![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |
Flash Video (FLV) é un formato contedorpropietario usado para transmitir vídeo por Internet usandoAdobeFlash Player (anteriormente coñecido comoMacromedia Flash Player), dende a versión 6 a 10. Os contidos FLV poden ser incrustados dentro dun arquivoSWF. Entre os sitios máis notables que utilizan o formato FLV encóntraseYouTube,Google Vídeo,Reuters.com,Yahoo! Video eMySpace, aínda que nos últimos anos estanse actualizando aHTML5
Flash Video pode ser visto na maioría dos sistemas operativos, mediante Adobe Flash Player, oplugin extensamente dispoñible para os distintosnavegadores web, ou doutros programas de terceiros comoMPlayer,VLC media player, ou calquera reprodutor que use filtrosDirectShow (tales coma Media Player Classic,Windows Media Player, eWindows Media Center) cando o filtroffdshow está instalado.
Os arquivos FLV conteñenbit streams de vídeo, que son unha variante do estándarH.263, baixo o nome deSorenson Spark. Flash Player 8 e as novas versións soportan a reprodución de vídeoOn2TrueMotion VP6. On2 VP6 pode prover de máis alta calidade visual que Sorenson Spark, especialmente cando se usa unbit rate menor. Por outro lado é computacionalmente máis complexo e, por tanto, pode ter problemas ao utilizarse en sistemas con configuracións antigas.
O arquivo FLV soporta dúas novas versións do chamado códec"screenshare" que é un formato de codificación deseñado parascreencasts. Ambos os formatos están baseados en mapas de bits e poden terperda ao reducir aprofundidade de cor e están comprimidos usandozlib. A segunda versión é reproducible no Flash Player 8 ou superior.
O soporte para codificar arquivo FLV é proporcionado por unha ferramenta de codificación incluída enMacromedia Flash 8 Professional de Adobe, as ferramentas de codificación Flix de On2, Sorenson Squeeze,FFmpeg e outras ferramentas de terceiros.
O son nos arquivos FLV atópase regularmente codificado comoMP3. Aínda que recentemente se incorporaron distintas codificacions como Speex, ADPCM,Nellymoser...
Actualmente existen moitos reprodutores capaces de reproduciren o formato FLV. Entre eles inclúense:
Paratranscodificar arquivos de vídeo (AVI,MPEG,Quicktime,WMV) a FLV:
Os arquivos FLV poden ser distribuídos de varias diferentes maneiras:
Steve Jobs, o fundador deApple, negouse a incorporar Flash nos produtosiPhone,iPod eiPad. As razóns que aducía eran as seguintes:[2]