O filme contén dúas historias, a primeira das cales,Bongo, é presentada porJiminy Cricket e narrada porDinah Shore. Está baseada na historia curta "Little Bear Bongo" deSinclair Lewis,Bongo e conta a historia dun oso de circo que soña cola liberdade. Bongo escapa do circo e namórase dunha osa salvaxe chamada Lulubelle, e descobre que debe probar o seu amor para conseguir o de Lulubelle. A segunda historia,Mickey and the Beanstalk, é presentada porEdgar Bergen e é unha adaptación da historiaXan o das fabas máxicas protagonizada porMickey,Donald eGoofy que interpretan tres labregos que descobren o castelo do xigante Willie empregando unhas fabas máxicas. Deben combater co xigante para restaurar a paz no seuval.Mickey and the Beanstalk foi a derradeira vez queWalt Disney puxo voz aMickey Mouse, xa que estaba demasiado ocupado noutros proxectos. Disney substituíuno polo artista de efectos de sonJames MacDonald.