Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fibrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fenofibrato.

Enfarmacoloxía, osfibratos son unha clase deácidos carboxílicosanfipáticos. Utilízanse para tratar diversos trastornosmetabólicos, principalmente ahipercolesterolemia (alto nivel decolesterol), e son, por tanto, axentes hipolipidémicos.

Usos médicos

[editar |editar a fonte]

Os fibratos utilízanse en terapias accesorias en moitas formas dehipercolesterolemia, usualmente en combinación conestatinas.[1] Os ensaios clínicos apoian o seu uso como axentes monoterápicos. Os fibratos reducen o número de ataques ao corazón non mortais, mais non melloran a mortalidade xeral por calquera causa e están, por tanto, indicados só en pacientes que non toleran as estatinas.[2][3]

Aínda que son menos efectivos para rebaixar os niveis deLDL, a capacidade dos fibratos de incrementar os niveis deHDL e diminuír o dostriglicéridos parece reducir aresistencia á insulina cando adislipidemia está asociada con outras características dasíndrome metabólica (hipertensión ediabetes mellitus tipo 2).[4] Utilízanse, pois, en moitashiperlipidemias. Debido a un raro incremento paradoxal de colesterol HDL (HDL-C) observado nalgúns pacientes que tomaron fenofibrato, recoméndase que os niveis de colesterol HDL sexan comprobados nos primeiros meses despois da iniciación da terapia de fibratos. Se se detecta un nivel moi deprimido de colesterol HDL, a terapia de fibratos debería suspenderse, e o nivel de colesterol HDL monitorizado ata que volva ao seu nivel basal (Medwatch).

Efectos laterais

[editar |editar a fonte]

A maioría dos fibratos poden causar trastornos estomacais leves emiopatía (dor muscular con elevación daCPK). Como os fibratos incrementan o contido decolesterol dabile, incrementan o risco de formación decálculos biliares.

En combinación con fármacos da clase dasestatinas, os fibratos causan un incremento do risco de padecerrabdomiólise, destrución idiosincrática dotecido muscular, que orixinainsuficiencia renal. As estatinas menoslipófilas teñen unha menor tencdencia a causar esta reacción, e son probablemente máis seguras cando se combinan con fibratos.

A súatoxicidade de fármaco inclúe a lesión renal aguda.[5]

Farmacoloxía

[editar |editar a fonte]
PPAR

Aínda que se levan usando clinicamente desde a década de 1930,[6] e incluso antes, o mecanismo de acción dos fibratos non quedou dilucidado ata a década de 1990, cando se descubriu que os fibratos activaban osPPAR (receptores activados polo proliferador do peroxisoma), especialmente oPPARα. Os PPAR son unha clase dereceptores intracelulares que modulan os metabolismos decarbohidratos egraxas e a diferenciación dotecido adiposo.

A activación dos PPAR induce atranscrición de diversosxenes que facilitan ometabolismo lipídico.

Os fibratos están estrutural e farmacoloxicamente relacionados coastiazolidinedionas, unha nova clase defármacos antdiabéticos que tamén actúan sobre os PPAR (concretamente sobre oPPARγ)

Os fibratos son un substrato deCYP3A4, que os metaboliza.[7]

Observouse que os fibratos aumentan a duración da vida do vermenematodoCoenorhabditis elegans.[8]

Membros

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Steiner G (December 2007). "Atherosclerosis in type 2 diabetes: a role for fibrate therapy?".Diab Vasc Dis Res4 (4): 368–74.PMID 18158710.doi:10.3132/dvdr.2007.067. 
  2. Abourbih S, Filion KB, Joseph L, Schiffrin EL, Rinfret S, Poirier P, Pilote L, Genest J, Eisenberg MJ (2009). "Effect of fibrates on lipid profiles and cardiovascular outcomes: a systematic review".Am J Med122 (10): 962.e1–962.e8.PMID 19698935.doi:10.1016/j.amjmed.2009.03.030. 
  3. Jun M, Foote C, Lv J, et al. (2010). "Effects of fibrates on cardiovascular outcomes: a systematic review and meta-analysis".Lancet375 (9729): 1875–1884.doi:10.1016/S0140-6736(10)60656-3. 
  4. Wysocki J, Belowski D, Kalina M, Kochanski L, Okopien B, Kalina Z (2004). "Effects of micronized fenofibrate on insulin resistance in patients with metabolic syndrome".International Journal of Clinical Pharmacology and Therapeutics42 (4): 212–217.PMID 15124979.doi:10.5414/cpp42212. 
  5. Zhao YY, Weir MA, Manno M, Cordy P, Gomes T, Hackam DG, et al. (2012)."New fibrate use and acute renal outcomes in elderly adults: a population-based study.".Ann Intern Med156 (8): 560–9.PMID 22508733.doi:10.7326/0003-4819-156-8-201204170-00003. 
  6. "Pharmaceutical composition and method for treatment of digestive disorders - Patent 4976970". Consultado o2008-12-20. 
  7. http://www.stacommunications.com/journals/cardiology/2004/June/Pdf/034.pdf
  8. "Aging".www.impactaging.com. Arquivado dendeo orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o13 April 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fibrato&oldid=6390347»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp