Fredric March (1940) |
Biografía |
---|
Nacemento | (en)Ernest Frederick McIntyre Bickel 31 de agosto de 1897 Racine, Estados Unidos de América(pt)  |
---|
Morte | 14 de abril de 1975 (77 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
---|
Causa da morte | cancro de próstata |
---|
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison Washington Park High School(en)  |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de teatro, actor de xénero, actor de televisión |
---|
Período de actividade | 1921 - |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Florence Eldridge(1927–1975) Ellis Baker |
---|
Premios |
---|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:15 : Ломбард — Мезитол, sec:Марч Фредрик, p.429) Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.337) |
---|
      
      |
Ernest Frederick McIntyre Bickel, nado enRacine (Wisconsin) o31 de agosto de1897 e finado nosÁnxeles o14 de abril de1975, foi un actor de cinema e teatroestadounidense.
Inicialmente traballou na banca, pero logo dunha apendicectomía de urxencia decidiu avaliar a súa vida e comezou a facer de extra en 1920, utilizando unha abreviación do apelido de súa nai (Marcher). A finais da década conseguiu un contrato conParamount Pictures.
Tras unha candidatura en 1930, gañou o seu primeirooscar ao mellor actor en 1932 porDr. Jekyll and Mr. Hyde, compartido conWallace Beery. Durante toda a década seguiu facendo actuacións en filmes considerados hoxe clásicos, comoAnna Karenina, conGreta Garbo, ouNaceu unha estrela.
En 1937 volve a Broadway tras dez anos de ausencia, con grande éxito, que o levará a gañar dousTonys na súa carreira teatral.
En 1946 gaña o seu segundo oscar, porOs mellores anos da nosa vida, drama sobre a volta á vida civil dos combatentes nasegunda guerra mundial, dirixido porWilliam Wyler.
Tamén traballou na televisión e fixo gravacións faladas de libros.
Retirouse en 1973 por motivos de saúde, morrendo decancro catro anos despois.