AGalia romana consistiu nunha área do goberno provincial noImperio romano, no que hoxe sonFrancia,Bélxica,Luxemburgo,Suíza e o oeste deAlemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.
ARepública romana comezou a conquista daGalia celta en-121, cando conquistou e anexou as zonas limítrofes do sur.Xulio César completou a tarefa de derrotar ástribos celtas naGuerra das Galias entre os anos-58 e-51, e a romanización que lle seguiu foi moi rápido nas cidades; olatín era falado pola maioría dos galos noséculo III, pero conservando aínda vestixios delingua gala.
O derradeiro vestixio do goberno romano foi eliminado polosfrancos naBatalla de Soissons. Desprazando óReino Visigodo de Tolosa en 507, os Francos dominaron a meirande parte da Galia, agásSeptimania no sur, baixo o dominio domerovinxios, os primeiros reis de Francia.
A cidade deLugdunum (agoraLión) fora a capital doGalia.