
Francisco Romero Robledo, nado enAntequera o8 de marzo de1838 e finado enMadrid o3 de marzo de1906, foi un avogado e político español.
Licenciado en Dereito en1862, nese mesmo ano obtivo a súa primeira acta de deputado polaUnión Liberal representando aMálaga mantendo este escano ata1866. Participou activamente naRevolución de 1868 que destronou aIsabel II formando parte da Xunta revolucionaria de Madrid. Pasou a militar noPartido Constitucional deSagasta co que concorreu, obtendo escano pola circunscrición de Málaga, nas eleccións de1869 a1872 e chegou a ser nomeado subsecretario de Gobernación en 1871 e ministro de Fomento entre o20 de febreiro e o26 de maio de1872.
Coa proclamación, en1873, daI República, volveu ser elixido deputado nesta ocasión porLeón e situouse entre os detractores do réxime republicano, acercándose politicamente aCánovas e á súa idea de lograr arestauración borbónica. Lograda esta, continuou sendo elixido deputado ata as eleccións de1898, e foi ministro de Gobernación en tres ocasións: entre o31 de decembro de1874 e o7 de marzo de1879 nos gobernos que presidiron sucesivamente Cánovas eSoler; entre o9 de decembro de1879 e o8 de febreiro de1881 e entre o18 de xaneiro de1884 e o13 de xullo de1885 en gabinetes tamén presididos por Antonio Cánovas.
A cesión do poder aos liberais que se acordou entre Sagasta e Cánovas noPacto do Pardo logo da morte deAfonso XII, provocou a súa ruptura con Cánovas e o achegamento ao xeneralJosé López Domínguez con quen formou en1886 oPartido Liberal-Reformista, pero retornou ás filas doPartido Conservador en1890, iniciando unha nova etapa na que ocupou as carteiras ministeriais de Ultramar, entre o23 de novembro de1891 e o11 de decembro de1892, e de Graza e Xustiza, entre o23 de marzo e o14 de decembro de1895, en ambos casos baixo a presidencia de Cánovas.
Á morte de Cánovas en1897 foi incapaz de facerse co liderado do partido polo que creou a súa propia facción, coñecida como "romerista", chegando a presidir o Congreso entre1903 e1905, período no que tivo que facer fronte ata a tresvotos de censura.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Romero Robledo |
| AGalicitas posúe citas sobre: Francisco Romero Robledo |