Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Frank Capra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrank Capra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it)Francesco Rosario CapraEditar o valor en Wikidata
18 de maio de 1897Editar o valor en Wikidata
Bisacquino, Italia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 1991Editar o valor en Wikidata (94 anos)
La Quinta, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardioEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCoachella Valley Public Cemetery(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América(1903–)
Bisacquino(pt)Traducir(1897–1903)Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de California
Manual Arts High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, oficial, realizador, escritor, intérprete de banxo, guionista, produtor de cinema, militarEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1922Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido RepublicanoEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFilme propagandístico ecomédia maluca(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Rango militarcoronel(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundialEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHelen Howell(1923–1928),divorcioEditar o valor en Wikidata
FillosFrank Capra, Jr.Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Капра Франк)
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001008Allocine: 3607Rottentomatoes: celebrity/frank_capraAllmovie: p84082TCM: 28439TV.com: people/frank-capraIBDB: 427084
BNE: XX1139461Musicbrainz: b74e7e24-ed9d-47fb-ac24-e22f3e2da8e9WikiTree: Capra-53Find a Grave: 171Editar o valor en Wikidata

Frank Capra, nado co nome deFrancesco Rosario Capra preto dePalermo (Sicilia) o18 de maio de1897 e finado enLa Quinta (California) o3 de setembro de1991, foi un director de cineestadounidense de orixeitaliana, coñecido por facer comedia satírica e sentimental durante os anos 30 e 40. Foi o autor dalgunhas das películas máis populares deste período, como os clásicosQue fermoso é vivir eMr. Smith Goes to Washington entre outros e gañou trespremios Óscar ao mellor director.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]

Con seis anos emigrou aos Estados Unidos co seu pai Salvatore, a súa nai Rosaria Nicolosi e os seus irmáns Giuseppa, Giusepe e Antonia a bordo do buque “Germania”. O23 de maio chegaron aNova York despois dunha viaxe que o propio Capra cualificou de horrible. O3 de xuño chegaron aosÁnxeles, por aquel entón unha pequena cidade de aproximadamente 102.000 persoas. Alí, esperábaos o irmán máis vello, Benedetto Capra.

É nesta cidade onde se asentaron e onde o director cursou estudos noInstituto Tecnolóxico de California. Despois de graduarse como enxeñeiro químico en1918, convértese en instrutor de enxeñería doexército. No ano1920 contáxiase coa enfermidade dagripe española e obtén a cidadanía estadounidense.

Carreira profesional

[editar |editar a fonte]

Frank Capra logra o seu primeiro traballo importante como guionista deMack Sennett. Entre1926 e1927 dirixiu tres películas mudas paraHarry Langdon e de seguido incorporouse aColumbia Pictures, onde tivo un grande éxito como director de comedias con personaxes atractivas, resonancias sociais e finais ledos pese a que Capra tiña capacidade para abordar diversos xéneros como nos mostra a súa filmografía. Durante estes anos traballou co guionistaRobert Riskin (marido deFay Wray) e o cámara Joseph Walker, ata que en1940 Riskin foi substituído porSidney Buchman. A súa obra pode dividirse en dúas etapas que son a época dourada o longo da cal percibe numeroso premios pola súa labor como director e a súa obra como documentalista de guerra.

Época dourada

[editar |editar a fonte]

No ano1934 Frank Capra recibe os premios da Academia de Cine, coñecidos na actualidade como os Óscar, porIt Happened One Night. Con este filme Capra recibiu o galardón aomellor director, mellor película e mellor guión adaptado e os seus protagonistas,Clark Gable eClaudette Colbert, os galardóns a mellor actor e actriz respectivamente. É unha comedia cun diálogo cheo dehumor eironía. Nesta película Frank Capra mostra como dous personaxes de clases sociais distintas poden interactuar entre si, observando que nada é imposible cando haiamor.

Durante os anos 30 Capra dirixiu unha serie de películas de corte espiritual e humanitario para Columbia Pictures, cuxo filme máis coñecido éMr. Deeds Goes to Town, polo cal Capra recibe en1936 o seu segundo Óscar á mellor dirección. Nesta época destacan tamén as orixinais películasLost Horizon eYou Can't Take It with You. Por esta última Capra recibiu o seu terceiro Óscar á mellor película en1938, catro anos despois do seu grande éxitoIt Happened One Night.

Tras dez anos sen dirixir comedias, Capra regresa a este xénero coa comedia clásicaArsenic and Old Lace en1944.

Documentalista de guerra

[editar |editar a fonte]

Nos anos corenta, mais concretamente entre1942 e1948, Capra produciu a películaState of the Union e dirixiu ou co-dirixiu oito documentais de guerra, entre os que atopamosPrelude to War (1942),The Nazis Strike (1942),The Battle of Britain (1943),Divide and Conquer (1943),Know Your Enemy Japan (1945),Tunisian Victory (1945) eTwo Down and One to Go (1945).

Recibiu o premio da Academia pola serie documentalWhy We Fight, considerada unha obra mestra dapropaganda de guerra. Esta serie consta de sete documentais cunha duración aproximada de 40-76 minutos encargados polo goberno dos Estados Unidos, durante a segunda Guerra Mundial, para demostrar os soldados estadounidenses a razón deste país de participar na guerra. Con esta serie, que posteriormente se mostrou a poboación civil, Capra pretendía non só convencer o país para entrar en guerra senón tamén motivar as tropas e obter a alianza daURSS.

Despois da segunda guerra mundial

[editar |editar a fonte]

En 1946 dirixiuQue fermoso é vivir, considerado un clásico do cine norteamericano. É un conto de Nadal que se converteu na película máis emitida nesta temporada nos fogares de todo o mundo. Foi protagonizada porJames Stewart eDonna Reed.

Última película

[editar |editar a fonte]

A última película de Capra,Pocketful of Miracles, data de1961 e nela participaron os actoresGlenn Ford eBette Davis. Posteriormente o director intentou realizar unha película de ciencia ficción, pero esta non superou a etapa de pre-produción.

De todas formas a obra de Capra é ampla, xa que durante os últimos anos o director realizou series científicas para atelevisión, polo que chegou a abarcar unha gran variedade de xéneros. Tras retirarse do mundo do cine dedica o seu tempo a inspirar a novos cineastas. O4 de marzo de1982 o American Film Institute homenaxeouno pola súa traxectoria co premio Life Achievement Award.

Morte e legado

[editar |editar a fonte]

Frank Capra finou dun ataque ao corazón mentres durmía. Foi soterrado no camposanto de Coachella, California e ao seu funeral asistiu toda a plana maior deHollywood.

Foi pai de catro fillos, froito do seu segundo matrimonio con Lou Capra: Frank Capra Jr. (n. 20 de marzo de 1934 – m. 19 de decembro de 2007), Tom Capra (n. 12 de febreiro de 1941), Lulu Capra (n. 16 de setembro de 1937) e John Capra (n. 12 de abril de 1935 – m. 23 de agosto de 1938).

En1971, Capra publicou a súa autobiografía,The name above the title, que ofrece un autorretrato no que o autor revela unha historia moi persoal. A pesar de gañar seis premios da Academia, o cineasta loitaba contra o glamour, a extravagancia e as frustracións de Hollywood para acadar a creatividade precisa para realizar todas esas memorábeis películas.

En1991 Joseph McBride escribe tamén unha biografía sobre o cineasta tituladaFrank Capra: The Catastrophe of Success, onde o autor se centra nas inseguridades de Capra e a súa obsesión por ser visto como un patriótico estadounidense, entre outros temas.

Obra

[editar |editar a fonte]

Películas

[editar |editar a fonte]
  • 1922:Fultah Fisher´s Boarding House (curtametraxe)
  • 1926:The Strong Man
  • 1927:Long Pants
  • 1927:For the Love of Mike
  • 1928:That Certain Thing
  • 1928:So This Is Love
  • 1928:The Matinee Idol
  • 1928:The Way of the Strong
  • 1928:Say It with Sables
  • 1928:The Power of the Press
  • 1928:Submarine
  • 1928:The Burglar
  • 1929:The Younger Generation
  • 1929:The Donovan Affair
  • 1929:Flight
  • 1930:Ladies of Leisure
  • 1930:Rain or Shine
  • 1931:Dirigible
  • 1931:The Miracle Woman
  • 1931:Platinum Blonde
  • 1932:Forbidden
  • 1932:American Madness
  • 1933:The Bitter Tea of General Yen
  • 1933:Lady for a Day
  • 1934:Broadway Bill
  • 1934:It Happened One Night
  • 1935:Opera Hat
  • 1936:Mr. Deeds Goes to Town
  • 1937:Lost Horizon
  • 1938:You Can't Take It With You
  • 1939:Mr. Smith Goes to Washington
  • 1941:Xoán Ninguén
  • 1944:Arsenic and Old Lace
  • 1944:Tunisian Victory
  • 1945:Know Your Enemy: Japan
  • 1945:Your Job In Germany
  • 1945:Two Down And One To Go
  • 1946:Que fermoso é vivir
  • 1948:State of the Union
  • 1950:Riding High
  • 1951:Here Comes the Groom
  • 1959:Millonario de ilusións
  • 1961:Pocketful of Miracles

Serie documentalWhy We Fight?

[editar |editar a fonte]
  • 1943:Prelude To War.
  • 1943:The Nazis Strike.
  • 1943:Divide And Conquer.
  • 1943:The Battle Of Britain.
  • 1943:The Battle Of Rusia.
  • 1944:The Battle Of China.
  • 1945:War Comes To America.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Frank CapraModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Frank_Capra&oldid=6703635»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp