Xenserico, nado cara ao389 e finado o25 de xaneiro de477, foi o rei dosvándalos ealanos entre428 e477. Foi peza clave nos conflitos arrostrados noséculo V poloImperio Romano de Occidente, e durante os seus case cincuenta anos de reinado elevou unha tribo xermánica relativamente insignificante á categoría de potencia mediterránea.
Fillo ilexítimo do rei vándaloGodexisilo, suponse que naceu nas inmediacións dolago Balatón en torno ao ano389. Foi escollido rei en428 á morte do seu medio irmánGunderico. Brillante e moi versado na arte militar, buscou de contado o modo de aumentar o poder e a prosperidade do seu pobo, que residía por aquel entón naHispania Bética e que sufrira os ataques dos máis numerososvisigodos. Así, pouco despois de acceder ao trono, Xenserico decidiu ceder Hispania aos seus rivais, empregando para iso a poderosa frota creada baixo o reinado do seu predecesor.
Aproveitando as disputas coa metrópole deBonifacio, gobernador romano deÁfrica do Norte, 80.000 vándalos -15.000 deles homes de armas - cruzaron o estreito na primavera de429, partindo deTarifa e desembarcando enCeuta. Tras varias vitorias sobre uns defensores romanos febles e divididos, fixéronse co control dun territorio que comprendía o actualMarrocos e o norte deAlxeria, poñendo baixo asedio a cidade deHipona, que tomarían ao cabo de catorce meses de duros combates. Ao ano seguinte, o emperadorValentiniano III tivo que recoñecer a Xenserico como soberano de todos estes territorios.
No435 Xenserico chega a un acordo co Imperio Romano polo que o reino vándalo pasa a serfoederatus de Roma coa concesión deNumidia. Non obstante, en439 Xenserico toma -disque sen loita- a cidade deCartago, capturando a frota imperial alí atracada. Con este movemento fai aos vándalos donos doMediterráneo Occidental, apoderándose a continuación de bases marítimas de gran valor estratéxico e comercial: asIllas Baleares,Córsega,Sicilia eSardeña. Roma, privada dunha das maiores zonas de produción cerealística do vello mundo, terá que comprar no sucesivo o gran do norte de África para o seu propio aprovisionamento.
No455, o emperador romano Valentiniano III é asasinado, sucedéndooPetronio Máximo. Xenserico, considerando roto o tratado de paz firmado con Valentiniano no442, desembarca en Italia e marcha sobre Roma, cuxa poboación rebélase contra o novo emperador e dálle morte tres días antes de que, o22 de abril de 455, os vándalos tomen sen resistencia a cidade. O saqueo subseguinte non producirá unha destrución notábel, se ben os vándalos farán provisión de gran cantidade de ouro, prata e obxectos de valor. Xenserico levará consigo a Cartago como refén aLicinia Eudoxia, viúva de Valentiniano, e ás súas dúas fillas,Placidia eEudoxia, que contraería despois matrimonio co seu fillo e sucesorHunerico.
En468, o reino de Xenserico tivo que se enfrontar ao último esforzo militar conxunto das dúas metades do Imperio Romano. Non obstante, o rei vándalo logra derrotar, fronte aocabo Bon, a unha poderosa frota dirixida polo que logo sería emperador bizantinoBasilisco. No verán do474 asinará a paz perpetua con Constantinopla, pola queBizancio recoñecerá a soberanía vándala sobre as provincias norteafricanas, Baleares, Sicilia, Córsega e Sardeña.
Na súa política interna, Xenserico tolerou ocatolicismo, se ben esixiu a conversión á doutrinaariana dos seus conselleiros máis próximos e procedeu a numerosas confiscacións de bens daIgrexa católica, que se convertería así nunha poderosa forza opositora á monarquía vándala. Debilitou en forma sanguenta á nobreza tradicional vándalo-alana, substituíndoa por unha corte adicta á súa propia familia e alixeirou a presión fiscal sobre a poboación a custa das familias ricas de orixe romana e do clero católico.
Xenserico morreu o 25 de xaneiro de477, sendo sucedido polo seu filloHunerico.