Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Forró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Típico trío de forró pé-de-serra:zabumba,sanfona e triángulo (CaruaruPernambuco).
Danza do forró.

Oforró é un xéneromusical e a súadanza, en ambos os dous casos con orixe na rexión nordeste doBrasil.

Historia

[editar |editar a fonte]

O forró é especialmente popular nas cidades deCaruaru eCampina Grande, onde é símbolo daFesta de San Xoán, e nas capitaisFortaleza,Natal eRecife onde se promoven grandes festas que duran a noite toda.Forró tamén é o nome dado a estas festas.

Rigorosamente, o forró é un conxunto de estilos musicais relacionados, e non un único. Entre varios ritmos diferentes que se identifican comunmente como forró, destácanse obaião, ocôco, orojão, aquadrilha, oxaxado, oarrasta-pé e oxote.

Orixe do nome

[editar |editar a fonte]

O termoforró, segundo o mestrepotiguarCâmara Cascudo, notábel estudoso das manifestacións culturais populares, ven da redución da palabraforrobodó, que significa "alén de arrastra-pé, farra, confusión, desorde".

É frecuente asociar a orixe da palabraforró coa expresión inglesafor all (para todos), como unanglicismo. Para esa versión foi construída unha enxeñosa historia: no inicio doséculo XX, osenxeñeirosbritánicos, instalados enPernambuco para construír a ferrovíaGreat Western, promovían bailes abertos ao público, ou sexafor all. Así,for all pasaría a ser, no vocabulario do pobo nordestino,forró (a pronuncia máis próxima). Outra versión da mesma historia substitúe os ingleses polosnorte-americanos e oPernambuco do inicio doséculo XX porNatal no período dasegunda guerra mundial, cando unha base militar dosEstados Unidos foi instalada na cidade. A pesar de xocosa a versión, non hai sustentación para a orixe anglicista do termo.

A música

[editar |editar a fonte]

Os instrumentos tradicionais do forró son otriángulo (instrumento musical), oacordeón e azabumba, acompañados ás veces dunpandeiro. A música é practicamente sempre acompañada do canto polos músicos.

O tema das cancións é o amor (paixón, celos, lembranza dun amor...) e o ritmo é vivo e alegre. Este xénero provén dunha mestura do tambor indíxenaprecolombiano e do acordeón doscolonoseuropeos.

O baile

[editar |editar a fonte]

O forró é a base dunha danza en parella (moi xunta), aínda que se pode bailar tamén en ronda. O paso é relativamente simple: dous pasos á esquerda, dous pasos á dereita. El impúlsaa a ela e pode facela describir voltas entre as demais parellas. Os pasos poden ser saltiños.

Artistas

[editar |editar a fonte]

Existen innumerábeis orquestras de forró por todo o Nordeste brasileiro e moitas agrupacións improvisadas. Con frecuencia levan un nome baseado nun tipo de comida, comoMastruz con jeite e noda deCaju (noda é ocarozo); outras coñecidas son Brucelosa e Baba de Moça.

Algúns artistas que teñen divulgado os ritmos do forró para alén das festas populares foronLuiz Gonzaga,Sivuca,Dominguinhos eElba Ramalho.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Forró

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Ritmos e xéneros músicais latinoamericanos e caribeños en xeral
Xéneros
Raíces daSalsa
Instrumentos musicais
Intérpretes e compositores
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Forró&oldid=6299936»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp