Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GEG»)

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Deseño da cuberta. Texto dourado sobre fondo vermello.
Título orixinalGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Autor/aVarios.[a]
Ilustrador/aVirxilio Fernández e outros.
OrixeGalicia.
LinguaEn papel: galego ou castelán,
En DVD: en galego.
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
Editorial
Data de pub.Dende1974.
FormatoEn papel ou enDVD.
ISBN
EditorSilverio Cañada Acebal
editar datos en Wikidata ]

AGran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada,Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplementeGran Enciclopedia Gallega ouGran Enciclopedia Galega, é unhaenciclopedia de temagalego, editada primeiramente encastelán e despois enlingua galega. A versión en galego foi editada tamén enDVD.

Gran Enciclopedia Gallega

[editar |editar a fonte]

A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán, publicouse no ano1974. Dirixida porRamón Otero Pedrayo, os coordinadores editoriais foron sucesivamentePerfecto Conde Muruais,Arturo Reguera López eXosé Ramón Fandiño Veiga, coa implicación deXesús Alonso Montero.[a][3]

Unha obra senlleira, de información fina e sotil, de síntese vital, reflexo total e perciso da realidade de Galicia no seu ser histórico e social
Ramón Otero Pedrayo

Gran Enciclopedia Galega

[editar |editar a fonte]
Varios exemplares da GEG ocupan as baldas daBiblioteca de Galicia.

Trinta anos despois publicáronse en galego por dous gruposeditoriais distintos,[4]Editorial Novos Vieiros daCoruña (66 tomos)[5] e oGrupo El Progreso deLugo (44 tomos).[6]

Foi dirixida porBenxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros,Isaac Díaz Pardo,Xosé Ramón Barreiro,Xaime Isla Couto,Alfonso Zulueta de Haz,Alfredo Conde,Víctor Freixanes,Manuel María,Basilio Losada,Xavier Alcalá,Antonio Bonet Correa,Xosé García Oro,Manuel Lucas Álvarez,Xesús Alonso Montero ouXaime Quessada.

Hai un gran traballo de recollida de datos, de pescudas, de contrastar en fontes diferentes, de facer que todo o que deste país poida ser interesante quede reflectido nesta magna obra para que sexa realmente unha ferramenta útil de traballo e para deixar fixada enciclopedicamente o que Galicia é nos albores dun novo milenio.
Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso.

Versión en DVD

[editar |editar a fonte]

A versión en DVD, en galego, é do ano2005. Ten 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapas[7] (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315[8]concellos de Galicia).

Dende a portada a información preséntase en cinco apartados:

  • Enciclopedia.
  • Biografías, con preto de 4000 artigos.
  • Heráldica, máis de 2000 entradas deapelidos e liñaxes.
  • Descubre Galicia, cun índice que chega ata o nivel dasparroquias.
  • "Dossier", cartafol onde o usuario pode apartar a información que máis lle interese.

Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.

No ano 2011 foi distribuída polo GrupoEl Progreso polo prezo de 9,95.[9]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Autores da primeira edición:Ramón Otero Pedrayo ,Dámaso Alonso,Miguel Anxo Araúxo Iglesias,Pío Cabanillas Gallas,Xosé María Castroviejo,Camilo José Cela,Álvaro Cunqueiro,Xosé Filgueira Valverde,Álvaro Gil Varela,Manuel Lucas Álvarez,Sebastián Martínez-Risco,José Luis Meilán Gil,Ramón Piñeiro,Xoán Rof Carballo,Luís Seoane,Alberto Vilanova,Xosé Manuel Beiras,Antonio Bonet Correa,Ricardo Carballo Calero,Antonio Eiras Roel,Antón Fraguas,Carlos García Martínez,Domingo García-Sabell,Isidro Parga Pondal,José Luis Pensado,Augusto Pérez Alberti,Francisco Río Barxa,Andrés Torres Queiruga,Xesús Alonso Montero,Francisco Fernández del Riego,Basilio Losada,Silverio Cañada ,Perfecto Conde Muruais,Xosé Ramón Fandiño Veiga,Xesús Rábade,Fernando Acuña Castroviejo,Felipe Arias,Xosé Ramón Barreiro,Francisco Calo Lourido,Baldomero Cores,Antón Costa Rico,Xosé María Dobarro,José Antonio Durán,Francisco Fariña Busto,Constantino García,Ramón Máiz,Xosé Neira Vilas,Xulio Pardellas de Blas,Antonio Rodríguez Fraiz,Antón Santamarina,Eduardo Seijas,Xosé Carlos Sierra Rodríguez,Benito Varela Jácome,Ramón Villares,Virxilio Fernández e outros.
Referencias
  1. Ficha da Editorial Novos VieirosArquivado 29 de decembro de 2012 enWayback Machine. na páxina da Asociación Galega de Editores.
  2. 2,02,12,22,3Base de datos de libros editados en EspañaMinisterio de Educación, Cultura e Deporte de España.
  3. Un editor de nosoArquivado 03 de marzo de 2016 enWayback Machine. artigo do 30/5/2002 de Xesús Alonso Montero enLa Voz de Galicia.
  4. O lanzamento da “Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada” revela a existencia de dous proxectos...CCG, 3/6/2003.
  5. GranEnciclopediaGalega.com da editorial Novos Vieiros (A Coruña).
  6. EnciclopediaGalega.com do Grupo El Progreso, enInternet Archive (ligazón orixinal morta).
  7. El Progreso ofrece a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD,El Progreso, 26/11/2010.
  8. Cando se editou a enciclopedia había 315 concellos en Galicia. Logo de dúas fusións, pasaron a ser 313.
  9. "Anuncio da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada"(PDF).De luns a venres. día 23/02/2011. p. 5. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11/01/2014. Consultado o 22/07/2011. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
AGalicitas posúe citas sobre:  Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Artigos e entradas de obras de consulta
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gran_Enciclopedia_Galega_Silverio_Cañada&oldid=6675126»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp