Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fobos-Grunt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fobos-Grunt
Modelo de Fobos-Grunt
TipoCientífico
Data de lanzamento8 de novembro de 2011[1][2][3]
Foguete portadorZenit-2FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo deFobos eMarte.[2][3][4][5]
Decaemento15 de xaneiro de 2012[1]
NSSDC ID2011-065A

Fobos-Grunt foi unhasonda espacialrusa lanzada caraMarte o8 de novembro de2011 mediante un fogueteZenit-2FG desde ocosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características

[editar |editar a fonte]

Fobos-Grunt foi unha sonda espacial rusa enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Como carga adicional levaba a sondaYinghuo 1, que debería ter sido a primeira sonda chinesa en orbitar Marte. A misión de Fobos-Grunt era estudar a superficie eatmosfera de Mrte e estudar a superficie e composición de Fobos, recollendo mostras para devolver áTerra.[1][2][4][5]

A sonda chegou á órbita terrestre, desde a que un acendido da última etapa debía tela inxectado na órbita cara Marte. No momento de dar a orde de acendido a sonda non respondeu. Tódolos intentos de poñer en marcha os motores foron infructuosos e o conxunto de etapa e sondas reentraron naatmosfera terrestre o 15 de xaneiro de 2012, destruíndose.[1][2][4][5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,4N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed."PHOBOS-GRUNT"(en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  2. 2,02,12,22,32,42,52,6NASA (28 de outubro de 2022)."Phobos-Grunt"(en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  3. 3,03,13,2"Note verbale dated 27 January 2012 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General"(PDF) (12-55080 (E)). 24 de xullo de 2012: 5. Consultado o 16 de abril de 2023. 
  4. 4,04,14,24,34,44,5Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed."Fobos-Grunt"(en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  5. 5,05,15,25,35,4Mark Wade (2023)."Fobos 1F"(en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Fobos-Grunt

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fobos-Grunt&oldid=6558303»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp