Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Filodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acacia heterophylla, con filodios.

EnBotánica, chámasefilodio a un órgano laminar que semella unhafolla, máis que pola súa orixe evolutiva, a súaontoxénese (o seu proceso de desenvolvemento) e a súa anatomía interna resulta non selo. Polo xeral trátanse de talos oupecíolos dilatados que cumpren nalgunhas plantas afunción fotosintética que normalmente corresponde ás follas, ás que funcionalmente substitúen.

Exemplos de filodios aparecen nalgunhas das moitas especies do xéneroAcacia. A meirande parte dasacacias teñen follas compostas, mais algunhas presentan no seu lugar filodios. Nas plántulas dalgunhas destas especies, coma aacacia negra óllanse formas transicionais entre as follas normais e os filodios.Algúns eucaliptos, como oeucalipto azul, tamén teñen filodios.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Filodio&oldid=5593055»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp