Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2013.) |
| Fokker Dr.I | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Instancia de | |||||||||||
Subclase de | |||||||||||
Uso | |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
Deseñador/a | |||||||||||
Desenvolvedor | |||||||||||
Operador/a | |||||||||||
| Produción | |||||||||||
Fabricante | |||||||||||
Total producido | |||||||||||
| Características | |||||||||||
Autonomía | |||||||||||
Potencia | |||||||||||
Velocidade máxima | |||||||||||
Impulsado por | |||||||||||
Armamento | |||||||||||
| Dimensión | |||||||||||
| |||||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||||
Primeiro voo | |||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
Descrito pola fonte | |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
OFokker Dr.IDreidecker (triplano) foi un caza daprimeira guerra mundial fabricado porFokker-Flugzeugwerke. O Dr.I foi moi utilizado na primavera de1918. Fíxose coñecido per ser o avión co calManfred von Richthofen obtivo as súas derradeiras 19 vitorias, e no cal morreu o21 de abril de1918.
En febreiro de1917, oSopwith Triplane comezou a aparecer sobre a fronte occidental. A pesar do seu armamento composto por unha única metralladora Vickers, o Sopwith rapidamente demostrou ser superior aos cazas máis fortemente armadosAlbatros, entón en uso polaLuftstreitkräfte. Fokker-Flugzeugwerke respondeu convertendo o prototipo non rematado dun biplano noV.4, un pequeno triplano con motor rotativo, fuselaxe de tubo de aceiro e grosas ás en saínte. Nun principio foi desenvolvido durante a colaboración mandada polo goberno conHugo Junkers. As primeiras probas revelaron que o V.4 tiña unhas forzas de control inaceptadamente altas, debido ao uso de aleróns e elevadores non equilibrados.
No lugar de presentar o V.4 para unha proba do modelo, Fokker fabricou un prototipo revisado designadoV.5. Os cambios máis destacables foron a introdución de aleróns e elevadores equilibrados, ademais de ás máis grandes. O V.5 tamén contaba con puntais entre os planos, que non eran necesarios dende un punto de vista estrutural, pero minimizaban a flexión das ás. O14 de xullo de1917,Idflieg realizou un pedido de 20 avións de pre-produción. O prototipo V.5, número de serie 101/17, foi probado ata a súa destrución en Adlershof o11 de agosto de 1917.