FishBase (Base de datos de peixes) é unhabase de datos con información sobrepeixes. En xuño de2013 incluía a descrición de máis de 32.600especies, 300 100nomes vulgares en varios idiomas, 52 800 fotografías e 49 000 referencias de traballos naliteratura científica, e tiña unha media de 700 000 visitas por mes.
En1987,Daniel Pauly, inspirado polas Follas de Identificación de Especies (Species Identification Sheets) e outros produtos deWalter Fischer producidos para aFAO na década de1970, propuxo crear unha base de datos estandarizada para especies de peixes, como parte do"ICLARM Software Project". O ano seguinte, Daniel comezou a traballar xunto conRainer Froese, quen estivera traballando nunsistema experto para identificar larvas de peixes. Despois dun intento frustrado de construír un sistema utilizandoProlog, Froese cambiou aDataEase, unhabase de datos relacional paraDOS. En1989 o proxecto recibiu o seu primeiro apoio económico institucional.
En1993 o proxecto cambiou aMicrosoft Access e, en1995, produciu o primeiroCD-ROM, chamado "FishBase 100". Os comentarios nasrevistas científicas, aínda que louvaron a idea e o alcance, destacaron que tiña numerosos ocos na información proporcionada. As edicións de CD posteriores fóronse sucedendo cunha frecuencia anual e a versión de FishBase 2004, polo seu volume requiría de cinco CD, ou dunDVD. Para poder visualizar o sistema requireWindows 98 ou posterior, e non está dispoñíbel noutras plataformas comoMac OS X ouLinux.
FishBase estivo dispoñíbel naWeb por primeira vez en agosto de1996, e o ano seguinte contratou unwebmaster. Isto fixo que toda a información da base de datos estivera dispoñíbel para consulta a través da rede.
A partir do ano2000, FishBase é administrada poloFishBase Consortium. Este consorcio está formado por:
A medida que osespecialistas en peixes foron sabendo da existencia de FishBase, cada vez máis de colaboradores enviaron contribucións (en xuño de2013, 2.060 colaboradores). Para manter o seu valor como unha base de datos de carácter científico, non se permite engadir información orixinal en FishBase; todo o seu contido debe estar baseado en material que fora publicado con anterioridade.
FishBase é unha das referencias máis importantes das Wikipedias no concernente áictioloxía e en particular á descrición e identificación dos peixes. Porén, na taxonomía, FishBase está moitas veces en desacordo con outra importante base de datos, oSIIT. Nestes casos, moitos editores nas diferentes Wikipedias presentan ambas as taxonomías nos seus artigos.
Christensen V, CJ Walters, R Ahrens, J Alder, J Buszowski, LB Christensen, WWL Cheung, J Dunne, R Froese, V Karpouzi, K Kaschner, K Kearney, S Lai, V Lam, MLD Palomares, A Peters-Mason, C Piroddia, JL Sarmiento, J Steenbeek, R Sumaila, R Watson, D Zeller and D Pauly (2009)Database-driven models of the world's Large Marine EcosystemsEcological Modelling,220(17): 1984–1996.
Froese R (2011)"The science in Fishbase" In: Villy Christensen and Jay Maclean (eds)Ecosystem Approaches to Fisheries: A Global Perspective, Cambridge University Press, pages 47–54.ISBN 978-0-521-13022-6.
Palomares, M.L.D., N. Bailly and D. Pauly (2009)FishBase, SeaLifeBase and database-driven ecosystem modeling p. 156-158. In: M.L.D. Palomares, L. Morissette, A. Cisnero-Montemayor, D. Varkey, M. Coll and C. Piroddi (eds.) Ecopath 25 Years Conference Proceedings: Extended Abstracts. Fisheries Centre Research Reports17(3).