Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Francisco Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O artigo non é neutral
Este artigo ou apartado conténafirmaciónsnon neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de formasubxectiva sen achegarinformación neutral everificable. Por favor, axudemellorando este artigo.
Atención!
Atención:Este artigo ou sección semella conterinvestigacións orixinais.
Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde maio de 2014.)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2014.)
«Franco» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxaseFranco (homónimos).
Modelo:BiografíaFrancisco Franco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco BahamondeEditar o valor en Wikidata
4 de decembro de 1892Editar o valor en Wikidata
Ferrol, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1975Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Madrid, EspañaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíacaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Francisco Franco at Mingorrubio Cemetery(en)Traducir,Cemiterio de Mingorrubio - O Pardo(2019–)Editar o valor en Wikidata
Xefe de Estado de España
1 de outubro de 1936 – 20 de novembro de 1975
← Manuel AzañaXoán Carlos I de España →
Xefe de Goberno de España
28 de setembro de 1936 – 9 de xuño de 1973
← Juan NegrínLuis Carrero Blanco →
Comandante en xefeforzas armadas do Bando Nacional
21 de setembro de 1936 –
Xefe do Estado Maior do Exército de Terra
19 de maio de 1935 – 23 de febreiro de 1936
← Carlos MasqueletJosé Sánchez-Ocaña Beltrán(pt)Traducir →
Capitán Xeneral das Illas Baleares
12 de febreiro de 1933 – febreiro de 1935
← Miguel Núñez de Prado y SusbielasManuel Goded →
Director of the General Military Academy(en)TraducirAcademia Xeral Militar
1927 – 1931
Comandante en xefe
8 de xuño de 1923 – 11 de febreiro de 1926
← Rafael de Valenzuela y Urzaiz(pt)TraducirJosé Millán-Astray →
Comandante en xefe
10 de outubro de 1920 –
National Head of the Movement(en)TraducirFalange Española Tradicionalista y de las JONS,Movimiento Nacional
Comandante en xefeSpanish Armed Forces (1939-1975)(en)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJakim Boor
Jaime de AndradeEditar o valor en Wikidata
ResidenciaPalacio Real de El Pardo(1939–1975)
Pazo de MeirásEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo (–1910)Editar o valor en Wikidata
Altura1,63 mEditar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastañoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoMadridEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial, gobernador, guionista, político, cabaleiro lexionario, líder militar, actor de cinemaEditar o valor en Wikidata
PeríodoEspaña franquistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1907Editar o valor en Wikidata - 1975Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONSEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarSpanish Armed Forces (1939-1975)(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Rango militarXeneralísimo (1936–)Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra do Rif
Folga xeral revolucionaria de 1934
guerra civil española
Guerra de Ifni(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Polo(1923–1975)Editar o valor en Wikidata
FillosCarmen Franco PoloEditar o valor en Wikidata
PaisNicolás Franco Salgado-AraújoEditar o valor en Wikidata  e Pilar BahamondeEditar o valor en Wikidata
IrmánsPilar Franco
Nicolás Franco
Ramón Franco
Eugenio Franco Puey
María de la Paz Franco BahamondeEditar o valor en Wikidata
ParentesRamona Polo Martínez-Valdés,irmá da esposa
Ramón Serrano Suñer,concuñado
Francisco Franco, 11th Marquess of Villaverde,netoEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Франко Франсиско)
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatchEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0290542Enciclopedia Galega Universal: 127780BNE: XX1635699BUSC: franco-bahamonde-francisco-1892-1975Musicbrainz: d121ce9e-34a8-4382-a8e9-0b638ea7cad1Discogs: 4082075WikiTree: Franco-458Find a Grave: 1552Editar o valor en Wikidata

Francisco Franco Bahamonde, nado enFerrol o4 de decembro de1892 e finado enMadrid o20 de novembro de1975, tamén coñecido como oCaudillo ou oXeneralísimo, foi unmilitar editadorgalego, integrante dogolpe de Estado de 1936 contra o gobernodemocrático daSegunda República, que desembocou naguerra civil española. Foi investido como xefe supremo dobando sublevado o1 de outubro de1936, exercendo comoXefe do Estado de España desde o remate do conflito en 1939 ata o seu falecemento en1975, e comoxefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder dopartido únicoFalange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime de inspiraciónfascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunhaditadura, coñecida comofranquismo, de tipoultraconservador, católico eanticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo nasegunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias doconservadorismo, onacionalismo e ocatolicismo opostas áesquerda política e ao desenvolvemento de formasdemocráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dosdereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigaciónshistóricas edenuncias de particulares.[1] A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría encampos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.[2][3]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]
Casa de Francisco Franco na rúa María de Ferrol.

Naceu comoFrancisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo[4] na casa familiar da rúa María deFerrol, entón rúa Frutos. Era fillo do intendente da ArmadaNicolás Franco y Salgado Araújo e dePilar Bahamonde y Pardo de Andrade.[5] Era o segundo fillo dos cinco que tivo o matrimonio:Nicolás era o maior, veu a continuación Francisco,Pilar,Ramón (o aviador) e Paz, esta última falecida aos cinco anos de idade.

O seu pai, Nicolás Franco, levaba unha vida moi disipada e o eco das súas andadas chegaban a oídos de Pilar, que se confortaba co rezo e o amor deDeus. Nicolás non tardou en fuxir do fogar matrimonial e en abandonar a familia. Isto sería probablemente unha das razóns polas cales as relacións de Francisco e o seu pai foron sempre moi frías.

Carreira militar

[editar |editar a fonte]

Francisco Franco graduouse naacademia de infantería de Toledo en1910, onde obtén o número 251 entre os 312 cadetes da súa promoción, converténdose en segundo tenente, é dicir, enalférez. Aos poucos días foi destinado paraFerrol norexemento Zamora número 8. En marzo de1915 foi ascendido acapitán, cando tiña 22 anos, sendo así o máis novo deste grao no exército español, e é condecorado por dúas veces coaCruz Vermella do Mérito Militar. Coa idade de 23 anos, por nomeamento do reiAfonso XIII, converteuse nocomandante máis novo do exército logo do seu desempeño naguerra do Rif. Tras cinco anos en Marrocos, volve de novo á península, destinado aOviedo, onde coñece aCarmen Polo y Martínez Valdés, unha rapaciña de familia ben acomodada, coa que vai comprometerse como noivo cando ela só ten quince anos.

España atópase o13 de agosto de1917 en estado de guerra debido aos altercados producidos durante afolga xeral convocada polossindicatosUGT eCNT. EnOviedo o movemento toma unha amplitude tal que os folguistas ameazan con apoderarse da cidade. Franco, á cabeza das súas columnas, recibe a misión de restablecer a orde.[6]

Foi nomeadoxeneral de brigada no ano1926 por méritos de guerra, sendo o máis novo deEuropa con esa graduación. En1933 foi ascendido axeneral de división. En1934, durante o período de goberno radical-cedista, como xefe de Estado Maior, dirixiu as operacións para reprimir ainsurrección obreira de Asturias.

Todo o que fai a partir do 18 de xullo de 1936 é ilegal, pois é cesado de xeneral polo goberno lexítimo da segunda república española.[7]

Na Lexión española

[editar |editar a fonte]

En1918 coñeceu na Escola central de infantería aotenente coronelJosé Millán-Astray, que viña de Marrocos, onde estaba ao mando das tropas regulares. Franco devecía con volver á cabeza dun corpo militar. Os dous homes, cuxos feitos de armas son famosos nos cuarteis, entendéronse rapidamente. Todo parecía achegalos e cando Millán-Astray fundou aLexión española baseada naLexión Estranxeira francesa, Franco aceptou naturalmente formar parte dela como o seusegundo e non dubidou en aprazar a data do seu matrimonio.

É Franco o que ten entre outras cousas a tarefa de resolve-la crise despois dodesastre de Annual, onde máis de 15.000 soldados atoparon a morte. Cos xenerais Sanjurjo e Cabanellas, retoman Batel e o Dar Drius, onde recibe a condecoración militar grazas ao seu valor no campo de batalla, a derrota precedente pode borrarse. O8 de xuño de 1923 é nomeado tenente coronel, sempre máis novo do Exército español, posto que ten apenas 30 anos, logo o22 de outubro do mesmo ano, contrae por fin o matrimonio, acto que foi apadriñado polo rei Afonso XIII.

En febreiro de1925, ascendeu acoronel por méritos de guerra, logo de levar a cabo a retirada deXauen. Tiña só trinta e tres anos e seguía sendo o máis novo dos oficiais do seu grao. Só un ano máis tarde xa era xeneral de brigada pola súa conduta nodesembarco de Alhucemas e pola toma da capital deAbd-El-Krim. Aos trinta e catro anos era o xeneral máis novo de Europa e atopábase na cima dos honores militares. O nomeamento supuxo para el o final da campaña de Marrocos e tamén, pouco tempo despois, a fin da guerra de África, xa que o chamaron aMadrid para encargarse de mandar a primeira brigada de infantería da primeira división.

Pouco despois sería designado para dirixir aEscola militar de Zaragoza, que o xeneralMiguel Primo de Rivera acababa de restabelecer. Franco tiña a tarefa de recibir e formar ós futuros oficiais de infantería, cabalería e enxeñaría, cun total de 215 en 1928. Alí foi onde o ministro francés da guerra, André Maginot, o condecora coa Lexión de honor e a do Mérito naval, pronto seguido da súa segunda medalla militar imposta porAfonso XIII.

Durante a Segunda República

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Segunda República Española.

Coa chegada daSegunda República española, o novo goberno deNiceto Alcalá Zamora decide suprimir a Academia xeral militar de Zaragoza o16 de xullo de1931. Franco, que en catro anos formou a 720 oficiais, volve paraOviedo, logoA Coruña, en espera do novo destino. Dise entón del que «proba unha honradez profesional» respecto a República.

Entre o 12 e o 14 de abril de 1931, Franco seguía de cerca o curso dos acontecementos: habería levar a cabo as ordes superiores se o xeneral Berenguer, Ministro da Guerra, e o xeneral Sanjurjo, o Comandante en Xefe da Garda Civil tomasen parte na represión das manifestacións republicanas. Pero Afonso XIII manifestou que"non desexaba conservar o seu trono á conta dun baño de sangue, e prefire deixar España, aínda que sen abdicar, en lugar de utilizar o exército". Polo tanto, Franco estaba decidido a servir o novo réxime.[8] En canto ao seu irmánRamón, entusiásmase por esta moi próxima república e non dubida en manifestalo, bombardeando con panfletos, lanzados desde o seu avión, sobre as rúas de Madrid en 1930.

Varias veces Franco é solicitado para formar parte dun pronunciamento[Cómpre referencia], pero el négase. Unputsch estala o10 de agosto de1932 (aSanjurjada). Esta sublevación está dirixida poloxeneral Sanjurjo, o director xeneral de Carabineros, e secundada só pola guarnición de Sevilla, e pronto é condenada ao fracaso. Detido o xeneral cunha quincena de conxurados e aberto un proceso, é condenado á pena de morte, logo indultado e finalmente amnistiado, aínda que xa non reingresou no exército e fixou a súa residencia en1934 en Monte Estoríl, Portugal.

O 13 de marzo de1933, Franco é enviado ásBaleares como comandante das forzas das illas, talvez enagradecemento do goberno por non se mesturar no levantamento[Cómpre referencia]. É unha promoción. Presentado porGil Robles, o líder daCEDA, para figurar nas súas listas das eleccións do 19 de novembro e do 3 de decembro[Cómpre referencia], responde pola negativa. Despois da consulta nacional, o xefe de GobernoManuel Azaña, será substituído porAlejandro Lerroux, por catro meses soamente (19 de decembro - 25 de abril).

A dereita obtén 212 deputados, o centro 162 e a esquerda 97. Desde as Baleares, Franco, que acaban de nomealo xeneral de división en marzo de1934, segue agora con paixón o xogo político de Madrid[Cómpre referencia]. Unha visita rompe a monotonía da súa vida de guarnición, a do Ministro da GuerraDiego Hidalgo, ao que se lle debe unha das primeiras descricións do xeneral Franco, en calquera caso ben axustada á súa personalidade daquela época:

«Franco posúe no alto grao todas as virtudes militares e supóñenselle sempre a súa actividade e a súa capacidade de traballo, a súa clara intelixencia, a súa comprensión e a súa cultura ao servizo das armas. Pero destas virtudes, a máis alta, é a ponderación que lle impulsa a ser meticuloso no detalle, exacto no servizo, preciso na observación, duro e esixente no mando ao mesmo tempo que comprensivo, tranquilo e decidido. As conversacións que tiven con el sobre temas militares durante a miña estancia nas illas reveláronme doutra banda os seus extraordinarios coñecementos (...) Franco, no silencio da súa oficina pasou numerosos anos en documentarse. Na actualidade, pódese considerar que non hai secreto na arte da guerra para este gran militar, educado á ciencia pola enxeñería humana.»

[Cómpre referencia]

Pero no país, a situación política e social deteriórase aínda máis cada día[Cómpre referencia].Falanxe, creada porJosé Antonio Primo de Rivera inspirada dos "fascio" italianos, oponse coa dialéctica das pistolas fronte aos anarquistas e socialistas que, por suposto, responden ou atacan cos mesmos medios[Cómpre referencia]. Folgas salvaxes paralizan a economía. En Madrid, unha tentativa de golpe falla[Cómpre referencia]. En Cataluña,Lluís Companys declara oEstat català. Máis grave aínda: en Asturias, declárase unha verdadeira revolución; os anarquistas, os comunistas, a Alianza dos Traballadores e Campesiños, baixo os auspicios da UXT de González Bueno e o Comité Rexional da CNT de Asturias, onde 30.000 homes que dispoñen de armas e dinamita se opoñen ao Goberno[Cómpre referencia].

O Goberno de Madrid encóntrase agora en presenza do que parecía innegablemente unha revolución. Lerroux e os seus ministros tomaron decisións de graves consecuencias. En primeiro lugar, fixeron vir os xenerais Goded e Francisco Franco e encargáronlles conxuntamente, en calidade de xefes de Estado Maior, dirixir as operacións contra a rebelión. É o xeneral Franco quen dirixe pois a represión desde oPalacio de Buenavista, coa axuda da Lexión e dos "Regulares" marroquís. En suma, unha repetición de1917. Franco forma sete columnas, baixo os mandos de Yagüe, Solchaga, Sáenz de Buruaga, Aranda e Ayuso e fanse donos da situación con bastante facilidade, aínda que pagando un caro prezo en vidas humanas:

  • O exército perdeu 22 oficiais, 25 suboficiais e 173 soldados e conta con 743 feridos e 46 desaparecidos.
  • Por parte dos rebeldes: 855 mortos, 1.450 feridos e non 14 000 como o escribiron algúns[9]. O Goberno Lerroux, a quen se lle salvou, concédelle en recompensa a Franco a Gran Cruz do Mérito militar e en febreiro de1935 foi nomeado comandante en xefe do exército deMarrocos.

A guerra civil

[editar |editar a fonte]
Por favor, axuda namellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.
Se cadra, podes atopar máis información napáxina de conversa.
Artigo principal:Guerra civil española.

O 18 de xullo de1936, atópase destinado enSanta Cruz de Tenerife como Comandante Xeral deCanarias, posto que ocupa desde o mes de febreiro. Alegando[Cómpre referencia], entre outros motivos, a situación de inseguridade e de crimes políticos que o goberno non lograba controlar, así como o perigo dunha revolución obreira, súmase aos preparativos para a sublevación militar que se estaba planeando por parte dos xeneraisSanjurjo eMola contra o goberno lexítimo daFronte Popular e que, iniciada o 17 de xullo, tivo o seu momento álxido o18 de xullo (verAlzamento Nacional).

Nesta data é cando se traslada dendeAs Palmas de Gran Canaria aTetuán (Marrocos), onde chega ás sete da mañá do día 19, tras unha longa escala enCasablanca, para poñerse á fronte das tropas sublevadas.

Esta viaxe faina a bordo dunha aeronave De Havilland modeloDragon Rapide, alugada no aeroporto de Croydon enLondres polo correspondente do diarioABC naquela cidadeLuis Bolín. Poucos días despois, o 27 de xullo de1936, chega aEspaña o primeiro escuadrón de avións italianos enviados porBenito Mussolini.

Trala morte do xeneralJosé Sanjurjo (20 de xullo do 36) en accidente de aviación e a retirada a un segundo plano doutros pretendentes ao cargo do mesmo bando, foi nomeado polaXunta de Defensa Nacional Xefe de Estado e "xeneral xefe dos Exércitos de operacións" das forzas nacionais o 29 de setembro de1936.[10]

O 30 de xaneiro de 1937 constitúese en xefe da Xunta provisional de Burgos.

O seu goberno orientouse inicialmente ao triunfo militar sobre a España republicana, e contou co apoio de dous ditadores fascistas de Europa,Hitler eMussolini. A semellanza destes, que se facían chamar respectivamente Führer e Duce, Franco adoptou durante a contenda o título de Caudillo, que xunto ao de Xeneralísimo foron os títulos cos que se lle denominou nas décadas posteriores.

Rematada a guerra civil o1 de abril de1939, produciuse o exilio de miles de españois ao estranxeiro e desenvolveuse unha ampla política de represión sobre os vencidos, con fusilamentos, encarceramentos e condenas a traballos forzados en obras hidráulicas como pantanos e canais de rego, ferrocarrís, construción do monumento doVal dos Caídos e outros[Cómpre referencia].

A desintegración dunha familia na guerra civil é o argumento da súa novelaRaza, publicada baixo o pseudónimo de Jaime de Andrade e base da película propagandísticaRaza, dirixida por José Luis Sáenz de Heredia e estreada en 1942.

O franquismo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Franquismo.

Nese réxime de ausencia de liberdades, en1947 un referendo nacional ratificouno na xefatura vitalicia do Estado. O goberno de Franco caracterizouse pola instauración dun verdadeiro réxime, de tipo autoritario e pragmático. Só se permitía oSindicato Vertical (que unía a patróns e obreiros), e un único partido,Falange Española Tradicionalista y de las JONS, constituído por fusión daFalanxe Española e o carlismo e asJuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS), que se uniran a Falange antes da guerra. Así, o réxime estaba fundamentado nun ideario ultraconservador e nacionalista, de confesión católica, baseado nunha economía corporativista que integraba proxectos sociais, como aSeguridade Social, e un sistema sanitario público que se desenvolveu durante a etapa final da ditadura.

Ao comezar enEuropa asegunda guerra mundial, Franco mostrouse partidario da vitoria de Hitler e Mussolini, mais rexeitou[Cómpre referencia] entrar na loita a pesar das presións que recibiu nese sentido polo feito de que os dous ditadores europeos o apoiaran durante aguerra civil. Permitiu, porén, que voluntarios españois (División Azul) partisen para apoiar as potencias do Eixo na fronte rusa. Do mesmo xeito, existiu unha ampla tolerancia ante a actuación dos axentes do Eixo, principalmente alemáns, enEspaña. Por todo isoEspaña quedou situada máis na non belixerancia ca na neutralidade[Cómpre referencia].

Rematada asegunda guerra mundial co triunfo das potencias aliadas, o pobo español sufriu as consecuencias do illamento imposto ao réxime polas nacións vencedoras, que non vían con bos ollos a supervivencia dun réxime fascista enEuropa[Cómpre referencia]. Esta situación terminou en parte durante por mor daguerra fría, cando as necesidades xeoestratéxicas deEstados Unidos fixérono colaborar conEspaña, especialmente a partir da firma do pacto de1953 e a posterior visita deEisenhower a Franco en1959, para estableceren bases militares estadounidenses en España a cambio de divisa forte.

Nos anos 60, España asistiu a un forte desenvolvemento económico, no que tivo moito que ver o auxe doturismo, as remesas da emigración e os investimentos americanos, creándose unha nova clase media que era bastante reducida ata entón. É tamén nestes anos 60 cando se produce aemigración de centos de miles de españois das zonas máis deprimidas de España a diversos países de Europa, principalmenteAlemaña,Países Baixos,Suíza eFrancia, o que se traduciu nunha importante fonte de ingreso de divisas. O desenvolvemento e o crecente contacto cos veciños europeos (grazas ao turismo e á emigración) deron lugar a novas tensións sociais, aínda que Franco non chegou a ver en risco o seu poder, grazas á unidade do exército e á inercia do sistema.

En1966 foi aprobada por referendo a súa proposta deLei Orgánica do Estado, na que se prevía a separación dos cargos de Xefe do Estado e Xefe de goberno.

En1969 nomeou opríncipe Xoán Carlos como o seu sucesor a título de rei, o cal implicaba unhareinstauración da monarquía en España.

Co inicio da actividade terrorista de grupos comoETA e oFRAP levou a cabo unha represión que culminou coas sentenzas a morte para once terroristas (oito doFRAP e tres de ETA), dos que, ao final, o27 de setembro de1975, foron executados cinco, pois o goberno, nunha reunión presidida por Franco o día anterior, e baixo as presións externas, decidiu non executar seis dos condenados a morte, dúas mulleres (por estaren embarazadas) e catro homes[Cómpre referencia].

A nova das execucións provocou unha forte reacción internacional (antes da mesma, moitos gobernos, e personalidades coma o papaPaulo VI, pediran clemencia). Quince países europeos retiraron os seus embaixadores, foi asaltada a embaixada española enLisboa, producíronse multitudinarias manifestacións nas principais cidades europeas e cortáronse as comunicacións telefónicas e telegráficas con varios países.

Tras estes fusilamentos, que illaron novamente aEspaña do contexto europeo, Franco contraeu unha enfermidade debido á cal faleceu tras unha longa agonía, enMadrid, o20 de novembro de1975. Foi enterrado xunto aJosé Antonio Primo de Rivera noVal dos Caídos.Xoán Carlos I xura entón a Xefatura do Estado e, en contra do planeado polo ditador, a democracia reinstáurase tras a súa morte, nun proceso coñecido comoTransición española.

Estaba casado conCarmen Polo e tivo unha filla. O seu xenro foi oMarqués de Villaverde e un dos seus bisnetos éLuis Alfonso de Borbón y Martínez-Bordiú.

Túmulo de Francisco Franco na súa antiga localización, oVal dos Caídos.

Cronoloxía destacada

[editar |editar a fonte]
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.


Período monárquico

[editar |editar a fonte]

19 de agosto, folga insurreccional en Asturias. É a primeira coparticipación do comandante Franco contra rebeldes civís.

Período republicano

[editar |editar a fonte]

Período da guerra civil

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. El Norte de Castilla «Garzón recibe 130.000 nombres de desaparecidos», artigo enEl Norte de Castilla, 22 de setembro de 2008. Consultado o 6 de febreiro de 2012.
  2. Hugh Thomas (20009):La guerre d'Espagne; Robert Laffont, páx. 209 e 711.
  3. Gabriel Jackson (2005):La república española y la guerra civil; RBA, páx. 466.
  4. "Universidad Virtual de la Lengua y la Cultura Españolas:Francisco Franco". Arquivado dendeo orixinal o 20 de xuño de 2009. Consultado o 11 de xuño de 2009. 
  5. (encastelán)El Franco más íntimo y desconocido
  6. 12-19 agosto de 1917: Folga xeral nacional organizada polaCNT-UXT na esperanza dun cambio radical de réxime político.Eduardo Dato ten entón o poder. O exército intervén, causando a morte de varias decenas de obreiros;[Cómpre referencia] en Asturias a folga prolóngase ata setembro. A represión lévase a cabo baixo o mando do xeneral Burguete,[Cómpre referencia] apoiado polo comandante Francisco Franco, coa intervención, por primeira vez, de tropas marroquís mercenarias.[Cómpre referencia]
  7. "Gobierno Civil".Boletín Oficial de la Provincia de Lugo(encastelán). 19 de xullo de 1936. p. 1. 
  8. Vexase:Bartolomé Bennassar,Franco, páx. 65
  9. Video Youtube
  10. Edición do ABC no bando nacional do 30 de setembro de 1936

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Francisco FrancoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Azaña
como Presidente da República
 
Xefe do Estado
 
1936/1939 -1975
Sucesor:
Xoán Carlos I de España
como Rei de España
Predecesor:
Juan Negrín López
 
Presidente do Goberno de España
 
1936/1939 -1973
Sucesor:
Luis Carrero Blanco
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Franco&oldid=7130227»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp