 1750 e 1938, 59 dos cales datan do século XIX. A día de hoxe non se coñecen rexistros previos ao século XVIII. Durante este período o cargamento adoitaba almacenarse en caixas de madeira impermeabilizadas con aceite de pescado.
A orixe da embarcación é difusa. No ano 1983, a publicación deOs Galway hookers: Veleiros de traballo da Baía de Galway de Richard J. Scott[4], xa pola súa cuarta edición, foi un detonante para o rexurdimento do interese na construción destes barcos, xa que nela aparecían por primeira vez os planos detallados da estrutura e da vela.
"The Galway hooker". Sitio web da Galway Hooker Association.
"Galway hookers - history afloat", por Eleanor M. Hough. web.archive.org. Consultado o 26 de abril de 2020.
O'Dowd, Peadar (1993).Down by the Claddagh. Kennys Bookshop and Art Galleries.ISBN 978-0906312391.