Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Francisco de Zurbarán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2016.)
Modelo:BiografíaFrancisco de Zurbarán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1598Editar o valor en Wikidata
Fuente de Cantos, España(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1664Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Madrid, EspañaEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo españolEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPinturaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoMadrid(1658–1664)
Sevilla(1614–1658)Editar o valor en Wikidata
OcupaciónpintorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1614Editar o valor en Wikidata - 1664Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNatureza morta,pintura relixiosa,retrato,Pintura de historia,pintura de xénero epintura mitolóxicaEditar o valor en Wikidata
MovementoBarrocoEditar o valor en Wikidata
Catálogo críticoFrancisco de Zurbarán, 1598-1664(en)Traducir(2009)Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosé de Sarabia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Páez
Beatriz de Morales
Leonor de TorderEditar o valor en Wikidata
FillosJuan de Zurbarán
 ()Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1141092Musicbrainz: 1ea75fda-d017-4d18-bfb3-d2765766a837Discogs: 2278316Find a Grave: 7339012Editar o valor en Wikidata

Francisco de Zurbarán, nado enFuente de Cantos (Estremadura) o7 de novembro de1598 e finado enMadrid o27 de agosto de1664, foi un pintor doSéculo de Ouro español. Foi un artista emblemático daContrarreforma. Influído nos seus comezos porCaravaggio, o seu estilo foi evolucionando para se aproximar ós mestresmanieristas italianos. As súas representacións afástanse dorealismo de Velázquez e as súas composicións caracterízanse por un modelado clarescuro con tons máis acedos.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Mocidade

[editar |editar a fonte]
Cristo na Cruz,1627 (290 x 168 cm), Art Institute, Chicago.

Era fillo de Luis de Zurbarán, comerciante acomodado, e Isabel Márquez. Probablemente se iniciase na arte pictórica na escola deJuan de Roelas, na súa cidade natal, antes de ingresar, en1614, no obradoiro do pintorPedro Díaz de Villanueva (1564-1654), enSevilla, onde Alonso Cano trabou relación conFrancisco Pacheco e os seus alumnos, a máis de ter certo influxo procedente deSánchez Cotán tal cal pode se observar naNatureza morta que pintase Zurbarán cara1633. A súa aprendizaxe rematouse en1617, ano no que Zurbarán casou con María Páez. O único cadro que hoxe se coñece e que corresponde ós comezos da súa carreira é o dunhaInmaculada de1616.

En 1617 estableceuse enLlerena (Estremadura), onde naceron os seus tres fillos: María, Xoán (Llerena1620-Sevilla1649), (que foi pintor, como o seu pai, e morreu durante a gran peste acontecida en 1649), e Isabel Paula. En1622 era xa un pintor recoñecido, polo que foi contratado para pintar unretablo para unhaigrexa da súa cidade natal.

En1626 e ante un notario, asinou un novo contrato coa comunidade depredicadores da orde dominica de San Paulo o Real, en Sevilla: tiña que pintar 21 cadros en oito meses. Foi entón, en1627, cando pintou oCristo na Cruz, obra que foi tan admirada polos seus contemporáneos que o Consello Municipal de Sevilla propúxolle oficialmente, en1629, que fixase a súa residencia nesta cidade hispalense. Neste cadro a impresión de relevo é sorprendente:Cristo está cravado nunha burda cruz de madeira. O lenzo branco, luminoso, que lle cinxe a cintura, cun hábil drapeado, xa de estilobarroco, contrasta dramaticamente cos músculos flexibles e ben formados do seu corpo. A súa faciana inclínase sobre o ombro dereito. O sufrimento, insoportable, dá paso a un derradeiro desexo: aresurrección, derradeiro pensamento cara a unha vida prometida na que o corpo, torturado ata a extenuación pero xa glorioso, o demostra visualmente.

Crucifixión de Velázquez.

Igual ca naCrucifixión de Velázquez (pintado cara a1630, máis ríxido e simétrico), os pés están cravados por separado. Nesa época, as obras, en ocasións monumentais, trataban de se recrear morbosamente na crucifixión; de aí o número de cravos. Por exemplo, nasRevelacións deSanta Bríxida fálase de catro cravos. Por outra parte, e tralos decretostridentinos, o espírito daContrarreforma opúxose ás grandes escenificacións, orientando especialmente ós artistas cara ás composicións en que se representase unicamente aCristo. Moitos teólogos sostiñan que tanto o corpo de Xesús como o deMaría tiñan que ser uns corpos perfectos. Zurbarán aprendeu ben estas leccións, afirmándose, ós vinte e nove anos, como un mestre incontestable.

O mestre sevillano

[editar |editar a fonte]
San Serapio,1628 (120 x 103 cm) Wadsworth Athenaeum (Connecticut).

Considerado un pintor de imaxinería (artista especializado en imaxes e estatuas) Zurbarán asinou un novo contrato en1628 co convento da nosa Señora da Mercé Calzada, e instalouse, coa súa familia e os membros do seu obradoiro, en Sevilla. Pintou entón o cadro deSan Serapio, un dos mártires daOrde da Mercé, morto en1240 tras ser torturado, probablemente polos piratas ingleses.

Os relixiososmercedarios (pertencentes á Orde da Mercé), ademais dos votos tradicionais de castidade, pobreza e obediencia, pronunciaban un voto de "redención ou de sangue" polo que se comprometían a entrega-la súa vida a cambio do rescate dos cativos en perigo de perde-la súa fe.

Zurbarán quixo representa-lo horror sen que na composición aparecese nin unha pinga de sangue. Aquí non se intúe o divino que precede á Resurrección. A boca entreaberta non deixa escapar nin un berro de dor, demostra o abatemento paroxístico, di nun sopro, simple e terriblemente, que xa é demasiado para seguir vivindo.

A gran capa branca ocupa a maior parte do cadro. Se se fai abstracción do rostro, a relación entre a superficie total e a deste vasto espazo branco é -exactamente- onúmero áureo.

Denominándose a si mesmo como "mestre pintor da cidade de Sevilla", Zurbarán espertou os celos dalgúns pintores comoAlonso Cano, a quen Zurbarán desdeñou. Negouse a pasa-los exames que lle darían dereito a utilizar este título, pois consideraba que a súa obra e o recoñecemento dos grandes tiñan máis valor co que tiñan algúns membros, máis ou menos amargados, da corporación dos pintores. Chovíanlle os encargos das familias nobres e para os grandes conventos que osmecenas andaluces protexían, como os dosxesuítas.

A gloria nacional

[editar |editar a fonte]
Exposición do corpo de San Boaventura,1629 (250 x 225 cm), Museo do Louvre,París.

En1634 efectuou unha viaxe aMadrid. A súa estanza na capital resultou determinante para a súa evolución pictórica. Deu co seu amigo Diego Velázquez, co que analizou e meditou sobre as súas obras. Puido contempla-las obras dos pintores italianos que traballaban na corte deEspaña, como as deAngelo Nardi eGuido Reni. Zurbarán renunciou, dende ese momento, ótenebrismo dos seus inicios, así como ás veleidadescaravagistas (das que se pode ver un exemplo no cadro:A Exposición do corpo deSan Boaventura, especialmente nas faces dos adolescentes situados na parte dereita do cadro). Os seus ceos fixéronse máis claros e os tons menos contrastados.

Dotado co título de "Pintor do Rei", volveu a Llerena, onde pintou, gratuitamente, un cadro para a igrexa da nosa Señora da Engraiada debido á devoción que sentía pola Virxe María. Os encargos amoreábanse: A nosa Señora da Defensión, aCartuxa de Xerez da Frontera, a igrexa de San Román en Sevilla...

Esta última cidade, na ribeira doGuadalquivir era un dos grandes portos europeos, que vivía do comercio coasAméricas. Osgaleóns chegaban cargados de ouro e levantaban áncoras coas bodegas cheas de produtos españois (entre outras cousas, obras de arte). Tense constancia de que, en1638, Zurbarán, reclamou o pago dunha suma que lle debíaLima.

En1639 morreu a súa segunda esposa, Beatriz, e, nese ano, Zurbarán pintou:Cristo enEmaús (Museo das Belas Artes,México) eSan Francisco en éxtase. En1641 volveu casar, por terceira vez, con Mariana de Cadros (viúva de Xoán) que morrería pouco despois.

En xaneiro de1643 oConde-Duque de Olivares ata ese momento favorito deFilipe IV de España, foi exiliado. Olivares era un gran protector dos pintores andaluces. Esta crise política uniuse a unha ralentización da actividade comercial de Sevilla, o que significou, así mesmo, que diminuíse o número de encargos pictóricos. Zurbarán, altamente estimado, non se viu afectado por este contratempo. En1644 casou con Leonor de Tordera, filla dun ourive. Ela tiña vinte e oito anos e Zurbarán corenta e seis. Tiveron seis fillos.

A Anunciación,1638 (211 x 175 cm), Museo de Belas Artes,Grenoble.

Contra1636, Zurbarán intensificou a exportación aAmérica do Sur. En1647, un conventoperuano encargoulle trinta e oito pinturas, vinte e catro das cales tiñan que ser de Virxes a tamaño natural. No mercado americano puxo en venda, así mesmo, algúns cadros profanos, o que o compensou da diminución da clientela andaluza[1]- da que outro pintor sevillanoMuradela sería tamén vítima, e o que explicaría, á súa vez, a marcha de Alonso Cano a Madrid.

Os encargos que tiña Zurbarán eran moitos, e deles dá conta un contrato encontrado segundo o cal Zurbarán vendeu aBuenos Aires quince virxes mártires, quince reis e homes célebres, vinte e catro santos e patriarcas (todos eles a tamaño natural) e tamén, nove paisaxesneerlandeses. Zurbarán podíase permitir manter un obradoiro importante con aprendices e asistentes. O seu fillo Xoán, coñecido por ser un bo pintor debodegóns (escenas de cociña, mercados e naturezas mortas), traballou probablemente para o seu pai. Unha fermosanatureza morta de Xoán Zurbarán encóntrase no museo deKíiv.

A principios dos anos1650 Zurbarán viaxou de novo a Madrid. Pintou, entón, ensfumato, o admirable rostro da Virxe na Anunciación (1638), que se encuentra no Museo deGrenoble, eCristo levando a Cruz de1653 (catedral deOrleáns). En1658 os catro grandes pintores deAndalucía -Zurbarán, Velázquez, Alonso Cano e Muradela- se encontraban en Madrid. Zurbarán testemuñou durante a investigación levada a cabo sobre Velázquez, o que lle permitiu ingresar naOrde de Santiago como el desexaba. Desa época datan:O lenzo da Verónica (Valladolid, Museo Nacional),O repouso durante a fuxida a Exipto (Museo de Budapest) eSan Francisco axeonllado cunha caveira (Madrid, colección dePlácido Domingo). O seu fiel amigo Velázquez morreu en1660.

O27 de agosto de1664 Francisco de Zurbarán morreu en Madrid[2].

Contexto histórico, encargos e temas. O xenio na súa diversidade

[editar |editar a fonte]

A estética e a vida conventual en Sevilla a principios doséculo XVII

[editar |editar a fonte]
San Francisco axeonllado cunha caveira nas mans,1658 (84 x 53 cm), Alte Pinakothek,Múnic.

En1600 existían en Sevilla trinta e sete conventos. Durante os vinte e cinco anos seguintes fundáronse outros quince. Os conventos foron os grandes mecenas dos pintores, moi esixentes en canto á composición e calidade das obras: tanto é así que Zurbarán, por medio dun contrato, comprometeuse a aceptar que lle fosen devolvidos todos aqueles cadros que non fosen do agrado dos relixiosos.

Os relixiosos e relixiosas eran moi sensibles á dimensión estética das representacións, e estaban convencidos de que a beleza era máis estimulante para a elevación da alma cá mediocridade. Estes abades e abadesas eran, normalmente, unhas persoas cultivadas, eruditas, refinadas, cun criterio moi seguro fronte ás obras de arte.

Nas igrexas sempre houbo un retablo no que se representaban as escenas da vida de Cristo. Ademais, durante oséculo XVII, as sancristías -lugar no que se cambian as vestiduras sacerdotais-, decorábanse cada vez máis ricamente. Así mesmo se poñían cadros no claustro, no refectorio, nas celas (moitas destas obras medievais foron destruídas). Nas bibliotecas e salas capitulares, podíanse encontrar cadros do fundador da Orde e das personalidades máis importantes da mesma.

Estas esixencias eran propias de tódolos conventos. As pinturas de segunda orde podían estar feitas en serie, pero os mestres recoñecidos renovábanse, afondaban na súa arte e recibían moitos máis encargos.

As ordes relixiosas mecenas de Zurbarán

[editar |editar a fonte]

AOrde da Mercé

[editar |editar a fonte]
Aparición do apóstolo San Pedro a San Pedro Nolasco,1629 (179 x 223 cm), Museo do Prado,Madrid.

A Orde da nosa Señora da Mercé foi fundada porSan Pedro Nolasco en1218 durante aReconquista. Nolasco foi canonizado en1628. Para os mercedarios da Mercé Calzada, Zurbarán pintouAparición do apóstolo San Pedro a San Pedro Nolasco. Pese ao seu desexo de ir aRoma, Pedro Nolasco non puido realizar esa viaxe. San Pedro, crucificado, apareceuse a Pedro Nolasco, e díxolle: «Vin a ti, xa que ti non puideches vir a min».

Zurbarán pintou, tamén en Sevilla, para o convento da Mercé Descalza.

O colexio franciscano de San Boaventura

[editar |editar a fonte]

O convento dosfranciscanos era un dos máis importantes de Sevilla. O colexio era o centro español de estudosteolóxicos desta Orde. En1629 Zurbarán iniciou o ciclo de representacións da vida deBoaventura de Fidanza -o doutor seráfico-, xunto conFrancisco Ferreira o Vello eA visita de Santo Tomé de Aquino a San Boaventura (cadro destruído enBerlín en1945 (e ó que non hai que confundir co deSan Boaventura recibindo a visita de Santo Tomé de Aquino que se encontra na igrexa de San Francisco o Grande de Madrid).

A Cartuxa de Xerez da Fronteira

[editar |editar a fonte]
A Anunciación,1638, (161 x 175 cm) Museo de PinturaGrenoble.

A Cartuxa da nosa Señora da Defensión de Xerez, fundada en1476 debe o seu nome a unha aparición da Virxe en1370 en que María desvelaría o lugar en que os españois caerían nunha emboscada tendida polosárabes, liberándoos, así dunha morte e derrota seguras.

Zurbarán pintou once cadros para o retablo doaltar maior. Encargados en1636, rematounos entre1639 e1640. Entre elesA Batalla de Xerez (Nova York,Metropolitan Museum of Art). Catro cadros encóntranse no Museo de GrenobleA Anunciación (1638),A Circuncisión,A Adoración dos pastores,A Adoración dos magos.

O tenebrismo dos primeiros anos desaparece para dar paso á forza do clarescuro e o colorido vólvese máis rico. Nestas pinturas a arte de Zurbarán aparece xa plenamente configurada; pódese detectar na extrema atención que Zurbarán puxo nos obxectos da cesta recuberta cun pano branco que se encontra en primeiro termo, á esquerda, que é xa, de por si, unha verdadeira natureza morta. O veo transparente que rodea o colo de María, constitúe, por si mesmo, unha gran lección de pintura.

Os Xerónimos de Guadalupe

[editar |editar a fonte]
San Xerónimo flaxelado polos anxos1639 (235 x 290 cm), Claustro dos XerónimosMosteiro de Guadalupe.

Fundada noséculo XV esta Orde estivo moi ligada ó poder real, polo que as súas dotacións foron, con frecuencia, moi abundantes. Segundo a lenda, unha estatua de María foi encontrada por un xove pastor en1320 no mesmo lugar en que os cristiánsvisigodos a agocharan para evita-la súa profanación. Nese sitio edificouse un santuario por orde dorei de CastelaAfonso XI de Castela, que se converteu, de seguida, nun lugar de peregrinación. A Virxe de Guadalupe obrou milagrosamente conseguindo o éxito dacruzada contra os mouros.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Tratar de desmerecer a Zurbarán, -comparandoo con Velázquez, por exemplo-, clasificándoo como un simple ilustrador de haxiografías ao uso da época, sería un tremendo erro. Isto é tan certo como o feito de que a produción do seu obradoiro non foi sempre igual. Durante os anos1630, as custosas guerras, as revoltas provinciais e as desafortunadas tentativas levadas a cabo para tentar endereza-la economía española, empobreceron a España. Os encargos andaluces diminuíron e o obradoiro de Zurbarán dedicouse á exportación dos seus cadros a América do Sur. Envíaronse ducias e vintenas:Os doce fillos deXacob (nos que, non se sabe ben o porqué, querían ver ós devanceiros dos autóctonos);Os doce Césares, e numerosos cadros de santos e fundadores de ordes diversas. Os clientes non eran, certamente, uns estetas e, de todas formas... estaban lonxe!
  2. Segundo M.L. Cartula (especialista de Zurbarán, redactor do catálogo da exposición de Zurbarán de1964 en Madrid), en Cartula (ver bibliografía: Francisco de Zurbarán fixo testamento, ante un notario, o26 de agosto de1664, para morrer ó día seguinte.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Francisco de ZurbaránModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Por favor, axuda namellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.
Se cadra, podes atopar máis información napáxina de conversa.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_de_Zurbarán&oldid=6882852»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp