Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fremont

Coord.:37°32′35″N121°58′58″O / 37.5431,-121.9828
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Modelo:Xeografía políticaFremont
Imaxe

EpónimoJohn C. FrémontEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 37°32′35″N121°58′58″O / 37.5431,-121.9828
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de AlamedaEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación230.504(2020)Editar o valor en Wikidata (1.015,77hab./km²)
Número de fogares74.479 (2020)Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaÁrea da baía de São Francisco(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata(Poboación:7.765.640)Editar o valor en Wikidata
Superficie226,924581 km²Editar o valor en Wikidata
Auga11,5868 % (1 de abril de 2010)Editar o valor en Wikidata
Altitude17 mEditar o valor en Wikidata
Creación23 de xaneiro de 1956Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Fremont, California(en)TraducirEditar o valor en WikidataLily Kao Mei(en)Traducir(1916–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal94536–94539, 94555Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico510Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webci.fremont.ca.usEditar o valor en Wikidata

Fremont é unha cidade estadounidense duns 225.000 habitantes, situada nabaía de San Francisco. Administrativamente pertence aocondado de Alameda, e este á súa vez ao estado deCalifornia. É a cuarta cidade máis poboada naárea da Baía de San Francisco, e leva o nome que leva porJohn Frémont, o soldado, explorador e político estadounidense doséculo XIX.

Xeografía física

[editar |editar a fonte]

Fremont atópase na ribeira leste dabaía de San Francisco, a medio camiño entreOakland eSan Jose, e mar por medio deSilicon Valley. Situado directamente sobre o fondo da baía, Fremont goza do mesmoclima mediterráneo que en xeral todas as cidades nese treito da costacaliforniana: inverno de temperaturas moderadas con algunhas choivas, e veráns secos e calorosos, pero sen chegar a temperaturas extremas.

Fremont está limitado cara ao leste polorego da Alameda, un río duns 70 kms que cruza boa parte docondado de Alameda. A baía de San Francisco nesa parte sur non ten demasiada profundidade e créase unha zona natural moi importante en fauna e flora.

Xeografía administrativa e demografía

[editar |editar a fonte]

A cidade de Fremont conformouse o23 de xaneiro de1956, ao fusionárense administrativamente cinco pequenas localidades anteriores, Centerville, Niles, Irvington, Mision San Jose e Warm Springs, que agora están incorporadas á mesma paisaxe urbana. A cidade divídese ñá súa vez en once distritos, os cinco xa ementados de Centerville, Niles, Irvington, Mision San Jose e Warm Springs e mais os distritos de Fremont Central, Fremont Norte, Fremont Sur, o distrito industrial de Bayside, Baylands e Hill Area.

Boa parte da fronte da baía non pertence a Fremont, senón aNewark, cidade á súa vez completamente arrodeada por Fremont. Ademais pois da baía e de Newark, que se sitúan ao oeste de Fremont, o resto da cidade de Fremont limita, ao norte, conHayward eUnion City, ao leste coa zona rural e montañosa deSunol e ao sur conMilpitas eSan Jose. Xunto con Union City e Newark, Fremont forma unha conurbación ininterrompida.

De acordo co cálculo do 2007, arenda media por vivenda na cidade é de 93.342 dólares, e a media de ingresos por familia era de 103.846 dólares.[1] Os homes teñen unharenda media familiar de 59.274 dólares fronte aos 40.625 das mulleres. Arenda per capita para a cidade estaba en 31.411 dólares. Ao redor do 3,6% das familias estaban por debaixo dolimiar da pobreza, dos que o 5,9% eran menores de 18 anos e o 6,2% maiores de 65 anos.

Socialmente, a metade da poboación de Fremont é de orixe asiática, e unha cuarta parte é poboación afroamericana. Conforme o censo do 2008 da cidade os residentes de Fremont eran:

Perfil demográfico[2]2010
Poboación total214.089 - 100.0%
Raza non mixta201.505 - 94.1%
Non hispana nin latina182.391 - 85.2%
negra56.766 - 26.5%
Só negra ou africo-americanos6743 - 3.1%
Só indíxenas americanos e nativos de Alasca458 - 0.2%
Só asiáticos107.679 - 50.3%
Só nativoshawaianos e doutras illas do Pacífico1064 - 0.5%
Só outras razas388 - 0.2%
Só dúas ou máis razas9293 - 4.3%
Hispanos ou latinos (de calquera raza)31698 - 14.8%

Politicamente, Fremont, como en xeral toda azona da baía de San Francisco, adoita apoiar oPartido Demócrata nas eleccións.

Historia

[editar |editar a fonte]

A zona onde se estende Fremont na actualidade estaba poboada no século XVIII polosohlones, unha cultura amerindia que se distribuía nunha amplo terriroio ao sur da baía de San Francisco. A primeira referencia histórica escrita a esa zona é do9 de xuño de1797, cando ofranciscanovascoFermín Lasuén fundou unhamisión, que chamou enespañol. A misión estableceuna na aldea de Oroysom, entidade xa perdida por completo, e que se atoparía ao leste da actual cidade.

A misión relixiosa foi aumentando de tamaño nas primeiras décadas do século XIX, e chegou aos 1886 habitantes no ano1831. Catro anos antes, en 1827, chegara á misión o trampeiro e exploradorJedediah Smith, que debeu ser o primeiroinglés-falante en chegar. En1833, o goberno recentemente independizado deMéxico, que era quen exercía o control sobre a área que hoxe ocupa California, promulgou unhalei de secularización das misións, semellante nalgúns aspectos ádesamortización que se viviría napenínsula Ibérica un par de anos despois. Os relixiosos foron pois substituídos por terratenentes que recibían a concesión gobernativa duns ranchos. No caso desta antiga Misión San José, o concesionario do Rancho Arroyo de la Alameda foiJosé de Jesús Vallejo, irmán do importante lídercalifornioMariano Vallejo. Os Vallejo construíron unmuíño defariña no canón de Niles.[3] e desenvolveron a zona ao redor do cereal, aviña e osolivedos, beneficiada ademais por distintasfebres do ouro que se sucederon ao longo doséculo XIX. En 1846 chegou aquí o exploradorJohn Frémont, coa idea de abrir un camiño que permitise o movemento poboacional cara á baía de San Francisco. Frémont acabaría por ser homenaxeado co nome de Fremont. Ao pouco otratado de Guadalupe Hidalgo (1848) acabaría por ceder toda California aosEstados Unidos.

En 1868 oterremoto de Hayward, de 6,8 graos de magnitude, derrubou edificios onde hoxe se erixe Fremont: entre eles foron as construcións da misión, que se perderon para sempre. En 1909, oterremoto de San Francisco,destruíu o que quedara en pé, en especial a adega Palmdale, que na altura era a máis grande de California.

De 1912 a 1916 a zona de Niles convértese nun destino importante para rodaxes da industria do cine.Charlie Chaplin filmou varias películas na área de Fremont, entre elasO Vagabundo. Fremont, xa con ese nome a partir de 1956, foise industrializando rapidamente na década dos 50 e os 60. A primeira oficina de correos de Fremont abriu en 1956. Un boom no emprego da alta tecnoloxía nos 80 e nos serodio 90, especialmente no distrito de Warm Springs, causaron o rápido desenvolvemento da cidade, que aproveitou a súa proximidade aSilicon Valley. A central da compañíaApple estaba localizada en Fremont, onde se construíu o primeiro ordenadorMac.

Outras empresoras de semicondutores e de telecomunicacións foron instalándose na cidade. Unhas 750 empresas de alta tecnoloxía tiñan oficinas, instalacións ou sedes de produción en Fremont cara 1999[Cómpre referencia]. Eentre elas estaban 15 das 100 empresas de crecemento máis rápido daárea da Baía de San Francisco e 18 das 50 compañías máis importantes da ribeira leste da baía. Ademais, na actualidade Fremont tamén acolle instalacións de varias empresas automobilísticas. Entre estas entidades empresariais máis destacadas están aCorsair Components, dehardware eperiféricos,Ikanos Communications e maisExar, desemicondutores,Lam Research, decircuítos integrados,Oplink Communications, de compoñentesópticos,Synnex de servizos ás empresas desoftware,S3 Graphics, detarxetas de vídeo, ou, noutro sector, oFremont Bank, unha entidade financeira independente que naceu a mediados doséculo XIX.

Con todo, os principais empregadores pertencen ao sector público, en especial o sector educativo, e dentro do privado, o sector sanitario. En 2011 os principais empregadores da cidade eran:

#EmpregadorSectorPersoas empregadas
1Fremont Unified School Districteducación3000
2Washington Hospital Healthcare Systemsaúde1817
3Boston Scientificmaterial médico1200
4Western Digitalcompoñenteselectrónicos1200
5Seagatealmacenaxe de datos1060
6AXTsemicondutores972
7Lam Researchcircuítos integrados920
8Concello de Fremontadministración848
9DMSinstalacións e construción800
10Solyndracompoñentes para aindustria solar800

Educación

[editar |editar a fonte]

Fremont ten un distrito unificado escolar de seu, cunha trintena de colexios, distintos centros de ensino medio e cinco institutos de bacharelato: oAmerican HS, oIrvington HS, oJohn F. Kennedy HS, oMission San Jose HS e oWashington HS. Estes institutos comparten desde1972 as instalacións deportivas do estadio Tak Fudenna, con capacidade para 5000 espectadores e terreos parafútbol americano, equitación e fútbol. Tamén ten a súa sede principal en Fremont oOhlone College, un centro de formación profesional de grao superior.

En ensino superior, catro universidades ofrecen as súas ensinanzas en Fremont: aUniversidade de California en Berkeley, cun campus en Fremont, aUniversidade de Phoenix, cun campus de a cabalo entre Fremont eSan Jose, aUniversidade DeVry, deIllinois, e mais a única que é orixinalmente de Fremont, aUniversidade Politécnica do Noroeste.

Irmandamentos

[editar |editar a fonte]

Fremont está irmandada coas seguintes cidades[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. American FactFinder, United States Census Bureau."Fremont city, California - Income in the Past 12 Months (In 2007 Inflation-Adjusted Dollars)". Factfinder.census.gov. Arquivado dendeo orixinal o 12-02-2020. Consultado o 09-09-2010. 
  2. "Demographic Profile Bay Area Census". 
  3. "Alameda County".California Historical Landmarks. State of California Office of Historic Preservation. Consultado o6 Maio 2011. 
  4. City of Fremont."Sister Cities".About Fremont. Arquivado dendeo orixinal o 08-07-2014. Consultado o 05-10-2008. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Alcaldesdas cidades con máis de 100 000 habitantes enCalifornia
   
Selo de California
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fremont&oldid=6686375»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp