Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Flavina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anel tricíclico deisoaloxazina, do cal derivan as flavinas.
Riboflavina.

Aflavina (7,8-dimetil-isoaloxazina) é unhabase nitroxenada derivada da substanciaheterocíclica nitroxenada de tres aneis e dous grupos oxo, chamadaisoaloxazina, baseada napteridina. O seu nome procede dolatínflavus (amarelo), xa que a súa forma oxidade é amarela (e a súa forma reducida é incolora).

Da flavina deriva ogrupo flavina ou grupoflavínico que aparece en moitos compostos orgánicos importantes. A fonte bioquímica deste grupo é avitaminariboflavina (vitamina B2). Na riboflavina, a flavina está unida a unha unidade de (1,2,3,4,5-pentanopentol), o cal se obtén da modificacion do grupoaldehido dunuaribosa liñal. O grupo flavínico pode unirse áadenosina difosfato (ADP) para formar ocoencimaflavín adenín dinucleótido (FAD), ou pode formar unha forma fosforilada da riboflavina, que é o coencimaflavín mononucleótido (FMN), os cales interveñen en deshidroxenacións. Estes dous coencimas poden sergrupos prostéticos de proteínas chamadasflavoproteínas.

O grupo flavina pode sufrir reaccións deoxidación-redución, xa que pode aceptar dous electróns (unelectrón á vez nun proceso en dous pasos ou dous electróns á vez). A súa redución realízase coa adición de átomos dehidróxeno a átomos específicos denitróxeno dos aneis de isoaloxazina:

Equilibrio entre formas oxidada (esquerda) e totalmente reducida (dereita) do grupo flavina.

As formas oxidadas e reducidas están en rápido equilibrio coa formasemiquinona (radical), xa que o radical dura moi pouco:[1]

Flox + FlredH2 ⇌ FlH

onde Flox é a flavina oxidada, FlredH2 é a flavina reducida (ao captar dous hidróxenos) e FlH é a forma semiquinona (adición dun só hidróxeno).

En 1937,Paul Karrer recibiu oPremio Nobel de Química polas súas investigacións sobre oscarotenoides, flavinas e asvitaminas A e B2.

Fotorredución

[editar |editar a fonte]

Tanto as flavinas libres coma as unidas a proteínas sonfotorreducibles, é dicir, poden ser reducidas polaluz, por medio dun mecanismo mediado por varios compostos orgánicos, como algúnsaminoácidos,ácidos carboxílicos eaminas.[1]

FAD/FADH2

[editar |editar a fonte]
FAD.
FMN.

Oflavín adenín dinucleótido ou dinucleótido de flavina e adenina (FAD) é un grupo que está unido a moitosencimas como, por exemplo, aferredoxina-NADP+ redutase, amonoamino oxidase, aD-aminoácido oxidase,glicosa oxidase,xantina oxidase, eacil-CoA deshidroxenase.

O FADH2 é a forma totalmente reducida do FAD. O FADH2 é un grupo prostético que se forma nasuccinato deshidroxenase, un encima que intervén nociclo do ácido cítrico. Nafosforilación oxidativa, o FADH2 cede electróns ácadea de transporte de electróns mitocondrial.

FMN/FMNH2

[editar |editar a fonte]

Oflavín mononucleótido ou mononucleótido de flavina (FMN) funciona como grupo prostético que se atopa en encimas como aNADH deshidroxenase,E.coli nitrorredutase eNADPH deshidroxenase. A súa forma reducida é o FMNH2, formada por captación polo FMN de hidróxenos dosubstrato encimático, reducíndose e oxidando o substrato.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Massey, Vincent; M. Stankovich, Peter Hemmerich (1978)."Light-Mediated Reduction of Flavoproteins with Flavins as Catalysts"(PDF).Biochemistry17 (1): 1–8.PMID 618535.doi:10.1021/bi00594a001. Consultado o2013-01-12. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Flavina&oldid=6836077»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp