Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gae Aulenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGae Aulenti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1927Editar o valor en Wikidata
Palazzolo dello Stella, Italia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 2012Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Milán, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio monumental de MilánEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de MilánEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura,deseño,deseño de vestiario eescenografíaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecta, diseñador de vestuario, decoradora, deseñadora, escenógrafa, deseñadora de moblesEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1955Editar o valor en Wikidata - 2011Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoMetodo Castiglioni(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Design au fémininEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0042038Discogs: 3549284Find a Grave: 103777618Editar o valor en Wikidata

Gaetana Aulenti, nada en Palazzolo dello Stella,Udine en1927 e finada enMilán o31 de outubro de2012, foi unhaarquitectaitaliana. Aulenti é unha das poucas mulleres que deixaron unha profunda impresión, ás veces polémica, na arquitectura internacional, así como naescenografía teatral e no deseño industrial.[1][2]

Gae Aulenti. Cadeira de xardín
Gae Aulenti.Museo de Orsay
Gae Aulenti.Museo Nacional de Arte de Cataluña
Gae Aulenti. Instituto Italiano de Cultura deToquio
Gae Aulenti. Palacio Público,San Marino
Pavillón de Italia,Exposición Universal de Sevilla de 1992

Formación

[editar |editar a fonte]

O seu pai era contador, fillo dun mestre da escola de Trani e a súa nai,napolitana, filla dun médico que ensinaba enPalermo. Aulenti asiste ao Liceo artístico deFlorencia, mais por mor daGuerra debe retornar ao norte, onde presta pequenos servizos á Resistencia.[3]

En1954 licénciase na Facultade de Arquitectura do Politécnico de Milán, e comeza a súa decenal colaboración coa redacción da revistaCasabella dirixida por Ernesto Nathan Rogers. Entre outras actividades foi membro do Comité de Dirección da revistaLotus International desde 1974 até 1979. Ao longo de case 60 anos de carreira, Aulenti traballou de forma independente en proxectos de arquitectura, deseño industrial, deseño de interiores e mesmo escenografía teatral. Logo de obter o título de doutora, deu clases na Escola de Arquitectura deVenecia desde 1960 até 1962 e na Escola de Arquitectura deMilán desde 1964 até 1967.[4]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Deseño

[editar |editar a fonte]

Como moitos dos seus contemporáneos, Aulenti deseñou varias series de móbeis en toda a década de 1960 para a tenda La Rinascente e máis tarde deseñou móbeis para Zanotta.

Tamén desempeñou o cargo devicepresidenta da Asociación Italiana de Deseño Industrial (ADI).

En 1972 participa na exposición Italy:The New Domestic Landscape organizada por Emilio Ambasz noMoMA xunto con outros numerosos deseñadores e arquitectos emerxentes, entre eles Marco Zanuso e Richard Sapper, Joe Colombo, Ettore Sottsass, Gaetano Pesce, Archizoom, Superstudio, Gruppo Strum e 9999.

A paixón pola arte escénica levouna a colaborar, de 1976 a 1978, co director de ópera Luca Ronconi, deseñando a escenografía de óperas comoIl viaggio a Reims, deGioachino Rossini.[5]

Listaxe de deseños

[editar |editar a fonte]
  • cadeira April (1964) unha cadeira encartábel feita de aceiro inoxidábel
  • a lámpada Giova (1964)
  • a mesa Tavolo con ruote (1980)
  • a mesa Tour (1993)
  • mesa Sanmarco (1984)

Xunto a Piero Castiglioni deseñou:

  • a familia de lámpadas Parola (1980)
  • lámpada de parede Diamante (1986)
  • lámpada Calle (1988)
  • foco Diastema (1994)

Arquitectura

[editar |editar a fonte]

Aulenti é coñecida por varios proxectos de museos de grande escala na década de 1980. En 1981 foi escollida para reformar a estación de trens de Orsay en París, orixinalmente deseñada por Victor Laloux, no Museo de Orsay. O espazo expón obras de artistas franceses de 1848 a 1915. Este traballo abriulle o camiño para conseguir comisións como o Pavillón de Italia naExposición Universal de Sevilla 1992, o encargo para crear un espazo para o Museo Nacional de Arte Moderna noCentro Georges Pompidou de París, a restauración do Palazzo Grassi como un museo de arte enVenecia (1985); a conversión dunha antiga embaixada de Italia enBerlín nunha Academia de Ciencias e a reforma doPalacio Nacional deMontjuïc (Barcelona), comoMuseo nacional de Arte de Cataluña (1985). EnSan Francisco, converteu a Biblioteca Central da cidade nun museo de arte asiática. En 2008 levou a cabo a restauración do Palazzo Branciforte enPalermo. En 2011, Aulenti supervisou a expansión do aeroporto dePerugia.[6]

Ela entendía que para deseñar eficazmente os ambientes domésticos, facíase necesario estabelecer un diálogo cos elementos e calidades da contorna urbana. Desta forma, poderíanse xerar formas arquitectónicas nas que os ámbitos privado e o público compartisen a súa complexidade formal e estilística.[7]

Parte dos seus arquivos atópanse no International Arquive of Women in Architecture en Virginia Tech.[8]

Listaxe de obras

[editar |editar a fonte]
  • 1960 : Percorrido de ingreso ao Parque Sempione para a XII Trienal de Milán
  • 1965 : Showroom deOlivetti en París
  • 1968 : Showroom deOlivetti enBuenos Aires
  • 1970 : Casa dunha coleccionista - Reestruturación do departamento de Gianni Agnelli enMilán
  • 1973 : Residencia privada enPisa
  • 1975 : Residencia privada enParma
  • 1980/86 : Recualificación da Gare d'Orsay e acondicionamento doMuseo d'Orsay, París
  • 1982/85 : Acondicionamento interior do Museo Nacional de Arte Moderna no Centro Georges Pompidou, París
  • 1985/2004 : Museo nacional de Arte de Cataluña, Barcelona
  • 1985/86 : Reestruturación do Palazzo Grassi, Venecia
  • desde 1987 : Cidade universitaria e sede destacada do Politécnico de Turín, escola e nova biblioteca na sede deBiella
  • 1990 : Residencia privada en Saint Tropez
  • 1990 : Rampla de acceso á Estación de Santa Maria Novella desde o piazzale Montelungo[9]
  • 1992 : Pavillón italiano naEXPO '92 de Sevilla
  • 1996 : Praza de entrada á ex-estación Leopolda (Florencia)
  • 1996/2003 : Museo de arte asiática,San Francisco
  • 1996 : Mobiliario urbano da praza Ciullo e da praza do Mercado,Alcamo
  • 1996 : Restauración do Palacio Público,San Mariño
  • 1998 : Ampliación dunha estrutura hoteleira,Xerusalén
  • 1999 : Reestruturación do Spazio Oberdan, Milán
  • 1999 : Reestruturación das ex-corte das bestas doPalacio do Quirinal, Roma
  • 1999 : Ampliación do Museo de Arte Oriental Edoardo Chiossone,Xénova
  • 1999/2002 : Estacións de subterráneo “Museo” e “Dante” da liña 1 e redeseño das Prazas Cavour e Dante,Napoli
  • 2000 : Mobiliario urbano do Piazzale Cadorna e redefinición da fachada da sede das Ferrovías Nord, Milán
  • 2000 : Realización dun emprendemento turístico-hoteleiro nunha granxa,Taranto
  • 2001 : Novo edificio direccional enRímini
  • 2001 : Galería de arte contemporánea e deseño en Vila Capriati,Bari
  • 2001 : Recualificación da costa do lago en Meina
  • 2001 : Escola maternal en Villar Perosa
  • 2003/05 : Reestruturación do Palavela para as Olimpíadas Invernais Turín 2006,Turín
  • 2003 : Restauración do Castello Estense enFerrara
  • 2005 : Sistematización da Praza San Giovanni en Gubbio
  • 2005 : Instituto de Cultura Italiano,Toquio
  • 2008 : Central de utilización térmica de residuos sólidos urbanos e novo edificio para residuos e calefacción urbana,Forlì
  • 2011/12 : Reestruturación e ampliación do aeroporto San Francisco de Asís,Perugia
  • 2012 : Restyling da Praza Mario Pagano,Potenza
  • 2012 : Palazzo Branciforte, restauración e transformación en polo cultural polifuncional,Palermo[10]
  • 2013 : Sede da Hixiene Ambiental Hera deCesena

Premios e honras

[editar |editar a fonte]
  • Foi nomeada Membro honorario do Instituto Americano de Arquitectura en 1990
  • En 1991 recibiu o Premio Imperial outorgado pola Japan Art Association (Toquio, 1991).[11]
  • Recibiu o título honorario en Belas Artes na Rhode Island School of Design (Providence, 2001).
  • En 2007 foille outorgado ex aequo o Marble Architectural Awards 2007 xunto aRenzo Piano[12]
  • En 2012, recibiu a Medalla de Ouro da Trienal de Milán pola súa traxectoria artística en recoñecemento á súa posición como un dos mestres do deseño italiano xunto a Vittorio Gregotti e a Maria Giuseppina Grasso Cannizzo.[13]

Ademais fóronlle concedidas as seguintes honras:

  • Cabaleiro da Lexión de Honra (Francia), 1987
  • Medalla de ouro Benemérito da cultura e da arte, 28 de marzo de1994[14]
  • Dama da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, 6 de decembro de1995[15]
  • Sigillo Longobardo outorgado polaLombardía 27 de abril de1999

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Italian architect Gae Aulenti dies at 85".Gazzetta del Sud. 1 de novembro de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  2. Tagliabue, Benedetta (3 de novembro de 2012)."Gae Aulenti, genio en la arquitectura".El País. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  3. di Stefano, Paolo (21 de febreiro de 2011)."L'architettura è un mestiere da uomini ma ho sempre fatto finta di nulla".Corriere della sera. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  4. Marciani, Florencia (13 de xuño de 2015)."Gae Aulenti 1927-2012".Un día / una arquitecta. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  5. Foppianno, Anna (2014). "Gae Aulenti". En Eccheli, Maria Grazia; Tamborrino, Mina.donnArchitettura. Milán: Francoangeli.ISBN 9788891707086. 
  6. "Gae Aulenti, progetto e contesto".Musei d'Italia. 17 de novembro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  7. Petranzan, Margherita (1997).Gae Aulenti. Rizzoli.ISBN 9780847820597. 
  8. "International Archive of Women in Architecture (IAWA) at Virginia Tech's University Libraries". 
  9. Paolini, Claudio (2011)."Rampa di accesso alla Stazione ferroviaria di Santa Maria Novella". Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  10. Pierro, Lucia; Scarpinato, Marco (Xuño2012)."A Palermo, riapre Palazzo Branciforte firmato Gae Aulenti". Arquivado dendeo orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2012. 
  11. "1991-Architecture Gae Aulenti".Praemium Imperiale. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  12. Marble Architectural Awards."Marble Architectural Awards 2007"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(pdf) o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  13. Triennale di Milano."Gae Aulenti. Gli oggetti e gli spazi". Arquivado dendeo orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  14. Presidenza della Repubblica."Aulenti Gae". Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  15. Presidenza della Repubblica."Aulenti ARCH. Gaetana". Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gae AulentiModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades

 

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gae_Aulenti&oldid=6933492»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp