Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Funxicida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2021.)

Unfunxicida é un produto aplicado no control de pragas producidas porfungosparasitos. Os funxicidas son compostos químicos empregados para previr os graves danos que os fungos ocasionan en colleitas e nos xardíns. Os funxicidas tamén se empregan para loitar contra asinfeccións causadas por fungos.

Os funxicidas poden actuar por contacto ou de xeitosistémico. Un funxicida de contacto pulverízase sobre a superficie da planta e mata os fungos ó poñerse en contacto con eles. Un funxicida sistémico é absorbido pola planta e distribuído polosistema vascular da mesma, deste xeito chega ós fungos ós que mata.

Os funxicidas poden ser prexudiciais para a saúde humana cando se entra en contacto con eles de xeito directo, pero tamén indirectamente cando se consomen produtos procedentes de colleitas tratadas cos mesmos. Poden producirirritación,dores de cabeza,diarrea, ocasionar danos en distintos órganos e enfermidades relacionadas co sistema nervioso.

Existe o perigo de que contaminen ecosistemas e augas. Pequenas doses de funxicidas poden ser acumuladas e chegar a ser tóxicas.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  FunxicidaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Funxicida&oldid=5922669»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp