Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fondo cotizado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2020.)
Ningún artigo liga con este
Este artigoé orfo, xa que carece doutros artigos queapunten cara a el.
Por favor,engade ligazóns a esta páxina desde outrosartigos relacionados con este.

Osfondos cotizados, máis coñecidos comoETF (deexchange-traded funds), son cestas de valores compostas poraccións que replican normalmente índices ou sectores determinados. A diferenza cosfondos de investimento tradicionais radica en que son fondos que cotizan como calquera outra acción.

Unen, por tanto, dous métodos populares de investimento: proporcionan a axilidade e os baixos custos operativos das accións, pero ademais proporcionan a diversificación dos fondos de investimento.

A flexibilidade dos fondos cotizados é tal que incluso existen opcións e produtos derivados sobre estes.

Como debilidade respecto ós fondos de investimento cómpre dicir que os fondos cotizados non gozan da actualfiscalidade vantaxosa dos primeiros, isto é, a posibilidade de transferir dun fondo a outro sen tributa-los impostos (os fondos tradicionais permiten operar coas plusvalías dos fondos sen ter que aboar as retencións fiscais ata o momento da liquidación do fondo).

Outro método de investimento de crecente popularidade son osfondos de investimento libre ouHedge Funds. Estes fondos buscan unha maior rendibilidade á custa dunha maior opacidade de cara ó investidor, ao dotar o xestor do fondo dunha maior liberdade operativa para acadar a dita rendibilidade. Non obstante, estes fondos son máis parecidos ós fondos de investimento tradicionais, dado que non cotizan.

Comparativa cos fondos de investimento tradicionais

[editar |editar a fonte]
  • Dous métodos de obter beneficio: revalorización do fondo (mediante a revalorización dos seus activos) ou revalorización da cotización do fondo (polaoferta e a demanda). Normalmente esta última irá asociada á primeira, pero poden xurdir ocos que se traduzan en oportunidades.
  • Transparencia e maior liquidez: ó entrar ou saír dun fondo de investimento tradicional, ó investidor adxudícaselle o prezo ao pechamento da sesión, non no momento de introducir a orde. Isto fainos malas ferramentas en escenarios de elevada volatilidade. Pola contra, nos fondos cotizados, sabemos en calquera momento o prezo ao que cotizan, sendo este o prezo ó que poderemos entrar ou saír, de desexalo.
  • Maior diversificación: normalmente, os fondos cotizados van replicar índices enteiros ou un gran número de accións dun sector determinado, o que se traducirá nunha elevada diversificación do investimento, moito maior normalmente da dos fondos de investimento. Isto proporciona unha menor exposición ós problemas dunha empresa en particular.
  • Independencia dun xestor do fondo: os fondos tradicionais dependen dun ou varios xestores que deciden que valores e en que cantidade compoñen o fondo en cada momento, rotando os activos frecuentemente. Isto provoca unha gran dependencia entre a rendibilidade do fondo e a habilidade do seu xestor. Nos fondos cotizados desaparece a figura do xestor: somos nós quen eliximos o fondo que queremos e os seus compoñentes non van variar dende a súa constitución.
  • Menores custos de xestión: as comisións de xestión dun fondo de investimento rolda o 1,75% de media, mentres que no caso dos fondos cotizados van normalmente dende 0,05% ata o 0,2% e nalgúns casos son consideradas como accións coas súas mesmas comisións.


Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fondo_cotizado&oldid=6084915»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp