Afotonovela[1] é un xeito de narrar historias que só se diferenciadabanda deseñada no material gráfico empregado, afotografía, mediante a mesma preséntanse as imaxes dun xeito realista e cunha ampla gama de posibilidades expresivas.
O principal obxectivo da fotonovela é que as imaxes mostren unhahistoria. A linguaxe verbal emprégase de xeito complementario, se ben cumpre diversas funcións:
Os elementos participantes da fotonovela son comúns ó cine, ó conto ou á novela:
Con todo, a narrativa enimaxe fixa diferénciase da literaria e da cinematográfica en aspectos derivados da distinta natureza de cada medio: O soporte (o papel), os formatos habituais (tira, media plana, plana, álbum), e a súa unidade de acción básica: aviñeta. Asviñetas representan, resumíndonos un único instante, accións que na realidade teñen unha duración máis ou menos longa.
Osglobos empréganse para odiálogo oumonólogo. A presentación do texto pode achegarexpresividade figurativa e manifestar coa forma o volume das palabras, o ton das mesmas, a súa procedencia ou obxectivo. Tamén se pode dar a presenza de texto (onomatopeas) sen estar inserido en globos. Os cartuchos, úsanse para resumir secuencias narrativas de interese secundario, elipses temporais, saltos espaciais,...