Fiz I, nado enRoma e finado o30 de decembro de274, foiPapa daigrexa católica de269 a274.
Fillo dun tal Constancio, o seu pontificado coincidiu co goberno do emperadorAureliano quen nos primeiro anos do seu reinado abandonou a política depersecucións que contra os cristiáns aplicaban os seus antecesores.
Nos comezos do seu pontificado chegaron aRoma novas dosínodo celebrado enAntioquía e que depuxo ao bispoPaulo de Samosata por ensinar unha doutrina contraria ás ensinanzas da Igrexa contra a Trindade. A cuestión tomaría un cariz político polo apoio ao bispo de Antioquía do emperador romano Aureliano, a pesar do cal Fiz emitiu un decreto indicando que ninguén podía ser bispo se non estaba en comuñón coa sé de Roma co que ratificou a deposición aprobada no concilio de Antioquía do bispo da cidade, afirmando a divindade e humanidade de Cristo e as dúas naturezas distintas nunha soa persoa.
Ordenou soterrar aos mártires baixo os altares dos templos e celebrar a misa sobre os seus sepulcros, celebración que só poderían realizala os sacerdotes e no propio templo agás por causa maior, para impedir a celebración de misas privadas.
Na derradeira época do seu pontificado, Aureliano retomou a política de persecucións.