Fosfatidilserina | |
---|---|
![]() | |
Identificadores | |
Número CAS | 8002-43-5 |
PubChem | 6323481 |
ChemSpider | 13628254 |
DrugBank | DB00144 |
ChEBI | CHEBI:18303 |
Imaxes 3DJmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C13H24NO10P |
Masa molecular | 385,304 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Afosfatidilserina (abreviada como PS) é unfosfolípido que forma parte das membranas celulares[1]. É unfosfoglicérido, xa que está formada por un diacilglicérido (glicerina esterificada con dousácidos graxos) esterificada no OH que queda libre por unfosfato e este poloaminoácidoserina[2]. É unha moléculaanfipática, xa que a parte da serina e o fosfato é polar e a parte do diacilglicérido é apolar.
Xeralmente, a fosfatidilserina mantense na capa interna oucitosólica dabicapa lipídica damembrana plasmática grazas á actuación dunencima chamadoflipase. Cando unha célula sofreapoptose, a fosfatidilserina aparece nas dúas capas da membrana, polo que tamén queda exposta na superficie da célula.
Nos primeiros estudos sobre a fosfatidilserina, esta obtívose a partir de compoñentes do cerebro bovino; pero debido á preocupación polaencefalopatía esponxiforme bovina (mal das vacas tolas), os estudos posteriores realizáronse con fosfatidilserina obtida dasoia. Os ácidos graxos contidos na fosfatidilserina de soia son diferentes dos que aparecen na de bovino. Porén, os estudos preliminares indicaron que o produto extraído da soia é polo menos tan eficaz coma o de orixe bovina.[3][4]
O 13 de maio de 2003, a axencia norteamericanaFood and Drug Administration (FDA) declarou que, “baseándose na súa avaliación da totalidade da evidencia científica dispoñible publicamente, a Axencia conclúe que non hai un acordo científico significativo entre expertos cualificados de que exista unha relación entre a fosfatidilserina e a redución do risco de demencia ou deterioración cognitiva”. Aínda así, a FDA deulle á fsosfatidilserina o status de substancia “pretendidamente saudable cualificada” (qualified health claim), afirmando que “o consumo de fosfatidilserina podería reducir o risgo de demencia e de disfunción cognitiva nos anciáns” e o "reducir o risco de disfunción cognitiva nos anciáns" (é dicir, hai indicios de que pode ser beneficiosa, pero non está demostrado).
Demostrouse que a fosfatidilserina acelera a recuperación, prevén a dor muscular, mellora o benestar e pode ter propiedades ergoxénicas en ciclistas, levantadores de pesas e corredores de fondo. Informouse que a fosfatidilserina da soia, en doses de 400 mg, é un complemento eficaz para combater o estrés inducido polo exercicio ao diminuír os altos niveis decortisol[5] O suplemento de fosfatidilserina promove un equilibrio hormonal desexable en atletas e podería diminuír a deterioración fisiolóxica que acompaña o sobreentrenamento e/ou o sobreestiramento.[6] Outros estudos mostran que mellora o estado de ánimo en situacións de estrés e a prestación deportiva dos golfistas.[7]
Os primeiros estudos piloto indican que o suplemento de fosfatidilserina podería ser beneficioso para os nenos que padecen otrastorno por déficit de atención con hiperactividade.[8][9]
Tradicionalmente, os suplementos de fosfatidilserina eran obtidos do córtex bovino, pero, debido á posible transferencia de enfermidades infecciosas, a fosfatidilserina obtida da soia estableceuse como unha alternativa potencialmente segura. A fosfatidilserina de soia é un suplemento nutricional para as persoas maiores en doses de 200 mg tomadas tres veces ao día.[10] Un dato negativo é que se demostrou que a fosfatidilserina reduce a resposta inmune específica nosratos.[11][12]
A fosfatidilserina pode encontrarse na carne, pero é máis abundante no cerebro e en órganos, comofígado eril. Podemos encontrar fosfatidilserina en produtos lácteos ou en vexetais, con excepción dos feixóns brancos, pero só en pequenas cantidades.
Táboa 1. Cantidade atopada en diferentes alimentos.[13]
Alimento | Contido de PS en mg/100 g |
---|---|
Cerebro debovino | 713 |
Xarda do Atlántico | 480 |
Corazón depolo | 414 |
Arenque do Atlántico | 360 |
Anguía | 335 |
Vísceras (valor medio) | 305 |
Bazo deporco | 239 |
Riles de porco | 218 |
Atún | 194 |
Coxas de polo con pel e sen óso | 134 |
Fígado de polo | 123 |
Feixóns brancos | 107 |
Peituga de polo con pel | 85 |
Tenreira | 72 |
Carne devacún | 69 |
Carne deporco | 57 |
Fígado de porco | 50 |
Coxas depavo sen pel nin óso | 50 |
Peituga de pavo sen piel | 45 |
Cangrexo de río | 40 |
Choco | 31 |
Bacallau do Atlántico | 28 |
Anchoa | 25 |
Orxo de gran enteiro | 20 |
Pescada | 17 |
Sardiña | 16 |
Troita | 14 |
Lecitina de soia | 10-20 |
Arroz (integral) | 3 |
Cenoria | 2 |
Leite deovella | 2 |
Leite devaca (enteira, 3,5% graxa) | 1 |
Pataca | 1 |
A inxesta media diaria de fosfatidilserina na dieta dos países occidentais estímase en 130 mg.
A anexina-A5 é unha proteína natural con grande afinidade pola fosfatidilserina. A anexina-A5 marcada permite a visualización das células ao inicio e durante o estado de apoptosein vitro ouin vivo. Outra proteína que se enlaza á fosfatidilserina é a Mfge8.
A anexina-A5 marcada contecnecio permite distinguir entre tumores benignos e malignos, xa que a patoloxía dos malignos presenta unha alta taxa dedivisión celular e apoptose, e a dos benignos, unha baixa taxa de apoptose.