Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gabón

Coord.:1°S12°L / -1,12
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGabón
République gabonaise (fr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLa Concorde(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata

Lema«Union, Travail, Justice»
«Union, Work, Justice»
«Единство, труд и справедливост»
«Undeb, Gwaith, Cyfiawnder»
«Enotnost, delo, pravica»Editar o valor en Wikidata
Epónimocaban(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 1°S12°L / -1,12
CapitalLibrevilleEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.025.137(2017)Editar o valor en Wikidata (7,57hab./km²)
Lingua oficiallingua francesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie267.667 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Bengoué(pt)Traducir (1.070 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1960Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepúblicaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataBrice Clotaire Oligui Nguema(2023–)Editar o valor en Wikidata
• Premier ministre du GabonEditar o valor en WikidataRaymond Ndong Sima(pt)Traducir(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Gabão(pt)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal4.800.000.000 $ (2003)Editar o valor en Wikidata
Moedafranco CFA de África CentralEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gaEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+241Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia1300(pt)Traducir,1722(pt)Traducir e18Editar o valor en Wikidata
Código de paísGAEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgouvernement.gaEditar o valor en Wikidata
BNE: XX451012

Gabón[1] (enfrancés:Gabon), oficialmenteRepública Gabonesa (enfrancés:République Gabonaise) é un país daÁfrica limitado ó norte co enclave de Mbini, deGuinea Ecuatorial e oCamerún; ó leste e sur coaRepública do Congo (tamén chamada Congo-Brazaville para distinguila daRepública Democrática do Congo ou Congo-Kinshasa), e ó oeste coocéano Atlántico. Conseguiu a independencia deFrancia en 1960. Dende1967 ata o7 de xuño de2009 o seu presidente foiEl Hadj Omar Bongo Ondimba.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Gabón.

O territorio de Gabón estivo habitado polo menos dende hai 9.000 anos, tal cal o evidencia a arqueoloxía. Ao parecer, a primeira etnia presente na zona foron ospigmeos, que certo tempo despois foron seguidos por ondas de diversas etnias, entre eles osbantús.

Varios grupos bantús viviron na área que agora é Gabón candoFrancia a ocupou en1885. En 1910, Gabón chegou a ser un dos catro territorios daÁfrica Ecuatorial Francesa, unha federación que sobreviviu ata1959. Estes territorios fixéronse independentes o17 de agosto de1960.

O primeiro presidente de Gabón elixido en1961, foiLéon M'ba, conO Hadj Omar Bongo como o seu vicepresidente. Cando M'Ba faleceu en1967, Bongo substituíuno como mandatario segundo unha recente lei pola cal o vicepresidente sucedería inmediatamente ao presidente en caso de falecemento deste. Bongo estableceu un sistema de partido único, o Partido Democrático de Gabón (PDG), e foi o xefe de estado dende entón.

En1990, o país abriuse a un réxime multipartidista, e tras as eleccións dese ano ingresaron á Asemblea Nacional representantes de cinco partidos opositores ao PDG. En1993, Bongó foi reelecto, pero premido polo gobernofrancés, aceptou convocar novas eleccións.

Un referendo realizado en1995 deulle a facultade de reformar a constitución, cuxa nova versión deu lugar ás eleccións presidenciais e lexislativas de1997. Ao ano seguinte foi reelecto, mentres cumpría 31 anos ininterrompidos no poder. O seu amigo, Jean-François Ntotoume, foi designado primeiro ministro.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Goberno e política de Gabón.

Coa independencia de1960 apareceron dous partidos, oBloque Democrático Gabonés (BDG) deLeón M'Ba, e aUnión Democrática e Social Gabonesa (UDAG), liderada por Aubame. Tras as primeiras eleccións, ningún dos dous partidos logrou a maioría, e M'Ba fíxose co cargo deprimeiro ministro de Gabón co apoio dos deputados independentes. Con todo, os dous partidos concluíron que para as dimensións do país era máis adecuado un sistema de partido único, polo que para as eleccións de febreiro de 1961 creouse unha lista única. M'Ba foi nomeado presidente, e Aubame ministro de asuntos exteriores.

En febreiro de 1963, a corrente do BDG tratou de forzar aos membros da UDSG a unha fusión completa ou a dimitir dos seus cargos. Todos os ministros da UDSG dimitiron, e convocáronse eleccións en febreiro de 1964, ás que a UDSG non puido concorrer por non presentar unha lista adecuada á lei. Sen chegar a celebrarse as eleccións, produciuse o 18 de febreiro de 1964 un golpe militar contra M'Ba, que fixo que as tropas francesas interviñesen. As eleccións celebráronse finalmente en abril, con varios partidos opoñentes, nas que o BDG logrou unha clara maioría.

En marzo de 1967, León M'Ba foi elixidopresidente de Gabón, eOmar Bongo vicepresidente. Coa morte de M'Ba ese mesmo ano, Omar Bongo accedeu á presidencia.

En 1968 vólvese ao sistema de partido único, disolvendo o BDG e creando o novo Partido Democrático Gabonés (PDG). Bongo foi elixido presidente consecutivamente en1975,1979 e1986.

Tras un debate nacional sobre a situación política, abriuse de novo un sistema multipartidario, co que Bongo foi novamente elixido presidente en1990,1993 e1998, creándose unha nova constitución que permitiu un proceso electoral máis transparente e reformas das institucións gobernamentais.

Gabón é actualmente unha república democrática multipartidista, cun presidente elixido polo voto popular e un mandato de 7 anos; un primeiro ministro e un consello de ministros nomeados polo presidente.

A Asemblea Nacional conta de 120 membros, dos cales 111 son electos e 9 nomeados polo presidente para un período de 5 anos. O poder xudicial reside na Corte Suprema de Xustiza e outros tribunais menores.

Cada unha das 9 provincias é dirixida por un gobernador.

O 31 de agosto de 2016 houbo eleccións presidenciais no país[2], nas que se deu por gañador por segunda vez a Ali Bongo entre disturbios e acusacións de fraude entre o goberno e a oposición.[3]

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Organización territorial de Gabón.
Mapa das provincias de Gabón

Gabón está dividido en 9provincias (capitais entre paréntese)

  1. Estuaire (Libreville)
  2. Haut-Ogooué (Franceville)
  3. Moyen-Ogooué (Lambaréné)
  4. Ngounié (Mouila)
  5. Nyanga (Tchibanga)
  6. Ogooué-Ivindo (Makokou)
  7. Ogooué-Lolo (Koulamoutou)
  8. Ogooué-Maritime (Port-Gentil)
  9. Woleu-Ntem (Oyem)

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Gabón.
Mapa da CIA de Gabón.

Gabón está situado na costaatlántica de África central. No sentido das agullas do reloxo desde o noroeste, limita conGuinea Ecuatorial,Camerún, e aRepública do Congo.

A maior parte do interior do país está cuberto por unha densaselva.

Existen tres rexións: a chaira costeira, con moitos lagos e lagoas; a rexión montañosa dosMontes Cristal e as mesetas onduladas orientais, cuxo punto máis alto é oMonte Bengoué, de 1.070 m. de altura.

Existe unha importante rede hidrográfica que se estende por todo o territorio gabonés.

O río máis longo de Gabón é oOgooué, que nace no Congo Occidental. Orío Ogooué e os seus afluentes corren en dirección oeste, formando profundos vales a través das accidentadas mesetas de Gabón. Logo, ensánchase para formar un amplo delta que cruza a planicie costeira. Ao sur doOgooué, o terreo ascende ata o macizo deChaillu.

O clima é caloroso e húmido con fortes choivas entre outubro e maio.

A fauna desta zona inclúeantílopes eelefantes.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Gabón.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Máscara de Gabón
Artigo principal:Demografía de Gabón.

No ano 2007 Gabón tiña unha poboación de 1 454 000 habitantes. O idioma oficial é o francés, aínda que moi poucos o falan. A esperanza de vida é de 54 anos. O 63.2% da poboación está alfabetizada. A media de fillos por muller é de 4.71. Calcúlase que o 8% da poboación está infectada co virusHIV (Sida).

Principal grupo étnico:fang. Osmyene considéranse a si mesmos a aristocracia de Gabón. A educación baséase nun sistema francés. AUniversidade de Libreville creada en1970 ten máis de 4.000 alumnos. Os ingresos dopetróleo logran importantes investimentos na saúde, unha das mellores deÁfrica.

A composición étnica é: lodos (35%), bantús (29%), eshiras (25%), outros africanos e outros brancos (9%), brancos franceses (2%).

Educación

[editar |editar a fonte]

Existe aUniversidade Omar Bongó enLibreville. Esta universidade ten un Departamento de Español, que se encarga da aprendizaxe da lingua española en Gabón, así como da difusión da cultura hispanoamericana e hispanoafricana. Gabón xa ten un 1,14% hispano, radicado principalmente na cidade deCocobeach (ao NO), onde o español é oficial xunto co francés e o portugués, pois esta cidade tamén é pertencente deGuinea Ecuatorial.

Cultura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cultura de Gabón.

A música gabonesa é pouco coñecida en comparación cos xigantes rexionais como aRepública Democrática do Congo e oCamerún. Algúns artistas de Gabón son:Patience Dabany,Georges Oyendze,A Rose Mbadou,Sylvain Avara,Oliver N'Goma,Pierre Akendegue,Annie-Flore Batchiellilys eFrançois Ngoua.

Entre os escritores atopamos:Jean-Baptiste Abessolo eAngèle Rawiri

Entre os cineastas destacaImunga Ivanga, especializado en documentais acerca da problemática do seu país.

Festas Nacionais
DataNome en castelánNome localNotas
17 de agostoDía da IndependenciaJour de l'Independence

Ecoloxía

[editar |editar a fonte]

O bosque tropical de Gabón está considerado o máis denso e virxe de África. Con todo, o enorme crecemento demográfico do país está provocando unhadeforestación extrema que ameaza este invalorable recurso natural.

Acaza furtiva, así mesmo, está poñendo en perigo á fauna salvaxe. Sen dúbida, a falta de medios e de xestión en recursos propios auguran, cando menos, un futuro pouco prometedor.

Benestar social

[editar |editar a fonte]

O país carece de sistema de cobertura sanitaria. Os traballadores que cotizan á seguridade social non teñen as vantaxes que se encontran nos países desenvolvidos que aplican o mesmo sistema. Así mesmo, a maioría (por non dicir a totalidade) dos tratamentos médicos non están cubertos. Desde a simple consulta, ata os tratamentos máis elaborados (VIH, cancro etc.) teñen un custo, como nosEstados Unidos ouChile.

O país dispón de escolas e centros de formación, recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional. Existen institucións internacionais que propoñen unha formación adecuada e que traballan en estreita colaboración coas institucións, embaixadas de países estranxeiros e centros culturais. Dado que se trata de centros privados, o seu acceso está restrinxido a unha gran parte da poboación, que ten que conformarse coa formación ofrecida pola Universidade Omar Bongo Ondimba, sendo a única en ofrecer matrículas accesíbeis, non habendo Educación Superior gratuíta.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paragabonés.
  2. http://www.diplomatie.gouv.fr/fr/dossiers-pays/gabon/evenements/article/gabon-election-presidentielle-31-08-16Arquivado 16 de agosto de 2017 enWayback Machine..
  3. http://www.elmundo.es/internacional/2016/09/01/57c7ddb0e2704efb0e8b4641.html.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  GabónModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Enteiramente
en Africa
Parcialmente
en Africa
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gabón&oldid=6760377»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp