Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gabriel Boric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Boric

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1986Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Punta Arenas, ChileEditar o valor en Wikidata
Presidente de Chile
11 de marzo de 2022 –
← Sebastián Piñera
Deputado de Chile
11 de marzo de 2018 – 11 de marzo de 2022
Deputado de Chile
11 de marzo de 2014 – 11 de marzo de 2018
← Miodrag Marinovic(en)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de ChileEditar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónThe British School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura1,71 mEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoSantiago de ChileEditar o valor en Wikidata
OcupaciónpolíticoEditar o valor en Wikidata
Partido políticoConvergência Social(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
ParellaPaula Carrasco(2024–)
Irina Karamanos(2019–2023)Editar o valor en Wikidata
PaisLuis Javier Boric ScarpaEditar o valor en Wikidata  e María Soledad Font AguileraEditar o valor en Wikidata
IrmánsSimón BoricEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Sitio webgabrielboric.clEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm5336659Facebook: gabrielboricTwitter: gabrielboricInstagram: gabrielboricYoutube: UC0gQkOPt6VVvJGO9mDy0ikwDialnet: 5240073Editar o valor en Wikidata

Gabriel Boric Font, nado enPunta Arenas o11 de febreiro de1986, é un políticochileno. Líder estudantil durante as mobilizacións de 2011, deputado porMagallanes e Antártica Chilena entre2014 e 2022, candidato áPresidencia da República, logrou pasar á segunda volta en2021. Foi electo Presidente de Chile o 19 de decembro de 2021, exercendo dende o 11 de marzo de 2022.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Mocidade e dirixente estudantil

[editar |editar a fonte]

Fillo de Luis Javier Boric Scarpa, descendente decroatas,[1] e María Soledad Font Aguilera, estudou a secundaria en Punta Arenas no colexio The British School ata 2003. Instalouse en 2004 na capital do país para matricularse na facultade deDereito daUniversidade de Chile. Nela foi axudante de cátedra de Historia Institucional de Chile, Teoría da Xustiza e Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.[2]

Dende a mocidade participou no movemento estudantil, participando na refundación do sindicato Federación de Estudantes Secundarios de Punta Arenas, e logo na Universidade militando na Federación de Estudantes da Universidade de Chile e no partido Esquerda Autónoma, unha formaciónsocialista.[3] Como representante do alumnado participou nas mobilizacións que ao longo do 2011 levou a miles de estudantes a protestar contra o sistema chileno de ensino. Nese contexto, en decembro de 2011, presentou a súa candidatura para presidir a Federación de Estudantes conseguindo impoñerse á respaldada poloPartido Comunista de Chile.[4]

Deputado: 2013-2021

[editar |editar a fonte]

En 2013 foi candidato a deputado nas eleccións parlamentarias conseguindo ser electo polo distrito 60 deMagallanes e Antártica Chilena. Malia non presentarse dentro dunha grande coalición, senón polo partido Esquerda Autónoma, logrou a vitoria con 15 414 votos e o 26,18%.[5][6][7] Gañou notoriedade pública por propor a redución das dietas parlamentarias durante o primeiro mes do seu exercicio.[8] En 2016 abandonou Esquerda Autónoma para conformar o Movemento Autonomista que, xunto con outras forzas, se integrou na Fronte Ampla.[9] Por esta coalición foi reelecto en 2017 polo distrito 28 da mesma rexión e, en 2018 creou o partido Converxencia Social, que se propón acadar "unha sociedadesocialista,democrática,libertaria efeminista".[10][11] Durante este segundo período como deputado, mostrou vontade de diálogo co executivo de centro dereita, o que lle levou a enfrontamentos coa súa formación política, integrándose na Comisón da Infancia convocada polo Presidente Piñera.[12]

Moi polémico foi o seu xesto de posar cunha camiseta que estaba decorada cunha imaxe do senadorJaime Guzmán (asesor dePinochet, ideólogo da Constitución chilena de 1980 e fundador daUDI) cun tiro na cabeza, feito polo que logo se desculpou,[13] e a súa reunión en Francia con Ricardo Palma, quen asasinara en 1991 a ese senador.[14]

A popularidade de Boric aumentou logo do "estalido social" de 2019 que levou o goberno deSebastián Piñera a formular importantes reformas políticas en Chile. Na Cámara de Deputados, Boric propuxo proxectos que procuraban responder ás demandas para autorizar a retirada de parte dos aforros destinados aos fondos de pensións,[15] e tivo un papel senlleiro nas negociacións que abriron un proceso de reforma constitucional en 2020.[16] Asinou, a título persoal, o acordo do 15 de novembro que sentaba a convocatoria dun duplo plebiscito simultáneo no que se preguntase á cidadanía se quería unha nova Constitución e o xeito de facela, optando entre a Convención Constitucional ou unha convención mixta na que se escollese a parte dos seus integrantes mentres que o resto serían designados polo Congreso.[17] Todo isto malia a que as tensión que se produciron na súa coalición electoral acabaron por rompela.[8]

Candidato a Presidente de Chile: 2021

[editar |editar a fonte]
Logo da campaña de Boric en 2021

Co apoio do seu partido, Coverxencial Social, propúxose como candidato nas eleccións internas para escoller ao candidato da plataforma electoral Aprobo Dignidade, na que tamén participa o Partido Comunista de Chile.[18] Nas primarias de xullo de 2021, Boric impúxose folgadamente ao comunista Daniel Jadue, alcade de Recoleta, conseguindo máis do 60% do voto.[19] Foi un dos favoritos para as eleccións de novembro de 2021, cando tivo lugar a primeira volta. Finalmente logrou quedar na segunda posición co 25,83% dos votos fronte o candidatoJosé Antonio Kast, da ultradereita (27,91%).[20][21] A nivel rexional, Boric impúxose en tres das dezaseis: na súa natal de Magallanes e Antártica Chilena, e nas máis poboadas do país, a deValparaíso e aMetropolitana.[22]

Os resultados supuxeron un troco importante en Chile, pois por primeira vez dende a fin do réxime dePinochet os candidatos de centro dereita e centro esquerda non foron quen de pasar á segunda volta.[23][24] De cara a ela, Boric obtivo o apoio das forzas do centro esquerda chileno e de personalidades como os antigos presidentesRicardo Lagos eMichelle Bachelet.[25][26][27] Tamén contou con mensaxes favorables de persoeiros de fóra de Chile do mundo da cultura, comoGael García Bernal,[28] e antigos mandatarios comoJosé Luis Rodríguez Zapatero eFrançois Hollande.[29][30]

Na segunda volta, celebrada o19 de decembro de 2021, Gabriel Boric logrou gañar as eleccións fronteJosé Antonio Kast.[31] José Antonio Kast chiou antes dunha hora e media logo do peche dos colexios electorais a súa derrota fronte Boric.[32] Pouco despois,Sebastián Piñera, o presidente en exercicio, chamou o que será o seu sucesor para felicitalo e convocalo a unha reunión o día seguinte.[33] A candidatura de Boric sumou o 55,87% e máis de 4 620 000 votos, fronte o 44,13% e case os 3 650 000 votos de Kast, o que fixo de Gabriel Boric o xefe do Estado máis votado ata o momento.[34][35]

Presidente de Chile: 2022-2026

[editar |editar a fonte]

O 11 de marzo de 2022 prometeu o seu cargo como xefe do Estado nunha cerimonia solemne ante o Congreso Nacional reunido enValparaíso e o seu mandato, en principio, prolongarase ata 2026.[36][37] Aos seus 36 anos, Gabriel Boric Font, converteuse no Presidente máis novo da historia do país. Canda a el tomaron posesión os ministros, con maioría de mulleres por primeira vez en Chile e entre as que destacan: a ministra de InteriorIzkia Siches, quen gañara notoriedade pública como presidenta do Colexio Médico durante apandemia de covid-19 e que foi xefa da campaña presidencial de Boric; e a ministra secretaria xeral do GobernoCamila Vallejo, líder estudantil con Boric, primeiracomunista en ser nomeada a un posto de primeiro nivel no goberno dende os tempos deSalvador Allende.[38] O perfil do executivo de Gabriel Boric foi cualificado como "moderado" e "centrista" polos analistas, destacando a presenza de independentes ou figuras ligadas aoPartido Socialista comoMario Marcel, ata entón presidente doBanco Central de Chile, identificado coa disciplina macroeconómica, ouMaya Fernández, ministra de Defensa e neta de Salvador Allende.[39][40]

No seu primeiro discurso como Presidente dendeLa Moneda, Boric avanzou as súas intención de lograr pechar as "feridas" abertas dende oEstalido social de 2019 citando unha recuperación económica evite a desigualdade, a defensa dos dereitos humanos e a solución dialogada ao que cualificou como un conflito entre "o Estado chileno e un pobo que ten dereito a existir" (en referencia aomapuche).[41] Tamén expresou o seu desexo para que o proceso constituínte remate por unir á cidadanía chilena e avogou por unha solución que implique aos países veciños para abordar á crise migratoria do norte de Chile.[42]

O 4 de setembro de 2022, a cidadanía chilena rexeitou en referendo a proposta de constitución elaborada pola convención constituínte (62% votos contrarios fronte o 38% favorable).[43] O resultado foi interpretado, en parte, como un voto de castigo a Boric e motivou un cambio de ministros e a apertura de negociacións interpartidarias co albo de poder elaborar unha nova constitución.[44][45] Finalmente, en decembro de 2022 logrouse o acordo sobre os aspectos institucionais e xurídicos básicos que a nova Carta Magna debería incorporar e sobre o procedemento de elaboración do texto.[46][47]

Durante os primeiros meses de mandato, o goberno de Boric presentou un cobizoso plan de reforma do sistema de pensións xubilatorias. Dende1980, en Chile o sistema baseáse na capitalización individual mediante fondos de xestión privada.[48] Durante o "Estalido Social" de2019, as deficiencias deste sistema foron denunciadas: arredor dun cuarto dos pensionistas consideraban insuficiente a cobertura.[49] A proposta de Boric consiste en aumentar a contía da Pensión Garantida Universal grazas a unha reforma impositiva, crear novos xestores, un público e varios privados, dos fondos de capitalización a escoller polo interesado e aumentar as prestacións.[50]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Defínese comoagnóstico malia a que foi bautizado e formado comocatólico e que di manter "unha permanente procura da fe".[51] Tamén é solteiro aínda que vive en parella, cuestión que tenta manter fóra do plano público. Durante a campaña presidencial de 2021 manifestouse a favor de repensar a figura da primeira dona coa que se recoñece á esposa do Presidente.[52]

Doente duntrastorno obsesivo compulsivo, en 2018, internouse nunhaclínica deSantiago de Chile durante dúas semanas pola súa propia vontade.[53]

É seareiro do equipo defútbolClub Deportivo Universidad Católica,[54] e é tamén é afeccionado avideoxogos e aoanime, sendo cualificado pola prensa comootaku.[55] Durante unha recepción previa a asumir a xefatura do Estado, o ministro de Exteriores doXapón,Kiyoshi Odawara, regaloulle unha pokebola e un boneco deSquirtle, da serie de animePokemon.[56]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. González, C (2021-12-21)."Su bisabuelo llegó a Magallanes desde Dalmacia hace más de 150 años: El origen croata del Presidente electo, Gabriel Boric".Emol(en Spanish). Consultado o2021-12-22. 
  2. Chile, BCN Biblioteca del Congreso Nacional de (2020)."Gabriel Boric Font. Reseñas biográficas parlamentarias".bcn.cl. Consultado o2021-11-25. 
  3. "Un viaje al punto de origen de Gabriel Boric". 25-7-2021. Consultado o 25-11-2021. 
  4. S.A.P, El Mercurio."La Segunda.com".LaSegunda.com(en Spanish). Consultado o2021-11-25. 
  5. "ELECCIONES DIPUTADOS 2013"(PDF).ciperchile.cl. 
  6. "Edición del 18/11/2013 Página 01- Diario El Pingüino".elpinguino.com. Consultado o2021-11-25. 
  7. "IgadiPaper nº126".Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o2021-11-26. 
  8. 8,08,1"Gabriel Boric: El recorrido del ex dirigente estudiantil que busca liderar un recambio generacional en La Moneda". 18-12-2021. Consultado o 19-12-2021. 
  9. Figueroa, Catalina Aninat y Juan Pablo (2018-11-11)."El Frente Amplio que surge tras las fusiones".La Tercera. Consultado o2021-12-20. 
  10. BCN, Biblioteca Nacional de Chile (Octubre 2020)."Partido Convergencia Social".bcn.cl. Consultado o2021-12-20. 
  11. "Principios: Convergencia Social".convergenciasocial.cl(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 28 de novembro de 2022. Consultado o2021-12-20. 
  12. Nuñez, María José (2018-06-02)."Gabriel Boric: "No por buscar acuerdos con quienes piensan distinto uno deja de defender sus convicciones"".La Tercera. Consultado o2021-12-19. 
  13. P, Carlos Reyes (2019-01-02)."Boric y polémica por polera de Jaime Guzmán baleado: "No le tomé la relevancia que tenía, evidentemente es un error"".La Tercera. Consultado o2021-12-19. 
  14. "Gabriel Boric se reunió con Palma Salamanca en Francia antes de recibir el asilo".Cooperativa.cl(encastelán). Consultado o2021-12-19. 
  15. "Boric sostiene que “no corresponde celebrar” al TC por rechazar requerimiento".La Nación(encastelán). 2021-04-27. Consultado o2021-11-26. 
  16. pauta."Cómo se negoció uno de los mayores acuerdos políticos suscritos en democracia".pauta(encastelán). Consultado o2021-11-26. 
  17. Chile, BCN Biblioteca del Congreso Nacional de (2019-11-15)."Acuerdo Por la Paz Social y la Nueva Constitución".bcn.cl(encastelán). Consultado o2021-12-19. 
  18. "Convergencia Social proclama a Gabriel Boric como su candidato presidencial".BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile(encastelán). 2021-03-17. Consultado o2021-11-26. 
  19. "Boric derrota con amplio margen a Jadue y será el candidato presidencial de Apruebo Dignidad".Emol. 2021-07-18. Consultado o2021-11-25. 
  20. Diario, Nós."Pinochetistas e progresistas disputaranse a Presidencia de Chile na segunda volta".Nós Diario. Consultado o2021-11-25. 
  21. "A ultradereita e a esquerda disputarán a presidencia de Chile".G24. Consultado o2021-11-25. 
  22. "Elecciones 2021: ¿En qué regiones ganó Kast y en cuáles Boric?".Rock&Pop(encastelán). 2021-11-22. Consultado o2021-11-27. 
  23. "[Opinión] - Andrés Kogan Valderrama - Gabriel Boric y el fin de la transición en Chile - Cooperativa.cl".opinion.cooperativa.cl. Consultado o2021-11-26. 
  24. "Boric o Kast: el Chile centrista de siempre se fue a los extremos".France 24. 2021-11-23. Consultado o2021-11-26. 
  25. Diario, Nós."Chile: os proxectos antagónicos da ultradereita de Kast e a esquerda de Boric disputarán a segunda volta".Nós Diario. Consultado o2021-11-25. 
  26. Martínez, Catalina (2021-11-24)."Expresidente Ricardo Lagos anuncia su voto para la segunda vuelta: “Lo que es mi historia, mi pasado, obviamente que tengo que decir Boric”".La Tercera. Consultado o2021-12-18. 
  27. "La expresidenta Bachelet apoya a Boric: "No da lo mismo por quién se vota"".www.efe.com(encastelán). Consultado o2021-12-18. 
  28. "Gael García Bernal hizo importante llamado de cara a la segunda vuelta".Radio Concierto(encastelán). 2021-12-13. Consultado o2021-12-19. 
  29. "Rodríguez Zapatero entrega su apoyo a Gabriel Boric para el balotaje chileno".www.efe.com(encastelán). Consultado o2021-12-19. 
  30. "Chío de "Comando Boric" cun video de apoio de François Hollande (16-12-2021)".Twitter. Consultado o2021-12-19. 
  31. Navarrete, José (2021-12-19)."Boric se impone a Kast en la elección presidencial".La Tercera. Consultado o2021-12-19. 
  32. "Chío de José Antonio Kast no que recoñece o triunfo de Boric (19-12-2021)".twitter. 
  33. "Presidente Piñera convoca a Gabriel Boric a reunión de trabajo este lunes en La Moneda « Diario y Radio Universidad Chile".radio.uchile.cl(encastelán). Consultado o2021-12-20. 
  34. horas, 24."Resultados Segunda Vuelta".24 horas(encastelán). Consultado o2021-12-20. 
  35. Labrín, Pedro Astaburuaga y Sebastián (2021-12-20)."Boric es el Presidente electo con más votos en la historia y la segunda vuelta se convierte en la elección con mayor participación".La Tercera. Consultado o2021-12-20. 
  36. "O progresista Gabriel Boric é xa o novo presidente de Chile".G24. Consultado o2022-03-12. 
  37. "Boric hace historia y es el Presidente más joven: Su desafío será liderar Chile en medio de una crisis económica, social y sanitaria".Emol(encastelán). 2021-12-19. Consultado o2021-12-19. 
  38. Montes, Rocío (2022-03-11)."Chile consolida el primer Gobierno feminista latinoamericano".El País(encastelán). Consultado o2022-03-13. 
  39. Cambero, Fabian; Miranda, Natalia A. Ramos (2022-01-21)."Chile's Boric unveils centrist Cabinet as markets breath sigh of relief".Reuters(eninglés). Consultado o2022-03-13. 
  40. Montes, Rocío (2022-01-21)."Boric nombra en Chile un Gobierno moderado con mayoría de mujeres".El País(encastelán). Consultado o2022-03-13. 
  41. "Presidente Boric pide Constitución que sea respaldada en futuro plebiscito".pauta(encastelán). Consultado o2022-03-13. 
  42. "Primer discurso en el Palacio de La Moneda del Presidente Gabriel Boric Font".prensa.presidencia.cl. Consultado o2022-03-13. 
  43. "Chile rexeita cun 62 % a nova Constitución e Boric pide un novo proceso".G24. Consultado o2022-12-30. 
  44. CHARTE, MIGUEL (2022-09-05)."Claves del rechazo de Chile a la nueva Constitución".RTVE.es(encastelán). Consultado o2022-12-31. 
  45. "Boric cambia o goberno chileno despois de fracasar a reforma constitucional".G24. Consultado o2022-12-30. 
  46. "Acuerdo por Chile: Definen Consejo Constitucional, Comité de Expertos e itinerario para nuevo proceso constituyente - Senado - República de Chile".Senado de Chile(encastelán). Consultado o2022-12-30. 
  47. "Quiénes la redactarán, los plazos y sus bases institucionales: Todo lo que hay que saber del nuevo proceso constitucional".Emol(en Spanish). 2022-12-13. Consultado o2022-12-30. 
  48. "Sistema de AFP - SP. Superintendencia de Pensiones - Gobierno de Chile".www.spensiones.cl. Consultado o2022-12-31. 
  49. "Chile y sus mayores: Resultados V Encuesta Nacional de calidad de vida en la vejez"(PDF).Caja Los Andes. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de xaneiro de 2022. Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  50. "Gob.cl - Artículo: Conozca Los Detalles De La Reforma De Pensiones Y Cómo Aumentará Sustantivamente Las Jubilaciones De Los Chilenos".Gobierno de Chile(encastelán). Consultado o2022-12-31. 
  51. "Gabriel Boric y su relación con la fe: “Estoy en una permanente búsqueda espiritual"".www.t13.cl. Consultado o2021-12-19. 
  52. "Gabriel Boric: ¿Quién es su pareja y por qué no sería primera dama?".Rock&Pop(encastelán). 2021-11-21. Consultado o2021-12-19. 
  53. Aste, F. (2018-10-16)."Boric confirma que se internó voluntariamente en un hospital psiquiátrico por su TOC".La Tercera. Consultado o2021-11-25. 
  54. "Gabriel Boric, el nuevo presidente de Chile, un fanático del fútbol: la U. Católica, Maradona, Gorosito y más".www.tycsports.com. Consultado o2021-12-22. 
  55. "Las preferencias gamer y otaku de Gabriel Boric - La Tercera".www.latercera.com. Consultado o2021-12-22. 
  56. ElPais."Una pokebola y un Squirtle: el peculiar regalo del canciller japonés a Gabriel Boric".Diario EL PAIS Uruguay(en spanish). Consultado o2022-03-12. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gabriel BoricModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gabriel_Boric&oldid=6816746»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp