Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Galicia

Esta páxina está protexida fronte ao traslado
Coord.:42°48′N7°54′O / 42.8,-7.9
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaGalicia
Galicia (gl)
Galicia (es)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoOs PinosEditar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°48′N7°54′O / 42.8,-7.9
EstadoEspañaEditar o valor en Wikidata
CapitalSantiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.703.353(2024)Editar o valor en Wikidata (91,41hab./km²)
Xentiliciogalego, galegaEditar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua galega
lingua casteláEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie29.574 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico eMar CantábricoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoPena Trevinca (2.127 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de abril de 1981Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Órgano executivoXunta de GaliciaEditar o valor en Wikidata
• Presidencia da XuntaEditar o valor en WikidataAlfonso Rueda(2022–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Galicia ,(Escano: 75)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Superior de Xustiza de GaliciaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.galEditar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ES-GAEditar o valor en Wikidata
Código NUTSES11Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Enciclopedia Galega Universal: 128916Galiciana: 8808BNE: XX450550
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Galicia (homónimos).
Parte 1 de 4

Son do artigo Galicia, parte 1 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 16:46, tamaño: 10,85 MB.

Parte 2 de 4

Son do artigo Galicia, parte 2 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 18:30, tamaño: 12,53 MB.

Parte 3 de 4

Son do artigo Galicia, parte 3 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 18:57, tamaño: 13,01 MB.

Parte 4 de 4

Son do artigo Galicia, parte 4 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 17:29, tamaño: 12,28 MB.

Problemas coa escoita destes ficheiros? Vexa apáxina de axuda.

Galicia[a] (Gl-Galicia.oggpronunciación (axuda · info)) ouGaliza[b] (Gl-Galiza.oggpronunciación (axuda · info))[c] é unhanación[d] recoñecida internacionalmente en1933[3][4][5][6] e establecida xurídica e administrativamente dende1978 comocomunidade autónoma segundo aConstitución española co rango denacionalidade histórica determinado no seuEstatuto de autonomía, dentro doReino de España e aUnión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste daPenínsula Ibérica e linda, ao leste, coascomunidades autónomas deAsturias eCastela e León, ao oeste coocéano Atlántico, ao norte comar Cantábrico e ao sur coaRepública de Portugal.

Galicia en Europa.

Ten comolingua propia ogalego, de orixe común coportugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida comogalego-portugués), e comparte oficialidade cocastelán, que é oficial en toda España. Así mesmo, como unha das seis autonomías condereito foral, posúe o seuDereito civil propio.

A súa superficie é de 29 576,74 km², pola que se espallan 30 377núcleos de poboación,[7] a metade dos existentes en España.[8][9][e] Estes esténdense por3 771 parroquias,[7] que compoñen313 concellos,[7] agrupados en53 comarcas e catro provincias.Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.[11] Forman parte do territorio unha serie deillas e illotes próximos á costa, entre os que destacan aIlla de Arousa e as illasCíes eOns.

Galicia posúe 2 695 645 habitantes dos que 1 297 301 son homes e 1 398 344 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2021).[12] Conta cunha distribución da poboación que aglomera a meirande parte na franxa entreFerrol eVigo. Os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios de poboación son os seguintes:Vigo,A Coruña,Ourense,Lugo,Santiago de Compostela,Pontevedra eFerrol.

O concello máis poboado é o deVigo con 292 374 habitantes (datos de 2022)[13] e o menos poboado o deNegueira de Muñiz con 228 habitantes no 2022. O concello máis extenso é o daFonsagrada cunha superficie de 438,42 km² e o máis pequeno o deMondariz-Balneario con 2,31 km².[8]A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6 545,18 hab./km² eVilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,62 hab./km² no 2020.

Galicia xurdiu comoentidade política noséculo III, coa creación daprovincia romana daGallaecia.[14] Cuns límites que superaban os actuais, recibía o seu nome dosgalaicos, opobo celta que levaba morando encastros ao norte dorío Douro polo menos oúltimo milenio. As súas terras, habitadas dende o primeiro período daera prehistórica, oPaleolítico inferior, foran incorporadas aoImperio Romano ao final dasguerras cántabro-astúrico-galaicas no19 a. C. Coa chegada dossuevos contra o ano410, Galicia constituíuse comoreino e foi o primeiroEstadomedieval deEuropa.[15] Estereino suevo-galego, alén de ser o primeiro en se separar do Imperio Romano, foi tamén o primeiro encuñarmoeda propia, en se converter aocatolicismo e en chegar a dominar case toda aPenínsula Ibérica.[16] En585 foi incorporado aoreino visigodo, tornándose oespazo galego nunha das tres unidades que conformaban o conxunto rexido polosmonarcas;[17] conrei propio nalgunha ocasión. Após a caída visigoda en711, en Galicia comezouse a conformación dun novoreino cristián.[18] Consolidado opoder rexio noséculo IX,[19] oreino de Galicia atinxiu ahexemonía peninsular durante o período entre os séculosXI eXIII,[20] sendo un dos centros políticos máis importantes daEuropa Occidental,[21] nunha etapa demáximo esplendor económico, artístico e cultural,[22] en que proxectou alingua eliteratura galegas alén das súas fronteiras. A independencia dePortugal en1139, a separación deCastela en1157[23] e a individualización deLeón no mesmo século[24] restrinxiron o territorio do antigo reino ao propiamente galego. Por diferentes vicisitudes políticas, Galicia aínda sufriría unha serie demutilacións territoriais na súafranxa leste, primeiro coa perda doEo-Navia nesa centuria e despois coa doBierzo e aSeabra séculos despois.[25] Tras aunión dinástica en1230 na persoa dorei de Castela, o reino mantivo o seuparticularismo político, mais comezou unha progresiva decadencia debido ao afastamento do centro de poder.[26] Con posterioridade tentáronse desenvolver proxectos políticos propios mediante entronizacións de reis non casteláns comoXoán I (1296),Fernando I de Portugal (1369) ouXoán de Gante (1386). Oséculo XV supuxo o cumio do poder para osseñores feudais galegos, que gobernaron coma reis nos seus dominios, ata que a fracasadagran revolta irmandiña (1467-1469) e oconflito sucesorio (1475-1479) propiciaron a chamadadoma e castración do Reino de Galicia, consumada en1486 polosReis Católicos. Como un dos reinos daMonarquía Hispánica, Galicia seguiu a ser unha entidade xurídica independente ata1833,[27][28] cando os antigos reinos foronabolidos para crear un estadocentralizado.[29] Anteriormente, en1808 tivera totalsoberanía coa súaXunta Suprema no contexto daguerra contra o invasor francés. Durante os séculosXIX eXX houbo diferentescorrentes galeguistas (provincialismo,rexionalismo,nacionalismo), medrando a demanda deautogoberno e recoñecemento da identidadecultural elingüística galegas. Isto, alén dunha efémeraRepública Galega en1931 e do recoñecemento internacional como nación en1933, resultou noEstatuto de Autonomía de 1936, frustrado polo inmediatoGolpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e a posterior longaditadura. Após a súa finalización coa morte doditador, aprobouse oEstatuto de Autonomía de 1981, o cal dotou a Galicia dun relativo autogoberno.

Etimoloxía

Véxase tamén:Historia do topónimo Galiza e Galicia.

Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabralatinaGallaecia (ouCallaecia), que significaba literalmente «terra dosgalaicos».Callaecia[30] 'a terra dos Callaeci', de *kallā- «madeira»[31] co sufixo complexo local-āik-. Posteriormente tornouseGallicia, actualGalicia ouGaliza. Osgalaicos (enlatín:Gallaeci, engrego: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste daPenínsula Ibérica xa antes da súa integración aoImperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequenatribo ao norte dorío Douro, oscallaecos; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico delingua celta e culturalmente homoxéneo, situado entre omar Cantábrico e orío Douro.[32]

A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneralromanoDécimo Xunio Bruto Galaico regresa aRoma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos,lusitanos egalaicos— recibindo do propioSenado romano o título deGallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.[33] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país comoGallaecia, tal e como fixeronEstrabón,Plinio eApiano, entre outros. Será este nomeGallaecia a que irá evolucionando durante máis de treceséculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".

Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termoGallaicus (galaico) e consecuentemente deGallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foiIsidoro de Sevilla, quen noséculo VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes daGalia[34]. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales comoAfonso X o Sabio,Ramón Barros Sivelo ouMurguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos daslinguas celtas, eindoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, actualmente, descoñecido.

Símbolos de Galicia

Artigo principal:Símbolos de Galicia.

Bandeira de Galicia

Artigo principal:Bandeira de Galicia.

Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais doséculo XIX polos galeguistas históricos doRexurdimento, como insignia nacional,[35] ondeando dende polo menos o ano1891. Ten fondobranco e presenta unha franxaazul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

Escudo de Galicia

Artigo principal:Escudo de Galicia.

O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dosreis de Galicia (roys de Galyce) do Armorial Segar deInglaterra no ano1282. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 daLei de símbolos de Galicia:

O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada degoles ou vermello[36].

Himno galego

Artigo principal:Os Pinos.
Eduardo Pondal, autor do poema que fornece a letra d′Os Pinos.
Eduardo Pondal, autor do poema que fornece a letra d′Os Pinos.
Pascual Veiga, autor da música do himno galego.
Pascual Veiga, autor da música do himno galego.

O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes (catro primeiras estrofas) do poemaQueixumes dos pinos deEduardo Pondal, e a música é da autoría dePascual Veiga. Estreouse naHabana,Cuba, o20 de decembro de1907.[37] Ademais aAntiga Marcha do Reino de Galicia é recoñecida na Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia como distintivo tradicional.[38]

Historia

Artigo principal:Historia de Galicia.

Prehistoria

Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Artigo principal:Prehistoria de Galicia.
Dolmen de Corveira, construído entre o IV e III milenios a. C., é unha típicaanta de corredor que forma parte do conxunto Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro, Eirón,Mazaricos.

As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia remóntanse a hai uns 300.000 anos, noPaleolítico inferior, durante oPlistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dendeRibadeo ataA Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industriaacheuliana a base de bifaces, fendedores, triedros... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico ouacheuliano. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros[Cómpre referencia] demámoas emedorras espalladas por todo o territorio.

Europa segundo Estrabón coa localización dasCasitérides.

Idade de Bronce

É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos. É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dosPireneos.

Etapa castrexa

Artigo principal:Cultura castrexa.
Castro de Santa Trega.

Floreceu na segunda metade daIdade de Ferro, resultado da fusión da cultura daIdade de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Osceltas trouxeron novas variedades de gando, ocabalo domesticado e probablemente ocenteo.

O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dossaefes, noséculo XI a. C. Someterá osoestrimnios, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas coaBretaña. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo queEstrabón dixese deles que eran os máis difíciles de vencer de todaLusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos galaicos aínda non estaba constituída política e administrativamente.

Vivenda castrexa reconstruída.

Oscastros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foso e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o deFazouro,Santa Trega,Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao eViladonga. Común a todos eles é o feito de que o ser humano se adapta ó terreo e non ó contrario.

En canto ós templos, a única construción atopada é a deElviña. O de Meirás conserva unhanecrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ouUrnenfelder como se coñecen pola súa denominación enalemán). Existen tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.

Dende finais doMegalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira orixe e significado (son moi coñecidas as deCampo Lameiro).

Idade Antiga

Aromanización

Torre de Hércules naCoruña.
Artigo principal:Gallaecia.
Muralla romana de Lugo.

Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoaGallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

Ocristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou olatín e impúxose óarianismo dossuevos e ópaganismo prerromano. Os suevos, que mantiveronGalicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polosvisigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente alingua latina e ocristianismo, evolucionando o primeiro cara ao galego e mesturándose o segundo cos costumes pagáns.

Catedral de Santiago de Compostela.

Oislam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión daReconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome dePortugal.

As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería pastoril.

Idade Media

Artigo principal:Reino de Galicia.

A aparición do sepulcro doApóstolo 'Sant Iago' noséculo IX conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndoseSantiago de Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. OCamiño de Santiago converteuse nun eixe cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dostrobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna

Artigo principal:Galicia na Idade Moderna.

A partir da escriturización normativa en castelán comezada porAfonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformación de España, pasando polos chamadosSéculos Escuros, nos que a supervivencia lingüística foi só oral. Noséculo XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelanfalantes. Neste século, Galicia era un dos territorios máis poboados de Castela, e ata1750 experimentou un rápido crecemento demográfico.[39]

Idade Contemporánea

Século XIX

Artigo principal:Galicia na Idade Contemporánea.
Bandeira do antigoReino de Galicia.

En1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do Reino de Galicia. É aquí onde nacen as actuais catroprovincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Anteriormente as divisións eran outras, sendo a anterior a división en cinco provincias (reinado deFernando VII): Ourense, A Coruña, Lugo,Vilafranca do Bierzo (que foi dividida entre Ourense e León) eVigo (que pasaría a Pontevedra).[40] Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.

O pronunciamento deSolís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la unidade de Galicia contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e o23 de abril de1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ouMártires de Carral.

ORexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época sonRosalía de Castro,Manuel Curros Enríquez,Murguía,Manuel Leiras Pulpeiro ouEduardo Pondal, entre outros.

Século XX

Representación do pobo galego porFrancisco Asorey no monumento aCurros Enríquez naCoruña.

Logo doprovincialismo,federalismo erexionalismo do século anterior, xorde a etapa daSolidaridad Gallega, de1907 áprimeira guerra mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha representación galega (o que se saldou cun fracaso).

Unha primeira etapa, ataPrimo de Rivera, é a marcada polasIrmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así,Vicente Risco eOtero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira eLois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamadaxeración Nós, en torno á revista do mesmo nome, acompañada de1920 áSegunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental dende o poder político central.

Galicia, confirmada a nivel internacional como nacionalidade. Imaxe da última páxina do El Pueblo Gallego de 30 de setembro de 1933
Galicia, confirmada a nivel internacional como nacionalidade. Imaxe da última páxina deEl Pueblo Gallego de 30 de setembro de 1933

NaSegunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente áOrganización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo,Ramón Cabanillas,Ramón Suárez Picallo,Castelao... En1936 o PG, para lograr o estatuto para Galicia, aliouse coa Fronte Popular e como consecuencia desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao presentouno nas Cortes pouco antes daguerra civil española.

Franquismo

Durante o franquismo, cualificado porCelso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas contraFrancisco Franco.[Cómpre referencia]

Na posguerra créase noexilio oConsello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano1944 sae do preloSempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optando polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación daeditorial Galaxia.

No ano1964 fúndanse aUnión do Pobo Galego (UPG, queMéndez Ferrín, un dos seus fundadores definiu como o partido nacionalista de esquerda revolucionaria) e oPartido Socialista Galego (PSG, conX. M. Beiras eSalvador García-Bodaño).

En democracia
Manuel Fraga, Presidente daXunta dende1989 ata2005

Demografía

Artigo principal:Demografía de Galicia.
Vigo é a cidade máis poboada de Galicia.

Cunha poboación de 2 695 645 habitantes (1 297 301 homes e 1 398 344 mulleres; datos a 1 de xaneiro de 2021)[12] Galicia é a quinta comunidade autónoma deEspaña por poboación.[12] A súa densidade de poboación, de 92,94 hab./km², é lixeiramente superior á media española e semellante áeuropea.

A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas dasRías Baixas e oGolfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) as de maior densidade de poboación. O concello deVigo, con 292.374 habitantes, constitúe o máis poboado de Galicia, seguido dos daCoruña, 245 468 habitantes (2021),[13] eOurense, 104 596 habitantes (2021).[13] Xunto con estas tres cidades, Galicia conta con outras catro localidades consideradas cidades:Lugo,Santiago de Compostela (capital administrativa de Galicia),Pontevedra eFerrol.

Así mesmo, o país conta con outros cinco concellos con máis de 30.000 habitantes, dez concellos de entre 20 000 e 30 000 habitantes, e trinta e cinco de entre 10.000 e 20.000.Segundo o censo de2014, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,07 fillos por muller fronte ao 1,32 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza a substitución xeracional da poboación.[41] Entre as galegas, as ourensás e as luguesas son as que menos fillos teñen, con 0,99 e 1,04, sendo as primeiras, das que menos fillos teñen en España só por baixo das asturianas.[42] En2013 rexistráronse en Galicia un total de 19.727 nacementos, o que supón 1.362 menos ca en 2012, segundo oIGE.[43] De feito, nos últimos anos Galicia vive unha diminución paulatina do número absoluto de nacementos dende o ano2008, no que houbo 23.175 nacementos,[43] tras un breve período de recuperación entre os anos 2002 e 2008.

Pirámide de poboación galega no ano 2014

Osaldo vexetativo, é dicir, a diferenza entre o número de persoas nadas e as falecidas, é negativo en Galicia dende final dos anos oitenta.[44] No2013 houbo un total de 30.433 falecementos polo que a diferenza entre defuncións e nacementos é de 10.706 persoas.[43]

Canto áesperanza de vida, os galegos tiñan en 2013 unha esperanza de vida ao nacer de 82,59 anos (79,48 anos para os homes e 85,59 anos para as mulleres).[45] Dende1981, ano en que a esperanza de vida dos galegos era de 75,4 anos, esta medrou en 7 anos, grazas á mellora da calidade de vida.[46] O avellentamento da poboación tamén se pon de manifesto no incremento de anciáns de idade avanzada que rexistra gradualmente a comunidade cada exercicio. Galicia contaba en1996 con 226 persoas con máis de cen anos. Dezaoito anos despois, a cifra medrou un 466,8% ao superaren o século 1.281 galegos no ano2014.[47]

No ano2014 residían en Galicia 98.245 estranxeiros, o que supón o 3,57% da poboación total. As nacionalidades predominantes son aportuguesa (19,03% do total de estranxeiros), aromanesa (9,36%) e abrasileira (8,34%).[48]

  • Densidade de poboación por provincias.
    Densidade de poboación por provincias.
  • Concellos máis densamente poboados de Galicia.
    Concellos máis densamente poboados de Galicia.
  • Densidade de poboación por parroquias.
    Densidade de poboación por parroquias.
  • Concellos que gañaron ou mantiveron a súa poboación en 2009.
    Concellos que gañaron ou mantiveron a súa poboación en 2009.
  • Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
    Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.

Concellos máis poboados

ListaxeMunicipioProvinciaPob.ListaxeMunicipioProvinciaPob.

Vigo

A Coruña

Ourense

Santiago de Compostela

Lugo

Pontevedra
1VigoPontevedra293 65213CarballoA Coruña31 416
2A CoruñaA Coruña247 37614CulleredoA Coruña30 864
3OurenseOurense104 25015RedondelaPontevedra28 937
4Santiago de CompostelaA Coruña98 68716RibeiraA Coruña27 030
5LugoLugo98 21417CangasPontevedra26 807
6PontevedraPontevedra82 53518CambreA Coruña24 739
7FerrolA Coruña63 89019MarínPontevedra24 197
8NarónA Coruña39 05120PonteareasPontevedra23 154
9OleirosA Coruña37 80921O PorriñoPontevedra20 562
10Vilagarcía de ArousaPontevedra37 68922LalínPontevedra20 282
11ArteixoA Coruña33 51623A EstradaPontevedra20 081
12AmesA Coruña32 48224MoañaPontevedra19 315
Padrón continuo. Datos a 1 de xaneiro de 2023[49]

Evolución demográfica

A finais doséculo XVIII, o reino de Galicia era a unidade territorial máis poboada daMonarquía Hispánica, e a única que superaba o millón de habitantes.[50] Após aabolición en 1833 dos antigos reinos da devandita monarquía, a historia demográfica de Galicia foi a dunha continua perda de peso respecto ao resto do Estado, froito da emigración cara aIberoamérica, Centroeuropa ou outros territorios do Estado. Así, en1857 a densidade de poboación en Galicia era a meirande de todas as rexións que conforman o estado, representando a cota galega o 11,49% dapoboación española[f] Así e todo, no2021, Galicia pasou a representar unicamente o 5,69% da poboación estatal.[51]

Evolución demográfica de Galicia e porcentaxe con respecto ao total estatal[52]
Ano18571877188719001910192019301940
Poboación1 776 8791 848 0271 894 5581 980 5152 063 5892 124 2442 230 2812 495 860
Porcentaxe11,49%11,11%10,79%10,64%10,32%9,93%9,42%9,59%
Ano195019601970198119912001201120142021
Poboación2 604 2002 602 9622 583 6742 753 8362.720.4452.732.9262.795.4222.748.6952 695 645
Porcentaxe9,26%8,51%7,61%7,30%6,90%6,65%5,92%5,88%5,69%

Divisións administrativas

Santiago de Compostela é a capital de Galicia.

Administrativamente a Galicia actual divídese en 4provincias, 53comarcas, 313[53]concellos e 3 771parroquias.[7][g]

Provincias

Artigo principal:Provincias de España.

Durante aIdade Moderna e até aDivisión territorial de España en 1833 Galicia estivo dividida en 7 provincias:A Coruña,Betanzos,Lugo,Mondoñedo,Ourense,Santiago eTui. Actualmente Galicia estrutúrase en 4provincias:

ProvinciaCapitalSuperficie
(km²)
Poboación 2021
(hab.)[54]
Densidade
(hab/km²)
Concellos
Provincia da CoruñaA Coruña7 9501 120 134140,8393
Provincia de LugoLugo9 856326 01333,4467
Provincia de OurenseOurense7 273305 22342,3092
Provincia de PontevedraPontevedra4 495944 275209,7161

Comarcas

Artigo principal:Comarcas de Galicia.

As provincias galegas divídense en 53comarcas segundo o Decreto 65/1997 daXunta. Delas, 18 comarcas pertencen áprovincia da Coruña, 13 á deLugo, 12 á deOurense e 10 están naprovincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal[55] e carecen de funcións administrativas.

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais
Concellos de Galicia

Concellos, parroquias e lugares

Artigos principais:Concellos de Galicia, Parroquias de Galicia e Lugares de Galicia.

Galicia está dividida en 313 concellos[56] e 3 771parroquias.[7][h] O territorio do concello estrutúrase enparroquias e estas á súa vez enaldeas ou lugares.

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50 % das entidades de poboación deEspaña se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existe máis dun millón de topónimos e microtopónimos.[57]

Economía

Artigo principal:Economía de Galicia.
TendaZARA enHong Kong. ZARA, do grupoINDITEX, é o primeiro grupo europeo e segundo mundial de confección e roupa. Ten a súa sede central enArteixo,A Coruña.

Galicia é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados dapesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basea a maior parte da súa economía naagricultura tradicional, asentada nominifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.

O 85% dos turistas que recibe Galicia visitanSantiago de Compostela, un dos principais reclamos turísticos galegos[58].

Aséntanse en Galicia poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta dealuminio que a multinacional Alcoa ten enSan Cibrao (Cervo), a industria manufactureira de automóbiles da tamén multinacionalCitroën en Vigo, a mina e as centrais térmica e de ciclo combinado deEndesa das Pontes de García Rodríguez, arefinería da Coruña ou os estaleiros deFerrol eVigo, con desigual sorte e en proceso de reconversión case continua na súa maioría dende os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega comezou a desenvolverse internacionalmente, o grupo téxtilInditex (Zara,Pull and Bear etc.), con sede enArteixo.

As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias dederivados lácteos e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal FRIGSA (Frigoríficos Industriales de Galicia) que acabou sendo desmantelada, tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas.

Galicia tamén conta con dúas importantes entidades financeiras filiais de entidades foráneas:Abanca, que é filial do grupoBanesco, e oBanco Pastor, que é propiedade doBanco Popular.Abanca é a marca comercial do banco que se creou no ano 2014 trala fusión por absorción doBanco Etcheverría por parte deNCG Banco, sendo este último á súa vez resultado da fusión de dúascaixas de aforros;Caixa Galicia eCaixanova. OBanco Pastor pola súa banda é unha marca para Galicia doBanco Popular, que o adquiriu no ano 2011. Até entón o Pastor era o segundo banco máis antigo deEspaña despois do Banco Etcheverría.

Apesca, na que tradicionalmente Galicia é unha potencia, vén minguando o número de capturas dende hai anos tanto polo esgotamento das pesqueiras tradicionais como polas condicións políticas de acceso a estas. Estanse comezando a desenvolver os cultivos mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional dasmexilloeiras (que aínda hoxe representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetarias.

Sanxenxo é un dos destinos turísticos máis coñecidos da comunidade.
Aeroxeradores enCarnota.

Aagricultura e agandería pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da incorporación naUE e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous indicadores.

O turismo, de desenvolvemento máis tardío ca noutras zonas da Península, representa hoxe en día unha importante fonte de ingresos, coa peculiaridade de que se concentra na costa (principalmente nasRías Baixas) eSantiago.

Segundo oIGE, durante o ano2014 Galicia recibiu 4.089.870 turistas en aloxamentos turísticos, un 8% máis que no ano2013, e un 4,5% menos que o últimoano santo xacobeo do 2010.[59] O turismo supón o 12 por cento doProduto Interior Bruto (PIB) galego e emprega a un 12 ou 13 por cento dos traballadores.

Enerxía

A xeración neta en2014 alcanzou os 31.287GWh dos cales 10 069 obtivéronse dascentrais termoeléctricas do carbón, 10.245 de fontehidráulica, 8.314 daenerxía eólica, e 19 desolar fotovoltaica.[60] Esta cantidade supuxo o 11,72 % do total deEspaña.[60] Ese mesmo ano a demanda na comunidade galega ascendeu a 19.451 Gwh.[60]

As principais fontes de xeración son os combustibles sólidos procesados transformados principalmente nas centrais térmicas deMeirama eAs Pontes. Esta última é a maiorcentral térmica deEspaña cunha potencia de 1.468Mw distribuída en catro grupos xeradores.[61]

A porcentaxe de produción de enerxía renovable (hidráulica, solar e térmica renovable) en Galicia no ano 2014 foi aproximadamente do 60 %.[60] Dentro deste grupo, asenerxías renovables están nunha etapa de gran crecemento, destacando aenerxía eólica que supuxo en 2005 o 83,1 % do total da potencia instalada de enerxías renovables, e que no ano 2014 colocaba a comunidade no terceiro posto nacional con 3.362 MW de potencia instalados[60] Nos próximos anos espérase unha expansión daenerxía térmica solar[62] así como daenerxía undimotriz.

Xeografía

Artigo principal:Xeografía de Galicia.
Véxase tamén:Rías de Galicia, Montes de Galicia e Illas de Galicia.
Imaxe de Galicia tomada por un satélite daNASA.

O territorio de Galicia está comprendido entre 43°48′ N (Estaca de Bares) e 41°49′ N (Portela do Home, na fronteira conPortugal) en latitude. En lonxitude, entre 6°44′ O (límite entreOurense eZamora) e 9°18′ O (cabo Touriñán).

Relevo

Praia de Carnota. Cos seus 7 km de lonxitude constitúe o maior areal do país.

Na xeografía galega destaca o contraste entre o relevo costeiro e o de interior, máis elevado có primeiro. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios dorío Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ómar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre noscanóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que son minoritarios.

Vista xeral daRía de Ferrol.

A costa galega conta con 1.498 km dos que máis de 800 soncantís e 300 son depraias. A costa do país caracterízase pola presenza dasrías, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas enRías Altas (Ribadeo,Foz,Viveiro,Barqueiro,Ortigueira,Cedeira,Ferrol,Ares,Betanzos,A Coruña,Corme e Laxe eCamariñas) eRías Baixas de maior tamaño, atópanse ao sur deFisterra como punto máis occidental de Galicia (Corcubión,Muros e Noia,Arousa,Pontevedra eVigo). Entre as Rías Altas faise decote unha división entre as denominadas propiamente Rías Altas (ó leste deEstaca de Bares) e asRías Medias.

As rías destacan pola súa importante achega ápesca de Galicia, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo.

Cabo Ortegal.

A erosión doocéano Atlántico na costa galega tamén contribuíu á presenza de multitude de cabos entre os que destacanEstaca de Bares (punto máis ó norte de Galicia e a separación entreocéano Atlántico emar Cantábrico),cabo Ortegal,cabo Prior,punta Santo Adrao,cabo Vilán,cabo Touriñán (punto máis occidental de Galicia),cabo Fisterra, considerado polos romanos como o fin do mundo coñecido e ocabo Silleiro que pecha polo sur a ría de Vigo.

Ó longo da costa galega atópanse pechando as rías un gran número dearquipélagos que destacan tanto polos seus fondos mariños como polas súas colonias de aves mariñas. Os principais grupos de illas son os arquipélagos deCíes,Ons,Sálvora así como as illas deCortegada (xunto cos tres arquipélagos anteriores forman oParque nacional das Illas Atlánticas),Arousa,Sisargas eMalveiras.

Asnubes que entran por Galicia baten cosAncares ó penetraren no interior daPenínsula Ibérica.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas. As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como acontece nos canóns dorío Sil. Noutras zonas aparecen amplosvales, aínda que son minoritarios.

Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por tales lugares. Así, atopámonos na zona doPorriño con canteiras degranito, rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.

As principais cadeas montañosas do país son as serra doXistral (norte deLugo),Os Ancares (fronteira conLeón eAsturias),O Courel (fronteira con León),O Eixo (fronteira entreOurense eZamora; a 2.124 m atópasePena Trevinca, o teito de Galicia),Macizo Central ourensán (corazón da provincia de Ourense),O Faro (fronteira entre Lugo e Pontevedra),Cova da Serpe (fronteira Lugo e A Coruña),Montemaior (provincia da Coruña),Montes do Testeiro (entre Pontevedra e Ourense),A Peneda, e as doXurés eO Larouco (fronteira entre Ourense ePortugal).

Os principais cumios de Galicia sonPena Trevinca (2.127 m),Pena Survia (2.095 m),Alto do Torno (1.942 m),Maluro (1.925 m),Monte Cuíña (1.987 m) eCabeza de Manzaneda (1.778 m).[63]

Hidrografía

Artigo principal:Ríos de Galicia.
Desembocadura doMiño naGuarda.

Galicia cualifícase moitas veces como aterra dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, agás oMiño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no treito final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semiacuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos galegos pertencen a dúas vertentes: aCantábrica e aAtlántica. Na vertentecantábrica son ríos moi curtos, onde destaca orío Navia, que nace nosAncares e desemboca na localidadeasturiana deNavia, e orío Eo, que desemboca no límite conAsturias. Algo máis longos son naatlántica, coas excepcións novamente deMiño eSil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros, 310 e 225 km respectivamente, sendo oMiño o noveno deEspaña en lonxitude. Na vertente atlántica cabe destacar ademais, de norte a sur, os ríosEume,Tambre,Ulla,Lérez eLimia, que desemboca en territorioportugués.

Orío Lérez, na súa desembocadura enPontevedra.

Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os afamadoscanóns do Sil (moitos deles aproveitados paraencoros).

Climatoloxía

Artigo principal:Clima de Galicia.

En xeral, Galicia ten un clima suave de influenciaoceánica, moichuvioso. Con todo, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km².

A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:

Río Sil ao seu paso polaRibeira Sacra, onde forma os famososCanóns do Sil.

O territorio galego ten unha temperatura media anual ponderada de 13,3 °C.[64] Durante oinverno a temperatura media acada os 8,5 °C,[64] na primavera chega aos 15 °C,[64] noverán os 19 °C e durante ooutono os 11 °C.[64] É, polo tanto, no primeiro terzo do ano (meses de xaneiro a marzo) cando se dan os valores máis baixos de temperatura para a maior parte de Galicia. É na zona atlántica de Galicia –provincias daCoruña ePontevedra onde se rexistran as temperaturas medias anuais máis elevadas, superando lixeiramente os 14 °C e sendo de 1 a 2 °C máis altas cás deLugo eOurense, respectivamente. Os valores medios normalizados van dende mínimos por debaixo dos 6 °C nas montañas das serras orientais e surorientais (Os Ancares eO Eixo), ata máximos superiores aos 15 °C nas áreas costeiras a baixa altitude, especialmente nasRías Baixas. A distribución espacial das temperaturas presenta unha variación costa-interior, relacionada coa presenza doocéano Atlántico —quen ten un efecto de regulador térmico nas zonas costeiras e incluso en zonas máis interiores—, e outra norte-sur, en relación co balance anual entre as compoñentes climáticas temperada e subtropical. En conxunto, marcan un efecto diagonal NW-SE de diminución da temperatura é dicir, poderíase trazar unha liña dendeTui ataRibadeo que diferenciaría dúas zonas principais climáticas en Galicia, unha con temperaturas máis suaves (a costa) e outra con temperaturas máis continentais (o interior).

Natureza

Flora

Asfragas do Eume constitúen un reduto do bosque atlántico galego que outrora cubriu case toda Galicia.

Galicia ten unha gran porcentaxe demonte (un 68,96%)[65] con máis de 600 millóns de árbores cubrindo a súa superficie, valorada en 28 000 millóns deeuros,[66] onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, aínda que nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación doeucalipto, quedando un número defragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.

Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico dogando.

Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar dosincendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biótopos:[Cómpre referencia]

Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

Fauna

Gaivotas patiamarelas nasIllas Cíes.
Artigo principal:Fauna de Galicia.

Existen en Galicia 262especies devertebrados inventariados, dos que 12 sonpeixes deaugas doces, 15anfibios, 24réptiles, 152aves e 59mamíferos.[67]

Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Porén, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (comoxabarís oucorzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.

Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA etc., como a daría de Ribadeo.

Cabe mencionar ocabalo de pura raza galega e agaliña autóctona de Mos, que se atopa en perigo de extinción, aínda que o número de exemplares aumentou considerablemente en 7 anos.[68]

Lingua

Falantes de galego como primeira lingua segundo os censos do IGE dos anos 2001 e 2011.
Artigos principais:Lingua galega e Historia da lingua galega.

Ogalego, idioma romance derivado dolatín que se falaba na antigaGallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural dopobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común aoportugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade)[69] e similar a outros romances ibéricos tales coma oasturiano ou ocastelán.

A lingua galega desenvolveu tradición literaria temperá canda outros romances coma ooccitano. Esta prematura tradición acredita o seu prestixio. Atravesou posteriormente períodos de decadencia literaria esociolingüística debido ao status político de Galicia ao longo da súa historia.

Actualmente, a lingua galega posúe un estándar elaborado polaReal Academia Galega en base á súa tradición literaria. O galego contemporáneo, como lingua oficial, posúe unha variante culta que é empregada tanto nosmedios de comunicación de Galicia coma noensino primario, secundario e universitario.

A lingua galega é falada por máis de 3 millóns de persoas arredor do mundo. En relación ó número de falantes, o galego ocupa o posto 146 na lista mundial, na que están incluídos máis de 6.700 idiomas.[70]

Ocastelán comezou a se introducir naBaixa Idade Media sobre todo ao accederen casteláns a postos naIgrexa e na política galega, e acabou por converterse na lingua da clase dirixente e de facto na única lingua oficial e ao longo doséculo XX tamén na lingua falada por unha parte dos habitantes das cidades galegas. Despois de varios séculos de imposición política da lingua castelá, o galego acadou nos últimos decenios tamén o status de lingua oficial na comunidade autónoma galega, e ámbolos dous son aprendidos nos centros de ensino. Existe un forte movemento social que busca a plena normalización da lingua de Galicia.

Hai que notar que tanto o galego coma oportugués son derivados do antigo galego, chamado habitualmentegalego-portugués. As dúas linguas comezaron a se afastaren progresivamente coa separación política dePortugal e Galicia.

Transportes e mobilidade

Torre de control doaeroporto de Santiago de Compostela.

Aeroportos

En Galicia hai tres aeroportos situados no eixe atlántico, que dan servizo ás cidades máis importantes de Galicia:

Cabe destacar que os tres aeroportos teñen voos directos aMadrid,Barcelona,Valencia,Bilbao,Sevilla,Gran Canaria,Tenerife,Palma,París eLondres.

Portos

Porto de Vigo coasIllas Cíes ó fondo.

Entre os portos galegos cabe destacar oporto de Vigo, que é o maior porto de pesca da Península Ibérica e un dos maiores do mundo.[75][76] O seu tráfico total en2014 foi de 4.087.402 toneladas.[77] Outros portos a destacar son os deFerrol-San Cibrao eA Coruña, cuns tráficos totais de 13.091.673 e 11.956.980 toneladas respectivamente,[77] así como os deMarín eVilagarcía de Arousa, con 1.923.971 e 989.082 toneladas respectivamente.[77]

En Galicia hai ademais outros 122 portos[78] xestionados polo ente públicoPortos de Galicia.

Estradas

AutoestradaAP-9 cara aVigo.

A rede de estradas de Galicia está formada por variasautoestradas eautovías que unen as principais cidades, e unha rede nacional e secundaria que chega ó resto de concellos.

Cabe destacar as autovías de acceso a Galicia:

Está en proxecto aA-76, que entrando porValdeorras, seguirá un percorrido similar ao da actualN-120 unindoPonferrada eOurense.

No interior de Galicia atopamos aAP-53/AG-53 (Autoestrada Central Galega) entreSantiago eOurense. Están actualmente en construción as autovíasA-54 entreSantiago eLugo, eA-56 entreLugo eOurense. Hai ademais daAG-53 outras autoestradas e autovías con titularidade daXunta de Galicia, que dan servizo a algunhas capitais comarcais, como:

Ferrocarril

Liñas de ferrocarril.

O ferrocarril inaugurouse en Galicia o15 de setembro de1873 coa posta en servizo do treito entreO Carril (Vilagarcía) eCornes (Santiago). En1875 inaugurouse a segunda liña, que uníaA Coruña eLugo, e non foi até1883 cando Galicia quedou conectada co resto daEspaña peninsular a través doBarco de Valdeorras.[79]

A rede deferrocarril en Galicia rolda os 1.100 km. Hai varias liñas de largo ibérico (1.668 mm) que corresponden aAdif eRenfe Operadora e que unen tódalas cidades galegas. Hai outra liña de largo inferior (1.000 mm) correspondente aFEVE, co percorridoFerrol-Ribadeo-Oviedo. De todas estas liñas a única electrificada é a que entra porPonferrada cara aMonforte,Ourense eVigo.[80]

Alta velocidade

Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.

Noséculo XXI comezaron a construírse novas liñas de ferrocarril en Galicia para poder acadar velocidades máis altas. As principais obras foron a construción daliña de alta velocidade Madrid-Galicia, aínda sen rematar, e oeixe atlántico.

O 10 de decembro de2011 inaugurouse a liña de alta velocidade entreOurense eA Coruña, aínda que enancho ibérico para facilitar a circulación dos trens ata a inauguración do treito entreZamora eOurense, que conectará Galicia co resto da rede de alta velocidade. En2015 quedou inaugurado o treito doeixe atlántico entreSantiago eVigo, tamén en ancho ibérico de xeito provisional.

Cultura

Artigo principal:Cultura de Galicia.

Galicia conta cunha rica historia na que diferentes pobos, xunto coa poboación nativa, deixaron a súa marca na cultura.

Literatura

Artigo principal:Literatura galega.
OsCantares gallegos deRosalía marcan o comezo doRexurdimento.

Como acontece coa maior parte daslinguas romances, as primeiras manifestacións literarias en galego (algunhas veces denominado actualmentegalego-portugués) datan daIdade Media. Logo desta etapa medieval (na que resulta especialmente relevante aprodución poética), tivo lugar un longo período de algo máis de tres séculos de secaliteraria, denominadosséculos escuros, no que se produciu un case total abandono dalingua galega como lingua literaria. CoRexurdimento, fundamentalmente na segunda metade doséculo XIX, a literatura en galego volve a cultivarse xurdindo nomes fundamentais comoRosalía de Castro.

Xa noséculo XX, antes daguerra civil teñen especial importancia grupos de intelectuais como aXeración Nós e asIrmandades da Fala, nos que se atopan escritores comoVicente Risco,Ramón Cabanillas eCastelao. Pódense observar, logo, dous períodos máis que coincidirían, aproximadamente, un cofranquismo e o outro co período de tempo que chega ata a actualidade, dende o instauración da democracia enEspaña. Autores de sona da literatura galega contemporánea sonXosé Luís Méndez Ferrín,Manuel Rivas ouSuso de Toro.

Música

Gaiteiros nunha romaría
Artigo principal:Música tradicional galega.

Galicia é un país cunha ampla e fonda tradición musical. A súa riqueza musical reside na variedade de ritmos musicais así como de instrumentos.

Os instrumentos empregados na música galega viran fundamentalmente ao redor dos de vento e percusión. De entre todos eles, destaca agaita como o máis estendido e coñecido, aínda que ultimamente estase prestando especial atención á recuperación daqueles instrumentos que foron caendo no esquecemento, principalmente os diferentes tipos defrautas galegas e azanfona. En canto aos de percusión, hai unha gran variedade, podendo citarse otamboril, obombo e apandeireta, entre outros. Algunhas das agrupacións tradicionais galegas teñen máis de cen anos de historia como oReal Coro Toxos e Froles de Ferrol ou o coroCántigas da Terra da Coruña.

En canto a ritmos musicais destacan asmuiñeiras, danzas folclóricas tradicionais que teñen orixe nos muíños onde se moían o trigo e o millo; ealalás. O grupo galego de música tradicional máis coñecido tanto no país como fóra éMilladoiro,[81] mestura da música tradicional con ritmos e sons doutras culturas.

Festas populares

Aloitadores tentando suxeitar unha besta narapa das bestas de Sabucedo.
Véxase tamén:Festas de interese turístico de Galicia.

As seguintes son algunhas das festas de Galicia declaradas deinterese turístico internacional ounacional:[82]

  • Festas do Apóstolo Santiago: son as festas en honra ao patrón de Galicia e celébranse durante medio mes enSantiago de Compostela. Nelas celébranse actos relixiosos e o24 de xullo lánzanse fogos artificiais dende acatedral. Foron declaradas de Interese Turístico Internacional no2001.
  • Festa de San Froilán: son as festas dedicadas ao patrón da cidade deLugo, entre o4 e o12 de outubro. Estas festas de Interese Turístico Nacional reúnen todos os anos multitude de visitantes, chegando na súa edición de2015 a reunir a 570.000 persoas.[83] Son famosas sobre todo polas tradicionais casetas onde se desgusta opolbo á feira.
  • Festa do marisco: vén celebrándose cada outubro dende1963 noGrove. Na década de 1980 foi declarada de Interese Turístico Nacional. A degustación de marisco fresco a prezos populares é, sen dúbida, o maior atractivo desta cita.
  • Rapa das bestas de Sabucedo: celébrase a primeira fin de semana de xullo enSabucedo (A Estrada), é un acontecemento de tradición ancestral, declarado de Interese Turístico Nacional en1963 e Internacional no2007. É a rapa máis famosa de Galicia, consiste en baixar do monte cabalos salvaxes e levalos a un recinto pechado denominado "fachendoso", onde se lles corta as crinas e márcase aos poldros. Unha diferenza respecto das demaisrapas de Galicia, é que na de Sabucedo os "aloitadores", encargados de inmobilizar aos animais para poder cortarlles as crinas e marcalos, non utilizan ningunha axuda.
  • Festival de Ortigueira: celébrase na localidade deOrtigueira durante catro días. Primeiro celebrouse dende1978 a1987, e actualmente celébrase dende1995. O festival baséase na cultura celta,música folk e encontro con distintos pobos, o cal fai deste festival algo importante para o coñecemento doutras culturas ou pobos vidos de moitas partes de España e do mundo, cada mes de xullo nas datas sinaladas reúnense un número de persoas próximo ás 100.000 por edición. Está consideradoFesta de Interese Turístico Internacional dende o ano2005.
  • Romaría Viquinga de Catoira: é unha festa profana que se celebra na localidade deCatoira o primeiro domingo de agosto. Celébrase dende1960 e rememora feitos históricos na defensa de Galicia dos ataques de piratas normandos e sarracenos que buscaban o tesouro da Igrexa compostelá. En2002 foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
  • Festa do Corpus Christi de Ponteareas: vénse celebrando dende1857 enPonteareas. Na fin de semana seguinte aCorpus Christi celébrase a festa máis representativa, as alfombras florais. Está considerada Festa de interese turístico dende1968, de interese turístico nacional dende1980 e internacional dende 2009.
  • Fogueiras de san Xoán na Coruña: festa ancestral ligada aosolsticio deverán, celebrada en toda Galicia na noite do 23 ao 24 de xuño e que no caso da cidade da Coruña está declarada de interese turístico internacional dende o ano 2015. Son tradicionais as sardiñadas e as grandes fogueiras polos barrios e as praias da cidade.
Cigarróns deVerín.

Gastronomía

Artigo principal:Gastronomía de Galicia.
Polbo á feira.

A gastronomía galega destaca pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, demostrada en moitos casos polos 30 produtos galegos conDenominación de Orixe Protexida.[84] A miúdo os produtos galegos son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para o turista que visita Galicia.

Queimada.

A cociña galega tanto nas zonas do interior como nas costeiras sempre foi moi sinxela, debido á escaseza de recursos dos que dispor. Oporco formaba a base da alimentación nas terras do interior. Na zona costeira tamén se consumía este tipo de carne, pero a base da alimentación constituíaa opeixe.

Os pratos máis tradicionais da cociña galega corresponden, entre outros, ocaldo galego, opolbo á feira, ococido, acaldeirada, ochurrasco, asmariscadas, oscallos e aempanada. Entre assobremesas tradicionais atópanse atorta de Santiago ou a deMondoñedo, asorellas (típicas doEntroido) ou asfilloas. Algúns produtos típicos da gastronomía galega son ogrelo, apataca, acastaña, opemento, omel, olacón, osembutidos, oqueixo, opan e os distintos tipos demariscos.

Entre as bebidas destacan aqueimada, asaugardentes e derivados (bebidas espirituosas), e os distintos tipos deviño dos que cabe destacar as cinco denominacións de orixe existentes en Galicia:Ribeiro,Rías Baixas,Monterrei,Valdeorras eRibeira Sacra.

Relixión

Réplica doCrismón de Quiroga do século V, considerado unha das representacións máis antigas docristianismo en Galicia.

Segundo o Barómetro Preelectoral publicado polo CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) en xullo do 2020, a afiliaciónrelixiosa en Galicia é:[85]

Afiliación relixiosaPorcentaxes
Católicos practicantes24,5%
Católicos non practicantes40,3%
Outras relixións1,3%
Agnósticos (non crentes)9,7%
Ateos13,6%

De todos os que se definen como crentes, tanto no catolicismo como noutras relixións, o 27,9% nunca asiste a oficios relixiosos máis alá de cerimonias de tipo social como vodas, cabodanos, enterros, bautizos etc., o 23,2% non asiste case nunca, o 18,4% asiste varias veces ao ano a oficios relixiosos, o 10,6% asiste dúas ou tres veces ao mes, o 17,1% asiste todos os domingos e festivos e un 2,2% afirma que vai varias veces por semana.

Deportes

Xogadores doDeportivo da Coruña antes dun partido daCopa da UEFA en2008.

No que se refire aos deportes de masas, existen equipos importantes defútbol masculino, coma oCelta de Vigo, actualmente o único representante do país naPrimeira división, oDeportivo da Coruña e oRacing de Ferrol, naSegunda división, e oLugo, oArenteiro, oCelta Fortuna e oOurense CF, naPrimeira Federación. O Deportivo da Coruña gañou unha liga, dúasCopas do Rei e tresSupercopas de España; e contou nas súas filas co primeiro e un dos dous únicos futbolistas españois galardoados coBalón de Ouro,Luis Suárez.[86] Mentres que os vigueses son o club galego con máis tempadas na máxima categoría. OPontevedra e oCompostela son os restantes dous equipos que chegaron a militar en Primeira. No fútbol feminino cabe destacar oDeportivo da Coruña, que xoga naPrimeira división. Galicia acolleu varios partidos doMundial de Fútbol de 1982 nos estadios deRiazor eBalaídos.[87]

Enbaloncesto destacan equipos como oBreogán e oBasquet Coruña, naLiga ACB,[88] ou oObradoiro e oClub Ourense Baloncesto, na segunda categoría do baloncesto español, aLEB Ouro,[89] así como o desaparecidoOAR Ferrol, un dos fundadores daAsociación de Clubs de Baloncesto (ACB). A nivel individual destacan nomes comoFernando Romay (medallista nosXogos Olímpicos de 1984 e ex xogador, entre outros, doReal Madrid, club co que gañou numerosos títulos a nivel estatal e internacional), ouFran Vázquez, seleccionado polosOrlando Magic daNBA no posto 11 da primeira rolda dodraft de2005, amais de ser o máximo taponador histórico daEuroliga.[90]

Enbalonmán destacan pola parte masculina oBM Cangas, que xoga naLiga ASOBAL,[91] e oBM Cisne e oAtlético Novás, enDivisión de Honra Prata, así como aSD Teucro e a desaparecidaSociedad Deportiva Octavio. Por outra banda, oCB Atlético Guardés e oBM Porriño son os representantes galegos naDivisión de Honra feminina. Enhóckey a patíns destacan oH.C. Liceo (o equipo máis laureado de Galicia e un dos máis laureados de Europa, gañador en seis ocasións damáxima competición europea), así como oA.A. Dominicos (único equipo galego xunto co Liceo en gañar un título estatal e que actualmente compite naPrimeira División) e o desaparecidoCP Cerceda. Os equipos masculinos defútbol salaNoia FS eBurela FS xogan naPrimeira División, mentres que oParrulo faino naSegunda División. Destacou ademais oProne Lugo e oAutos Lobelle. En canto ao fútbol sala feminino, oBurela FSF e o Ourense Club de Fútbol son os principais equipos galegos, disputando ambos con éxito aPrimeira división, sendo o Burela un dos equipos máis laureados da historia do fútbol sala español.[92] Dende adécada de 2010 sufriu un gran crecemento ofútbol gaélico, coa aparición de numerosos equipos e a creación dunhaliga galega con varias categorías.[93]

Existen tamén varias seleccións galegas, entre as que destacan aselección galega de fútbol, a debaloncesto a derugby ou a defútbol gaélico.[94]

Os deportes de motor, e especialmente osrallys, gozan de gran popularidade en Galicia. Dende 1979 dispútase oCampionato de Galicia de Rally, onde teñen destacado pilotos comoCarlos Piñeiro,Germán Castrillón,Manuel Senra ouVíctor Senra. Ademais oCampionato de España de Rallys acostuma a albergar varias probas en Galicia, sendo estas nos últimos anos oRally de Ferrol e oRally de Ourense e anteriormente oRally do Cocido e oRally Rías Baixas entre outras. Pilotos galegos comoBeny Fernández,Sergio Vallejo ouIván Ares lograron numerosos éxitos no nacional de asfalto, mentres queGuillermo Barreras eAmador Vidal conquistaron oCampionato de España de Rallys de Terra.[95][96] Pola súa parte o copilotoLuís Moya proclamouse dúas vecescampión do mundo de rally. Celébrase ademais o Campionato de Galicia de Autocross, onde destacan as probas disputadas noCircuíto de Autocross de Arteixo, que xunto ao deCarballo, alberga tamén probas do Campionato de España. NoCampionato de Galicia de Montaña son de grande importancia as subidas aAlmofrei, á Saleta, e sobre todo aSubida a Chantada, que en varias edicións puntuou para o Campionato de España e o Campionato de Europa. Galicia conta tamén cun catro vecescampión do mundo de motocrós, o lucenseJorge Prado, e alberga un Gran Premio do Campionato Mundial, o Gran Premio de Galicia, disputado no Circuíto Municipal Jorge Prado, enLugo.[97]

Galicia é coñecida tamén pola súa tradición de deportes acuáticos, tanto no mar como nos ríos, comoremo,navegación deportiva,piragüismo ousurf, deportes nos que é unha asidua gañadora de metais nosXogos Olímpicos, sendo exemplos disto os deportistasDavid Cal,Támara Echegoyen,Sofía Toro,Carlos Pérez Rial,Antón Paz Blanco ,Fernando Echavarri ouTeresa Portela. Na modalidade depiragüismo en maratón Galicia é toda unha potencia, acumulando ducias de medallas noCampionato Mundial e noEuropeo.[98] No eido acuático o deporte galego por excelencia son astraiñeiras, contando Galicia con representantes naLiga ACT de traiñeiras, e disputándose tamén unhaLiga Galega de Traiñeiras. Dende o comezo do século XXI Galicia tamén ven de se converter en toda unha potencia entríatlon da man deXavier Gómez Noia, medallista olímpico en2012, eIván Raña, os dous campións do mundo, e sendo Noia un dos mellores atletas da historia na especialidade.[99]

No ano2006 o ciclista deMosÓscar Pereiro gaña oTour de Francia trala descualificación donorteamericanoFloyd Landis, quen lle arrebatara o primeiro posto na penúltima xornada.[100] Tamén no alpinismo hai galegos destacados, como aviguesaChus Lago, terceira muller en acadar o cumio doEverest sen axuda de osíxeno, e que conta tamén co títuloLeopardo das neves.[101] No mundo doatletismo, destacaron a nivel internacional entre outrosJavier Álvarez,Alejandro Gómez,Andrés Díaz,Xulia Vaquero,Alessandra Aguilar eMaría Abel Diéguez, e máis recentementeAna Peleteiro eAdrián Ben.[102]

Goberno e política

OPazo de Raxoi, sede oficial da presidencia da Xunta de Galicia.
Alberto Núñez Feijóo, expresidente da Xunta.

No ano 1933 Galicia foi recoñecida como nación polo Congreso de Nacionalidades Europeas, organismo predecesor da ONU.[103] Os estudos sociolóxicos poñen de manifesto a consideración de Galicia comonación por unha parte[Cómpre clarificar] dos seus cidadáns[104] e o seu desexo dun maior grao de autogoberno[Cómpre referencia][105]. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galicia son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén existen grupos independentistas.

Os poderes da comunidade

OEstatuto de autonomía de Galicia establece que os poderes da comunidade exércense pola vía do Parlamento, a Xunta e a Presidencia:[106]

Resultados electorais

Artigo principal:Lista de Presidentes de Galicia.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
PartidoCandidat/aVotos%Escanos+/-
Partido Popular de Galicia (PPdeG)Alberto Núñez Feijóo627.76247,9642+1
Bloque Nacionalista Galego (BNG)Ana Pontón311.34023,7919+13
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE)Gonzalo Caballero253.75019,3914=
Galicia en Común–Anova–Mareas (PodemosEUAnova)Antón Gómez-Reino51.6303,940-14

Partidos políticos

Forzas políticas máis votadas naseleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Seguridade

Vehículo da Policía Autonómica.

APolicía Autonómica Galega depende organicamente daDirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente daDirección Xeral de Emerxencias e Interior daXunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 doEstatuto de autonomía de Galicia.

Cando foi creada o19 de xuño de1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia. En 1993 son 264 e ábrense as catro sedes provinciais e en 1997 a sede de Vigo. No ano 2000 son 407. No 2004, os plans da Xunta eran que o número de axentes chegase aos 1.500 en tres anos, a metade dos cales ocuparíanse de funcións de vixilancia do tráfico.[108] Mais no 2007 eran 420 os membros da unidade. A finais do ano 2013, o corpo dispuña de 462 membros.[109]

Por outra banda, os plans para a policía autonómica galega do goberno da Xunta, pretenden que asuma as mesmas competencias que outras policías autonómicas, sobre todo no referente a actividades de policía xudicial e de seguridade cidadá. Ademais, "a Xunta de Galicia garantirá o coñecemento da realidade sociopolítica, xurídica e cultural, e o coñecemento e uso dalingua galega de todos os funcionarios que se incorporen á policía autonómica".[110]

Medios de comunicación

Televisión

A Televisión de Galicia realiza un papel normalizador dalingua.

ATelevisión de Galicia (TVG) é a cadea pública autonómica de televisión, que emite dende o24 de xullo de1985 e forma parte daCorporación de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG). Televisión de Galicia emite en todo o territorio galego e ademais conta con dúas canles internacionais,Galicia Televisión Europa eGalicia Televisión América, que emiten en toda aUnión Europea e enAmérica grazas ao satéliteHispasat. A segunda canletvG2 emite dende o2 de febreiro de2009.

O Centro Territorial de Galicia daTVE comezou a emitir programación propia en1974. Por primeira vez a televisión contaba con programación regular en lingua galega.

Tamén existiu unha televisión privada de ámbito galego, con programación en galego e castelánVTelevisión que deixou de emitir o 1 de xaneiro do 2018. Durante uns anos existiu taménPopular TV de Galicia.

A primeira experiencia de televisión local en Galicia data de 1984 en Narón. A mediados dos anos noventa xeneralízanse e en 2006 existían 36 emisoras locais no país. Coa chegada da TDT establecéronse demarcacións supramunicipais para as televisións locais, outorgando o goberno galego as concesións para a televisión local no ano 2006.

Radio

ARadio Galega (RG) é a radio pública de Galicia. Forma parte daCRTVG do mesmo xeito que aTelevisión de Galicia. Radio Galega comezou a emitir en fase de probas o24 de febreiro de1985, e iniciou a súa programación regular o29 de marzo do mesmo ano. Conta con dúas cadeas que emiten de forma convencional, sendoRadio Galega, que emite programación xeneralista, eRadio Galega Música, que emite música. Hai tamén un bo número de emisoras locais asociadas naEMUGA.

Xornais

O xornal galego con maior difusión éLa Voz de Galicia, que conta con 13 edicións locais[111] e unha a nivel estatal. Outros xornais relevantes sonEl Correo Gallego,El Progreso,Faro de Vigo e oourensánLa Región. Entre outros xornais de menor difusión cómpre destacar oAtlántico Diario, da área metropolitana deVigo, o xornal deportivoDxT Campeón, os xornaisEl Ideal Gallego eLa Opinión de A Coruña daCoruña, oHeraldo de Vivero, oDiario de Ferrol e oDiario de Pontevedra. Entre os xornais electrónicos destacanGalicia Confidencial,Praza Pública,Novas do Eixo Atlántico,Sermos Galiza eGalicia Hoxe, que na súa extinta edición en papel fora o primeiro que se publicou unicamente engalego.

