AFronte Oriental dasegunda guerra mundial foi oteatro de operacións do conflito entre asPotencias do Eixe e os estadosaliados dende o22 de xuño de1941 até o9 de maio de1945. Tamén se coñeceu como aGran Guerra Patriótica (enruso Великая Отечественная Война,Velíkaya Otéchestvennaya Voyná) na antigaUnión Soviética e naRusia moderna, mentres que enAlemaña chamouseFronte Oriental (enalemándie Ostfront),[2] aCampaña Oriental (der Ostfeldzug) ou aCampaña rusa (der Rußlandfeldzug).[3]
As batallas na Fronte Oriental constituíronse como as maiores confrontacións militares da historia.[4] Caracterizáronse por unha ferocidade e destrución sen precedentes,deportacións masivas e unha inmensa perda de vidas debido aos combates, afame, a exposición, asenfermidades e os masacres. A Fronte Oriental foi central noHolocausto, xa que acolleu a maioría doscampos de exterminio, asMarchas da morte, osguetos e ospogroms durante a Guerra. Da estimación de70 millóns de mortes que se atribúen á segunda guerra mundial, arredor duns 30 millóns aconteceron na Fronte Oriental.
A Fronte Oriental foi decisiva na determinación do resultado da segunda guerra mundial, sendo a razón principal da derrota doTerceiro Reich, que comportou a partición de Alemaña durantecase medio século e o alzamento daUnión Soviética comosuperpotencia militar e industrial. As dúas principais forzas belixerantes foron aAlemaña nazi e a Unión Soviética, xunto cos seus respectivo aliados.
Alemaña e a Unión Soviética víanse como os dous grandes prexudicados daprimeira guerra mundial. Os soviéticos perderan un territorio considerable na Europa oriental como resultado dotratado de Brest-Litovsk (marzo de 1918) ao cederen osbolxeviques o control, por mor das demandas alemás, sobre Polania, Lituania, Estonia, Letonia, Finlandia, e outras zonas áspotencias centrais. Logo, ao se render Alemaña aos aliados en novembro de 1918, eses territorios lograron a independencia baixo os termos da conferencia de paz de París de 1919, cando a Rusia Soviética estaba no medio dunha guerra civil e os non recoñecían o goberno soviético e, xa que logo, non houbo representación soviética.[5]
Adolf Hitler declarara a súa intención de invadir a Unión Soviética o 11 de agosto de 1939 aCarl Jacob Burckhardt, comisionado daLiga das Nacións[6]
OPacto Molotov–Ribbentrop asinado en agosto de 1939 foi un acordo de non agresión entre Alemaña e a Unión Soviética e contiña un protocolo secreto para a volta de Europa Central aostatus quo anterior á Gran Guerra, dividindo Polonia, Romanía e os estados bálticos en esferas de influencia alemá e soviética.[7] A Fronte Oriental tamén foi posible polo acordo xermano-soviético comercial e fronteirizo de 1941 que lle deu a Alemaña os recursos precisos para lanzar as operacións militares no leste de Europa.[8]
- ↑Toomas Alatalu. Tuva: A State Reawakens.Soviet Studies, Vol. 44, No. 5 (1992), pp. 881–895.
- ↑russlandfeldzug.de
- ↑Balsi.de (ed.)."Der Rußlandfeldzug". Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑"World War II: The Eastern Front". Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑Donald Hankey (3 June 2015).The Supreme Control at the Paris Peace Conference 1919 (Routledge Revivals): A Commentary. Routledge. p. 50.ISBN 978-1-317-56756-1.
- ↑Nagorski, Andrew (2007).The Greatest Battle: Stalin, Hitler, and the Desperate Struggle for Moscow That Changed the Course of World War II. Amazon: Simon & Schuster.ISBN 978-0-7432-8111-9.
- ↑Timothy Snyder e Ray Brandon. Oxford University Press, ed.Stalin and Europe: Imitation and Domination, 1928-1953. p. páxina 94.
- ↑Ericson, Edward (1999).Feeding the German Eagle: Soviet Military Aid to Nazi Germany, 1933–1941. Greenwood Publishing Group. pp. 34–35.ISBN 0-275-96337-3.
|
|---|
|
| Participantes | |
|---|
| Cronoloxía | |
|---|
| Aspectos | | Xerais | |
|---|
| Consecuencias | |
|---|
| Crimes de guerra | |
|---|
|
|---|