Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dosPireneos e da fronteira conFrancia. A 36 km da capital provincial,Xirona; a 136 deBarcelona e a 65 dePerpiñán, enFrancia.
O nome actual deriva do latínficarias "figueiras", que era indicado comoFicaris no latín deturpado daAlta Idade Media. O conde de Empúries,Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante aIdade Moderna e nos anos iniciais doséculo XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo reiFilipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francésVauban.
Figueres está considerado como o berce dasardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada3 de maio. O29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.