Notas

  1. Galicia constitúe o único topónimo oficial.[1] Segundo asNormas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego: «Teñen terminación -cia, entre outros,acacia, … etc. Entre estas palabras estáGalicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna.Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo».[2]
  2. O termoGaliza, segundo asNormas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego daReal Academia Galega do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto coVOLG son os únicos textos con carácter normativo para alingua galega (véxase «Lei de normalización lingüística»), sobre o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seuArtigo 1.1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma.
  3. Estas pronuncias,[ɡaˈliθjɐ] e[ɡaˈliθɐ], sonde facto estándares, mais non as únicas existentes. Considerando os dous principais fenómenosfonéticos dalingua galega,gheada eseseo, ambos aceptados, o nome do país é realizado, en liñas xerais, como[ɡaˈliθjɐ] e[ɡaˈliθɐ] no leste,[ħaˈliθjɐ] e[ħaˈliθɐ] máis centralmente, e[ħaˈlisjɐ] e[ħaˈlisɐ] no oeste.
  4. Segundo oDicionario daReal Academia Galega: "nacións.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra."
    No dicionarioDigalego,Ir Indo. "Nación (lat.natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."
  5. Segundo oNomenclátor de Galicia existen 37 308 lugares.[10]
  6. Datos calculados a partir dos datos do censo de 1857 [Total España:15 464 340, A Coruña: 551 989, Lugo 424 186, Ourense: 371 818, Pontevedra 428. 886] publicados na fonte:Usuario:Rodriguillo."Evolución Población Provincias España 1787 - 1900."(PDF).Wikimedia Commons. Consultado o 15 de maio de 2022.  que recompila diversas fontes, neste caso a obra citada é"Breve Historia de los censos"(PDF).Cifras INE: Boletín informativo del Insituto Nacional de Estadística2001 (4): 7. M-17947-2001. 
  7. 3 778 segundo o Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población, realizado en base ao Registro de Entidades Locales (MINHAP), Instituto Nacional de Estadística e bases de datos cartográficas do Instituto Geográfico Nacional. Última actualización do nove de xaneiro de 2017"Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población - Conjunto de datos".datos.gob.es(encastelán). Consultado o 17 de maio de 2022. 
  8. 3 778 segundo o Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población, realizado en base ao Registro de Entidades Locales (MINHAP), Instituto Nacional de Estadística e bases de datos cartográficas do Instituto Geográfico Nacional. Última actualización do nove de xaneiro de 2017"Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población - Conjunto de datos".datos.gob.es(encastelán). Consultado o 17 de maio de 2022. 
Referencias
  1. Fraga, Xesús (8 de xuño de 2008)."La Academia contesta a la Xunta que el único topónimo oficial es Galicia".La Voz de Galicia(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 04/03/2016. Consultado o 08/06/2008. 
  2. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (18.ª ed.).Real Academia Galega;Instituto da Lingua Galega. 2003. p. 56.ISBN 84-87987-51-6. 
  3. Castro, Placido R. (30 de setembro de 1933)."El IX Congreso de Nacionalidades Europeas. El ingreso de Galicia".El Pueblo Gallego(encastelán). Consultado o 16/9/2023. 
  4. Ríos, X. (1992).Galicia e a sociedade das nacións.Editorial Galaxia.ISBN 84-7154-839-9. 
  5. P. R. Castro (19 de novembro de 2006)."As deliberación do IX Congreso de Nacionalidades Europeas". Arquivado dendeo orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  6. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional."1933-2013. 80 anos da participación e admisión de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 25 de decembro de 2021. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  7. 7,07,17,27,37,4"Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2021".Insituto Galego de Estatística. Arquivado dendeo orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 17 de maio de 2022. 
  8. 8,08,1"IGE. Táboas".www.ige.eu. Arquivado dendeo orixinal o 24 de maio de 2021. Consultado o2021-05-24. 
  9. Datos estatísticos básicos de Galicia(PDF).Instituto Galego de Estatística. 2012. p. 4.ISSN 1699-2997. 
  10. "Nomenclátor".Xunta de Galicia. 
  11. Establecida pola Lei 1/1982, do 24 de xuño, e desenvolta naLei 4/2002, do 25 de xuño.
  12. 12,012,112,2"Piramide Población Población por comunidades, edad (grupos quinquenales), Españoles, Sexo y Año. Galicia.".Estadística del Padrón Continuo (publicado o 17 de xaneiro de 2022). 2021. Consultado o 15 de maio de 2022. 
  13. 13,013,113,2"Población por sexo, municipios y relación lugar de nacimiento y de residencia".Estadística del Padrón continuo (publicado o 17 de xaneiro de 2022). 1 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  14. Smith, Colin (1996). "Galicia, todo un reino".Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta(encastelán).Universidade de Santiago de Compostela. pp. 735–744, en 736.ISBN 84-8121-476-0. 
  15. López Carreira 1998, pp. 5-7.
  16. Díaz Martínez 2011, p. 11.
  17. Díaz Martínez 2011, p. 34.
  18. López Teixeira 2010.
  19. López Carreira 1998, pp. 22-24.
  20. López Teixeira 2013, contraportada. “[…]un reino de Galiza de seu, hexemónico no horizonte hispano até o catrocentos”
  21. Baliñas, Carlos (18 de xaneiro de 2016).Carlos Baliñas: “É hora de deixar tranquilos os reis de Galicia e democratizar a historia social”.BiosBardia. Entrevista con César Lorenzo Gil. Arquivado dendeo orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  22. López Carreira 1998, pp. 37-38.
  23. López Carreira &Andrade Cernadas 2020, pp. 152, 161.
  24. López Carreira 2005, pp. 224-225, 377.
  25. Gallego Domínguez, Olga (1988).La organización administrativa territorial de la antigua provincia de Ourense a mediados del siglo XVIII.Boletín Auriense. Anexo 10(encastelán).Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. pp. 27–28.ISBN 84-505-7865-5. 
  26. López Carreira 1998, p. 46.
  27. "No, los Reyes Católicos no fundaron España".Público(encastelán). Zaragoza. 11 de decembro de 2017.el tribunal [Tribunal Supremo de España] dejó claro que el reino de Castilla y la Corona de Aragón seguían siendo entidades autónomas incluso tras la llegada de los Borbones con la victoria de Felipe V en la Guerra de Sucesión y la publicación, entre 1707 y 1716, de los decretos de Nueva Planta con los que desmanteló las instituciones propias de los territorios que integraban el segundo de esos sujetos políticos 
  28. "O Reino de Galicia, unha realidade xurídica independente de España, segundo o Tribunal Supremo".Galicia Confidencial. Compostela. 13 de decembro de 2017. 
  29. Moreno, Luis."Ethnoterritorial Concurrence and Imperfect Federalism in Spain"(PDF) (Working Paper 93-10)(eninglés). Instituto de Estudios Sociales Avanzados (CSIC). p. 12. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 23 de xuño de 2010. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  30. Curchin (2008) p. 111.
  31. cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-.
  32. Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118
  33. Blázquez, José María (1993-01-01).Nuevos estudios sobre la romanización(encastelán). Ediciones Istmo.ISBN 9788479020835. 
  34. De preconiis Hispanie. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229
  35. Os Símbolos de Galicia pp88-89
  36. "Lei 5/1984, do 29 de maio, de Símbolos de Galicia."(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 06 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de xaneiro de 2020. 
  37. Ferreiro Fernández, Manuel (2008)."A expresión cantada da Nación: historia do himno galego".Terra e Tempo (145-146): 53 e 55. 
  38. "Disposición adicional cuarta"(PDF).Ley 5/1984, de 29 de mayo, de símbolos de Galicia(encastelán).Xunta de Galicia. 29 de maio de 1984. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 21 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2020. 
  39. Fernández Bulete, Virgilio (2010).Ciencias socias: Historia. SM Xerme.ISBN 978-84-9854-281-3. 
  40. AAVV (2019).Das vías romanas á modernidade.Deputación Provincial de Lugo. p. [cómpre nº de páxina].ISBN 9788412059717. 
  41. Indicador conxuntural de fecundidade por Comunidades Autónomas Páxina web doINE. Consultado o 8 de agosto de 2015(encastelán).
  42. Indicador conxuntural de fecundidade por Provincias Páxina web doINE. Consultado o 8 de agosto de 2015(encastelán).
  43. 43,043,143,2Nacementos Páxina web doIGE. Consultado o 8 de agosto de 2015.
  44. Nacementos por cada mil defuncións Páxina web doINE. Consultado o 8 de agosto de 2015.
  45. Indicadores de mortalidade Páxina web doIGE. Consultado o 9 de agosto de 2015.
  46. A esperanza de vida incrementouse en Galicia en cinco anos dende 1981.
  47. Estatística do Padrón ContinuoArquivado 14 de xullo de 2017 enWayback Machine. Páxina web doINE. Consultado o 9 de agosto de 2015(encastelán).
  48. Poboación estranxeira segundo idade, sexo e país de nacionalidade Páxina web doIGE. Consultado o 9 de agosto de 2015.
  49. "Población por sexo, municipios y relación lugar de nacimiento y de residencia".Estadística del Padrón continuo (publicado o 17 de xaneiro de 2022). 1 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de marzo de 2023. 
  50. Ferreiro Delgado, Honorio (1977)."Contexto histórico-político de Galicia en la primera mitad del siglo XIX"(PDF).Revista de Estudios Políticos(encastelán) (Madrid:Centro de Estudios Políticos y Constitucionales) (212): 327–348, en 328.ISSN 0048-7694. 
  51. "Población por comunidades, edad (grupos quinquenales), Españoles/Extranjeros, Sexo y Año.".Principales series de población desde 1998 Comunidades Autónomas (publicado o 17 de xaneiro de 2022). 2021. Consultado o 15 de maio de 2022. 
  52. Fonte: Poboación de feito segundo oInstituto Nacional de Estadística. Datos dispoñibles enINE. Censo de 1857,Poboación de España por provincias dende 1787 a 1900,Series de población de hecho en España desde 1900 a 1991 eSeries de población de España desde 1996.(encastelán)
  53. Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade
  54. "Población (españoles/extranjeros) por edad (grupos quinquenales) y sexo(36781)".INE. Estadística del Padrón Continuo(encastelán). Consultado o 17 de maio de 2022. 
  55. Artigo 4.1 da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal
  56. Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade
  57. Bragado, Manuel (2005-09-04)."As Teixugueiras".Faro de Vigo(encastelán). Consultado o2021-03-07. 
  58. Galicia recibiu un 8% máis de turistas durante o 2007.
  59. Viaxeiros, noites e estadía media por país de residencia e tipo de aloxamentoIGE, consultado o 21/09/2015.
  60. 60,060,160,260,360,4Informe del Sistema Eléctrico Español 2014 Rede Eléctrica Española, consultado o 21/09/2015.
  61. Información general de la Central Térmica de As Ponteshttp://www.endesaeduca.com, consultado o 21/09/2015(encastelán)
  62. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 03 de setembro de 2006. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  63. La Voz de Galicia, 10.08.2008.
  64. 64,064,164,264,3Variación temporal e espacial da temperatura[Ligazón morta]
  65. María L. Loureiro García e Melina Barrio Martínez;Valoración medioambiental, cultural y paisajística de los espacios rurales gallegos: una perspectiva económica. Centro de Investigación Económica y Financiera, Fundación Caixa Galicia (2009).ISBN 978-84-96982-35-2.
  66. Pérez, Paula."El desorden de los bosques".Faro de Vigo. Arquivado dendeo orixinal o 23 de marzo de 2010. Consultado o 25-04-09. 
  67. Enciclopedia Galega Universal.
  68. Europa Press, ed. (2008-06-21)."Rural- La 'galiña de Mos' aumenta su censo de 100 a 5.500 ejemplares en siete años, aunque sigue en peligro de extinción"(encastelán). Consultado o2016-10-23. 
  69. Ethnologue.
  70. Galicia 08. Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Deporte.
  71. 71,071,171,2"Informe estatístico anual"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 14 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  72. Aeroporto de SantiagoArquivado 04 de outubro de 2015 enWayback Machine. www.aena.es, consultado o 03/10/2015.
  73. Web do Aeroporto de Alvedro Consultado o 03/10/2015(encastelán).
  74. Blog del Aeropuerto de Vigo Consultado o 03/10/2015(encastelán).
  75. "Estadística mensual - PESCA FRESCA (Toneladas)".Puertos del Estado(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  76. "Vigo se consolida como el principal puerto de la península en tráfico de pesca fresca".Puertos y Navieras(encastelán). 13 de febreiro de 2015. 
  77. 77,077,177,2Tráfico portuario 2014Arquivado 18 de abril de 2015 enWayback Machine. www.puertos.es, consultado o 03/10/2015(encastelán).
  78. Páxina web de Portos de Galicia Consultado o 03/10/2015.
  79. Viaxe real en ferrocarril a Monforte de Lemos e Hendaia en 1883
  80. "Electrificación Monforte-Vigo"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 09 de maio de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  81. Milladoiro: a dignificación da música tradicionalArquivado 05 de marzo de 2016 enWayback Machine.Terra e Tempo, 20/06/2013.
  82. Listaxe de Festas de Interese Turístico ano 2015Turgalicia, 21/05/2015.
  83. Cheo histórico dos concertos do San Froilán 2015, que deixou uns 11,5 millóns de euros en Lugo e ata un 97% de ocupación hoteleiraArquivado 05 de marzo de 2016 enWayback Machine. Páxina web do Concello de Lugo, 14/10/2015.
  84. "Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente DOP Galicia". Arquivado dendeo orixinal o 06 de marzo de 2010. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  85. "PREELECTORAL DE GALICIA. ELECCIONESAUTONÓMICAS JULIO 2020"(PDF).Centro de Investigacións Sociolóxicas(encastelán). Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  86. "O Balón de Ouro de Luis Suárez e a mirada de Blanco Amor: 143 anos de fútbol galego".Nós Diario. 15 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  87. "HEMEROTECA El estadio de Riazor se prepara para el Mundial de Fútbol de 1982".La Voz de Galicia(encastelán). 19 de decembro de 2005. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  88. "A Xunta intentará "axudar" ao Obradoiro "na medida das súas posibilidades"". 23 de xuño de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  89. "Ourense Baloncesto, Básquet Coruña e Breogán xa teñen calendario na LEB Ouro".Nós Diario. 4 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  90. Euroleague.net (ed.)."Statistics"(en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  91. "DERBI HISTÓRICO NO GATAÑAL: FRIGORÍFICOS DO MORRAZO BM CANGAS-DICSA MODULAR CISNE". 11 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  92. "Burela y Ourense optan a la única liga femenina que se reanuda".La Voz de Galicia(encastelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  93. "Asociación Galega de Fútbol Gaélico".gaelicogalego.gal. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  94. "Convocatorias da selección galega de rugby". Arquivado dendeo orixinal o 20 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  95. Arévalo, Fernando (5 de decembro de 1985). "Barreras sucede a Zanini como campeón de España".La Voz de Galicia(encastelán). p. 43. 
  96. "Amador Vidal, campeón de España de Rallyes de Tierra"(encastelán). 4 de outubro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  97. "Jorge Prado, bicampeón mundial de MX2".La Voz de Galicia(encastelán). 25 de agosto de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  98. "Galicia suma seis das dez medallas que gaña España no Munidal de piragüismo maratón".CRTVG. 21 de outubro de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  99. "Javier Gómez Noya, de una anomalía cardíaca a mejor triatleta de la historia"(encastelán). 15 de xuño de 2016. Arquivado dendeo orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  100. "La UCI declara a Pereiro ganador del Tour 2006"(encastelán). 22 de setembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  101. "Chus Lago: "Deume a sensación de que chegaba un século tarde"". 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2020. [Ligazón morta]
  102. "Ana Peleteiro y Adrián Ben, mejores atletas españoles del 2019".La Voz de Galicia(encastelán). 18 de xullo de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  103. "Setembro de 1933: Galiza, unha nación en Europa".www.vieiros.com. Consultado o2021-02-10. 
  104. "Centro de Investigacións Sociolóxicas"(PDF).www.cis.es. Estudo 3294. 08/09/2020. p. 25 (Pregunta 29). Consultado o 16/02/2021. 
  105. "Centro de Investigacións Sociolóxicas"(PDF).www.cis.es. Estudo 3294. 08/09/2020. p. 24 (Pregunta 27). Consultado o 10/02/2021. 
  106. Xunta de Galicia, ed. (2009-01-10)."Estatuto de Autonomía. Título Preliminar". Consultado o2016-10-23. 
  107. Rodríguez Montero, Ramón P. (2006)."Sobre el proceso de formalización legislativa de las peculiaridades jurídico-civiles de Galicia. Un repaso histórico hasta la reciente Ley de Derecho Civil de Galicia de 2006"(PDF).Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña(encastelán) (10): 1011–1056.ISSN 1138-039X.dicho Derecho civil de Galicia vuelve a recuperar el protagonismo y el papel fundamental que, junto al idioma, siempre le ha correspondido en la estructura política de ésta Comunidad 
  108. Lorenzo, Serafín (17 de maio de 2004)."La nueva policía autonómica asumirá el control y la vigilancia del tráfico".La Voz de Galicia(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2013. 
  109. Memoria UPA 2013 Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consultado o 30/10/2015.
  110. Aprobouse onte o Proxecto de lei para a creación da Policía autonómica de Galicia.
  111. EdiciónsArquivado 14 de xaneiro de 2016 enWayback Machine. La Voz de Galicia. Consultado o 30/10/2015.

Véxase tamén

Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  GaliciaModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Galicia

Bibliografía

Historia
Xeografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais
Provincias deGalicia
Territorios de falagalega
Galicia ·Terra Eo-Navia (Asturias) ·O Bierzo (León) ·As Portelas (Zamora) ·Val de Xálima (Cáceres)
Temas relacionados conGalicia
Temas principais
Linguas
Diáspora por país
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Galicia&oldid=7150665»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp