Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fotografía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fotografía
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
 Historia
Implicados
 Practicado por
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
1800Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/05wkwEditar o valor en Wikidata
MeSHD010781Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC94527Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC119657128Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX524714
Wikidata G:Commons C:Commons
Persoa tomando unha foto.

Afotografía é a técnica e arte de gravar imaxes fixas e duradeiras sobre unha superficie de material sensible á luz baseándose no principio dacámara escura. Na cámara escura conséguese proxectar unha imaxe captada por unha lente ou un conxunto de lentes sobre unha superficie, de tal forma que o tamaño da imaxe queda reducido e aumenta a súa nitidez. Para almacenar esta imaxe as cámaras fotográficas utilizaban ata hai algúns anos exclusivamente aspelículas sensibles, mentres que na actualidade empréganse tamén sensores dixitais.

A palabrafotografía procede do grego e significa "debuxar coa luz" (dephotos = luz, egraphis = debuxo).

A fotografía pode ser clasificada baixo a máis ampla denominación de tratamento de imaxes e, debido a isto, fascinou tanto a científicos como a artistas dende os seus inicios. Os científicos, sobre todo, aproveitaron a súa capacidade para plasmar con precisión todo tipo de circunstancias e estudos, tales como os estudos sobre locomoción humana e animal deEadweard Muybridge (1887). Os artistas tamén foron seducidos por estes aspectos pero trataron sempre de ir máis alá da mera representación foto-mecánica da realidade.

Desde 1991, o día19 de agosto celébrase oDía Internacional da Fotografía. En tal día do ano1839 se formalizou a patente dodaguerrotipo, o sistema desenvolvido porLouis Daguerre nese mesmo ano e que se considera o precursor da fotografía moderna[1].

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O termo «fotografía» provén dogrego φῶςphōs (raíz φωτ-phōt, ‘luz’), e γράφωgrafo (raíz γράφ-graf, ‘raiar, debuxar, escribir’) que, en conxunto, significa ‘escribir/gravar coa luz’.

Varias persoas poden acuñar o mesmo termo novo a partir destas raíces de forma independente.Hércules Florence, un pintor e inventor francés que viviu en Campinas,Brasil, utilizou a forma francesa da palabra, fotografía, en notas privadas que un historiador brasileiro cre que foron escritas en 1834.[2] Esta afirmación está amplamente difundida, pero aínda non se recoñece en gran medida a nivel internacional. O primeiro uso da palabra polo inventor franco-brasileiro deuse a coñecer amplamente despois da investigación de Boris Kossoy en 1980.[3]

O xornal alemánVossische Zeitung do 25 de febreiro de 1839 contiña un artigo tituladoPhotographie, no que se examinaban varias reivindicacións de prioridade, en especial a deHenry Fox Talbot, en relación coa reivindicación de invención de Daguerre.[4] O artigo é a primeira aparición coñecida da palabra na prensa pública.[5] Estaba asinado "J.M.", crese que era o astrónomo berlinésJohann von Maedler.[6] Tamén se atribúe ao astrónomoJohn Herschel o acuñar a palabra, independentemente de Talbot, en 1839.[7] Con todo,Joan Fontcuberta no seu libro O bico de Xudas (1997),[8] demostrou que Henry Fox Talbot non coñecía o grego o suficiente para poder entender que fotografía significa máis ben «escritura aparente» e que en realidade non significa escribir con luz, senón «escritura das aparencias».

Os inventoresJoseph Nicéphore Niépce,Henry Fox Talbot eLouis Daguerre non parecen coñecer ou utilizar a palabra «fotografía», senón que se referiron aos seus procedementos como «heliografía» (Niépce), «calotipo» (Talbot) e «daguerrotipo» (Daguerre).[6]

Proceso

[editar |editar a fonte]

Baseándose no principio dacámara escura, proxéctase unha imaxe captada por un pequeno buraco (fotografía estenopeica) ou unha lente ou conxunto delas (o cal se denominaobxectivo), sobre unha superficie; para capturar e almacenar esta imaxe, as cámaras tradicionais utilizan un soporte cuberto por uncomposto químico sensible á luz (na maioría delas,película fotográfica), mentres que nafotografía dixital, emprégase unsensor de imaxe que divide o cadro nunha reixa horizontal e vertical de elementos —capturando a luz de cada un deles e converténdoa envalores de voltaxe—, que se converten en valores numéricos tras un proceso deconversión analóxica-dixital, sendo posteriormente transmitidos a uncomputador embebido no dispositivo, o cal lles dá unformato e permite a súa transmisión ou o seu almacenamento nunmedio dixital, para a súa posteriorimpresión, visualización ou análise.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia da fotografía.

Tecnoloxías precursoras

[editar |editar a fonte]
Unha cámara escura utilizada para debuxar

A fotografía é o resultado da combinación de varios descubrimentos técnicos, relacionados coa visión dunha imaxe e a captura da mesma. O descubrimento dacámara escura ("cámara escura" enlatín) que proporciona unha imaxe dunha escena remóntase áantiga China. Os matemáticos gregosAristóteles eEuclides describiron de forma independente unha cámara escura nos séculos V e IV a.C.[9][10] No século VI d.C., o matemático bizantinoAntemio de Trales utilizou un tipo de cámara escura nos seus experimentos.[11]

O físico árabe Ibn al-Haytham (Alhazen) (965-1040) tamén inventou unha cámara escura, así como a primeiracámara estenopeica verdadeira.[10][12][13] A invención da cámara fotográfica remóntase aos traballos de Ibn al-Haytham.[14] Anteriormente xa se describiron os efectos dunha única luz que atravesa un estenopo,[14] Ibn al-Haytham realizou a primeira análise correcta da cámara escura,[15] incluíndo as primeiras descricións xeométricas e cuantitativas do fenómeno,[16] e foi o primeiro en utilizar unha pantalla nunha habitación escura para poder proxectar unha imaxe dun lado dun buraco na superficie sobre unha pantalla no outro lado.[17] Tamén comprendeu por primeira vez a relación entre opunto focal e o estenopo,[18] e realizou os primeiros experimentos coasimaxes residuais, sentando as bases para a invención da fotografía no século XIX.[13]

Leonardo da Vinci menciona as cameras obscuras naturais que forman as covas escuras ao bordo dun val iluminado polo sol. Un buraco na parede da cova actúa como unha cámara estenopeica e proxecta unha imaxe volteada lateralmente, boca abaixo, sobre un anaco de papel. Os pintores doRenacemento utilizaban a cámara escura que, de feito, dá a representación óptica en cor que domina a arte occidental. Trátase dunha caixa cun pequeno orificio nun dos seus lados, que permite a entrada de determinados raios de luz, proxectando unha imaxe volteada sobre unha pantalla ou un papel.

O nacemento da fotografía ocupouse entón de inventar medios para captar e conservar a imaxe producida pola cámara escura.Alberte o Magno (1193-1280) descubriu onitrato de prata,[19] eGeorg Fabricius (1516-1571) descubriu ocloruro de prata,[20] e as técnicas descritas noLibro de Óptica deIbn al-Haytham son capaces de producir fotografías primitivas con materiais medievais.[Cómpre referencia]

Daniele Barbaro describiu undiafragma en 1566.[21]Wilhelm Homberg describiu como a luz escurecía algunhas substancias químicas (efecto fotoquímico) en 1694.[22] O libro de ficciónGiphantie, publicado en 1760, do autor francésTiphaigne de la Roche, describía o que pode interpretarse como fotografía.[21]

En xuño de 1802, o inventorbritánicoThomas Wedgwood realizou o primeiro intento coñecido de captar a imaxe nunha cámara escura mediante unha substancia sensible á luz.[23] Utilizaba papel ou coiro branco tratado connitrato de prata. Aínda que conseguiu captar as sombras de obxectos colocados na superficie baixo a luz directa do sol, e mesmo fixo copias de sombras de pinturas sobre vidro, en 1802 informouse de que "as imaxes formadas por medio dunha cámara escura atopáronse demasiado débiles para producir, nun tempo moderado, un efecto sobre o nitrato de prata." As imaxes en sombra acababan escurecéndose por completo.[24]

Invención

[editar |editar a fonte]

Considérase que a fotografía foi desenvolvida pola primeira vez en Francia na época en que os inicios dasociedade industrial comezaban a achegar innovacións técnicas no campo daóptica. Os procesos fotográficos xurdiron vinculados ao campo científico, onde as teoríaspositivistas esixían a comprobación empírica de cada elemento da Natureza. Porén, a burguesía axiña popularizou usos diversos da fotografía, principalmente do xénero doretrato, nun intento por emular os retratos pictóricos da nobreza. A fotografía adquiría así unha nova atribución ao converterse en ferramenta de ascenso social.

Primeiro gravado heliográfico coñecido, obra de Niépce datada en 1825. Reproduce un gravado flamengo do XVIII e foi un precedente importante para a realización da primeira fotografía da natureza tirada cunha cámara escura un ano despois.

Outra das características deste primeiro período é a multiplicidade de procedementos para o fixado daimaxe. O primeiro negativo sobre papel foi obtido porJoseph Nicéphore Niépce en 1816, e dez anos máis tarde, en 1826, o propio Niépce realizou a primeira fotografía permanente da natureza[25]. En 1839, o invento é presentado publicamente naAcademia de Ciencias e Belas Artes de Francia, como fonte empírica de documentación da realidade.

As súas múltiplas utilidades, que ían desde a ciencia até á xustiza e á etnografía levaron ó francés Lumiére a sentenciar: "desde hoxe poderemos viaxar sen nos mover". A multiplicación de procesos non se detén. Ese mesmo ano,Louis Daguerre fai pública a invención dodaguerrotipo, que consistía nunha copia única realizada sobre unhaemulsión en soporte metálico, polo xeral de cobre. Porén, os daguerrotipos resultaban caros, pesados, difíciles de conservar e precisaban dun tempo de exposición moi prolongado.

Fronte a este formato, o primeiro negativo -co nome decalotipo, talbotipo ou impresión sobre papel salgado- é inventado porWilliam Henry Fox Talbot en 1835 (non foi patentado até 1841). Consistía nun negativo de papel, copiado sobre outra folla, que por contacto creaba un positivado. O papel era impregnado cunha solución ácida de nitrato de prata antes e despois da exposición. O revolucionario deste proceso consistía, primeiro, en rebaixar sensibelmente o tempo de exposición (entre 1 e 7 minutos), e segundo, en que por primeira vez era posíbel tirar múltiples positivados dun único negativo. Talbot conseguía, entón, a reprodutibilidade da fotografía.

En 1839, o astrónomo e químico ingléssir John Frederick William Herschel comunicou un descubrimento realizado en 1819 sobre o poder solvente do hiposulfito de sodio en contacto con sales de prata insolúbeis. Nese ano realizou o primeiro negativo de cristal e estableceu un precedente da súa utilización como axente fixador na fotografía. Herschel tamén introduciu en 1842 o proceso decianotipia, un proceso monocromo que produce unha impresión azul baseándose en dous compostos químicos, o citrato de ferro e o ferrocianuro de potasio. Porén, foiAnna Atkins, unha científica británica, a que levou o proceso cianotípico á fotografía, converténdose así na que é considerada a primeira muller fotógrafa.

En 1850,Blanquart Evrard comezou a empregar un composto de albumina de ovo e nitrato de prata que, estendido sobre o papel, conseguía que a emulsión do papel non reproducise imperfeccións e rugosidades, de modo que aumentaba a nitidez do produto.

En 1851 faise público un novo fito na historia da fotografía: ocolodión húmido, unha especie de verniz que se aplica ás placas e sobre o que se estende a emulsión química. O nome de "colodión húmido" fai referencia á necesidade de que a placa permaneza húmida durante todo o proceso de toma e revelado das imaxes. Aumentábase así a nitidez, pero, en cambio, os fotógrafos tiñan que levar canda si un pequeno laboratorio fotográfico para revelar a placa inmediatamente após a súa toma.

Ao mesmo tempo que se experimentaban diversos sistemas para mellorar a nitidez e o tempo de exposición, algúns científicos traballaban para fixar acor. Os primeiros experimentos de fotografía en cor non puideron fixar ben a imaxe e, ademais, eran incapaces de evitar que a cor terminase por esvaecerse. Ademais, até a década de 1870 as emulsións dispoñíbeis non eran sensíbeis ás luces verde e encarnada. Con todo, considérase que a primeira fotografía en cor permanente foi realizada polo físico escocésJames Clerk Maxwell mediante a mestura das trescores primarias (vermella, amarela e azul). Porén, a emulsión de Maxwell tiña unha sensibilidade cromática insuficiente, polo que seguiron producíndose investigacións.

Fotógrafos enValdoviño.

Doutra banda, a esixencia de manter húmida a placa desaparece en 1871, co descubrimento doxelatino-bromuro. Neste proceso, aplícase sobre a placa unha solución de bromuro, auga e xelatina sensibilizada con nitrato de prata. Aquilo supuxo eliminar un dos grandes inconvenientes do colodión húmido. Ademais, o tempo de exposición rebaixábase a 0,25 minutos, o que aproxima o concepto de instantánea.

En 1888,George Eastman lanzou ao mercado a cámaraKodak, que substituía as placas de cristal utilizadas até entón polo negativo de papel fotográfico, que pouco tempo despois foi á súa vez substituído polo carrete deceluloide, co que a casa Eastman-Kodak alcanzou un grande éxito comercial.

Xa en 1906,Wratten e Wainwright introducen a placa pancromática, sensíbel a todas as cores do espectro, mellorando así os produtos parcialmente sensíbeis elaborados até entón por outros investigadores comoLouis Ducos du Hauron,Charles Cros,Hermann W. Vogel ouSergei M. Prokudin-Gorskii. E só un ano despois, en 1907, os irmánsAuguste e Louis Lumière presentan a película en cor completamente funcional, oautocromo.

Desde os primeiros anos do s. XX até a década de 1930, continúanse a realizar experimentos e innovacións menores. En 1931 invéntase o flash electrónico; en 1935 aparece a primeira película diapositiva moderna en cor, a Kodakchrome, baseada en tres emulsións coloreadas, que é axiña mellorada polas tecnoloxías descubertas porAgfacolor en 1936: nesta tecnoloxía, os acopladores de cor xa están incluídos nas capas de emulsión. En 1942, Eastman-Kodak comezará a producir películas negativas en cor -asKodakolor- das que se podían obter copias positivas en cor.

A seguinte revolución na historia da tecnoloxía fotográfica produciuse en 1947, candos os laboratoriosPolaroid presentaron perante a Sociedade Óptica Estadounidense a primeira fotografía instantánea, cunha cámara que revelaba e positivaba a imaxe en 60 segundos. En 1963, introduciu aínda a fotografía instantánea en cor. A cámara Polaroid convertíase, desde a súa aparición, no aparato máis sofisticado e áxil até á década de 1990, cando aparezan as primeirascámaras dixitais.

A tecnoloxía fotográfica dixital, asentada no inicio do s. XXI, constitúe o último paso fundamental no perfeccionamento da fotografía: as imaxes son capturadas por un sensor electrónico que dispón de multitude de unidades fotosensíbeis e que arquiva os datos nunha memoria electrónica. A democratización da fotografía, que xa estaba en claro asentamento coas cámaras Kodak, prosegue coas cámaras dixitais que hoxe ocupan o mercado e cos dispositivos detelefonía móbil que incorporan cámaras fotográficas de alta resolución.

Fotografía en Galiza

[editar |editar a fonte]

As fotografías tomadas en Galiza máis antigas que se coñecen foron feitas por Andrés Cisneros o7 de setembro de1858, no marco da visita da raíñaIsabel II áExposición Rexional de 1858, celebrada enSantiago de Compostela.[26]

Técnicas

[editar |editar a fonte]
Os ángulos verticais, horizontais ou, como na imaxe, diagonais considéranse técnicas fotográficas importantes

.

No proceso de captura de imaxes para fotografía utilízase unha gran variedade de técnicas e medios fotográficos. Entre elas atópanse a cámara fotográfica; a fotografía dual; os medios de espectro completo, ultravioleta e infravermello; a fotografía de campo luminoso; e outras técnicas de imaxe.

Cámara fotográfica

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cámara fotográfica.

A cámara é o dispositivo de formación de imaxes, e unhaplaca fotográfica,película fotográfica ou unsensor de imaxe electrónico desilicio é o medio de captura. O medio de gravación respectivo pode ser a propia placa ou película, ou unha memoria dixital magnética ou electrónica.[27]

Os fotógrafos controlan a cámara e o obxectivo para "expoñer" o material de rexistro da luz á cantidade necesaria de luz para formar unha "imaxe latente" (en placa ou película) ouarquivo RAW (en cámaras dixitais) que, tras o procesamento adecuado, convértese nunha imaxe utilizable. Ascámaras dixitais utilizan un sensor electrónico de imaxe baseado en electrónica sensible á luz, como a tecnoloxía dundispositivo de carga acoplada (charge-coupled device: CCD) ou dunsemicondutor complementario de óxido metálico (complementary metal-oxide-semiconductor:CMOS). A imaxe dixital resultante almacénase electronicamente, pero pode reproducirse en papel.

A cámara fotográfica (ou 'cámara escura') é unha habitación ou cámara escura da que, na medida do posible, exclúese toda a luz excepto a que forma a imaxe. Foi descuberta e utilizada no século XVI polos pintores. Con todo, o suxeito fotografado debe estar iluminado. As cámaras poden ser desde pequenas ata moi grandes, toda unha habitación que se mantén ás escuras mentres o obxecto para fotografar está noutra habitación onde se ilumina adecuadamente. Isto era habitual na fotografía de reprodución de copias planas cando se utilizaban grandes negativos de película.

Tan pronto como os materiais fotográficos fixéronse o suficientemente "rápidos" (sensibles) como para tomarfotografías na rúa ou fotografías subrepticias, fabricáronse pequenas cámaras "de detectives", algunhas delas disfrazadas de libro, bolso ou reloxo de peto (a cámaraTicka) ou mesmo ocultas tras unha gravataAscot cun alfinete de gravata que en realidade era o obxectivo.

Acámara de cine é un tipo de cámara fotográfica que toma unha secuencia rápida de fotografías nun soporte de gravación. A diferenza dunha cámara fixa, que captura unha soa instantánea cada vez, a cámara de cine toma unha serie de imaxes, cada unha das cales se denomina "fotograma". Isto conséguese mediante un mecanismo intermitente. Os fotogramas reprodúcense posteriormente nun proxector de cine a unha velocidade específica, denominada "frecuencia de imaxe" (número de fotogramas por segundo). Durante o visionado, os ollos e o cerebro dunha persoa fusionan as imaxes separadas para crear a ilusión de movemento.[28]

Estereoscópico

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Estereoscopia.

As fotografías, tanto monocromas como en cor, poden capturarse e visualizarse mediante dúas imaxes paralelas que emulan a visión estereoscópica humana. A fotografía estereoscópica foi a primeira que captou figuras en movemento.[29] Aínda que coloquialmente coñécese como fotografía "3-D", o termo máis preciso é estereoscopía. Este tipo de cámaras realízanse desde hai tempo con película e, máis recentemente, con métodos electrónicos dixitais (incluídas as cámaras dos móbiles).

Fotografía dual

[editar |editar a fonte]
Exemplo de fotografía dual cunha aplicación parateléfono intelixente.

A fotografía dual consiste en fotografar unha escena desde ambos os lados dun dispositivo fotográfico á vez (por exemplo, cámara para unha fotografía dual acaroada ou dúas cámaras en rede para unha fotografía dobre en plano frontal). O aparello de dobre fotografía pode utilizarse para capturar simultaneamente ao suxeito e ao fotógrafo, ou ambos os lados dun lugar xeográfico á vez, engadindo así unha capa narrativa suplementaria á dunha soa imaxe.[30]

Espectro completo, ultravioleta e infravermello

[editar |editar a fonte]
Esta imaxe dosaneis de Saturno é un exemplo da aplicación dafotografía ultravioleta enastronomía,

As películasultravioleta einfravermella están dispoñibles desde hai moitas décadas e empréganse en diversas vías fotográficas desde os anos sesenta. As novas tendencias tecnolóxicas da fotografía dixital abriron un novo camiño nafotografía de espectro completo, onde as coidadosas eleccións de filtrado no ultravioleta, o visible e o infravermello dan lugar a novas visións artísticas.

As cámaras dixitais modificadas poden detectar parte do espectro ultravioleta, todo o espectro visible e gran parte do espectro infravermello próximo, xa que a maioría dos sensores de imaxe dixital son sensibles a lonxitudes de onda de entre 350 e 1000 nm. Unha cámara dixital comercial contén un filtro infravermelloespello quente que bloquea a maior parte do infravermello e unha pequena parte do ultravioleta que, doutro xeito, sería detectado polo sensor, reducindo o rango aceptado de aproximadamente 400 nm a 700 nm.[31]

A substitución dun espello quente ou un filtro bloqueador de infravermellos por un filtro de paso de infravermellos ou un filtro de transmisión espectral ampla permite á cámara detectar un espectro de luz máis amplo con maior sensibilidade. Sen o espello quente, os microfiltros de cor vermella, verde e azul (ouciano, amarelo emaxenta) colocados sobre os elementos do sensor deixan pasar cantidades variables de ultravioleta (xanela azul) e infravermello (principalmente os microfiltros vermellos e, en menor medida, os verdes e azuis).

A fotografía de espectro completo utilízase nafotografía artística, naxeoloxía, naciencia forense e na aplicación da lei.

Fotografía como arte

[editar |editar a fonte]
Augusto De Luca, (1980)

Cando os coñecementos enóptica estiveron o suficientemente avanzados, ospintores descubriron a maneira de proxectar unhaimaxe sobre unha película depapel conaceite. O que lles permitía tomar notas rapidamente coa desvantaxe dunha inversión da imaxe e un reducido tamaño.

Isto coincide coa auxe dorealismo napintura.

Máis tarde descubríronse técnicas usando clara de ovo que facían posible lograr que a imaxe por si mesma se quedase gravada no papel. Esta técnica foise perfeccionando grazas á comprensión do fenómeno químico implicado e a unha continua experimentación con materiais alternativos. Axiña foi posible ter unha caixa cun papel fotosensible oculto daluz, un canón co que enfocala, e un obturador para facer pasar a luz o tempo suficiente para que impresionara á película.

A fotografía comoarte,ciencia e experiencia humana foron evolucionado en paralelo durante este tempo. En canto foi posible facer dacámara un dispositivo móbil doado de manexar apareceu a posibilidade de influír no espectador mediante a posición da cámara e o seuenfoque, o que permitían trasladar a subxectividade do fotógrafo á fotografía, amais de ir construíndo unhalinguaxe artística.

A linguaxe artística fotográfica partiu da herdanza da pintura, así a todo ampliou rapidamente o seuléxico grazas á facilidade de facer enfoques extremos (picados,contrapicados,..) a captura do movemento con longos tempos de obturador, e a decisión do momento. A presión sobre o fotógrafo para marcar a súa subxectividade na fotografía forxou unha linguaxe chea de sutilezas pero perfectamente comprensible, moi directa para calquera observador.

Hoxe en día a fotografía é practicada en todo o mundo por millóns de persoas armadas con boas cámaras fotográficas. Para a fotografía artística son preferibles actualmente as cámaras cunha boa óptica e moitas opcións que engadan flexibilidade, fronte ás cámaras orientadas ó consumidor, onde a óptica e o obturador son dirixidos pola electrónica restando ó feito de facer unha foto gran parte da súa imprevisibilidade. A aparición das cámaras dixitais, cámaras mixtas con vídeo, e a fotografía en contornos de realidade virtual complican, arrequecendo, o futuro desta arte.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "La fotografía, el arte de expresar por medio del lente de una cámara la realidad"(encastelán). Consultado o 2022.11.22. 
  2. Kossoy, Boris (2004).Hercule Florence : el descubrimiento de la fotografía en Brasil (1a ed ed.). Instituto Nacional de Antropología e História.ISBN 968-03-0020-X.OCLC 59139803. Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  3. Kossoy, Boris (2006).Hercule Florence: a descoberta isolada da fotografia no Brasil(enportugués). EdUSP.ISBN 978-85-314-0944-8. Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  4. "Photophys.com: The Science of Photography: Appreciation through Understanding".photophys.com. Arquivado dendeo orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  5. Mathur, P.; Mathur, K.; Mathur, S. (6 de marzo de 2014).Developments and Changes in Science Based Technologies(eninglés). Partridge Publishing. p. 50.ISBN 978-1-4828-1398-2. Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  6. 6,06,1Eder, Josef Maria, 1855-1944,.History of photography. p. 258-59.ISBN 0-486-23586-6.OCLC 4005270. Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  7. "Sir John Frederick William Herschel (British, 1792 - 1871) (Getty Museum)".The J. Paul Getty in Los Angeles(eninglés). Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  8. Fontcuberta, Joan, 1955- (2015).El beso de Judas (3a ed ed.). Gustavo Gili.ISBN 978-84-252-2832-2. Consultado o 20 de outubro do 2023. 
  9. Campbell, Jan (2005)Film and cinema spectatorship: melodrama and mimesisArquivado 2016-04-29 enWayback Machine.. Polity. p. 114.ISBN0-7456-2930-X
  10. 10,010,1Krebs, Robert E. (2004).Groundbreaking Scientific Experiments, Inventions, and Discoveries of the Middle Ages and the Renaissance. Greenwood Publishing Group. p. 20.ISBN 978-0-313-32433-8. 
  11. Crombie, Alistair Cameron (1990)Science, optics, and music in medieval and early modern thought. A&C Black. p. 205.ISBN978-0-907628-79-8
  12. Wade, Nicholas J.; Finger, Stanley (2001). "The eye as an optical instrument: from camera obscura to Helmholtz's perspective".Perception30 (10). pp. 1157–77.PMID 11721819.doi:10.1068/p3210. 
  13. 13,013,1Plott, John C. (1984).Global History of Philosophy: The Period of scholasticism (part one). Motilal Banarsidass Publ. p. 460.ISBN 978-0-89581-678-8.Segundo Nazir Ahmed, se os compañeiros de traballo e os estudantes de Ibn-Haitham fosen tan espertos como el, poderían mesmo inventar a arte da fotografía, xa que os experimentos de al-Haitham con espellos convexos e cóncavos e a súa invención da "cámara estenopeica" pola que se proxecta a imaxe volteada da chama dunha vela foron algúns dos seus moitos éxitos na experimentación. Así mesmo, case se podería afirmar que se anticipou en gran medida ao que fixo Fechner no século XIX na experimentación con imaxes posteriores. 
  14. 14,014,1Belbachir, Ahmed Nabil (2009).Smart Cameras. Springer Science & Business Media.ISBN 978-1-4419-0953-4.A invención da cámara fotográfica remóntase ao século X, cando o científico árabe Al-Hasan Ibn al-Haytham aliasAlhazen proporcionou a primeira descrición clara e a primeira análise correcta do proceso da visión (humana). Aínda que os efectos da luz única que atravesa o estenopo xa foran descritos polo chinés Mozi (Lat. Micius) (século V a.C.), o grego Aristóteles (século IV a.C.) e o árabe 
  15. Wade, Nicholas J.; Finger, Stanley (2001).The eye as an optical instrument: from camera obscura to Helmholtz's perspective.Perception30. pp. 1157–1177.PMID 11721819.doi:10.1068/p3210.Os principios da cámara escura empezaron a analizarse correctamente no século XI, cando os expuxo Ibn al-Haytham. 
  16. Needham, Joseph.Science and Civilization in China, vol. IV, part 1: Physics and Physical Technology(PDF). p. 98. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 3 de xullo de 2017. Consultado o 20 de outubro do 2023.Alhazen utilizou a cámara escura especialmente para observar eclipses solares, como tamén se di que fixo Aristóteles, e parece que, do mesmo xeito que Shen Kua, tivo predecesores no seu estudo, xa que non o reivindicou como un novo achado propio. Pero o seu tratamento foi por primeira vez competentemente xeométrico e cuantitativo. 
  17. "Who Invented Camera Obscura?".Photography History Facts.Todos estes científicos experimentaron cun pequeno orificio e luz, pero ningún deles suxeriu que se utilizase unha pantalla para que a imaxe dun lado dun orificio na superficie puidese proxectarse na pantalla do outro. O primeiro en facelo foi Alhazen (tamén coñecido como Ibn al-Haytham) no século XI. 
  18. Needham, Joseph.Science and Civilization in China, vol. IV, part 1: Physics and Physical Technology(PDF). p. 99. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 3 de xullo de 2017. Consultado o 20 de outubro do 2023.Ta xenialidade da visión de Shen Kua sobre a relación entre o punto focal e o estenopo apréciase mellor cando lemos en Singer que Leonardo dá Vinci (+ 1452 a + 1519) foi o primeiro en comprendela en Europa, case cincocentos anos despois. Leonardo pensaba que a lente do ollo volteaba o efecto estenopeico, de modo que a imaxe non aparecía volteada na retina, aínda que de feito estao. En realidade, a analogía entre punto focal e punto estenopeico debeu de ser comprendida por Ibn al-Haitham, que morreu xusto na época en que naceu Shen Kua. 
  19. Davidson, Michael W (13 de novembro de 2015)."Albertus Magnus".Molecular Expressions: Science, Optics and You. National High Magnetic Field Laboratory at The Florida State University. Arquivado dendeo orixinal o 22 de decembro de 2015. 
  20. Potonniée, Georges (1973).The history of the discovery of photography. Arno Press. p. 50.ISBN0-405-04929-3
  21. 21,021,1Gernsheim, Helmut (1986).A concise history of photographyArquivado 2016-04-29 enWayback Machine.. Courier Dover Publications. pp. 3–4.ISBN0-486-25128-4
  22. Gernsheim, Helmut and Gernsheim, Alison (1955)The history of photography from the earliest use of the camera obscura in the eleventh century up to 1914.Oxford University Press. p. 20.
  23. Werge, John (1 de decembro de 1894)."The Oldest Photograph".The Newcastle Weekly Chronicle. p. 10. 
  24. Litchfield, R. 1903. "Tom Wedgwood, the First Photographer: An Account of His Life." London, Duckworth and Co. See Chapter XIII. Includes the complete text of Humphry Davy's 1802 paper, which is the only known contemporary record of Wedgwood's experiments. (Retrieved 7 May 2013via archive.orgArquivado 2015-10-07 enWayback Machine.).
  25. "Exhibición na Universidade de Texas". Arquivado dendeo orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  26. "As fotos máis antigas de Galicia"Arquivado 24 de setembro de 2015 enWayback Machine., artigo deQuique Alvarellos enEl Correo Gallego, 23 de abril de 2013.
  27. "Glossary: Digital Photography Review". Dpreview.com. Arquivado dendeo orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  28. Anderson, Joseph; Anderson, Barbara (primavera do 1993)."The Myth of Persistence of Vision Revisited".Journal of Film and Video45 (1). pp. 3–12. Arquivado dendeo orixinal o 24 de novembro de 2009. 
  29. Belisle, Brooke (2013)."The Dimensional Image: Overlaps In Stereoscopic, Cinematic, And Digital Depth".Film Criticism. 37/38 (3/1). pp. 117–37. 
  30. Zand, Tristan (8 de abril de 2017)."An introduction to Dualphotography".Dual.Photo (Medium.com). Arquivado dendeo orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 23 de xullo do 2024. 
  31. Twede, David.Introduction to Full-Spectrum and Infrared photography. surrealcolor.110mb.com

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  FotografíaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Langford, Michael.La C paso a paso. Hermann Blume Ediciones.ISBN 84-87756-01-8.
  • Sierra Puparelli, Vicente.La fotografía en el aula. 1992. Akal Ediciones.ISBN 84-7600-720-5.
  • Bonetto, María Julia (2016). «El uso de la Fotografía en la investigación social». Revista Latinoamericana de Metodología de la Investigación Social (ReLMIS) n.º 11, ano 6, abril-setembro de 2016. Arxentina. Estudios Sociológicos Editora. ISSN 1853-6190; pp. 71-83. Dispoñible en:http://www.relmis.com.ar/ojs/index.php/relmis/article/view/151
  • Russell, A. e Díaz, N. (2013) «Photography in social work research: Using visual image to humanize findings», en Qualitative Social Work N.º 12 (4), pp. 433-453.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fotografía&oldid=7301351»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp