Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementosmellore este artigo. Vexa napáxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión.
Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súacultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potenciacolonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización daFrancofonía. Oidioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua dadiplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro daUnión Latina.
Francia foi formada polasartes e afilosofía. Berce daIlustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores deliberdade, deigualdade, defraternidade e, dende1905, delaicismo.
O país tomou o seu nome dosfrancos, pobo xermánico cuxo nome significaba «homes libres». Os francos foron unha tribo que invadiu aGalia noséculo V, nos tempos da desintegración doImperio Romano de Occidente. Os francos e os galos (xermanos os primeiros eceltas os segundos, ambosindoeuropeos) fusionados e xunto a outros grupos importantes, deron orixe aos franceses. Aínda na actualidade adóitase empregar "franco" ou "galo" para se referir ao que é "francés" ou ao que está en relación cos franceses.
Inicialmente, a palabralatinaFrancia designou a rexión do norte deEuropa, poboada, ou máis ben dominada, por pobos guerreiros xermánicos autodenominadosfrancos. Francia é unha adaptación latina doséculo III.[5] En efecto, dende osséculos III eIV os romanos xa tiñan contactos cos francos, a quen enrolaban comomercenarios no seu exército, xa antes das invasións propiamente xermánicas. A denominaciónFrancia non tiña daquela unha connotaciónpolítica senónxeográfica ousociolóxica, coma oMagreb ou osBalcáns noséculo XXI. Os francos eran ante todo un pobo de guerreiros que elixía un xefe caudillo, a quen nomeaban rei dos francos e que constituía a máxima autoridade para asuntos militares. Naqueles tempos a guerra considerábase o valor por excelencia da liberdade e isto fixo que co tempo o termofranco se convertese ensinónimo delibre.
En1204, a palabraFrancia designou, por vez primeira, o territorio sobre o cal exercía a súa autoridade o rei dos francos, a quen comezou a chamarserexFrancie. A autoridade dos reis francos sobre os señores do que se chamaba reino franco só constituía unha autoridade de señor avasalo, de home a home. O vencello que unía as diferentes tribos francas era tan só de tipo militar, para facer a guerra. O rei franco só era señor no dominio territorial de seu. O feito de que o rei franco compartise costumes e cultura cos outros señores non significaba que mandase nos territorios e nas xentes dos territorios dos señores francos. O rei franco só era un xefe de guerra, non un xefe de estado.
É por isto polo que se compara o concepto de Europa de1957, na que existe unha unidade de mando con respecto a un único tema, co modelo de reinado do rei franco. Para o rei franco, o que lle daba unidade a todos os territorios era a guerra de defensa do reino franco, mentres que para os europeos de1957 era a economía de Europa (CECA). Para que fose recoñecido o concepto dunha autoridade civil de rei sobre un territorio habería que agardar ata oséculo XV cando, polas boas ou pola forza, así o entenderon a inmensa maioría dos señores.
A comezos doséculo XVI o concepto deres publica ("cousa pública") reaparece timidamente logo de esvaecer coa caída doImperio Romano. En1499, o contrato de casamento do rei Lois XII de Francia conAna da Bretaña, que dispuña da propiedade de Francia, intentou, sen éxito, constituír un compromiso non só entre os asinantes, senón tamén entre os seus descendentes e mesmo os seus sucesores. O concepto de nacionalidade francesa comezouse a definir naquela época.
É tamén cara a esta época cando se iniciou o embrión doestado. Ata a metade doséculo XVI, o rei era un nómade que se desprazaba ao longo de tódalas súas terras, sen ficar nunca máis dalgunhas semanas na mesma residencia, o cal limitaba singularmente as posibilidades decentralismo das funcións estatais.
A principios doséculo XVII, a política exterior de Francia comezou a ir alén da defensa e da agresión militar directa ao introducirRichelieu adiplomacia como medio para facer levar a cabo as súas guerras por outros países.
Arevolución francesa constitúe a partida de nacemento danación francesa, e do pobo francés como actor político. Son asguerras napoleónicas, e sobre todo as grandes guerras de1870,1914 e1939, as que conformaron a imaxe mental de Francia compartida polos franceses. As dificultades económicas vinculadas áglobalización da primeira e segunda metade doséculo XX exacerban (como no resto deEuropa) este sentimento nacional nonacionalismo.
A presenza humana sobre o territorio francés remóntase aopaleolítico inferior. Unha das localizacións máis antigas (1 800 000 anos a. de C.) onde se poden atopar vestixios dun asentamento humano é na localidade de Chilhac (noAlto Loira). Varios lugares franceses con datacións posteriores deron o seu nome afacies culturais, como oAchelense, oMusteriano, oSolutreano ou oMagdaleniano.
Aló polo ano900 a.C. os celtas chegaron e instaláronse no territorio da actual Francia ata ocupar o conxunto noséculo III a.C. Por outra banda cara ao ano680 a.C., os primeiros colonosgregos comezaron a instalarse no litoral mediterráneo, fundando a colonia grega deAntibes.
Cara ao ano125 a.C. aGalia Narbonense, pasou a estar baixou o dominioromano. O dominio romano seguiu espallándose logo daguerra das Galias ata ocupar todo o territorio da actual Francia no ano51 a.C. Baixo oImperio Romano desenvolveuse unha próspera civilización galo-romana, achegando a Francia unha base de cultura latina e conducindo indirectamente á súacristianización, a cal tería lugar nun lento proceso comezado noséculo II e rematado noséculo VI.
A partir doséculo V comezou a época das migracións bárbaras á Galia, destacando a presenza de varios pobos entre os cales se atopaban osburgundios, osvisigodos e osfrancos.
Unha gran parte das rexións que constitúen a Francia actual uníronse baixo o dominio deClodoveo I no ano507, quen conseguiu reunir baixo a dominación franca, ouregnum francorum, os reinos e teritorios dosalamanos, osburgundios e osvisigodos no norte dosPireneos. Este "reino dos Francos" que se estendía sobre o que aínda se chamaba aGalia instaurouse coa lexitimidade e unidade que lle outorgaba a herdanza cultural romana. O reino franco, durante a dinastía dosMerovinxios, estivo á mercé das herdanzas dos herdeiros de Clodoveo, dividíndose e reuníndose logo durante varias ocasións. Cando estiveron divididos, estes reinos ulteriores eran aNeustria (París), aAustrasia (Metz), aBorgoña (Chalon-sur-Saône) e aAquitania (Bordeos).
Na segunda metade doséculo VIIIPipino o Breve, rei non merovinxio dos Francos, estende considerablemente o reino dos Francos, pronto erixido enImperio polo seu filloCarlomagno e o seu neto Lois o Piadoso (Louis le Pieux). Logo da morte de Luís, o seu dominio é compartido en tres partes onde a autoridade central se afunde rapidamente, volvendo a organización da rexión á situación anterior: aFrancia orientalis (aoleste), aFrancia occidentalis (aooeste) e entre as dúas a efémeraLotarinxia, dominio dun emperador moi teórico.
A parte oriental corresponde ao que se converteu máis tarde enAlemaña e a parte occidental, Francia. A fonte máis antiga que testemuña o uso das dúas linguas diferentes dunha e outra parte dorío Rin (a tedesca e a romana) data de842, cosxuramentos de Estrasburgo pasados entre os netos deCarlomagno. Este texto presentouse a miúdo como o acto fundador de Francia (e de Alemaña). Os descendentes de Carlomagno (osCarolinxios) conservan unha influencia simbólica sobre os territorios que se corresponden moi aproximadamente con Francia ata987, cando o duqueHugo Capeto foi elixidorei dos francos.
Hugo Capeto, modificando as regras desucesión, creou as condicións que permitirían, ao longo dos séculos seguintes, a institución de Francia como estado. Os seus descendentes reinaron sucesivamente sobre Francia, en tres dinastías (osCapetos, osValois e osBorbóns), ata1792 candoLois XVI perde o trono naRevolución Francesa, logo dun intermedio de trinta anos (do1814 ao1848).
Habería que agardar ao reinado deHenrique IV,Lois XIII e o seu ministroRichelieu, para que a potencia española cedese o paso á de Francia. Malia a desaparición prematura destes actores, o equilibrio das forzas sería de novo restablecido e derrubado, por grandes políticos comoMazarin, particularmente cos tratados deWestfalia (1648) e dosPireneos (1659).
No campo colonial, Francia vería as súas empresas con luces e sombras. Malia a boa saída para América coa expedición deJacques Cartier baixo o reinado de Francisco I, e os establecementos conseguidos nasAntillas,Luisiana e noSenegal durante o reinado deLois XIV, a falta de determinación deLois XV conduciría o reino a graves fracasos fronte osingleses naIndia e noCanadá, rompendo os éxitos conseguidos polos primeiros colonizadores franceses.
A partir de1799,Napoléon Bonaparte toma o poder, inicialmente como primeiro cónsul e logo comoemperador. Este período ve a instauración de novas institucións, mentres que Francia se estende militarmente a través deEuropa, antes dun período de revés importante. Este período termínase coa restauración dosBorbóns en1815.
O2 de decembro de1851, o presidente da República, Louis-Napoléon Bonaparte, sobriño deNapoleón I, organiza ungolpe de estado. O14 de xaneiro de1852 é nomeadoemperador baixo o nome deNapoleón III. Baixo o Segundo Imperio, o país coñece os principios da segundaindustrialización, impulsada por orientacións económicasliberais, fundadas en construcións capitalistas estruturais básicas (bancos de negocios, compañías de ferrocarril e marítimas, industrias téxtiles, grandes comercios e industrias etc.). No plan dapolítica exterior, Napoléon III asegúrase a confianza doReino Unido (guerra de Crimea) que permite asentar a influencia de Francia enPróximo Oriente mentres que a súa acción enItalia, contraAustria, é coroada con éxito e conduce á anexión en Francia das rexións doPiemonte (Savoia,Niza). Con todo, graves reveses empeñan considerablemente a imaxe do réxime e reforzan unha oposición exterior e interior (Victor Hugo). A aposta da loita contraPrusia para devolver certo brillo ao Imperio precipita a súa caída. O imperio remata así en1870 logo daderrota de Sedán. A perda daAlsacia-Lorena e as indemnizacións[Cómpre referencia] considerables debidas oImperio Alemán creado a favor da vantaxe tomada por Prusia, conducen a un gran resentimento nacional ("o desquite", en francésla Revanche). Un feito significativo para os acontecementos seguintes será que o crecemento da poboación italiana e sobre todo da alemá excede con moito a de Francia, que fora o país o máis poboado deEuropa durante a revolución.
Aguerra de 1870 arrastra a caída doSegundo Imperio Francés e a volta á república, logo da insurrección do Municipio de París (Comuna de París). O Segundo Imperio evolucionara cara a un réxime parlamentario, e a súa herdanza é en parte repetidaTerceira República Francesa. Logo dalgúns anos de vacilación, a Terceira República é finalmente confirmada en1875, a práctica das institucións facendo un réxime de asemblea.
Saída vitoriosa, pero ao prezo de sufrimentos inmensos demográficos e económicos, daprimeira guerra mundial, Francia coñece un período de crise económica e política nos anos1930. A derrota de1940 conduce á atribución por voto dos plenos poderes ao mariscalPétain durante asegunda guerra mundial. Este substitúe a república por un Estado francés negado polaFrancia Libre do xeneralde Gaulle ata 1944.
En consecuencia da Segunda Guerra mundial, a Cuarta República é promulgada o27 de outubro de1946, pero ponse fronte a dificultades graves no Imperio colonial, primeiro enIndochina, logo enAlxeria, mentres que noutro lugar adescolonización faise por negociación. A inestabilidade gobernamental que resulta diso, finalmente, xera unha crise que conduce a un cambio deconstitución. Con todo, malia os cambios frecuentes de ministerios, certa constancia da política de construción europea permitiu participar activamente en primeiro lugar naComunidade europea do carbón e do aceiro en1950, logo na firma doTratado de Roma en1957 fundador doMercado común. Doutra banda, a política de desenvolvemento da industria nuclear tanto civil como militar, permitiu asentar unha política independente nos anos1960.
A constitución daquinta república, redactada baixo a influencia do xeneralCharles de Gaulle e deMichel Debré, é adoptada o4 de outubro de1958. Coloca a república enréxime parlamentario que demostra resistir mellor as inestabilidades que as repúblicas parlamentarias precedentes. En1962, a conxunción da elección do presidente da república por sufraxio universal directo e do feito maioritario no parlamento favorable para o presidente van modificar a constitución para ter unha lectura favorable para o presidente. Fálase entón de réxime parlamentariopresidencializado. Este caso de Francia é único; en todos os demais réximes parlamentarios, o xefe do estado sistematicamente borrouse en proveito do xefe de goberno, que é sostido pola maioría parlamentaria.Maurice Duverger desexou definir a quinta república como que dependía dunha nova categoría, a do réximesemipresidencial. Con todo, esta tipoloxía non esta aceptada por todos.
A partir de1973, a economía francesa coñece unha sucesión de crises económicas e de períodos de débil crecemento, que arrastran unha alteración frecuente no seo do poder. Do1986 ao1988, logo do1993 ao1995 e por fin do1997 ao2002, o fenómeno da convivencia (anulación do feito maioritario favorable para o Presidente, o que fai que o Primeiro ministro é dun diferente pensamento político que o Presidente) aínda modifica a lectura da constitución, para volver a unha lectura máis próxima da súa concepción en1958, é dicir, un réxime parlamentario.
A actualConstitución de Francia (Constitución da quinta república) foi aprobada porreferendo o 28 de setembro de 1958. Coa súa aprobación, o cargo depresidente da República fortaleceu notablemente a súa autoridade sobre opoder executivo,[6]anteriormente encarnado noprimeiro ministro e o goberno, constituíndose en verdadeiro representante do Executivo en relación coparlamento. Segundo a Constitución, o presidente é elixido porsufraxio directo por un período de 5 anos (orixinalmente eran 7 anos). A arbitraxe do presidente asegura o funcionamento regular e oequilibrio dos poderes públicos. O presidente designa oprimeiro ministro, quen preside o Gabinete, comanda asforzas armadas e conclúe tratados. O gabinete ou consello de ministros é nomeado polo presidente a proposta do primeiro ministro. Esta organización do goberno coñécese comorepública semipresidencialista.
AAsemblea Nacional é o principal corpo lexislativo. Os seus 577deputados son elixidos directamente por un termo de 5 anos e tódolos escanos son renovados en cada elección. A outra cámara é oSenado, cuxos 321senadores son elixidos por un colexio electoral (é un sufraxio indirecto) e permanecen 9 anos nos seus cargos. Un terzo do senado é renovado cada 3 anos. Os poderes lexislativos do senado son limitados, e a asemblea nacional é quen posúe a palabra final en caso de ocorrer unha disputa entre ámbalas dúas cámaras. O goberno posúe unha forte influencia sobre a axenda parlamentaria. Ademais, existe unConsello Constitucional (9 membros),[7] que garante o control da constitucionalidade das leis e resolve os contenciosos electorais. Son cidadáns franceses tódolos maiores de 18 anos.
Dende a presidencia do XeneralCharles de Gaulle (1958-1969), a política exterior de Francia caracterízase por un desexo de independencia, sobre todo fronte ós Estados Unidos,[8] o que deu lugar ó desenvolvemento por Francia dasarmas nucleares e a retirada de Francia do comando integrado daOTAN entre 1966 e 2009.[8]
A rede de embaixadas de Francia é a terceira a nivel mundial, contando con 156 embaixadas e 97 consulados ó longo dos cinco continentes.[9] Francia axuda ós países en desenvolvemento, especialmente os de África. A asistencia oficial para o desenvolvemento representa un 0,36% do produto nacional bruto de Francia en 2014, sendo máis baixo có doReino Unido ouAlemaña.[10]
En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Francia firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Mapa de Francia, foto de satélite daNASA, agosto 2002.
O territorio de Francia esténdese polos cinco continentes do mundo, polo tanto a xeografía física estúdase separadamente segundo a rexión do mundo na que se atope. O territorioeuropeo de Francia (Francia metropolítana) atópase no oeste deste continente. A configuración das súas fronteiras xeográficas no continenteeuropeo fixo que se coñeza coma ohexágono.
A Francia metropolitana ten unha gran variedade de paisaxes, entre as chairas costeiras situadas no norte e o oeste e as cadeas montañosas no sueste -osAlpes- e no sueste -osPireneos. Os Alpes franceses posúen o punto máis alto deEuropa do Oeste, oMont Blanc, que alcanza os 4.810 m. Existen tamén outras rexións montañosas máis antigas, tales aCórsega, oMacizo Central, oXura, os Vosges, oMacizo Armoricano e as Ardennes que son bastante rochosas e arboradas.O territorio da metrópole implica os rastros de varios episodios de formación de cadeas demontaña: as cadeas antigas e erosionadas (a cadea herciniana) e as cadeas recentes sempre en formación (Pireneos e Alpes). Estas cadeas recentes son na orixe dunha actividade sísmica significativa.
Francia forma parte dos países desenvolvidos, que disputa conAlemaña e oReino Unido o liderado económico naUnión Europea, pois é a segunda economía de Europa e a cuarta do mundo (só por detrás dosEstados Unidos, oXapón eAlemaña). A capital de Francia,París, é unha das cidades máis poboadas do continente, e figura como unha cidade das máis importantes do mundo.
Francia divídese administrativamente en rexións, departamentos, distritos, cantóns e concellos (ou comunas). Ademais, conta con colectividades, territorios e dependencias. O meirande departamento é aGüiana Francesa, con 91 000 km².[16]
As 27 rexións e os seus correspondentes 101 departamentos son da metrópole ou de ultramar.
13rexións (en fr.régions): Francia está dividida en 18 rexións, das cales 13 atópanse na metrópole. Aínda que é a división principal, Francia é un estado unitario e as rexións non posúen autonomía lexislativa nin executiva, senón que reciben do estado unha parte consecuente dos impostos nacionais que poden dispoñer e repartir segundo as súas necesidades.
96departamentos (en fr.départements): son rexidos por un Consello Xeral elixido por seis anos por sufraxio directo. Foron creados en 1790 co fin de que toda persoa puidese dirixirse nunha xornada de cabalo como máximo ós seus representantes. Cada un ten un prefecto.
329 distritos (en fr.arrondissements): cada departamento está dividido en varios distritos, que teñen cada un o seu subprefecto. A súa función é axudar ó prefecto do departamento.
3 879cantóns: é unha división máis pequena, sobre todo a efectos electorais.
36 571comunas: equivalente ó concello. Na cidade de París, reciben o nome dearrondissements.
Intercomunidades de Francia (en fr.intercommunautés): equivalente a unha Mancomunidade, agrupan dentro dun mesmo departamento a varias comunas.
A poboación de Francia é estimada de 65,1 millóns de habitantes ao primeiro de xaneiro2009.[17] As principais cidades francesas segundo a súa poboación sonParís,Marsella,Lión,Lille,Tolosa,Niza eNantes.
No ano2003, o crecemento natural de Francia (excluíndo ainmigración) foi responsable de case todo o crecemento natural daUnión Europea. No ano2004, o crecemento da poboación foi do 0,68%, un ano máis tarde, no2005, as taxas de fertilidade e crecemento volveron medrar de novo. O crecemento natural do país galo (nados por riba dos finados) foi de 299.800 en2006. O número de fillos por muller ascendía a 2,00 en2007, fronte ao 1,92 de2004.[1] Aínda así, Francia é un país avellentado: un 18,76 % da poboación ten de 0 a 14 anos, un 60,74 % da poboación ten de 15 a 49 anos e un 20,53 % da poboación ten máis de 60 anos.
No ano2004, un total de 140.033 persoas elixiron o país galo para emigrar. Deles, 90.250 viñan deÁfrica e 13.710 deEuropa.[18] No ano2005, a inmigración baixou lixeiramente ata os 135 890.[19] Francia constitúe un estado etnicamente diverso. Segundo oInstituto Nacional Francés para as Estatísticas e Estudos Económicos, no país moran un 4,9 millóns de inmigrantes estranxeiros, dos cales preto de 2 millóns adquiriron a nacionalidade francesa.[20] Con preto de 50.000 solicitudes no ano2005 Francia é o principal destino dos refuxiados naEuropa Occidental, malia minguaren nun 15% o número de refuxiados respecto ao2004.[21] AUnión Europea permite a libre circulación de cidadáns entre os estados membros. Mentres oReino Unido (xunto conIrlanda) non impuxeron restricións, Francia puxo aranceis aos inmigrantes dos novos socios membros daEuropa do Leste.
Como moitos países europeos, Francia está sufrindo a despoboación do seu rural. No período1960-1999 quince departementos rurais experimentaron un descenso da súa poboación. O caso máis extremo é o do departamento deCreuse que perdeu o 24% dos seus veciños.
Francia é considerado un país doprimeiro mundo polo seu nivel de vida (IDH). É a quinta economía mundial en termos nominais, e a nivel europeo colócase por detrás de Alemaña, cun PIB en dólares superior ó do Reino Unido. En2006, o crecemento económico francés chegou ó 2%, sendo o máis baixo dazona euro e os seus índices de desemprego entre os máis altos.[22]
A economía francesa conta cunha gran base de empresas privadas, pero a intervención estatal nas grandes compañías é superior á doutras economías do seu tamaño. Sectores clave con grandes investimentos en infraestrutursa como as eléctricas, astelecomunicacións ou o sector aeronáutico, historicamente foron dirixidos directa ou indirectamente polo estado, aínda que dende comezos da década de 1990, a participación estatal decaeu.
Os seus sectores son diversas:transporte, telecomunicacións, industrias agro-alimentarias, produtosfarmacéuticos,aeronáutica, defensa,tecnoloxía, así como o sector bancario, osseguros, oturismo, e os tradicionais produtos deluxo (marroquinería,prêt-à-porter,perfumes,alcoholes etc.). O PIB por sector: a agricultura (2,7%), industria (24,4%), servizos (72,9%). Por outro lado, a enerxía solar está comezando a ter cada vez maior importancia en Francia.[23] Ten unha industria aeroespacial importante conducida polo consorcio europeoAirbus ademais de ter unhabase espacial chamadoCentro Espacial de Kourou. En telecomunicacións destacaFrance Télécom como o principal operador do país.
Sen a produción petrolífera, Francia confiou no desenvolvemento daenerxía nuclear, que agora representa arredor do 78% da produción deelectricidade do país. Osresiduos radioactivos son almacenados en instalacións de retratamento. En2006, a produción neta de electricidade ascendeu a 548,8 TWH, dos cales:[24]
En termos de produción, ogando, con 11,9 mil millóns de euros en valor no ano2000, atópase á cabeza en canto a ganancias, por diante doscereais (10 000 millóns para 66 millóns de toneladas) e oviño (8,9 mil millóns de euros). Con 22,6 mil millóns de litros en2000, a produción leiteira de Francia, malia recuar fronte as cifras do ano1990, representa unha quinta parte do total europeo. A produción agrícola tamén se atopa detrás dun importante sector de industrias de procesamento de alimentos que, no ano1999, abranguía un total de 3.000 empresas que empregaban a 370.000 traballadores, dos cales 122.000 adicábanse á industria dosprodutos de carnes.
Malia representar unha pequena porcentaxe do sector primario europeo e mundial, o sector pesqueiro galo captura 643.000 toneladas de peixe (2003), ocupando o 3º posto europeo en número de capturas por detrás deDinamarca eEspaña. En euros, o país ten un volume de capturas por valor de 1,144 billóns de euros (2003).
A produción demadeira no país ascendía a 36,2 millóns de metros cúbicos no ano1999. Esta industria abastece de materia a unha importante cadea de industrias que traballan coa madeira ou os seus derivados (papel,cartón, artigos de madeira etc.), e que emprega a uns 100.000 traballadores no país. En Francia, osbosques ocupan 147.000 quilómetros cadrados, ocupando aproximadamente o 27% do territorio nacional (2003).
No ano2006, osector secundario representaba o 20,6% doPIB francés e ocupaba ao 24,4% dapoboación activa.[26] O país galo é unha das meirandes potencias industriais do mundo. En diversos eidos, varios grupos franceses ocupan o primeiro posto fronte aos seus competidores estranxeiros. Este é o caso deL'Oreal ouMichelin.
As ramas que aspiran aos números máis grandes de empregados son as industrias da mecánica, da electricidade e da electrónica (o 25% en 1998), o traballo dos metais (11,7%) e a madeira - papel-imprenta- editoriais (10,2%). Tamén, o automóbil ocupa unha praza particular cuxa produción anual, da orde de 5 millóns de vehículos, é asegurada por uns 300.000 asalariados de grandes grupos (Peugeot-Citroën, Renault).
Aindustria nuclear francesa constitúe, hoxe en día, un dos sectores líderes da economía do país, e un dos piares da súa política enerxética. Francia é o segundo produtor de enerxía nuclear tralosEstados Unidos. Con 58 reactores nucleares, explotados porEDF, Francia posúe o segundo maior número de centrais trala potencia americana; en canto á participación da enerxía nuclear sobre o total da enerxía producida, cun 79%, Francia ocupa o primeiro posto a nivel mundial.
O emprego da enerxía nuclear contribuíu de xeito constante a minguar a factura enerxética de Francia. Deste xeito a taxa de independencia enerxética do país medrou fortemente: do 26% en1973, pasou ao 50% a finais dos80. A enerxía nuclear tamén permitiu a Francia minguar a taxa de emisións que contribúen aoefecto invernadoiro. Francia ten deste xeito unha das menores taxas de emisión deCO2 dos países daOCDE. Así, Francia posúe unha taxa de emisión de gases de efecto invernadoiro per cápita de máis dun 21% por baixo da media europea, e dun 30 a 40% menor cós seus países veciños.
Osector terciario posúe un lugar preponderante na economía francesa ao igual que na maioría dos grandes países industrializados. O sector emprega ao 71,5% da poboación activa, ou o que é o mesmo, a máis de 16 millóns de franceses.[27] Este constitúe o sector que contribúe dun xeito maior ao crecemento de Francia.[28]
Con 79,1 millóns de turistas estranxeiros no ano2006,[29] Francia ocupa o primeiro posto nalistaxe dos principais destinos turísticos mundiais por diante deEspaña (55,6 millóns no 2005) e dosEstados Unidos (49,4 millóns no 2005). Os principais atractivos de interese turístico de Francia son as súas cidades, as praias e destinos costeiros, osresorts deesquí, e rexións rurais. Francia tamén atrae cada ano millóns de peregrinos que se achegan ao santuario relixioso deLourdes.
A súa organización é do tipocapitalista, cunha intervención estatal forte ("neo-mercantilismo") desde a fin dasegunda guerra mundial, ata tal punto que a miúdo se fala de "capitalismo á francesa":
No tocante ao "sistema produtivo", Francia é o cuarto exportador mundial (sumando todos os produtos), malia unha debilidade inherente, xa que non controla o sistema produtivo.
A economía francesa é principalmente unha economía de servizos, sendo nisto o segundo exportador mundial (é o primeiro destino turístico mundial con máis de 60 millóns de visitantes ao ano). O sector terciario ocupa ó 72% da poboación activa.
Pero é sobre todo ao nivel do "sistema de distribución" no que Francia destaca: a gran distribución en Francia ten un peso moi forte no circuíto económico, iso vese cos grandes distribuidores que dominan en parte, polo aval, o sistema de produción (particularidade de Francia, os grandes distribuidores poden, en certa medida, fixar os prezos dos produtores).
Francia é o segundo exportador mundial para os produtos agroalimentarios, detrás dos Estados Unidos. O sector primario (agricultura, pesca) non representa máis que o 4% da poboación activa.
Francia tamén puido constituír campións industriais internacionais, que están bastante esparexidos. Francia fabrica así os trens comerciais máis rápidos do mundo, dispón dunha industria automobilística poderosa (Peugeot-Citroën, Renault, Michelin), constituíu o primeiro grupo mundial de construción de centrais nucleares, coopera cos grupos aeronáuticos e aerospaciaisAirbus,Eurocopter, Ariane, Safran; acolle o grupo independente de aeronáutica militar Dassault, grupos farmacéuticos mundialmente reputados (Sanofi Aventis grupo industrial ,[30]Institut Pasteur[31] fundación privada sen ánimo de lucro), algúns dos primeiros grupos mundiais da industria agroalimentaria, apoiándose na potencia da súaagricultura e a excelencia da súagastronomía, e da industria do luxo, desenvolve unha industria de obras públicas e construción moi poderosa (Bouygues, Eiffage, Vinci), unhaindustria cinematográfica de calidade etc. O sector secundario representa o 24% da poboación activa.
A rede deferrocarrís de Francia, cos seus 31 840 quilómetros, é a máis extensa daEuropa Occidental. A rede é operada porSNCF. Entre os trens de alta velocidade que circulan polo país galo, atópanse oThalys, oEurostar e oTGV, que viaxa a unha velocidade de 320 km/h. OEurostar, xunto coEurotunnel Shuttle, conecta o país co veciñoReino Unido a través doEurotúnel. A rede de ferrocarrís gala conecta ao país con tódolos seus veciños estranxeiros, agásAndorra.
O transporte urbano nas cidades atópase tamén altamente desenvolvido, existindometros etranvías nas cidades principais, complementados cos servizos deautobús. En Francia existen 893 300 quilómetros de vías de servizo. A rexión deParís é a mellor comunicada do país estando conectada virtualmente por medio de estrada e autoestradas con tódalas vilas principais. As vías de transporte francesa son percorridas cada ano por milleiros de visitantes estranxeiros que proveñen das veciñasBélxica,España,Andorra,Mónaco,Suíza,Alemaña eItalia.
En Francia, o mercado dos automóbiles de nova adquisición está dominado por marcas nacionais comoRenault (27% dos automóbiles vendidos no ano 2003),Peugeot (20,1%) eCitroën (13,5%).[32]
Existen aproximadamente 478aeroportos en Francia, incluíndo aeródromos e pistas de aterraxe. OAeroporto internacional Charles de Gaulle (Aéroport Paris-Charles-de-Gaulle) constitúe o maior aeroporto do país en tamaño e número de pasaxeiros, 59 922 177 pasaxeiros no 2007. Este atópase nos arrabaldes deParís e conecta a capital coas principais cidades e destinos deEuropa e do mundo. O segundo aeroporto francés, tamén na rexión parisiense é Orly (Aéroport d'Orly) con 26 millóns no 2007. Os tres que seguen atópanse fóra da rexión parisiense:Nice-Côte d'Azur con 10,3 millóns,Lyon-Saint-Exupéry con 7,3 millóns,Marseille Provence con 6.9 millóns en 2007.[33]Air France é a principal aeroliña francesa, malia existiren numerosas aeroliñas privadas.
Existen dez portos de certa importancia, o maior deles é o da cidade deMarsella (Grand port maritime de Marseille dende 2008 e anteriormentePort Autonome de Marseille- PAM) localizado no concello deFos-sur-Mer. No país galo existen 14 932 quilómetros de vías navegables, entre as que destaca acanle du Midi que conecta o mediterráneo coocéano Atlántico a través dorío Garona.
En Francia naceron grandes inventores como osIrmáns Montgolfier (inventores do globo aerostático),Joseph Nicéphore Niépce (químico, litógrafo e científico afeccionado que inventou, xunto ao seu irmán, un motor para barcos e, xunto aLouis Daguerre, afotografía),Clément Ader (inventor do avión, un micrófono e os primeiros perfeccionamentos do teléfono), osirmáns Lumière (inventores do proxector cinematográfico),René Théophile Hyacinthe Laënnec (inventor do estetoscopio),Louis Pasteur (a técnica coñecida comopasteurización) entre outros, cuxas achegas á ciencia foron decisivas na historia da humanidade.
En Francia a educación pública é de balde en tódolos seus niveis, tanto para os estudantes franceses como para os estranxeiros. No ano2007 os gastos en educación acadaron o 28% do orzamento do Estado.
No que se refire á arquitectura, os pobos da idade do bronce deixaron a súa pegada na erección de grandesmonólitos ou megálitos, e a presenza grega desde o século VI a. de C. lémbrase hoxe na herdanza clásica deMassalia (Marsella). O estilo romano ten exemplos naMaison Carrée, templo romano edificado entre 138-161 a. de C., ou noPont du Gard construído entre os anos 40 e 60, enNîmes, declarado patrimonio universal en1985. En Francia inventouse o estilo gótico, plasmado en catedrais como as deChartres,Amiens,Notre-Dame ouEstrasburgo. O renacemento xurdido enItalia, ten o seu estilo arquitectónico representado maxistralmente noCastelo de Blois ou noPalacio de Fontainebleau entre outros. A artebarroca (tamén de orixe italiana) e orococó (de orixe francesa) teñen obras extraordinarias en Francia. Tal é o caso do Palacio doLouvre e oPanteón de París entre tantos outros. Omodernismo ouarte moderna en arquitectura abrangue todo oséculo XIX e a metade doXX, e nelGustave Eiffel revolucionou a teoría e práctica arquitectónica do seu tempo na construción de xigantescas pontes e no emprego de materiais coma o aceiro. A súa obra máis famosa é a chamadaTorre Eiffel. Outro grande da arquitectura universal éLe Corbusier, un innovador e funcionalista celebrado especialmente polas súas achegas urbanísticas nas edificacións de vivendas e conxuntos habitacionais.
A lingua oficial en Francia é ofrancés, proveniente dofranciano, variante lingüística falada naIlla de Francia que a comezos daIdade Media, e ao longo dos séculos, impúxose ao resto de linguas e variantes lingüísticas que se falan en calquera parte do territorio francés. Segundo o artigo nº 2 da constitución francesa, ofrancés é a única lingua de Francia.
A miúdo, esta imposición do francés foi froito de decisións políticas tomadas ao longo da historia, co obxectivo de crear un estado uniformado lingüisticamente. De feito, o artigo 2 da Constitución francesa de1958 di textualmente que «La langue de la République est le français» (A lingua da República é o francés).[34]
A historia da literatura francesa empeza co francés antigo (ancien français) da Idade Media. Un dosXuramentos de Estrasburgo (842) é o primeiro texto completo coñecido redactado en roman (O roman é unha evolución do latín que se desenvolveu ao principio da Idade Media, coa perda das declinacións e con transformacións morfolóxicas), o "antecesor" do francés. O primeiro texto conservado nesta lingua que se considera hoxe como "literario" é oSéquence ouCantilène de sainte Eulalie, probablemente escrito entre 881 e 882; é unha simple adaptación en 29 versos dun poema latino a vocación relixiosa e pedagóxica.
A literatura da idade media está composta de:
Cantar de xesta
A Literatura cortés
A Novela cortés
A Literatura burguesa
Na poesía da Idade Media distínguese
A Poesía cortés
A Poesía burguesa
A Literatura francesa doséculo XVI está marcada polos principios dohumanismo: volta aos textos antigos (gregos, latinos e hebreos), desexo de coñecemento,epicureísmo indiscutible, a renovación das formas e dos temas distinguíndose da literatura medieval. A poesía conta con autores importantes comoMarot, Jean de Sponde, Agrippa d'Aubigné e os poetas daPléiade, entre os cales figuranRonsard eDu Bellay. As novelas máis notables son as deRabelais e deMargarida de Navarre. OsEnsaios deMontaigne son unha importante obra situada entre a filosofía e a autobiografía.
Oséculo XVII conta dúas grandes correntes literarias , o clasicismo e a literatura barroca. Competidores posto que o clasicismo en literatura imporá cara ao barroco pero tamén complementarios posto que certos autores foron influídos polas dúas correntes á vez (comoCorneille). Pero dende o fin do século debúxase en literatura unha corrente de pensamento que anuncia xa a ilustración (conLa Bruyère por exemplo).
Ademais Francia foi cerna dailustración, que se espallou polo continente europeo, sendo os principais escritoresVoltaire,Diderot,Rousseau eMontesquieu, coñecidos como os filisofos da ilustración.
A música francesa naceu naIdade Media, co xénero docanto planogregoriano, chamadoorganum. Desenvolveuse a continuación elaborada baixo os auspicios da escola de Notre-Dame ou daArs antiqua coconductus, un canto de procesión. Despois viñeron ostrobadores e os troveros que afirmaron máis a independencia daarte lírica cara ao clero. Ás veces, simples artistas invitados nas cortes dos nobres, fixeron a estes melómanos traendo a música aos asuntos (de corazón) humanos polo medio de cancioncillas. Este atragoamento musical suscitou a vocación dos malabaristas, músicos ambulantes que non eran máis que os intérpretes de composicións creados polos precedentes, e que non vacilaban en falar a lingua vulgar.
Se non se pode datar exactamente a aparición damúsica tradicional ou folclórica posto que é esencialmente de transmisión oral, os instrumentos como agaita parecen ter unha longa historia no seo dos diversos pobos que forman Francia.
Na música francesa desde antes do ano 1000 destácase ocanto gregoriano empregado nas liturxias. En Francia creouse apolifonía. Francia foi o berce dostrobadores noséculo XII, así como daArs Nova dous séculos máis tarde. Durante oRomanticismo París converteuse no centro musical do mundo e na actualidade Francia mantén un lugar privilexiado na creación musical grazas a novas xeracións de compositores. Dentro dos expoñentes da música popular francesa, atópanse figuras comoÉdith Piaf,Dalida,Charles Aznavour eGilbert Becaud.
A mellor participación de Francia nosXogos Olímpicos foi no ano1900 enParís, cidade que acolleu o certame en dúas ocasións. Á parte a delegación gala nunca baixou dos 10 primeiros lugares sendo unha potencia a nivel deportivo e das olimpíadas.
Os deportes individuais están ben implantados en Francia. Así por exemplo oTour de Francia, celebrado anualmente no mes de xullo dende1903, é a competiciónciclista máis prestixiosa do calendario profesional. OTorneo de Roland Garros en París é un dos torneos máis cosmopolitas doGrand Slam.[35] No referente ásartes marciais, Francia tamén destaca entre os mellores de Europa dominando ata hoxe nokarate,judo esavate (boxeo francés), este último un dos máis difundidos no mundo principalmente nos torneos doKnock Out. En judo destaca como un dos máis importantes nahistoria do mundo o francésDavid Douillet con diversas participacións e premios ao longo da súa traxectoria neste deporte.
Constitucionalmente, Francia é un estadosecular. O laicismo francés carrexa unha separación recíproca entre as igrexas e o estado, sobre a base do postulado de que, para que o estado poida respectar todas as relixións, non debe recoñecer ningunha.
En efecto, dende1905, as igrexas e o estado están separadas oficialmente, agás en Alsacia-Mosela, que non era francesa no momento da separación. O dereito local en Alsacia-Mosela é un réxime xurídico creado en1919. Concirne aosdepartamentos franceses doAlto Rin, doBaixo Rin (rexiónAlsacia), e do deMosela, reagrupados baixo o nome xenérico de Alsacia-Mosela. En materia de relixión, coñece e organiza os cultos católico, luterano, reformado e xudeu. Estes cultos reciben un tratamento financeiro do estado francés.
Por principio pois, en Francia prohibese os censos de carácter relixioso. Non obstante, certa cantidade de estudos e de sondaxes foron levados. A relixión maioritaria é ocatolicismo. Influíu amplamente na cultura francesa; cabe citar así que a meirande parte dos días festivos correspóndense coas festas relixiosas católicas, ao igual cá maioría das catedrais e as escolas privadas, das cales 9 sobre 10 son católicas. En xeral, a taxa de práctica relixiosa é relativamente feble e estable.
A comunidade xudía francesa, con 600.000 membros segundo oWorld Jewish Congress, é a maior de todaEuropa. As estimacións sobre o número demusulmáns varían amplamente. Segundo o censo francés do ano1999, había 3,7 millóns de persoas de fe musulmá (6,3% da poboación total). Na actualidade existen entre 200.000 e 1 millón de inmigrantes ilegais.
En Francia, os días festivos son definidos legalmente polo código de traballo, artigo L 3133-1,[36] sendo a última mudanza feita pola lei n° 2008-67 do 21 de xaneiro de 2008 (Loi n° 2008-67 du 21 janvier 2008).[37] A nivel nacional, cóntase 11 festivos legais, cinco civís e seis da relixión católica.
Cincuenta días despois da Pascua. O luns de Pentecoste é o día instituído para a xornada de solidariedade cara ás persoas maiores, agás acordo diferente. É dicir que este día festivo legal foi escollido para que se traballe e que a ganancia do traballo se dedique a financiar axuda para os maiores.