Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Froito seco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castañas (preparadas para asar, cos cortes típicos na casca).

Osfroitos secos sonfroitos que teñen unha característica común: no seu estado natural (sen manipulación humana) teñen menos dun 50 % deauga.[1]

Son alimentos moi enerxéticos, ricos engraxas, enproteínas, así como enoligoelementos. Segundo o tipo de froito seco, tamén poden proporcionar cantidades apreciábeis devitaminas (sobre todo do grupo B) ouácidos graxosomega 3 (poliinsaturados).

Tipos de froitos secos

[editar |editar a fonte]

Algúns distinguen dous grandes grupos de froitos secos:

Abelás
Améndoas
Sementes dexirasol (pipas).

Froitos secos de casca dura (ou verdadeirosfroitos secos)

[editar |editar a fonte]

Os froitos secos máis coñecidos son:

Froitas desecadas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Froita seca.

Saúde

[editar |editar a fonte]

Os froitos secos son moi ricos nalgunhas substancias beneficiosas para a saúde. Por exemplo, todos eles conteñen cantidades apreciábeis devitamina E, que ten propiedades antioxidantes. Posúen a maioría dasvitaminas do grupo B. Tamén conteñensales minerais de elementos tales comofósforo,magnesio,cobre,ferro etc.

Algúns metais tales como oselenio e ozinc, presentes nosanacardos e nas noces do Brasil, promoven a fertilidade masculina, xa que se observou unha produción menor deespermatozoides asociada a dietas baixas nestes metais.

O contido encalcio fai que sexan nalgúns casos substitutivos do leite naquelas persoas que presentanintolerancia á lactosa o sonveganas. A inxestión de froitos secos axuda a previr aosteoporose. Os froitos secos que máis calcio teñen son asaméndoas (240 mg/100 g) asnoces do Brasil (170 mg/100 g) e asabelás (140 mg/100 g).

Case todos os froitos secos teñen un granvalor calórico debido aoshidratos de carbono e asgraxas que conteñen. Quizais o menor corresponda ás castañas, que subministran de media case 500 kcal/100 g. Por esta razón están moi aconsellados para as persoas que realizan esforzos físicos prolongados, como os atletas. No son, porén, recomendábeis nasdietas hipocalóricas. Atribúenselle boas propiedades para reducir o chamadocolesterol malo (polosácidos graxosomega 3) e bos en situacións de esforzo intelectual (polo fósforo).

Cómpre indicar que os froitos secos poden desencadearreaccións alérxicas en persoas moi sensíbeis, polo cal estas persoas deben evitar consumilos (principalmente cacahuetes, améndoas, noces, castañas ou abelás). Tamén adoitan producir fermentacións no intestino, provocandoflatulencias.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraFroito.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Froito seco

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Froito_seco&oldid=5485066»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp