Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Figueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Figueira (homónimos).
Figueira

Escudo do concello de Abegondo, con cinco follas de figueira
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Urticales
Familia:Moraceae
Tribo:Ficeae
Xénero:Ficus
Subxénero:Ficus
Especie:F. carica
Nome binomial
Ficus carica
L.,Sp. Pl., 2: 1059, 1753[1]
distribución natural
distribución natural

distribución natural
Figos madurosin situ
"Schiocca" de figos pasos calabreses

Afigueira (Ficus carica) é unhaárbore (ouarbusto) da familia das moráceas (Moraceae), unha das numerosísimas especies do xéneroFicus. Orixinaria deAsia suroccidental, medra hoxe brava poloMediterráneo e noutras rexións do mundo. En Galiza, malia non medrar de xeito espontáneo, é común o seu cultivo dende a antigüidade, especialmente nas Rías Baixas, polo que deu lugar a unha infinidade de topónimos. O consumo defigos pasos era moi común coma sobremesa no inverno.

Hábitat

[editar |editar a fonte]

As figueiras medran espontaneamente en terreos e noiros rochosos e incluso en valados e vellos muros decachotes, onde poucas plantas atopan oportunidade. Témese o desenvolvemento das súas raíces por mover moito os solos onde fican. En Galiza adoita plantarse illada nos pomares entre outrasfroiteiras, ou preto dos muros da casa ou do valado.

Descrición

[editar |editar a fonte]

De porte baixo, máis semellante ao dun arbusto que ao dunha árbore (entre 3-10m), sobre todo cando emite unha especie de espeques que sosteñen as pólas. Pouco esixente e canto ao solo, o seu crecemento é lento. A casca é lisa e de cor cinsenta. Asfollas soncaedizas, de 12 a 25 cm de longo e 10 a 18 de largo, profundamente lobuladas, formadas por 3 ou 5 lóbulos.

Producefroitos compostos dun tipo especial, osicono, aos que se coñece comafigos (sicono etimoloxicamente significa figo). A figueira produce unlátex abrancazado irritante.

Algunha figueiras, chamadas bíferas, producen dúas colleitas ao ano. Existen tanto variedades dioicas (que producen flores dun único sexo en cada individuo) como monoicas (producen flores masculinas e femininas na mesma árbore). Estas figueiras acostuman utilizarse para fecundar as figueiras femininas da variedade esmirna, cultivadas no norte de África e Oriente Medio e coñecidas en California (EUA) co nome decalymirna.[2]

As figueiras cultivadas reprodúcense mediante escallos. Son moi resistentes ás condicións adversas e cultívanse principalmente como árbores froiteiras de segunda categoría.[2] Ademais, a figueira é unha dasespecies aptas para cultivar comobonsai.[3]

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Figo.

Os froitos da figueira son diversos, distinguíndose moitas variedades e distintas frutificacións estacionais, designándose con termos como figos brancos, figos raíña, figos negros e béveras. Foi unha das primeiras plantas cultivadas polo ser humano: un artigo da revistaScience constataba o achado de nove figos fosilizados datados arredor de 9400-9200 a. C. nun poboadoneolítico Gilgal I, no Val dorío Xordán. Por mor a que as figueiras son do tipopartenocárpico, constitúen unha das especies domesticadas. Este achado antecede á domesticación dotrigo, oorxo e oslegumes, polo que pode ser o primeiro caso coñecido deagricultura. A medida que a migración humana transportou a árbore fóra do ámbito natural desenvolvéronse ou apareceron milleiros decultivares, a maioría sen nome e durante milleiros de anos constituíu unha importante cultura alimentaria.

No libro daXénese, Adán e mais Eva cóbrense con follas de figueira cando se decatan de que están nus, despois de seren sorprendidos por pecadentos.

"A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu. Entón abríronselles os ollos ós dous e decatáronse de que estaban espidos. Entrelazaron follas de figueira e cinguíronse con elas".
Xénese 3:6-7

Naantiga Roma considerábana unha árbore sagrada, xa que o seu mito fundacional,Rómulo e Remo foron aleitados pola lobaLuperca baixo dunha figueira.

Figueira a medrar sobre dun toro dunlamigueiro do Cáucaso (Zelkova carpinifolia).

Cultivo e usos

[editar |editar a fonte]

Ademais de coma froito fresco de tempada, os figos consumíronse tradicionalmente tras someterse á técnica do secado, o xeito máis común de conservar esta froita. A froita seca ou pasa, e en especial osfigos, era un alimento especialmente valorado. O proceso permitía dilatar o seu consumo no tempo e cubrir momentos nos cales a escaseza dealimento era notoria. As súas follas téñense usado para alimentar o gado.

Hai basicamente tres variedades de figueiras cultivadas:[4]

  • Figueiras de Esmirna que requiren polinización pola avéspora do figo para desenvolver as colleitas.
  • Persistente (ou común) non necesitan polinización; o froito desenvólvese por mediospartenocárpicos.
  • Intermedio (ou San Pedro) non necesitan polinización de cultivos para establecer a bévera, porén si a necesitan, polo menos nalgunhas rexións, para o cultivo principal.

Propiedades

[editar |editar a fonte]

O seulátex («leite de figo») usouse antigamente para combatercaries dentais eespullas da pel. Tamén se empregou para callar o leite.[5] Descríbense tamén moitas «virtudes» en farmacopea popular que poderían non ter máis interese que o puramente folclórico.[6]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Ficus carica foi descrita porCarl von Linné e publicado enSpecies Plantarum, vol. 2, p. 1059 en 1753[2].[7]

Etimoloxía
  • Ficus, dolatínficus que designaba tanto a figueira coma o seu "froito", ofigo.
  • carica, outro termo latino para o figo; orixinario daCaria (Καρία engrego antigo), unha rexión histórica situada ao suroeste da actualTurquía.
Táxones infraespecíficos

Só ten un aceptado:Ficus carica subsp.rupestris (Hausskn. exBoiss.)Browicz

Sinonimia
  • Caprificus insectiferaGasp.
  • Caprificus leucocarpa Gasp.
  • Caprificus oblongata Gasp.
  • Caprificus pedunculata (Miq.) Gasp.
  • Caprificus rugosa (Miq.) Gasp.
  • Caprificus sphaerocarpa Gasp.
  • Ficus albescens Miq.
  • Ficus burdigalensisPoit. &Turpin
  • Ficus caprificusRisso
  • Ficus colchicaGrossh.
  • Ficus colombra Gasp.
  • Ficus communisLam.
  • Ficus deliciosa Gasp.
  • Ficus dottata Gasp.
  • Ficus globosa Miq.
  • Ficus hypoleuca Gasp.
  • Ficus hyrcanaGrossh.
  • Ficus kopetdagensisPachom.
  • Ficus latifoliaSalisb.
  • Ficus leucocarpa Gasp.
  • Ficus macrocarpa Gasp.
  • Ficus neapolitana Miq.
  • Ficus pachycarpa Gasp.
  • Ficus pedunculata Miq.
  • Ficus polymorpha Gasp.
  • Ficus praecox Gasp.
  • Ficus regina Miq.
  • Ficus rugosa Miq.
  • Ficus silvestrisRisso
  • Ficus rupestris (Hausskn. ex Boiss.)Azizian[8]

Galería de Imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Follas e figos inmaturos na póla dunha figueira.
    Follas e figos inmaturos na póla dunha figueira.
  • Póla dunha figueira con figos inmaturos.
    Póla dunha figueira con figos inmaturos.
  • Figos cortados, coas sementes e a polpa visíbeis.
    Figos cortados, coas sementes e a polpa visíbeis.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Participants of the FFI/IUCN SSC Central Asian regional tree Red Listing workshop, Bishkek, Kyrgyzstan (11-13 July 2006)."Ficus carica".Lista Vermella de especies ameazadas.(eninglés).Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,02,1"Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 23 de marzo de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  4. "North American Fruit Explorers: Figs.". Arquivado dendeo orixinal o 10 de abril de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  5. Ficus carica en Flora Ibérica
  6. Pío Font Quer, Plantas Medicinales-El Dioscórides Renovado, Editorial labor SA, Barcelona 1980, p. 121 y sig.
  7. "Figueira".Tropicos.org.Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de febreiro de 2013. 
  8. Figueira en PlantList

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Figueira
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  FigueiraModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Figueira&oldid=6968702»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp