Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Franco Zeffirelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFranco Zeffirelli

(2008)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it)Gian Franco Corsi ZeffirelliEditar o valor en Wikidata
12 de febreiro de 1923Editar o valor en Wikidata
Florencia, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 2019Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenzaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimitero delle Porte Sante(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Senador de Italia
21 de abril de 1996 – 29 de maio de 2001

Circunscrición electoral:Catania
Senador de Italia
27 de marzo de 1994 – 8 de maio de 1996

Circunscrición electoral:Catania
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFranco ZeffirelliEditar o valor en Wikidata
ResidenciaRomaEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de FlorenciaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección teatral edirección de cineEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoRoma
ItaliaEditar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector teatral, actor, libretista, produtor de televisión, realizador, produtor de cinema, guionista, político, director de cinema, director de óperaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1950Editar o valor en Wikidata - 1999Editar o valor en Wikidata
Partido políticoForça Itália(pt)Traducir
Democracia CristiáEditar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio webfrancozeffirelli.itEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001874Allocine: 799Rottentomatoes: celebrity/franco_zeffirelliAllmovie: p117884IBDB: 16572
Enciclopedia Galega Universal: 200382BNE: XX1724276Dialnet: 1636535Musicbrainz: 3f66897d-f3e7-43d1-b48d-2e67f083ac43Discogs: 883345Editar o valor en Wikidata

Gianfranco Zeffirelli, nado enFlorencia o12 de febreiro de1923 e finado enRoma o15 de xuño de2019,[1] foi undirector e produtor de cinema eóperaitaliano. Foi tamén senador (1994–2001) polo partidoForza Italia.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Zeffirelli naceu nos arredores de Florencia, froito da relación entre a deseñadora de moda Alaide Garosi e o repartidor de la e seda Ottorino Corsi. Como ambos os dous estaban casados, Alaide non puido empregar nin o seu apelido nin o de Corsi para o seu fillo. Finalmente escolleu "Zeffiretti", que son as “pequenas brisas” mencionadas na ópera deMozartIdomeneo, mais foi mal deletreado no rexistro e converteuse en Zeffirelli.[2] Cando tiña seis anos morreu a súa nai e foi criado por unha comunidade de ingleses expatriados e viuse envolto particularmente co grupoScorpioni, que inspirou o filme semiautobiográficoTea with Mussolini (1999).

Graduouse naAccademia di Belle Arti Firenze en 1941 e por consello do seu pai entrou na Universidade de Florencia para estudar arte e arquitectura.[3] Tralo inicio dasegunda guerra mundial loitou como partisano antes de reunirse cos soldados británicos e converterse no seu intérprete. Trala guerra volveu á universidade para continuar os seus estudos, mais tras verHenry V deLaurence Olivier en 1945 a súa atención pasou ao teatro.

Mentres traballaba como pintor de escena en Florencia, coñeceu e foi contratado porLuchino Visconti, que o converteu en axudante de director deLa Terra trema, estreado en 1948. Os métodos de Visconti tiveron un fondo impacto no traballo posterior de Zeffirelli.[4] Traballou tamén conVittorio De Sica eRoberto Rossellini. Na década de 1960 fíxose un nome deseñando e dirixindo as súas propias obras en Londres e Nova York e axiña traspasou as súas ideas ao cinema.

O seu primeiro filme foiA muller indomable (1967), orixinariamente pensado paraSophia Loren eMarcello Mastroianni mais finalmente protagonizado polas estrelas de HollywoodElizabeth Taylor eRichard Burton, que axudaron á produción e recibiron unha porcentaxe dos beneficios en lugar do seu salario normal. Mentres montaba o filme, Florencia sufriu unha gravísima inundación. Un mes máis tarde Zeffirelli estreou a curtametraxeFlorence: Days of Destruction, para acadar fondos para recuperarse do desastre.[5]

O grande éxito de Zeffirelli chegou o ano seguinte cando presentou dous adolescentes como protagonistas deRomeo and Juliet (1968). O filme volveuse moi popular e ningún traballo posterior tivo o mesmo impacto.

Tralas dúas adaptacións deShakespeare pasou ao cinema de temas relixiosos conBrother Sun, Sister Moon (1972), sobre a vida deFrancisco de Asís e a miniserieJesus of Nazareth (1977), que supuxo un éxito e foi emitida frecuentemente na televisión nos anos posteriores.

Despois de dous filmes contemporáneos, na década de 1980 dirixiu adaptacións de óperas á pantalla, con estrelas comoPlácido Domingo,Teresa Stratas,Juan Pons eKatia Ricciarelli. Volveu a Shakespeare conHamlet (1990), co entón heroe de acciónMel Gibson como protagonista.

Desde a década de 1950 Zeffirelli dirixiu óperas en Europa e nos Estados Unidos.

En 1996 fixo pública a súahomosexualidade, mais preferiu ser discreto sobre a súa vida privada.[6]

Filmografía seleccionada

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Redazione (15 de xuño de 2019)."Lutto nel mondo del cinema: morto Franco Zeffirelli".Notizie Oggi 24(enitaliano). Arquivado dendeo orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  2. http://biography.yourdictionary.com/franco-zeffirelli
  3. Donadio, Rachel (18 de agosto de 2009)."Maestro Still Runs the Show, Grandly".The New York Times. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  4. "Franco Zeffirelli Biography".Yahoo! Movies. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  5. "Burton Hosts Flood Special on Channel 33".Gettysburg Times. 31 de decembro de 1966. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  6. McMahon, Barbara (21 de novembro de 2006)."Zeffirelli tells all about priest's sexual assault". The Guardian. 
  7. 7,007,017,027,037,047,057,067,077,087,097,107,117,127,137,147,157,167,177,187,197,207,21"Franco Zeffirelli Filmography". Allmovie. Consultado o2009-08-18. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Franco ZeffirelliModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Franco_Zeffirelli&oldid=6753158»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp