Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

François Villon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois Villon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)François de MontcorbierEditar o valor en Wikidata
1431Editar o valor en Wikidata
París, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte1463Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
FranciaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de ParísEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesíaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoParísEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, letrista, escritorEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteQ17358205Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0898400BNE: XX959565Musicbrainz: da6cc1f1-a735-46ab-b176-2abb8d62d311Songkick: 296586Discogs: 478535IMSLP: Category:Villon,_FrançoisEditar o valor en Wikidata

François de Montcorbier ou de Loges, chamadoFrançois Villon nado en París en1431 ou1432 e desaparecido en1463 foi un poetafrancés.

A súa creación máis célebre éBallade des pendus, escrita cando esperaba a súaexecución na forca.

Os datos sobre a vida de François Villon son incertos: díxose del que era un marxinal e quen tratou de seguir o seu itinerario e estudar a súa obra descríbeno como o máis ilustre e xenuíno precursor dapoesía maldita. Foi encarcerado nalgunha ocasión.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Villon naceu en abril de 1431 ou 1432 e, segundo se coñece polos rexistros dauniversidade da Sorbona e polos arquivos xudiciais, o seu verdadeiro nome foi François de Montcorbier.[1][2] O seu pai, probablemente orixinario dunha aldea daBorgoña, deixou a provincia para establecerse na capital. A súa nai, nacida enBerry ou enAnjou, quedou viúva cando Villon era aínda moi pequeno. Por motivos descoñecidos a nai confioulle o neno ao mestre Guillaume de Villon,cóengo ecapelán deSaint-Benoît-le-Bétourné, cuxo apelido adoptou en proba de gratitude. Estudou na facultade de Arte, pero tras obter unhalicenciatura, descoida o estudo para correr detrás da aventura.

A partir desta época, a súa vida terá por pano de fondo aguerra dos Cen Anos e o seu cortexo de brutalidades,fame negra eepidemias. Acusado de asasinar o relixioso Philippe Sermoise, o seu rival en amores, foi obrigado a fuxir de París, pero obtivo o perdón en xaneiro de 1456. Pouco despois participa no roubo doColexio de Navarra.

Entre 1456 e 1461, proseguiu as súas andanzas polo val doLoira, e foi encarcerado no verán de 1461, aínda que liberado algúns meses máis tarde con ocasión dunha visita deLois XI.

De volta a París, escribiuLe Testament e foi arrestado unha vez máis en 1462. Foitorturado e condenado áforca, mais o xuízo foi casado en apelación en xaneiro de 1463. A pena foi conmutada por dez anos de desterro de París e a partir deste episodio perdeuse o seu rastro.

A súa obra

[editar |editar a fonte]
Gravado de Villon porFederico Cantú

Villon non renovou a poesía do seu tempo, senón que deu unha nova vida a motivos herdados da cultura medieval que el coñecía á perfección e animounos coa súa propia e orixinal personalidade. Así, deu volta aoideal cortés, inverteu os valores admitidos celebrando as xentes destinadas ao patíbulo, entregouse á descrición burlesca ou ás bromas subidas de ton, e multiplicou as innovacións na linguaxe. A estreita relación que Villon estableceu entre os sucesos da súa propia vida e a súa poesía levouno a deixar igualmente que a tristeza e a melancolía se apoderasen dos seus versos.Le Testament (1461), que é considerada como a súa obra capital, inscríbese como unha prolongación doLe Lais (1456), ao que se chama comunmente, o "pequeno testamento". Ese longo poema de 2023 versos está marcado pola angustia da morte á que o propio Villon acababa de ser condenado e recorre, cunha singular ambigüidade, a unha mestura de reflexións sobre o tempo, amargas chanzas, invectivas e fervor relixioso. Esta combinación de tons contribúe a dar á obra de Villon unha sinceridade patética que a singulariza respecto da dos seus predecesores.

Villon, ignorado polo seu tempo, foi redescuberto no século XVI antes de que Marot o publicase.

Obra

[editar |editar a fonte]

Esta listaxe adoita poñerse en cuestión, aumentada con poemas que pasan a ser considerados da súa autoría e diminuída con outros que deixan de considerarse. As obras que aparecen seguen a cronoloxía estipulada por Gert Pinkernell e parece a máis coherente, aínda que algunhas non están datadas con certeza. Os títulos son os da edición da Livre de PochePoésies Complètes, editada e comentada por Claude Thiry.

  • Ballade des contre vérités (1455 ?–1456 ?, París)
  • Le Lais (1457, París)
  • Épître à Marie d'Orléans (comezo de 1458, Blois)
  • Double ballade (comezo de 1458, Blois)
  • Ballade des contradictions (comezo de 1458, Blois)
  • Ballade franco-latine (comezo de 1458, Blois)
  • Ballade des proverbes (outubro-novembro de 1458, Vendôme)
  • Ballade des menus propos (outubro-novembro de 1458, Vendôme)
  • Épître à ses amis (verán de 1461, Meung-sur-Loire)
  • Débat du cuer et du corps de Villon (verán de 1461, Meung-sur-Loire)
  • Ballade contre les ennemis de la France (final de 1461, Meung-sur-Loire)
  • Requeste au prince (final de 1461, Meung-sur-Loire)
  • Le Testament (1461). Incluíndo:
    • Ballade des dames du temps jadis
    • Ballade des seigneurs du temps jadis
    • Ballade en vieux langage françois
    • Les regrets de la belle Heaulmiere
    • Ballade de la Belle Heaulmière aux filles de joie
    • Double ballade sur le mesme propos
    • Ballade pour prier Nostre Dame
    • Ballade à s'amie
    • Lay ou rondeau
    • Ballade pour Jean Cotart
    • Ballade pour Robert d'Estouteville
    • Ballade des langues ennuieuses
    • Les Contredits de Franc Gontier
    • Ballade des femmes de Paris
    • Ballade de la Grosse Margot
    • Belle leçon aux enfants perdus
    • Ballade de bonne doctrine
    • Rondeau ou bergeronnette
    • Épitaphe
    • Rondeau
    • Ballade de conclusion
    • Ballade de bon conseil (1462, París)
    • Ballade de Fortune (1462, París)
    • Ballades en jargon (1462, París)
    • Ballade des pendus (final de 1462, París)
    • Quatrain (final de 1462, París)
    • Louanges à la cour (xaneiro de 1463, París)
    • Question au clerc du guichet (xaneiro de 1463, París)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Auguste LongnonÉtude biographique sur François Villon : d'après les documents inédits conservés aux Archives nationales.
  2. Bibl. de l’Université, Registre de la Nation de France, ms. 1, fol. 155. Cf.A. Longnon,Étude biographique sur Villon, páx. 12-13, Gallica.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  François VillonModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=François_Villon&oldid=6756846»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp