AsForzas de Paz da ONU, popularmente coñecidas comocascos azuis pola cor dos seus cascos, son corpos militares encargados de crear e manter a paz en áreas de conflito, controlar e observar os procesos de paz e dar asistencia a ex combatentes na implementación de tratados con fins pacíficos. Actúan por mandato directo doConsello de Seguridade da ONU e nel forman parte membros das forzas armadas e policiais dos países integrantes dasNacións Unidas, integrándose así nunha forza multinacional.