Franconia era un dos cinco ducados daFrancia Oriental. A rexión actual correspóndese á parte oriental deste antigoreino.Até oséculo X tamén eran coñecidas como Franconia algunhas áreas doRin:Baden,Palatinado,Renania e o actual estado deHessen, así como algunhas zonas deTurinxia.
En época altomedieval, até oséculo VI desenvólvese a Franconia oriental entre a presión dosturinxios e dossuabos, noséculo VII quedará descolgada do resto do reino, formando o seu territorio como marca fronteiriza do leste doReino Franco. A mediados doséculo IX xorde o Ducado de Franconia, a partir da elección do Duque Henrique I de Saxonia como Rei do oriente carolinxio. Franconia converterase no centro de poder e espiña dorsal do reino, na vila de Forchheim serán celebradas as eleccións reais do ano900.
No ano 1500, baixo o goberno do emperadorMaximiliano I o Imperio foi dividido en varias rexións como consecuencia daReforma, neste contexto créase en 1512 o territorio imperial de Franconia derivado da unión de diferentes estados contiguos co obxectivo de defender os seus intereses comúns, este territorio recentemente unido tivo a capacidade de mobilizar tropas, elixir representante na Cámara Imperial e emitir moeda nas súascecas até os anos finais doSacro Imperio en1806, o cal segundo moitos francóns confire a esta rexión a autoridade suficiente para conformar un estado propio (Bundesländer) na administración alemá.
Unha das particularidades políticas da rexión eran os diferentes status administrativos que tiñan as súas cidades, desde cidades imperiais libres como Núremberg e Schweinfurt a importantes arcebispados (Bamberg) pasando por marquesados, señoríos e pequenos condados dependentes do imperio, o que levou a denominar Franconia ao longo de moito tempo comoTerritorium non clausum. Isto foi así até a ocupación militar prusiana de Ansbach e Bayreuth en 1791.
Non foi en Franconia a administrativa a única particularidade. O territorio sempre estivo dividido entre zonas católicas e zonas protestantes. A parte oeste de Franconia é fundamentalmente católica, en parte debido á grande influencia que exerceu oarcebispado de Bamberg, mentres que a parte leste, antigo ducado de Brandeburgo-Bayreuth é evanxélica. Até a chegada ao poder do Partido Nacional-socialista tamén houbo gran presenza de xudeus nalgunhas cidades, sobre todo enFürth e enErlangen.
Nas orixes do nazismoo Partido recibiu un claro apoio dos territorios francóns, fundamentalmente das zonas de maioría protestante. Na rexión de Rothenburg oNSDAP conseguiu o apoio do 83% da poboación nas eleccións de1929, enCoburg tamén conseguiron a maioría absoluta, converténdose pouco despois o seu alcalde, Franz Schwede, en gobernador dePomerania.Núremberg recibiu en1927 o título deStadt der Reichsparteitag, cidade para oscongresos do Partido converténdose nunha das cidades con máis valor simbólico e político do réxime. Tras a guerra foi nesta cidade onde tiveron lugar osXuízos para procesar a gran parte dos líderes doNSDAP. Nos anos 80, algúns habitantes da Franconia desenvolveron unha plataforma política para tentar conseguir o autogoberno desta zona fronte a Baviera, aFränkischen Bund e. V.. A pretensión desta organización é conseguir unBundesland Franken ou Estado da Franconia, dentro de Alemaña.
Na época doSacro Imperio, particularmente desde o ano1500 Franconia estaba conformada como un dos distritos imperiais e gobernada baixo a denominación deSeñorío do Reich, pero isto non impedía que cada pequena rexión que integraba o señorío tivese os seus intereses persoais de tipo territorial ou confesional. No ano 1791 Prusia fíxose cos señoríos deAnsbach eBayreuth, conseguindo un gran poder e decisiva influencia sobre a zona. De calquera xeito ambas as zonas deixaron de pertencer formalmente ao Reich en1806.A evolución administrativa deAlemaña relegou ás rexións desta zona á categoría de provincias de forma que nunca chegaron a desenvolverse co status de estado alemán, o que provocou unha certa controversia política, pois aínda que se trata dunha área con características culturais ben conformadas a súa definición administrativa non está definida de maneira clara.
Círculo Imperial Francón en 1789Franconia hoxe
Os nexos de unión cultural máis evidente entre os francóns son:
Desenvolvemento cultural e histórico común. Son por exemplo comúns a toda Franconia os tellados puntiagudos dos campanarios, que contrastan coaszwibelntürme (torres de tellado imperial) do resto de Baviera.
A autodenominación dos francóns como tales.
O dialecto da zona,francón, pertencente á familia de dialectos xermanos.
O uso común en todas as comunidades franconas dos símbolos francóns, entre outros o escudo de anciños branquivermellos.
Até 1972 amplas zonas da demarcación deEichstätt, xa na provincia deAlta Baviera foron incluídas na área cultural francona.
EnBaden-Württemberg existe desde 2003 unhaRegion Franken, tras a renovación das leis territoriais do20 de maio de2003 esta rexión foi bautizada co nome deRegion Heilbronn-Franken
Desde o2 de xullo de2005 celébrase o día do francón,Tag der Franken, conmemorando a formación deste territorio no ano 1500. Esta festa debe ser celebrada cada ano nunha localidade diferente. Existe tamén un himno de Franconia (Dás Frankenlied) escrito por Viktor von Scheffel en1859.
Do turismo destaca o carácter romántico da rexión. Hai multitude de monumentos ben conservados, desde castelos e igrexas a casas sinxelas do século XIV ao XIX. Hai cidades turísticas, como Núremberg que acolle turistas todo o ano por motivos que van desde o famosomercado de Nadal (o máis grande do mundo) ao armazón medieval das súas rúas pasando polo fútbol; a Suíza Francona,Fränkische Schweiz tamén é un centro turístico de importancia en Alemaña, debido á impresionante conservación do medio natural e aoBiertourismus ou turismo cervexeiro, xa que esta zona posúe o maior número de cervecerías de todo o país. Tamén é un incentivo agastronomía da zona, sendo típicas as carnes asadas, osKlöße (bólas de pan e pataca) e peixes de río.