Unforno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado. Utilízase xeralmente nacociña para quentar, cocer ou secar alimentos.
A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).
Forno de leña. Funcionan a partir de materiais forestais, o cal representa un grave risco ecolóxico na actualidade.
Forno de gas. Son unha boa opción xa que teñen unha cocción similar aos de leña. En canto ás implicacións ecolóxicas é aínda mellor xa que estes non mandan ao ambiente gases dunha combustión non controlada.
Forno eléctrico. Aínda cando os fornos eléctricos son totalmente automatizados, a cocción non é a óptima e o consumo de electricidade é alto.
Forno solar. O funcionamento radica no máximo aproveitamento dos recursos solares para obter enerxía calorífica. Aínda que chega a funcionar en días nubrados, os tempos de cocción son elevados.
Forno de microondas. Funciona mediante a xeración de ondas electromagnéticas que interaccionan coas moléculas de auga contidas nos alimentos. A interacción consiste en aproveitar as propiedades resonantes das moléculas de auga que absorben a enerxía das ondas electromagnéticas, elevando a súa temperatura.
O forno convencional de cociña utilízase para enfornar, cocer, quentar ou asar comida. A lista de alimentos que se preparan deste xeito inclúe acarne, opeixe, opan, ospasteis e outrassobremesas. Nalgúns países como nacociña india adóitanse empregar abundantemente e elaboran pratos especiais que se denominanao tandoor (ao forno).
Na industria e a artesanía cerámica utilízanse fornos para cocer, secar e endurecerarxila.
Utilízanse distintos tipos de fornos para o secado de materiais húmidos, tales comomadeira,pintura sobremetal etc.