Florida foi inicialmente explorada e colonizada porEspaña. Os españois descubriron Florida na estación daPascua, que se chamaPascua Florida encastelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.
Anteriormente á exploración e colonizacióneuropea, os nativos indíxenas como oscalusa e ostequesta xa vivían na rexión, tendo habitado a rexión por varios milleiros de anos. Adicábanse á pesca e mailacaza. Osapechee facían uso daagricultura para alimentación.
O primeiro europeo en explorar a rexión foiPonce de León, que desembarcou en Florida en1513, algúns días despois do Venres Santo. Algúns historiadores din que León procuraba unha suposta"fonte da xuventude", nunha illa chamadaBimini, que supostamente estaría localizada ao norte deCuba. León inmediatamente reivindicou as terras en nome da Coroa española, e nomeou a rexión comoLa Florida, en honra áPascua Florida. El inmediatamente volveu para a España. A corte española enviou a León novamente á Florida para iniciar a colonización da rexión, mais morreu nunha batalla contra nativos calusas.
Posteriormente, en1528, o españolPánfilo de Narváez liderou unha expedición, composta por algunhas centenas de soldados, no sur de Florida. Narváez procuraba riquezas, tales como metais preciosos. Mais as loitas constantes contra nativos indíxenas,doenzas,fame etempestades finalmente mataron todos os membros da expedición. En1539, o españolHernando de Soto desembarcou na actualBaía de Tampa e, desde alí, liderou unha expedición polo sur dos Estados Unidos, sendo o primeiro europeo en chegar aorío Mississippi en1541.
Os españois pasaron a iniciar seriamente a colonización de Florida en torno á década de 1560, ao saberen quefrancesesprotestantes (chamados dehugonotes) fundaran un asentamento próximo á actualJacksonville. Soldados españois liderados polo capitánPedro Hernández de Avilés fundaron un asentamento chamadoSanto Augustine, o primeiro asentamento europeo permanente no actual territorio dos Estados Unidos de América. Os españois destruíron as forzas francesas, e os colonos franceses remanecestes foron obrigados a recuar.
Nos próximos 200 anos os españois colonizaron escasamente a rexión, facéndoo só por mor da súa localización estratéxica e como fonte de materias primas básicas para España e mailas súas colonias, unha vez que non dispuña de riquezas cobizadas polos españois. Estes tentarían tamén asimilar os nativos indíxenas á cultura europea. Os franceses continuarían a colonizar terras á oeste de Florida, a través da colonia deLuisiana, entón parte daNova Francia. Mentres tanto, os ingleses e as súas 13 colonias prosperaban e medraban, logo ao norte de Florida e á leste da Nova Francia. Co comezo daguerra franco-indíxena, a mediados dadécada de 1750, entre os franceses e os británicos, España decidiu aliarse con Francia. Porén, en1762, os ingleses tomaronCuba, que entón, prosperaba como unha gran produtora decana de azucre. No ano seguinte, co fin da guerra, os españois, noTratado de París, decidiron ceder Florida para retomar o control de Cuba.
O control británico sobre Florida durou 20 anos. Eles dividiron a colonia en dúas, unha chamadaFlorida Occidental e outraFlorida Oriental. CoaRevolución Americana de 1776, os españois aliáronse cos colonos rebeldes contra o Reino Unido. Os españois invadiron Florida Occidental en1781, e o Reino Unido cedeu toda Florida para a España dous anos despois, ao fin da guerra.
Porén, as relacións entre a España e os recentemente formadosEstados Unidos de América logo se deterioraron. Varios asentadores norteamericanos, ben legal ou ilegalmente, pasaron a colonizar a rexión nordeste de Florida. Unha rebelión destes asentadores no1812 foi extinguida polos españois. No mesmo ano comezou aguerra anglo-americana, entre os Estados Unidos e a Inglaterra. A España ficou neutral durante a guerra, mais permitiu aos británicos o uso do porto dePensacola, en Florida, o que enfureceu a opinión pública norteamericana. Despois do fin da guerra, os Estados Unidos invadiron Florida dúas veces, a primeira vez en1814 e a segunda, naprimeira guerra de seminole. Polos termos doTratado de Adams-Onis, realizada en1819, a España cedía Florida aos Estados Unidos. Moitas persoas pensan erroneamente que os Estados Unidos compraron Florida. De feito, o goberno norteamericano pagou 5 millóns de dólares, mais non ao goberno español, e si, para cidadáns norteamericanos que tiveran propiedades damnificadas por causa da guerra.
Florida pasou oficialmente ao control norteamericano en1821, tornándose un territorio dos Estados Unidos de América. No ano seguinte, o Congreso norteamericano criou oficialmente o Territorio de Florida, e William Dval tornouse o primeiro gobernador de Florida. Rapidamente, millares de asentadores comezaron a instalarse na rexión, grazas ás súas óptimas condicións climáticas e ao seu chan fértil, que permitía a cultivo de varios produtos agrícolas difíciles de cultivarse noutros estados, tales comoalgodón, por exemplo, ondeescravos facían todo o traballo pesado. A economía do territorio prosperou.
Este rápido asentamento norteamericano encontrou eventualmente un obstáculo: os nativos indíxenas. Os nativosseminole vivían nas áreas cuxo solo era o máis fértil do país. O goberno norteamericano ofreceu aos seminole terras localizadas á oeste dorío Mississippi, e algúns aceptaron a oferta do goberno norteamericano, mentres outros recusaron saír da rexión, desencadeando así asegunda guerra de seminole, que ocorreu entre1835 a1842, cando os seminoles foron derrotados e forzados a se mudaren para reservas indíxenas nos remotos territorios do oeste norteamericano. Algúns destes indíxenas conseguiron escapar, fuxindo polospantanos da rexión, continuando a morar no territorio, desta vez, segregados en cidades.
En1839 Florida pediu ao Congreso norteamericano que fose elevado ao rango de estado, como un estado escravista. A Unión, querendo un equilibrio entre o número de estados abolicionistas e de estados escravistas, esperou ata3 de marzo de1845, cando Florida se converteu oficialmente nun estado dos Estados Unidos de América. Ao ano seguinte,Iowa tamén foi elevado á categoría de estado, como un estado abolicionista.
Florida, gran produtora de algodón, era unha das principais fontes de renda da Confederación, pois as industrias téxtiles de varios países europeos como a Francia e a Inglaterra dependían do algodón norteamericano, e a gran maioría deste era producido en Florida. Porén, a Unión efectuou un inmediato bloqueo por mar do estado, así impedindo a calquera embarcación de ir ou saír de augas pertencentes á Confederación. Alén diso, a través de sucesivas invasións por mar, a Unión tomou o control de varias cidades costeiras de Florida e dos seuscentros portuarios. Porén, o interior de Florida aínda permanecería baixo control confederado, especialmente despois daBatalla de Olustee, realizada en20 de febreiro de1864, sendo a única gran batalla da guerra realizada no estado, onde tropas confederadas tiveran vitoria contra forzas unionistas. NaBatalla de Natural Bridge, os confederados conseguiron defender con suceso a capital do estado,Tallahassee. Esta eAustin, a capital doTexas, foron as únicas capitais de estado confederado que non foron capturadas pola Unión ata o fin da guerra.
Despois do fin da guerra, enxuño de1865, todos os estados da confederación, incluíndo Florida, foron ocupadas por forzas norteamericanas, baixo a categoría de estados. Florida, para ser readmitida novamente como estado da Unión, aboliu oficialmente a escravitude, en1866, e en1868, o goberno de Florida garantiu dereitos civís a todos cidadáns, así sendo readmitida á Unión no mesmo ano.
As décadas de 1880 e 1890 foron de gran prosperidade para Florida; descubríronse grandes depósitos defosfato, parte dos grandes pantanos localizados no estado foron drenados (aínda que moitos continúen intactos ata hoxe) e unha granmalla ferroviaria foi construída ao longo do estado. Alén diso, varios facendeiros da rexión notaron que as condicións climáticas e do solo da rexión favorecían o cultivo dalaranxa, entón unha froita cuxa demanda estaba en crecemento no país. A laranxa foi cultivada en grandes números, a tal punto que o estado foi ao longo da primeira metade doséculo XX a maior produtora de laranxa do mundo. Alén diso, o clima suave e axeografía da rexión, con varias praias, atraeu favoreceu o crecemento doturismo, e escomezáronse a construír gran cantidade de hoteis. O estado tornouse un dos principais pólos turísticos do país.
En1906, os pantanos en torno deFort Lauderdale foron drenados, dando espazo para o cultivo de plantacións e a expansión da cidade, especialmente a construción de hoteis. O sector inmobiliario do estado, considerado unha máquina de xerar diñeiro no país, atraeu varios investidores inmobiliarios, aínda na década de 1900. A poboación do estado medrou drasticamente nas próximas dúas décadas.
Este período de gran desenvolvemento económico acabou repentinamente en1926. Unha gran depresión económica atinxiu o estado, causando caída de empresas edesemprego. No mesmo ano e en1928, dousfuracáns alcanzaron o estado, matando varias centenas de persoas. A pesar de que a economía do estado se recuperara parcialmente de1926 a1928, en1929, aGran Depresión colleu en cheo todo o país, quebrando a xa fráxil e debilitada economía do estado. Varias medidas tomadas a nivel federal, gobernamental, municipal e privado axudaron a combater os efectos das depresións económicas. Foron construídas fábricas de papel e á delimitación de reservas forestais. O estado e o país proveron centenas de postos de traballo nos sectores de construción e de minas, e axudaron os facendeiros a pagaren as súas débedas. A economía do estado recuperarase en gran parte en1942, cando os Estados Unidos entraron oficialmente nasegunda guerra mundial, mesmo coa ocorrencia de dous grandes furacáns que devastaron moito do estado en1935 e en1941.
Ao longo da segunda guerra mundial, Florida, pola súa localización próxima aoCanal do Panamá e doocéano Atlántico, tornou o estado vital, de grande importancia estratéxica, para a defensa do Hemisferio Occidental. Varias bases aéreas, navais e terrestres foron construídas no estado.
Despois do fin da guerra, a poboación de Florida novamente entrou nun período de gran crecemento. Oturismo tornouse a principal fonte de renda do estado, Florida continuaba a ser a maior produtora de laranxas do mundo, e a crecente industria de manufactura, especialmente na fabricación de produtos químicos, electrónicos e navíos, tornaron a economía do estado forte e altamente diversificada. A poboación do estado pasou a medrar de novo dabondo, grazas ao desempeño da economía estatal e do desenvolvemento do sistemaviario e da tecnoloxía darefrixeración, así, atraendo habitantes do norte en dirección ao sur.
Dado a ser o estado máis próximo daliña do Ecuador, Florida tornouse o centro de lanzamentos defoguetes dos Estados Unidos. OCabo Canaveral, o punto máis meridional dos Estados Unidos continental, foi escollido como base de lanzamentos de foguetes daNASA. Realizáronse varios lanzamentos de proba entre1949 ata1957. Entre os lanzamentos salientables están o lanzamento do primeirosatélite artificial norteamericano en1958, o primeirovoo espacial cun tripulante a bordo en1961, e o primeiro voo espacial levando astronautas á lúa, na famosa misiónApolo XI, en1969. Xa nadécada de 1960,Cuba pasou a ser un paíscomunista. Bastantes cubanos fuxiron do país, instalándose principalmente enMiami.
Como en varios estados norteamericanos, especialmente nos estados suristas, Florida era un estado altamente segregacionista. En1954, oTribunal Supremo dos Estados Unidos xulgou inconstitucional a segregación de estudantes brancos e negros enescolas públicas. Á época,Florida non permitía que estudantes brancos e negros estudasen nunha mesma escola. O proceso de integración educativo foi moi lento, tendo terminado apenas no comezo da década de 1970.
No fin da década de 1960, Florida iniciou un plano co obxectivo de expandir o sistema deeducación superior estatal, para atender as futuras demandas da industria aeroespacial. Catro universidades públicas, 15 novas facultades públicas e varias institucións de educación superior privadas foron construídas. No inicio da década de 1970, outra facultade e unha nova universidade foron inauguradas no estado.
A poboación de Florida continuou a medrar moito durante a década de 1970: entre1970 e1980, a poboación do estado medrou en torno ao 44%. O crecemento diminuíu entre 1980 e1990, mais aínda así permaneceu alta, 33%. En1971, aWalt Disney World Entertainment Center foi construída próxima enOrlando, o que estimulou bastante o crecemento da cidade, tornándoa o centro de maior crecemento económico do estado durante a próxima década. Entre1980 e1986, o número de empregos no estado creceu en torno de 25%, nos sectores de manufacturación, electrónicos, turismo e finanzas. O notable fortalecemento do sector financeiro no estado tornou a súa economía aínda máis diversificada.
Porén, o gran desenvolvemento da poboación, xerada en gran parte pola migración depuerto riqueños e pola inmigración legal e ilegal decubanos,haitianos e outros hispanos, trouxo varios problemas ao estado. Entre1970 e2000, máis de cen mil cubanos e haitianos inmigraron. Moitos destes non posuíaneducación adecuada, e a gran maioría deles pasaron a vivir na pobreza no país, causando problemas en sectores públicos e privados como na educación, saúde e abastecemento sanitario.
A drenaxe de pantanos, construción de canais e o desvío de curso deríos pasaron a atopar maior resistencia por parte de conservadores naturais. En1960, un canal foi construído para reducir o curso doRío Kisimmee aolago Okeechobee. Isto, porén, aumentou a carga dealgas microscópicas transportadas polo río, así, ameazando todo o ecosistema do lago. En1983, o goberno do estado decidiu retomar o río Kisimmee ao seu antigo curso. As obras tiveron inicio en1989, e están planeadas para terminaren no2010.
Entre1982 e1985, moitas das plantacións de laranxa do estado destruíronse porsaraibas e pestes comofungos egafañotos, Florida perdeu o posto de maior produtora de laranxas do mundo para o estadobrasileiro deEstado de San Paulo. Mesmo así, o estado continua a ser a maior produtora de laranxas naAmérica do Norte, e a segunda maior produtora de laranxas do mundo.
Adécada de 1990 estivo marcada por unha serie de desastres naturais. En1992, oFuracán Andrew abateuse sobre o estado. Un dos maiores desastres naturais dos Estados Unidos, o furacán Andrew matou 54 persoas, deixou 250 mil desabrigadas e causou preto de 22.000 millóns de dólares en prexuízos. En1998, nun dos maiores incendios forestais da historia dos Estados Unidos, aproximadamente 200 mil hectáreas de floristas, facendas e mesmo algunhas áreas urbanas foron destruídas. Cerca de 370 casas e predios foron destruídos, e foron necesarios a axuda de bombeiros vidos de 46 estados norteamericanos para extinguir definitivamente estes incendios.
En2000, Florida tornouse foco das eleccións presidenciais norteamericanas de 2000. Foi aquí onde se decidiu o presidente norteamericano, orepublicanoGeorge W. Bush. O outro candidato era odemócrataAl Gore.
No verán de2004 Florida novamente foi abatida por unha serie de furacáns, dos cales o máis devastador foi oFuracán Ivan. Esta serie de furacáns abalou seriamente a industria do turismo do estado, e causou miles de millóns de dólares en prexuízos e danos, alén da morte de varias decenas de persoas.
Florida é unha península, cercada por tres lados, sur, leste e oeste, poloocéano Atlántico. Ao sur e a oeste, localízase ogolfo de México. Florida limita ao norte cos estados deXeorxia eAlabama. Como veciños ao sur inclúense asBahamas eCuba.
Aaltitude de Florida é moi baixa. Xeograficamente, o estado é dominado por grandes planicies. O punto máis alto do estado é Britan Hill (105 m), o menor dos puntos máis alto de calquera estado norteamericano.
Florida caracterízase pola gran presenza de lagos e ríos, que se espallan por todo o estado. ORío St. Johns é o río máis longo do estado, cos seus 443 quilómetros de lonxitude. OLago Okeechobee é o maiorlago do estado, cos seus 1.760 quilómetros cadrados. Tamén é o maior lago localizado totalmente dentro dos Estados Unidos de América (o maior é oLago Michigan). Florida posúe preto de 30.000 lagos e laguiños. Alén diso, 17 grandes pozos artesianos e varias centenas de pequenos pozos espállanse por todo o estado. Un destes pozos, oWakulla Springs, posúe unha profundidade de 56 metros. As augas dalgúns destes pozos son tan claras que se pode ver claramente o contido do pozo ata unha profundidade de aproximadamente 25 metros. Varios pantanos espállanse polo sur e polo leste do estado, ondecrocodilos son moi comúns.
O litoral oceánico de Florida posúe 2.173 quilómetros de extensión. O litoral do estado ao longo dogolfo de México posúe 1.240 quilómetros e 933 quilómetros ao longo doocéano Atlántico. Este total sobe a 5.361 quilómetros no golfo de México e 8.271 quilómetros ao longo do océano Atlántico, cando se inclúenlagos,baías eillas.
Na distribución do territorio de Florida distínguese entre rexións direccionais e rexións vernáculas. As primeiras responden a un criterio de repartición homoxénea do territorio, e as segundas atenden a criterios históricos, económicos e humanos.
Vista doSol enDaytona Beach. Os días constantes de Sol fixeron que o estado fose apelidado deThe Sunshine State.
O clima de Florida está influenciado pola súa proximidade a grandes corpos deauga, pois o estado é cercado poloocéano Atlántico por tres bandas. A maior parte do estado posúe unclima subtropical, co extremo sur do estado posuíndo unclima tropical. Florida posúe en media preto de 300 días de sol anualmente, de aí o seu apelido,The Sunshine State (O Estado do Sol Brillante). As estacións do ano no estado chámanse ás veces "quente e máis quente", máis en referencia ás precipitacións que ás temperaturas. Florida posúe dúas estacións definidas:invernos relativamente secos e suaves, everáns quentes e húmidos. A corrente quente do Golfo posúe un efecto moderador no estado, nos días de inverno, e aumentando as temperaturas no verán. As temperaturas máximas acostuman superar os 35 °C (os 40 °C tendo en conta a sensación térmica pola humidade).
Florida é o estado norteamericano coa maior precipitación media anual do país, por causa dastreboadas que acostuman ocorrer polas tardes naprimavera, verán eoutono. Estas tempestades poden ocorrer repentinamente, mesmo nun día moi solleiro. O contrario tamén vale, e moitas veces, un día, despois dunha tempestade, pode volverse un día solleiro. Estas tempestades son causadas polas correntes de ar dogolfo de México e doocéano Atlántico, que coliden sobre a península, traendochoiva, saraiba e tempestades, moitas veces de forma repentina, ben comoventos e ás vecestornados. Florida é alcanzada por trebóns máis do que calquera outro estado norteamericano, e tamén posúe máis tornados por quilómetro cadrado.
Aneve é moi rara. En1899, Florida foi atinxida por unha tempestade de xeo, posibelmente por primeira vez na súa historia. Esta tempestade tamén rexistrou as temperaturas máis baixas xa rexistradas na historia do estado: -19 °C, en13 de febreiro, enTallahassee. A maior precipitación de neve da historia do estado aconteceu enfebreiro de1978, cando a neve caeu en varias partes do estado en diferentes ocasións do mes, estendéndose ata o extremo sur do estado. Nesta ocasión a neve caeu por primeira e única vez na historia deMiami .
Osfuracáns son unha ameaza nosveráns einvernos. Florida sufriu unha gran destrución no2004, cando foi atinxida por 4 furacáns:Charley o13 de agosto,Frances o4 de setembro,Ivan o16 de setembro eJeanne o25 de setembro e26 de setembro. Os catro causaron xuntos un prexuízo de 42 000 millóns $ para o estado. En2005, o furacánDennis tornouse o quinto furacán a abater Florida en apenas 11 meses. Logo oAndrew, o12 de agosto, causou a maior destrución nunha volta: 25 000 millóns $.
A actual constitución de Florida entrou en efecto en1969. Outras constitucións máis antigas entraron en efecto en1839,1861,1865,1868 e1867. As emendas, mudanzas na Constitución, precisan ser aprobadas pola maioría do electorado, a poboación do estado. Antes desta emenda ir á votación, elas son criadas polo Poder Lexislativo do estado, e aprobadas por un mínimo de tres quintos dos membros da Cámara Lexislativa. Os cidadáns tamén poden propor emendas, a petición –asinada- de certo número deles.
OPoder executivo consta dogobernador e polo tenente-gobernador (coa mesma función dunvicepresidente), que son electos pola poboación. A poboación escolle a través de eleccións estatais o gobernador e o tenente-gobernador. Ambos serven a mandatos de no máximo 4 anos de duración. Eles poden ser candidatos cantas veces quixeren, con todo, non poderán cumprir tres ou máis termos de oficio seguidos, aínda que tres ou máis termos son posibles caso haxa un espazamento de ao menos un termo entre diferentes termos. O gobernador de Florida escolle os oficiais do Gabinete, oficiais que presiden sectores públicos tales como transporte e educación, por exemplo. O termo destes oficiais non pode exceder 8 anos seguidos, aínda que poidan cumprir 9 anos ou máis se hai unha pausa entre diferentes termos.
OPoder lexislativo de Florida consiste nunSenado composto de 40 membros e unha Cámara de Representantes con 120 membros. Os termos dos senadores son de 4 anos e os termos dos representantes son de 2 anos. Tanto os senadores canto os representantes non poden cumprir termos seguidos que excedan 8 anos de duración. O Poder Lexislativo posúe reunións regulares durante 60 días, nos meses deprimavera, comezando a partir da primeira luns demarzo. Outras sesións especiais poden ser convocadas polo gobernador, por un acordo mutuo entre os líderes da Cámara do Senado e da Cámara dos Representantes, ou caso tres quintos dos membros do Poder Lexislativo queiran esta sesión especial. Nestas sesións, tanto nas especiais canto nas regulares, o goberno discute a criación de leis e modificacións de leis xa existentes, ben como posibles modificacións á actual constitución.
OPoder xudicial de Florida consta do Tribunal Supremo de Florida. Todos os xuíces deste tribunal son escollidos polo gobernador do estado, a termos de 6 anos de duración. O estado, alén diso, posúe 67 tribunais rexionais (County Courts), espallados polos diferentes condados do estado, e 20 tribunais primarios (Circuit Courts), ben como 5 tribunais de distrito (District Court). Os xuíces dos tribunais primarios e dos tribunais de distrito son escollidos polo gobernador para mandatos de 6 anos de duración, e os xuíces dos tribunais rexionais, para mandatos de ata 4 anos de duración.
Florida está dividida en 67 condados diferentes. A maioría destes son gobernados por un consello formado por 5 membros, un de cada un dos 5 distritos na cal tales condados xeralmente son divididos. Os electores nun condado escollen un habitante de cada distrito para actuaren na comisión do condado. Algúns condados tamén posúen outros oficiais extras. En todo caso, todos os membros do consello do condado serven a termos de oficio cuxa duración é de 4 anos de duración. Os membros de tales consellos escollen un administrador, que preside baixo o consello.
Impostos estatais xeran preto de 60% de todo o facturación anual de Florida. Os outros 40% veñen de provistos polo goberno federal. Un imposto xeral, que vale para todos os produtos vendidos no mercado (6.5% do valor do produto vendido), é responsable soa do 26% da facturación anual do estado. Condados e municipios tamén poden impor impostos aos produtos, de ata 0.5% do valor do produto vendido. Outros impostos inclúen impostos sobregasolina, licenzas de vehículos e propiedade. Florida é un dos nove estados norteamericanos que non cobranimposto de renda aos seus habitantes.
Ocenso nacional de2000 estima a poboación do estado en 15 982 378 habitantes, un crecemento de 24% en relación aos números de1990. ApenasNevada,Utah e aXeorxia tiveran maior crecemento da poboación. A estimativa nacional de2004 estima a poboación de Florida en de 17 397 161 habitantes.
Os afroamericanos, que durante a época da escravitude (antes do1865) compuñan aproximadamente o 50% da poboación do estado, posúen maior presenza no norte e nas cidades deJacksonville eFort Lauderdale. Os nortistas que migraron para o estado son máis comúns no oeste, especialmente nos suburbios deTampa. Habitantes de descendenciabritánica dominan o sur e o interior do norte do estado. A gran comunidade hispánica do estado consiste particularmente decubanos enMiami,puerto-riqueños enTampa e enOrlando e traballadores agrariosmexicanos no sur do estado.
Segundo o censo nacional de 2000, 76,9% da poboación do estado con 5 anos ou máis de idade falaninglés na casa, e 16,5% falanespañol. Ofrancés é o terceiro idioma máis falado no estado, falado por 2,2% da poboación, seguido poloalemán e poloitaliano.
A maioría da poboación de Florida éprotestante, mais o número decatólicos está en crecente crecemento, por causa da inmigración de hispánicos (a gran maioría católicos). O estado tamén posúe algunhas comunidadesxudías de gran porte, o que torna a Florida única entre os estados suristas, ningún outro estado surista posúe unha gran poboación xudía.
A economía de Florida é unha das maiores e en máis rápido crecemento de todo os Estados Unidos de América. O clima e os baixos impostos comerciais favoreceron a instalación de empresas no estado. Oturismo e aagricultura, alén dun forte sector industrial de manufactura, fan a súa economía forte e diversificada. En2003, oproduto interno bruto foi de 0,55 billóns de dólares, e arenda per cápita, de 30.098 dólares.
O sector primario conforma o 2% do PIB. Os principais produtos primarios sonlaranxa,algodón,peixes emadeira. Outros produtos importantes son otomate, acana de azucre e asoia. O estado posúe preto de 45 mil facendas, que dan emprego a aproximadamente 262 mil persoas.
O sector secundario representa o 12% do PIB . Soamente a manufacturación responde por 7% do PIB, empregando a máis de 500 mil persoas. O sector da construción emprega a máis de 45 mil persoas, sendo o 5% do PIB. Alén diso, a minería tamén é importante, representando o 0.25% do PIB. Os principais recursos naturais sonfosfato epetróleo. É un dos principais produtores de petróleo do país.
Cerca de 50 mil persoas traballan na fabricación de electricidade, que corresponde por 1.5% do PIB. O 40% da electricidade é producida por centrais decarbón, o 25% por centrais de petróleo, e o 20% porcentrais nucleares e centrais degas natural.
O sector terciario representa o 86% do PIB, presentes especialmente nas cidades de medio e gran porte. Cerca do 24% do PIB provén do turismo, servizos persoais e de pequenas empresas, que empregan a máis de 3 millóns de persoas. Aproximadamente 60 millóns de turistas procedentes doutras partes dos Estados Unidos de América, doCanadá, daAmérica Latina e daEuropa visitan o estado, atraídas polas súas praias, Disneylandia ou o Cabo Canaveral. O sector financeiro emprega a 627 mil persoas, e representa máis do 22% do PIB. Grandes redes de tendas empregan a 2 millóns de persoas, e representan o 19% do PIB. O goberno emprega a un millón de persoas, e os servizos públicos representan o 12% do PIB . Os transportes, comunicación e produción de enerxía responden do 8% do PIB, empregando a 350 mil persoas.
O investimento educativoper capita estudantil de Florida está entre os máis baixos nos Estados Unidos, a pesar de que os salarios dosprofesores están na media nacional. Non obstante, moitas dasescolas públicas do estado clasifícanse entre o 25% peor do país, en estudos que analizan a nota media dosestudantes. Débese notar, porén, que varios destes estudos non posúen valor científicos, mais si, apenas meden prestixio. O gobernador de Florida,Jeb Bush, foi criticado por varios educadores do estado por un programa estatal aprobado polo seu goberno, que penaliza as escolas cuxa media estudantil quede por baixo dos patróns considerados bos, alegando que tales medias son baixas xustamente por recibiren subvencións inadecuadas do goberno. Ou sexa, este programa, en vez de mellorar as escolas do estado, empeora a xa precaria situación no sistema público de educación, segundo estes críticos.
En2000, o gobernador Jeb Bush e o Poder Lexislativo de Florida votaron en abolir o Consello de Reitores que gobernaban oSistema Universitario Estatal de Florida. Actualmente, cada universidade pública é controlada polo seu propio consello e polo seu propio reitor, todos eles escollidos e nomeados directamente polo gobernador (Jeb Bush). Sendo escollidos directamente, a maioría dos membros son republicanos, xerando unha gran controversia no sistema educativo. En2002, odemócrata Bob Graham comezou unha colecta de sinaturas pedindo a volta ao antigo Consello de Reitores estatal.
Nos Estados Unidos é típico que equipos das grandes ligas se dirixan na primavera a Florida para adestrar. Mais o propio estado de Florida posúe os seus propios conxuntos de deportes profesionais, como poden ser:
Un bus do sistema de transporte público deGainesville.
Asautoestradas estatais, ben como autoestradas nacionais que cruzan o país, son administradas poloDepartamento de Transportes de Florida, encarregada da manutención e da vixilancia da gran maioría das vías públicas interurbanas do estado. Varias das autoestradas do estado son de peaxe. AGreyhound prové servizo deómnibus interurbano entre diferentes cidades do estado, mais moitos din que este servizo é ineficiente e devagar. Unha viaxe entreTampa eMiami, distanciadas a catro horas de coche, pode durar dez horas pola Greyhound.
Os habitantes do estado poden escoller a placa de licenza para os seus vehículos. Hai preto de 100 tipos de placas dispoñibles a elixir, cada unha con características propias: hai placas para varios temas e asuntos como temas ambientais, así como placas de varias organizacións e institucións de ensino superior.
En2000, a maioría da poboación do estado votou a favor da construción dunhaferrovía de alta velocidade, que conectará as maiores cidades do estado. Porén, en2004, o gobernador Jeb Bush conseguiu nun proceso remover a emenda que aprobaba a construción da ferrovía, alegando que os custos económicos da construción de tal ferrovía serían moito altas. Porén, os propoñentes da ferrovía alegan que tales custos extras foron esaxerados polo gobernador, e que os custos da manutención de estradas e automóbiles son superiores á dunha ferrovía de alta velocidade. De feito, o servizo ferroviario interurbano existe, e é de responsabilidade daAmtrak, mais non é extensivo ou frecuente o suficiente para nada alén de viaxes de turismo.
A maioría das grandes cidades do estado posúe servizos detransporte público.Miami posúe unha liñamonorraíl, e a maioría das cidades no estado provén aos seus habitantes un servizo regular de bus. Porén, o servizo destes buses é moitas veces criticado por recibir subvencións inadecuadas, por ser relativamente pouco usada, e por ser ineficiente en varios casos. Ferrovías de alta velocidades, monocarrís e servizos de bus mellorados foron propostos varias veces para tentar remediar esta situación.