Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galipedia
Logo da Wikipedia en galego.
Portada da Wikipedia en galego do ano2013.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasGalego
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento8 de marzo do2003
Na rede
https://gl.wikipedia.org/
Twitter: galipediaInstagram: wikipedia_en_galegoEditar o valor en Wikidata

AGalipedia é o nome co que se coñece popularmente aWikipedia en lingua galega.[1] Comezou a publicarse o8 de marzo de2003,[2] é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva enlingua galega. O4 de marzo de2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de225.193.[3] A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.[4]

Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartadoWikipedia:Actualidade. Existen tamén páxinas de estatística, entre elas,Especial:Estatísticas eWikipedia:Estatísticas.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]
Manual de colaboración (PDF).

Historia

[editar |editar a fonte]

O primeiro usuario rexistrouse o 8 de marzo de 2003,ILVI, quen axiña comezou a traballar na que sería aprimeira versión da Portada.[2] Catro días despois creou o primeiro artigo da base de datos:grupo. Seguiría con outras entradas comoou,cal,ciencias naturais,ciencias humanas,ciencias ocultas,ciencias aplicadas ebotánica.

Meses despois rexistrouseAgremon, o primeiroadministrador da Wikipedia en galego. Foi quen empregou por primeira vez o termo Galipedia para referirse ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, a Galipedia foi sendo citada por algunhas webs de xornais e outras entidades, que se interesaban polo labor realizado nela.

Características

[editar |editar a fonte]

Trátase dunhaenciclopedia colaborativa enlingua galega. Está aberta a calquera tipo de achega, e acepta diversas correntes de pensamento, sempre que non sexan agresivas. Canto ao contido, admite todos os temas posíbeis, dende odeporte ou agastronomía de cada país até as biografías de persoeiros dafísica, aastronomía, alingüística ou a historia, por exemplo, a doReino de Galicia.

Diferénciase das enciclopedias ao uso principalmente en dous aspectos. Por unha banda, goza dun crecemento desorbitado, mentres que, por outra, destaca a súa capacidade para absorber información e adaptala de maneira practicamente inmediata. Así, por exemplo, os obituarios ou as novas consideradas transcendentes e de carácter enciclopédico, en moitas ocasións, inclúense na Galipedia en cuestión de horas, ou mesmo minutos. Isto é posíbel tamén polo contacto co resto de wikipedias (máis de 300), das que se obteñen traducións ou modelos.

A licenza que emprega é a chamadalicenza pública xeral de GNU.

En setembro de 2011, o 31% dos artigos da Galipedia estaban categorizados ou subcategorizados dentro dacategoría Galicia.[5]

Imaxes

[editar |editar a fonte]
Número de novos artigos anuais.

Canto ás imaxes, a Galipedia conta cun fondo de seu, amais deWikimedia Commons, o fondo común. Isto non sucede en todas as versións da Wikipedia. Na actualidade, hai cargados 33 ficheiros, a maioría deles imaxes, de forma interna. A comezos de febreiro de 2013 tiña 101 305 imaxes distintas entre todos os artigos do proxecto (244 226 contando as imaxes duplicadas). As imaxes máis usadas, sen contar iconas ou bandeiras, eranConcellos menos poboados de Galiza.PNG usada 1 284 veces (incluída no modelo{{Concellos de Galicia en progreso}}), ePiazza del Campidoglio.jpg usada 1 082 veces (incluída no modelo{{Xeografía en progreso}}).[4]

Edición

[editar |editar a fonte]

O número de editores activos varía dende 2009 entre 260 e 330 aproximadamente. Destes, ao redor dunha vintena son moi activos e entre son un máximo de 3 quen, polo xeral, rebordan as 1 000 edicións mensuais. A media de creación de artigos dende que se abrira o proxecto en abril de 2002 é de 8 250 por ano. Porén, se soamente se ten en conta o último período (de 2007 a 2010, ambos incluídos), a media aumenta até 11 400 novos artigos. Arredor dun 35% destes artigos foron creados polos 10 editores máis activos.

A categorización, tanto de artigos coma de imaxes, rolda o 100%.

Artigos de calidade

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Wikipedia:Artigos de calidade.

A Galipedia conta con 261artigos de calidade. O primeiro en adquirir esta distinción foi oClub Baloncesto Breogán o 20 de xuño de2010. Máis adiante engrosarían a listaxe os artigos deCastelao,Ramón Piñeiro,Lugo,Hórreo galego,Reino de Galicia,Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936,Valentín Paz-Andrade,Alzamento de Pascua,Caso do metílico,Praga,The Beatles,Lenin,Alemaña,Real Club Celta de Vigo,Prestige,Catedral de Santiago de Compostela eTristan und Isolde, aos que se irían sumando moitos outros co paso do tempo. No ano 2018, coincidindo co 15 aniversario do proxecto, superáronse os 150 artigos de calidade.

No ano 2016 comezaron a escollerse tamén osartigos bos. Actualmente contan con esta mención 123. O primeiro escollido foi o artigoSlipknot.

Factor humano

[editar |editar a fonte]
Encontro enCulleredo para dar a coñecer a Galipedia.

A Galipedia supuxo a creación dunha comunidade de persoas colaboradoras con vencellos comúns, e tamén de diferentes procedencias, idades ou ideoloxías. Así, realízanse encontros en que se fala da historia da Galipedia, da realidade presente e dos obxectivos futuros. Tamén existe un grupo de amizade formado arredor da enciclopedia, que orixinou grupos en redes sociais comoFacebook[6] ouTwitter[7]. A presenza feminina é reducida na Galipedia, un problema común ás demais versións.[8]

A actividade a través da rede compleméntase con proxectos de difusión da Galipedia, como charlas en centros educativos ou encontros para difundir o seu uso. O15 de xaneiro de2011, no 10º aniversario da Wikipedia, houbo unha xuntanza enCulleredo e outra enRibadeo[9]. En setembro dese ano, aCidade da Cultura deSantiago de Compostela acolleu un obradoiro.

No 2011, o 15 de xaneiro, aniversario da Wikipedia, e o8 de marzo, aniversario da Galipedia, leváronse a cabo retos de edición para acadar novos récords. En xaneiro propúxose facer 5000 edicións nun día, das que se fixeron pouco máis de 4 500, e en marzo propúxose facer 500 artigos novos nun día (creáronse uns 450).

O 9 de marzo de 2013 celebrouse o 10º aniversario da Galipedia cun encontro en Santiago de Compostela que incluíuvarios relatorios sobre o coñecemento libre e o activismo cultural.

Ao longo da súa historia, a actividade da Galipedia apareceu reflectida en diversos medios de comunicación, con entrevistas a persoas usuarias naTVG[10] ouRadio Galega, e artigos enXornal de Galicia,Vieiros ouPraza Pública.

Póster do primeiro Wikimaratón do Día Internacional da Muller en Ourense.

En marzo de 2018 celebrouse odécimo quinto aniversario do proxecto coprimeiro Wikimaratón polo Día Internacional da Muller e un encontro enOurense.

O 4 de xullo de 2018 escureceu as súas páxinas. Seguiu así a acción que comezara a Wikipedia enlingua italiana ante a votación noParlamento Europeo dunha Directiva sobredereitos de autor naUnión Europea.[11]

E-dixgal

[editar |editar a fonte]

E-dixgal é un espazo virtual de aprendizaxe daXunta de Galicia para alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º deESO, que inclúe unha ligazón directa á portada da Galipedia.[12]

Logotipos conmemorativos da evolución temporal

[editar |editar a fonte]
WikipediaGLEN
celebraciónnº artigosaniversarioaniversario
6 de decembro de 2006
20.000
23 de xuño de 2007
25.000
3 de decembro de 2007
30.000
8 de marzo de 2008
5
15 de xaneiro de 2011
10
8 de marzo de 2011
8
6 de setembro de 2012
90.000
4 de marzo de 2013
100.000
8 de marzo de 2015
12
8 de marzo de 2018
15
2023
200.000

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]
Entrega do Premio Xoán Manuel Pintos no 2018.
A Galipedia recibiu o premio Xoán Manuel Pintos no ano 2018.
Recollida do premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Galipedia é un nome de carácter oficioso. A formaWikipedia é a única con carácter oficial.
  2. 2,02,1"Historial de edicións da Portada".Wikipedia.Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. .
  3. All Wikipedias ordered by number of articles
  4. 4,04,1Número de imágenes de la Galipedia(encastelán).
  5. categorycount tool.[Ligazón morta permanente]
  6. Grupo da Galipedia en Facebook.
  7. Perfil da Galipedia no Twitter.
  8. Wikipedia busca más mujeres escritoras para sus artículos
  9. O día de WikipediaArquivado 30 de setembro de 2011 enWayback Machine..
  10. Capítulo 299 deBen falado, programa daTVG.
  11. Fernández, Marcus (5 de xullo de 2018)."A Galipedia tamén escurece as súas páxinas".Código Cero. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  12. "Portada de E-dixgal". Arquivado dendeo orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2017. 
  13. "A Resaka das Letras premia a Galipedia como mellor sitio web en galego".Vieiros. 1/6/2006. 
  14. "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018".Diario de Pontevedra. 1 de marzo de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  15. Apego, Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, Premios Xoán Manuel Pintos-2018Arquivado 06 de marzo de 2018 enWayback Machine., na páxina web do concello de Pontevedra.
  16. "A Galipedia e Pirilampo gañan o Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua da Deputación da Coruña". Arquivado dendeo orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  17. Foto do Premio Rosalía de Castro de Lingua (2018) de promoción da lingua

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Lista de Wikipedias por número de artigos
+ 7.000.000
+ 6.000.000
+ 3.000.000
+ 2.000.000
+ 1.000.000
+ 500.000
+ 200.000
+ 100.000
+ 50.000
+ 10.000
+ 1.000
+ 100
Pechadas
Wikipedias enlinguas románicas
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Galipedia&oldid=7116790»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp