Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Galegos en México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holland America Line. Servicio de vapores extra-rápidos á los puertos de Cuba y México. Para laHabana,Veracruz yTampico saldrá de Vigo…. Anuncio na portada deFaro de Vigo, 6/6/1923.

Osgalegos en México son os inmigrantesgalegos, e os seus descendentes, que se asentaron enMéxico, e que contan con máis de 12 000 membros[1][2] dispersos principalmente naCidade de México,Estado de México,San Luis Potosí,Querétaro,Veracruz,Xalisco,Puebla,Michoacán,Campeche eNayarit.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Chegaron procedentes daHabana,Cuba, contra oPorto de Veracruz entre os anos1821 e1877, fuxindo da fame e nas presións políticas, que existían en Cuba. A súa segunda chegada a México produciuse entre a década de1920 e a de1970.

OCentro Galego de México, na capital é unha asociación cultural, onde se difunde e transmite a cultura galega a todo aquel que estea interesado nela. O Centro Galego de México (con diferentes nomes) é o principal difusor de Galicia en México dende 1911. Unha porcentaxe de galegos mantívose unida polos apelidos, a lingua, o folclore, a gastronomía, os negocios e a música, pero outra importante porcentaxe viuse absorbida pola cultura mexicana sen intención algunha de formar parte das asociacións de españois instituídas no país.

Censo electoral de galegos residentes en México
por provincia de inscrición, a 1/9/2023[3]
Provincia da Coruña2.009
Provincia de Lugo986
Provincia de Ourense6.290
Provincia de Pontevedra3.494
Total de galegos en México12.779

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Centro Galego en México.
    Centro Galego en México.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Vieiros."Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dendeo orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009.  Cidadáns galegos nas votacións.
  2. [1] Gallegos fuera de Galicia
  3. Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]


Temas relacionados conGalicia
Temas principais
Linguas
Diáspora por país
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Galegos_en_México&oldid=7240586»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp