Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Flor de laranxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flor de laranxeira.
Azar delimoeiro (detalle e gomos).

Aflor de laranxeira ouazar é aflor dalgúnscítricos, especialmente dalaranxeira, de cor branca e moi aromática, que se utiliza eninfusión e produtos deperfumaría[1]. Tamén adoita referirse ás flores dolimoeiro e dacidreira. O nome azar procede doárabe hispánicoazzahár, e este, do árabe clásicoaz-zahr (que significa flores). O nome asóciase popularmente coa flor de laranxeira, nome máis común en galego, a máis apreciada de todas pola súa beleza, recendo e propiedades, as cales son tradicionalmente consideradas terapéuticas.

O ingrediente esencial en varias infusións polas súas propiedades sedantes.[2] Da flor de laranxeira destílase tamén aceite esencial,aceite de flores de laranxeira ouneroli.

Este tipo de flor pode observarse durante a época primaveral non só nas leiras das citadas especies, senón tamén nas rúas e prazas de moitas cidades mediterráneas (en Andalucía: Málaga, Sevilla e Córdoba; Valencia e Murcia) coma árbore ornamental e a súa agradábel fragrancia invade o ambiente urbano.

Usos medicinais

[editar |editar a fonte]
Laranxeira a rosear noParque María Luisa,Sevilla,España.

Polo xeral, os seus efectos calmantes axudan a eliminar molestias causadas por nervios. Aauga de azar (unha infusión de pétalos secos de flor de laranxeira) é empregada como remedio tradicional contra esmorecementos. Tamén foi empregada durante séculos como remedio caseiro para as molestias menstruais.

Infusións con outras herbas comotileiro oumacela son coñecidas tradicionalmente como remedios contra as molestias estomacais e as dores de cabeza.

Principios activos: Flores:Aceite esencial de "neroli" (0,15%):limoneno,linalol,nerol,metil antranilato. Follas: Aceite esencial de "petit grain" (0,15%), heterósidos flavónicos, principio amargo. Polpa: Ácidos orgánicos (cítrico,málico,ascórbico),azucres. Pericarpo: Aceite esencial (0,5%), rico en limoneno,aldehidos;cumarina:aurapteno;pectinas.[2]

Indicacións: as flores presentan unha acciónsedante, lixeiramentehipnótica eespasmolítica,aperitivo-eupéptica earomatizante. Os froitos teñen propiedades como vitamínicos, pola súa riqueza en ácido ascórbico, e laxantes. Apectina conférelle propiedades comoantidiarréico ehipocolesterolemiante. Opericarpo e tamén as follas actúan como venotónico e vasoprotector; os principios amargos son responsábeis do seu efecto aperitivo e eupéptico. As flores utilízanse paraansiedade,insomnio,espasmos gastrointestinais ou distonías neurovexetativas.[2]

Indicado congastrite, úlcera gastroduodenal (froitos). Abstenerse de prescribir aceites esenciais por vía interna durante apreñez, a lactanción, a nenos menores de seis anos ou a pacientes con gastrite,párkinson ou outras doenzas neurolóxicas. Non administrar, nin aplicar topicamente a nenos menores de seis anos nin a persoas con alerxias respiratorias ou con hipersensibilidade coñecida a este ou outros óleos esenciais. Non expor a pel ao sol trala aplicación de aceite esencial (especialmente as persoas con peles sensíbeis): pode producir un fenómeno de fotosensibilización.[2]

Outros usos

[editar |editar a fonte]

Operfume de azar, ou auga de colonia, é tamén usado tradicionalmente como perfume caseiro; créase mediante a maceración de pétalos da flor en alcol. En cosmética, utilízase como tónico facial e desmaquillante.

A auga de azar, produto da destilación da flor delaranxeira aceda, utilízase tamén en repostaría para dar un especial aroma a certas sobremesas e masas pasteleiras, por exemplo as que se usan para preparar oroscón.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definición en VV. AA. (2012)Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. 2,02,12,22,3"Flor de laranxeira".Plantas útiles: Linneo. Arquivado dendeo orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Flor_de_laranxeira&oldid=6298466»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp