Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Formoso, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2017.)
Modelo:BiografíaFormoso, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 816Editar o valor en Wikidata
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 896Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteenvelenamentoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San PedroEditar o valor en Wikidata
111ºPapa
10 de outubro de 891 – 4 de abril de 896
← Estevo VBonifacio VI →
Bishop of Porto-Santa Rufina(en)Traducir
846 –Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, sacerdote católico, escritorEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
897Concilio CadavéricoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia BritannicaEditar o valor en Wikidata
WikiTree: Di_Roma-37Find a Grave: 8822314Editar o valor en Wikidata
OConcilio Cadavérico ao que se someteu o corpo do defunto Formoso.

Formoso, nado probablemente enRoma cara ao 816 e finado nesa cidade o4 de abril de896, foi Papa desde o891 ata a súa morte.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Converteuse en Bispo-Cardeal de Porto no 864. Emprendeu misións diplomáticas enBulgaria (866) e máis enFrancia (869 e 872), onde persuadiu aCarlos o Calvo, rei de Francia, para que fose coroado polo Papa.

Desde 872 foi candidato ao trono pontificio. Mais ese ano mesmo, Roma e a corte do papaXoán VIII creáronlle complicacións políticas. Xoán VIII convocou un sínodo, séndolle dada orde a Formoso orde de presentarse so pena de excomuñón, baixo a acusación de ter aspirado ao arcebispado de Bulgaria e á cátedra de San Pedro, de terse oposto ao Emperador, de abandonar a súa diocese sen autorización papal, de despoxar os mosteiros de Roma, de celebrar o servizo divino a pesar dunha prohibición que pesaba sobre de el, e mesmo de ter conspirado con certas personaxes para destruír a sé pontificia. A sentenza de excomuñón contra Formoso e outros foi promulgada en xullo de872. Seis anos logo, en878, foille levantada, despois de que prometera que non había volver nunca a Roma, nin exercer funcións sacerdotais.

O papa Mariño I, que sucedeu a Xoán VIII en 883 tornoulle a súa diocese de Porto. Logo dos pontificados de Mariño, Hadriano III (884-885) e de Estevo V (885-891), Formoso foi elixido papa o6 de outubro de891.

Foi obrigado a coroar como Emperador ao duqueGuido II de Spoleto en abril de 892, atopándose enleado nun bo número de problemas ben difíciles: o patriarcaFocio, enConstantinopla, dimitira antes de que Estevo, fillo do Emperador Basilio I, tomase o poder. Os arcebispos deHamburgo eColonia disputaban polo bispado deBremen. Eudes, conde de París, e Carlos o Simple, pelexaban en Francia pola coroa. Formoso convenceu aArnulfo de Carintia para que fose a Roma e liberase Italia. No 894, Arnulfo conquistou todo o país ao Norte do río Po. Guido morreu en decembro, deixando seu fillo Lamberto, ao coidado da súa nai Agiltrude, contraria aos Carolinxios. En outubro de 895, Arnulfo emprendeu a súa segunda campaña enItalia e no 896 era coroado polo papa en Roma. O novo Emperador marchou sobreSpoleto, mais enfermo de parálise no camiño, quedou impedido para continuar a campaña iniciada.

Morte

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Concilio Cadavérico.

O4 de abril do896, Formoso faleceu. Sucedérono os papasBonifacio VI eEstevo VI. Este último so influencia de Lamberto e Agiltrude, montou un xuízo contra Formoso en 897, o coñecido comoconcilio cadavérico. O seu cadáver foi exhumado, revestido das roupas e ornamentos pontificios, e foi sentado sobre un trono, para que se enfrontase a todas as acusacións que noutrora lle levantara Xoán VIII. O veredicto foi que o defunto non era digno do pontificado. Foron anuladas todos os actos e medidas que adoptara e as ordes que conferira el, como papa, declaradas inválidas. Fóronlle arrincados vestidos e ornamentos pontificios, os tres dedos da súa man dereita, que empregara nas consagracións, fóronlle cortados e, por último, o seu cadáver foi botado norío Tíber. Sería atopado entre redes de pescadores e, así que faleceu Estevo VI, os restos serían inhumados de novo na basílica de San Pedro, ao tempo que se prohibía tentar no futuro procesos contra defuntos.

O papaSerxio III (904-911) confirmou, porén, máis tarde as condenas contra Formoso, e esixiu unha nova consagración dos bispos que el designara. Isto deu lugar a unha gran confusión. Aínda máis tarde a validez das consagración de Formoso foi recoñecida de novo e a decisión adoptada por Serxio condenada pola Igrexa, que á inversa, pasou a ser considerado un gran pecador e culpábel de varios asasinatos.

Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrePapas é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Formoso,_papa&oldid=6696230»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp