Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fruxívoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou sección semella conterinvestigacións orixinais.
Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde setembro de 2017.)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2017.)
Oorangután de Borneo (Pongo pygmaeus) é fruxívoro.

Osanimaisfruxívoros (dolatínfrux,frugis, "froito" e -vorus, "que come") son aqueles que se alimentan de froitos, sexa parcial ou exclusivamente. En latitudes tépedas este tipo de alimentación, a diferenza do que sucede notrópico, adoita ser estacional. A relación que existe entre os animais fruxívoros e as plantas é beneficiosa para ambos e constitúe unha forma decoevolución. As plantas gastan enerxía en rodear a semente cunha envoltura, a polpa, moi nutritiva, xa que contén moitos azucres; con todo, compensan este gasto ao conseguir un mecanismo moi eficaz de propagación dasdiásporas vexetais. O beneficio dos animais reside en alimentarse dunha fonte moi enerxética. Os animais inxeren o froito completo e despois de dixerir a polpa expulsan as sementes, ben polas feces ou ben en forma deegagrópilas, en puntos normalmente afastados do lugar de alimentación. As plantas deféndense dos fruxívoros oportunistas, que danan ou non dispersan as sementes, mediante substancias químicas (velenos ou substancias de sabor desagradable) ou cubertas protectoras.

Hai moitos animais fruxívoros, incluídos algúnsprimates, como oser humano. Outros exemplos son certas especies demorcegos, un gran número de mamíferos e algúns peixes, como opacú e certas especies desalmónidos.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fruxívoro&oldid=6636969»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp