Franz Marc
 |
Biografía |
---|
Nacemento | (en)Franz Moritz Wilhelm Marc 8 de febreiro de 1880 Kreuzstraße (München), Alemaña(en)  |
---|
Morte | 4 de marzo de 1916 (36 anos) Braquis, Francia |
---|
Causa da morte | morte en combate |
---|
Lugar de sepultura | Kochel(pt)  |
---|
Residencia | Múnic Sindelsdorf(pt)  |
---|
Grupo étnico | Pobo alemán |
---|
Relixión | Católico romano |
---|
Educación | Academia de Belas Artes de Múnic |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Pintura eartes visuais |
---|
Lugar de traballo | Múnic Benediktbeuern(pt) Kochel(pt) Lenggries Sindelsdorf(pt) París Berlín Mulhouse |
---|
Ocupación | pintor, artista gráfico, gravador, ilustrador, artista visual |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Pintura de animais,Arte abstracta,arte de xénero,Arte de paisaxes,Natureza morta enudez na arte |
---|
Movemento | Expresionismo |
---|
Influencias | |
---|
Carreira militar |
---|
Conflito | Primeira guerra mundial |
---|
Participou en |
---|
|
28 de xuño de 1964 | Documenta III |
11 de xullo de 1959 | Documenta II(en) |
16 de xullo de 1955 | documenta(en)  |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | Maria Marc(1913–) Marie Schnür(1907–1908) |
---|
Pai | Wilhelm Marc |
---|
Irmáns | Paul Marc |
---|
Parentes | Johann Nepomuk von Pelkoven,avó |
---|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Марк Франц) Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
---|
     |
Franz Marc, nado enMúnic o8 de febreiro de1880 e finado nabatalla de Verdun o4 de marzo de1916, foi un pintor alemán, un dos máis destacados do movemento doExpresionismo.
En 1900 comezou a estudar na Academia de Belas Artes da súa cidade natal. Entre1903 e1907 instalouse enParís, onde naceu a súa admiración polo pintorVincent van Gogh. Alí desenvolveu unha grande amizade co tamén pintorAugust Macke en1910. En1911 formou o círculo de artistas chamadoDer Blaue Reiter xunto con Macke,Wassily Kandinsky e outros artistas que decidiran rachar co movemento doNeue Künstlervereinigung.
Expuxo os seus primeiros traballos na primeira exposición do Der Blaue Reiter naGalería Thannhauser en Múnic entre decembro de1911 e xaneiro do1912. A exposición tamén percorreu as cidades deBerlín,Colonia,Hagen, eFrankfurt. En1912, Marc coñeceu aRobert Delaunay, o que sería a súa segunda grande influencia, polo seu uso da cor e por ser o creador doFuturismo.
O seu nome está na lista dos artistas que tiveran que combater naprimeira guerra mundial. Franz Marc morreu naBatalla de Verdun mentres montaba a cabalo en1916.
A maior parte das obras de Marc está relacionada co mundo da natureza. O seu traballo caracterizouse polo uso de cores rechamantes e docubismo nos seus cadros de animais.
A obra máis coñecida de Marc éTierschicksale (tamén coñecida comoAnimal Destinies ouFate of the Animals), completada en1913. Atópase naBasel Kunstmuseum enBasilea.
En outubro de1998, moitas das obras de Marc chegaron a prezos marca na poxa de arteChristie's na cidade deLondres , entre as que se atopaba o seuRote Rehe I (Cervo vermello I), vendida por 3,30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada porDer Wasserfall (A fervenza) que foi vendida naSotheby's de Londres, por 5 millóns de libras.