| Galego de Asturias | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Propiedades | |||||||
Alfabeto | |||||||
Tipoloxía lingüística | |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||


Ogalego de Asturias,eonaviego ougalego-asturiano[1] refírese aogalego que se fala no occidente do actualPrincipado de Asturias, que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira oriental dorío Navia[2]. Esta é unha zona onde e constatábel a súa pertenza xeo-antropolóxica galaica tanto natoponimia e na cultura (cultos, lendas, patrimonio inmaterial) como en elementos arquitectónicos diferentes como os cabazos (hórreos) ou os lousados das casas, semellantes aos da bisbarra daMariña ou daTerra Chá.
En xaneiro de 2016 o concello daVeiga declarou o galego (baixo a denominación de galego-asturiano)[3][4] lingua oficial do concello, converténdose deste xeito na primeira localidade da chamada "Galicia estremeira" en situalo en pé de igualdade cocastelán[5].
A identidade destas falas vén sendo discutida desde posiciónsasturianistas nos últimos anos, aínda que a postura da práctica totalidade dos lingüistas desde que foron estudadas por vez primeira polo lingüistaRamón Menéndez Pidal na segunda década doséculo XX até hoxe é que a fronteira do galego é orío Navia:
... Frente a la cortante división administrativa entre Galicia y Asturias, el lenguaje ofrece una serie de gradaciones. Como el arco iris entre dos colores inmediatas, hay un momento, en dirección para Occidente, en que nos sentimos dentro del gallego, y otro, rumbo a Oriente, en la que nos sentimos dentro del asturiano. Mas existe una zona intermedia, en la que, después de todo, la designación dada a la lengua dependerá de nuestra manera de apreciar e interpretar, uno a uno, toda una serie de hechuras lingüísticas. Me propongo trazar en otra ocasión ese tema. Baste hoy con decir que la afirmación ya antigua de que el gallego llega, dentro de Asturias, hasta el río Navia (tomado de Menéndez Pidal en suEl dialecto leonés, §1 2, 1906), es justísima, si bien, como es sabido, algunos fenómenos tipicamente asturianos penetran al oeste de esa línea. Estas hablas de entre el Navia y el Eo, fundamentalmente gallegas, mas con algunos trazos asturianos, designamos con el nombre de gallego-asturianoDámaso Alonso, Obras Completas, Editorial Gredos (1971), tomo I, páxina 391
Xurdiron algunhas teorías que discuten o carácter galego destas falas, e defenden que se trata de "falas de transición" ou dun "continuum" lingüístico entre galego e asturleonés, como di Xavier Frías:
O galego eonaviego ou galego de Asturias é unha variante extraordinariamente rica, desde o punto de vista dialectal, da lingua galega, que ten —é innegábel— elementos comúns co asturo-leonés, mais tamén é verdade que boa parte do asturo-leonés occidental ten elementos comúns co galego.[6]
En calquera caso, García Arias é o único autor que pon en dúbida a natureza galega do eonaviego, mais fornecendo, nos máis dos casos, exemplos incorrectos que non conseguen demostrar o carácter de híbrido do galego de Asturias,[7]
As zonas dialectais do galego de Asturias, que se encadra no galego oriental, son segundoXoán Babarro[8]:
Ademais existen tres falas de transición entre o galego e o asturiano na parte oriental do concello deNavia, en parte das parroquias do concello deVillaión e nas parroquias tixileiras da Estierna (Ibias) e Trabáu (Degaña).
Segundo os mapas de isoglosas, o concello lugués deNegueira de Muñiz tamén forma parte do ámbito lingüístico eonaviego, coa diferenza de estar situado enGaliza e non enAsturias. Esta consideración vén apoiada polas propias características do galego falado nese municipio, con uso do artigo 'el' (por 'o'), os posesivos 'tou' e 'sou', a palatalización do l- inicial ("llobo" por "lobo"), a conservación do -l- intervocálico latino ("avolo" por avó) ou os sufixos diminutivos en -ín ("camín" por camiño ou "molín" ou "muín" por muíño), todos trazos xenuinamente eonaviegos.
Alén disto, a asociación Abertal, que preside o xeógrafoCarlos Xesús Varela Aenlle, correspondente daReal Academia Galega no Eo-Navia, tamén enumera Negueira de Muñiz como parte das terras eonaviegas[9].
| Latín | Galego-portugués antigo | Portugués | Galego (Galicia) | Galego (Asturias) |
|---|---|---|---|---|
| altu(m) | outo | alto | alto | alto |
| arbor(em) | árvol | árvore | árbore | árbol (ant. árbole) |
| asciata (m) | aixada | enxada | aixada | eixada |
| auru(m) | ouro | ouro | ouro | ouro |
| quattuor(rum) | quatro | quatro | catro | cuatro |
| brachiu(m) | braço | braço | brazo | brazo |
| cælu(m) | ceo | ceu | ceo | cêlo |
| clave(m) | chave | chave | chave | chave |
| cena (m) | cea | ceia | cea | cía |
| caballu(m) | cavalo | cavalo | cabalo | cabalo/caballo |
| digitu(m) | dedo | dedo | dedo | dido |
| dubita(m) | dúbida/dulda | dúvida | dúbida | débeda |
| duo/duæ | dous/duas | dois (dous)/duas | dous/dúas | dous/dúas |
| homo o homine(m) | home | homem | home | hòme |
| libru(m) | livro | livro | libro | libro/llibro |
| luna (m) | lúa | lúa | lúa | lúa/llúa |
| lana (m) | lã | lã | la | lá/llá (ant. lã/llã) |
| manu(m) | mão | mão | man | mao (ant. mão) |
| multu(m) | muito | muito | moito | muito |
| integru(m) | enteiro | inteiro | enteiro | enteiro |
| nocte(m) | noite | noite | noite | noite |
| pectu(m) | peito | peito | peito | peito |
| planu(m) | chão | chão | chan | chao |
| plenu(m) | chëo | cheio | cheo | chen/chío |
| quī / quem | quem | quem | quen | quèn |
| sucu(m) | çume | sumo, suco | zume | zume |
| tabula (m) | taboa | tábua | táboa | traba |
| parete(m) | parede | parede | parede | parede |
| una (m) | üa | uma | unha | úa |
| cerasium | cereija | cereja | cereixa | cereixa |
| vetu(s) | vello | velho | vello | vèyo |
| vicinus(m) | vezinno | vizinho | veciño | vecín/vecío |
| Latín | Galego-portugués antigo | Portugués | Galego (Galicia) | Galego (Asturias) |
| A Galipedia ten unportal sobre:Asturias |